{"id":2773,"date":"2022-07-03T20:32:00","date_gmt":"2022-07-03T18:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:27:49","modified_gmt":"2024-10-24T11:27:49","slug":"unha-via-verde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/07\/03\/unha-via-verde\/","title":{"rendered":"Unha v\u00eda verde"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/07\/tunel.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"793\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/07\/tunel.jpg\" class=\"wp-image-2774\" width=\"595\" \/><\/a><\/p>\n<p>Unha v\u00eda verde<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un proxecto como o <a href=\"ferrocarril mineiro Ribadeo - Vilaoudriz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ferrocarril mineiro Ribadeo &#8211; Vilaoudriz<\/a> significou, coa s\u00faa construci\u00f3n primeiro, pero sobre todo coa s\u00faa posta en marcha, un revulsivo para toda a comarca. V\u00eda de case 35 km, desenvolta en s\u00f3 tres anos, a comezos do s\u00e9culo XX nunha zona daquela con p\u00e9simas comunicaci\u00f3ns, foi eixo de transportes e desenvolvemento. A s\u00faa luz chega ata hoxe tras unir o baixo Eo con Ribadeo, e de al\u00ed co mundo enteiro sa\u00edndo da r\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Agora (&#8216;agora&#8217; neste caso \u00e9 o mesmo que dicir dende hai ben m\u00e1is dunha d\u00e9cada) pretende recuperarse o seu trazado para o lecer, como &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=v%C3%ADa+verde\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">v\u00eda verde<\/a>&#8216;, acadando outro tipo de dinamizaci\u00f3n comarcal e social. Non creando da nada, sen\u00f3n aproveitando unha estrutura dos nosos bisav\u00f3s. Quizais m\u00e1is modesta, pero non desprezable.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Claro que o &#8216;agora&#8217; \u00e9 moi discontinuo. De feito, rem\u00e1tase de volver usar un proxecto de 2010 como base para a nova arremetida de petici\u00f3ns dende a comarca \u00f3 ministerio en Madrid. No medio, pode que o m\u00e1is salientable sexa o impulso que decidiu dar un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=chocolateira\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">grupo de xente, encadrada nun taller de empreg<\/a>o, a modo de pr\u00e1ctica de participaci\u00f3n e construci\u00f3n dunha empresa. Corr\u00eda o outono de 2016 cando se puxo en marcha unha exposici\u00f3n en Ribadeo, repetida despois en Abres, ou se organizou un recorrido do tramo de algo m\u00e1is de 12 km recuperado no cambio de s\u00e9culo entre Santiso de Abres e A Pontenova. Un impulso puntual \u00f3 que se sumaron daquela os concellos,  que sen abandoar a idea non remataban de darlle adiante.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>D\u00e1 gusto recorrer o tramo recuperado. Un paseo \u00e1 beira do Eo no que van inclu\u00eddos seis t\u00faneles e unha ponte. Cami\u00f1o que despois do abandono do tr\u00e1fico ferroviario vi\u00f1a exercendo de v\u00eda principal ou auxiliar a lugares dispersos, inclu\u00edda unha central hidroel\u00e9ctrica que se debe pechar por orde xudicial.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A historia da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">li\u00f1a Ribadeo \u2013 Vilaoudriz<\/a> \u00e9 accesible en moitos lugares, de libros e documentos en bibliotecas \u00e1 Galipedia, pasando por diversas notas de prensa. E o novo cami\u00f1o, a Ruta da antiga v\u00eda do ferrocarril Vilaoudriz \u2013 Ribadeo ten xa tam\u00e9n a s\u00faa historia, de anos que leva en xestaci\u00f3n. Abondos m\u00e1is dos que levou a construci\u00f3n da v\u00eda orixinal. Pero iso \u00e9 o pasado. E o futuro? Visto o presente e o seu transcurso, costa traballo ver o final da recuperaci\u00f3n da v\u00eda como v\u00eda verde a pesar da beleza do tramo xa en uso -sen estar exenta de deficiencias- ou do recorrido de tramos practicables hoxe por hoxe, a\u00ednda sen a recuperaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha v\u00eda verde &nbsp;&nbsp; &nbsp;Un proxecto como o ferrocarril mineiro Ribadeo &#8211; Vilaoudriz significou, coa s\u00faa construci\u00f3n primeiro, pero sobre todo coa s\u00faa posta en marcha, un revulsivo para toda a comarca. V\u00eda de case 35 km, desenvolta en s\u00f3 tres anos, a comezos do s\u00e9culo XX nunha zona daquela con p\u00e9simas comunicaci\u00f3ns, foi eixo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2774,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,9,77],"class_list":["post-2773","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2773","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2773"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2773\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2774"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2773"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2773"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2773"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}