{"id":2769,"date":"2022-07-11T23:34:00","date_gmt":"2022-07-11T21:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:27:42","modified_gmt":"2024-10-24T11:27:42","slug":"o-pai-de-miguelino-e-os-divertimentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/07\/11\/o-pai-de-miguelino-e-os-divertimentos\/","title":{"rendered":"O pai de Migueli\u00f1o e os divertimentos acu\u00e1ticos"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/07\/indianos.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"488\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/07\/indianos.jpg\" class=\"wp-image-2770\" width=\"650\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span><strong>O pai de Migueli\u00f1o e os divertimentos acu\u00e1ticos<\/strong><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tempo ten pasado dende que Castelao escribira a narraci\u00f3n curta &#8216;<a href=\"https:\/\/www.edu.xunta.gal\/centros\/ieslamasabade\/node\/156\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">O pai de Migueli\u00f1o<\/a>&#8216;, encadrado no volume II de &#8216;Cousas&#8217; e que fai referencia \u00f3 retorno dun emigrante das Am\u00e9ricas. A un emigrante que volve fraco, desmellorado, que se d\u00e1 cun canto nos dentes por poder abrazar de novo \u00e1 s\u00faa familia. A un &#8216;indiano&#8217;? Non. Segundo o dicionario da RAG (tam\u00e9n segundo o Diccionario de la lengua espa\u00f1ola), indiano \u00e9 o emigrante a Am\u00e9rica que volve rico; o pai de Migueli\u00f1o non era indiano&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A historia, artellada por Castelao, \u00e9 reflexo de tantas que con seguridade houbo, e mesmo historia que se quedou curta en moitos, moitos casos de xente que al\u00f3 morreu ou que sinxelamente, non volveu por diversas causas. \u00c9 m\u00e1is, boa parte dos indianos volveron de visita ou vacaci\u00f3ns, quedando as\u00ed reducido o continxente que se asentou de volta despois de ter feito cartos en Am\u00e9rica.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Veume \u00e1 cabeza o pai de Migueli\u00f1o co motivo da festa dos indianos en Ribadeo. Unha festa que rexurde despois da pandemia con tanto pulo como xa ti\u00f1a antes dela, e a pesar do curto recorrido dende a s\u00faa instauraci\u00f3n. A lembrar que toda festa tivo alg\u00fan comezo, a\u00ednda que algunhas, como esta, que botou a rodar en 2014, sexa moi recente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tentei dar algunha pincelada sobre a orixe e actualidade das festas no noso entorno al\u00f3 polo 2001 como introduci\u00f3n a un traballo realizado por alumnado do IES Porta da Auga, impreso co t\u00edtulo &#8216;<a href=\"http:\/\/centros.edu.xunta.es\/iesportadaauga\/actividades\/libros\/Festas1.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">As festas populares no entorno ribadense<\/a>&#8216;. Al\u00ed escrib\u00eda cousas como &#8216;buscando definir as festas na nosa terra, poderiamos cualificalas de microfestas enraizadas nun coraz\u00f3n popular que busca abrirse \u00f3 mundo externo gardando a s\u00faa propia identidade.&#8217; Ou &#8216;Dende unha mirada desligada da terra, un anacronismo que se resiste a desaparecer.&#8217; Naturalmente, o libro trataba de festas do pobo, da aldea, da parroquia&#8230; e compar\u00e1baas e contrapo\u00f1\u00edaas a outras que co\u00f1ecemos daquela en Europa como &#8216;Le Roi de l&#8217;Oiseau&#8217;, en Le Puy en V\u00e9lay (Francia), de car\u00e1cter medieval\/renacentista pero con orixe en 1986, a &#8216;Ducasse&#8217; de Mons (B\u00e9lxica), de orixe medieval, ou os Xigantes de Ath (tam\u00e9n en B\u00e9lxica), xa con longa tradici\u00f3n pero cunha aparici\u00f3n ben posterior \u00e1 Ducasse. Festas as anteriores que tam\u00e9n poder\u00edan servir de encadre para a consideraci\u00f3n da festa dos indianos, unha festa que, usando o dicionario, non caber\u00eda chamala festa \u2018popular&#8217; no sentido de ter sa\u00eddo do pobo, pois foi instaurada institucionalmente sen actividade previa semellante, a\u00ednda que poidera selo no sentido de ter sido ben acollida polo pobo. O que non quita que fora instaurada como unha proposta de diversi\u00f3n para contribuci\u00f3n \u00f3 lucro, algo ben diferente das festas tratadas no libro mencionado. Nin tampouco que entre na definici\u00f3n de \u2018festa\u2019 que se poda atopar en calquera dicionario.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\nNesta festa dos indianos, un dos expo\u00f1entes principais son os traxes. O luxo de vestimenta que se ostenta desl\u00edgase da s\u00faa beleza: traxes sinxelos poden resultar moito m\u00e1is atractivos, bonitos ou vistosos que outros abondo m\u00e1is onerosos. E, dir\u00eda, o nivel est\u00e1 alto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Retomando o comezo, na festa todo o mundo \u00e9 indiano (mesmo con mucamas negras), e tenta divertirse a nivel do retorno de xente con di\u00f1eiro. Desaparecen as\u00ed cousas como a volta dos \u2018pais de Migueli\u00f1os\u2019, os sufrimentos na emigraci\u00f3n ou mesmo diversas caracter\u00edsticas de \u00e9poca. A festa queda desligada do que se fai desaparecer. A iso ven o t\u00edtulo: co motivo da festa neste 2022, encargouse un mural no que aparece como t\u00edtulo \u2018Ribadeo dende As Figueiras, 1926\u2019 que incl\u00fae un fondo de Ribadeo de \u00e9poca, unha improbable pose de xente m\u00e1is ou menos ataviada en correspondencia, e, no medio, separando ambas escenas, a r\u00eda, cunha moto acu\u00e1tica tirando dun inchable como se poder\u00e1 ver m\u00e1is dunha vez este ver\u00e1n. Pode tomarse como unha alegor\u00eda: os divertimentos sobrep\u00f3\u00f1ense e a festa pasa a ser un motivo en troques de ter un motivo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pai de Migueli\u00f1o e os divertimentos acu\u00e1ticos &nbsp;&nbsp; &nbsp;Tempo ten pasado dende que Castelao escribira a narraci\u00f3n curta &#8216;O pai de Migueli\u00f1o&#8216;, encadrado no volume II de &#8216;Cousas&#8217; e que fai referencia \u00f3 retorno dun emigrante das Am\u00e9ricas. A un emigrante que volve fraco, desmellorado, que se d\u00e1 cun canto nos dentes por poder [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2770,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25],"class_list":["post-2769","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-festas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2769","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2769"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2769\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2770"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2769"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2769"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2769"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}