{"id":27664,"date":"2026-06-08T19:10:53","date_gmt":"2026-06-08T17:10:53","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27664"},"modified":"2026-06-08T19:10:56","modified_gmt":"2026-06-08T17:10:56","slug":"os-28-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/08\/os-28-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Os 28 de Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Os 28 de Ribadeo<\/p>\n\n\n\n<p>Soe ser abondo m\u00e1is doado contar 28 persoas que \u2018m\u00e1is dun mill\u00f3n\u2019. M\u00e1is a\u00ednda cando a pesar de que a precisi\u00f3n pode ser moito mellor para n\u00fameros grandes -equivocarse en un en un mill\u00f3n \u00e9 desprezable; en un en 28, xa non tanto-, \u00f3 comparar diversas fontes existen grandes discrepancias. Neste caso que comento, p\u00f3dese estar a falar de \u2018un mill\u00f3n cen mil\u2019 segundo uns, ou de \u2018un mill\u00f3n e medio\u2019 segundo outros, como se unha poboaci\u00f3n maior que a de Vigo puidera ser pouca cousa, unha pequena discrepancia. Todos eses n\u00fameros que remato de dicir corresponden a asistentes a alg\u00fan acto relixioso deste domingo no que escribo, no que se celebra o Corpus Christi.<\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, o mill\u00f3n longo corresponde \u00e1 asistencia a misa papal en Madrid, onde foi servida a comu\u00f1\u00f3n ao que parece por mil persoas. A ra\u00edz dese dato, e a\u00ednda que pouca diferencia fai para o que quero dicir, coido que haber\u00eda que rebaixar as cifras de asistencia mencionadas no par\u00e1grafo anterior a menos de un mill\u00f3n: segundo elas, botando contas, sae unha persoa dando a comu\u00f1\u00f3n por m\u00e1is de mil asistentes, e a calquera que te\u00f1a asistido a actos relixiosos lle resultar\u00e1 unha enormidade esa proporci\u00f3n, o que me leva a pensar que o do mill\u00f3n de persoas est\u00e1 sobredimensionado. Pero, \u00f3 fin, son c\u00e1lculos de segundas, a partir de cifras escoitadas pola radio.<\/p>\n\n\n\n<p>O que admite moita menos variaci\u00f3n real son as 28 persoas detr\u00e1s da procesi\u00f3n do Corpus en Ribadeo, celebrada a unha hora semellante \u00f3s actos papais \u2018en olor de multitude\u2019 en Madrid. O resalte dunhas e outras cifras pode levar \u00e1 reflexi\u00f3n. De moitos xeitos.<\/p>\n\n\n\n<p>Por exemplo, as 28 persoas na procesi\u00f3n de Ribadeo implica que entre banda e xente na cabeceira (carrexadores, por po\u00f1er por caso), \u00edan ben m\u00e1is que asistentes \u2018de a p\u00e9\u2019. Ou que era unha asistencia abondo menor que hai unha d\u00e9cada, sen ir m\u00e1is lonxe. Claro que hoxe a mirada relixiosa estaba en Madrid, co Papa acompa\u00f1ando o Corpo de Cristo (a\u00ednda que pola asistencia incrementada en relaci\u00f3n a outros anos, preg\u00fantome se se debera dicir sendo acompa\u00f1ado por), e \u00e9 posible que alg\u00fan madrile\u00f1o ou madrile\u00f1a asiduo se quedara na vila e corte, diminu\u00edndo o censo de asistentes en Ribadeo. Ou tam\u00e9n que os 28 de Ribadeo, en relaci\u00f3n \u00f3 censo municipal, supo\u00f1en menos do 0,28 %, \u00e9 dicir, pouco m\u00e1is de un por cada 400 ribadenses, fronte \u00f3 1 de cada 4 en Madrid (sempre contando os forasteiros nese \u20181\u2019). Ou mesmo se ter\u00e1 algo que ver na asimetr\u00eda num\u00e9rica que en Madrid non s\u00f3 estea o Papa sen\u00f3n que toda a montaxe conte con cartos e patrocinio de empresas privadas e en Ribadeo non.<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro desas consideraci\u00f3ns que poden levar \u00e1 reflexi\u00f3n tam\u00e9n estar\u00eda que esas 28 persoas foron contados \u00f3 paso da procesi\u00f3n por diante da Casa Consistorial, \u00e1 beira da que as bandeiras -a oficial de Ribadeo inclu\u00edda- estaban despregadas \u00f3 vento f\u00f3ra do \u00e1mbito do edificio e din que mesmo f\u00f3ra da legalidade do BOE. Un lugar ese, as escaleiras da Casa Consistorial, no que remataba daquela un acto avisado, para o que se pediu permiso e para o que foi permitida a ocupaci\u00f3n, en favor da paz, en particular acusando o xenocidio que encabeza Netanyahu no que el denomina \u2018Gran Israel\u2019, ou sexa, Palestina (Gaza inclu\u00edda) e lugares veci\u00f1os. Un acto que contou practicamente coa mesma cantidade de xente que a procesi\u00f3n (en realidade, algunha m\u00e1is, pero pouca), e que se repite cada domingo \u00e1s doce e media no mesmo lugar.<\/p>\n\n\n\n<p>A tenor do anterior, \u00e9 evidente que o seguimento dos actos eclesi\u00e1sticos caeu moito -f\u00f3ra do circu\u00edto de eventos estales, claro-. Alg\u00fans dir\u00e1n como explicaci\u00f3n que a fe cat\u00f3lica conta con moitos menos adeptos, outros que \u00f3 non exercer tanta presi\u00f3n na actualidade a xente s\u00e9ntese m\u00e1is libre, que antes as cifras estaban forzadas, etc. Pero tam\u00e9n, haber\u00eda que preguntarse se non caeu tam\u00e9n a participaci\u00f3n cidad\u00e1 nas petici\u00f3ns e esixencias en relaci\u00f3n \u00f3s temas sociais. En relaci\u00f3n \u00f3s temas humanos. E haber\u00e1 quen diga que a xente hoxe \u00e9 menos humana, ou que \u00e9 m\u00e1is pasota&#8230; etc. Pero iso non ama\u00f1a a fortaleza da sociedade. Mesmo non \u00e9 seguro que sexa verdade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os 28 de Ribadeo Soe ser abondo m\u00e1is doado contar 28 persoas que \u2018m\u00e1is dun mill\u00f3n\u2019. M\u00e1is a\u00ednda cando a pesar de que a precisi\u00f3n pode ser moito mellor para n\u00fameros grandes -equivocarse en un en un mill\u00f3n \u00e9 desprezable; en un en 28, xa non tanto-, \u00f3 comparar diversas fontes existen grandes discrepancias. Neste [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":27670,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-27664","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27664","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27664"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27664\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27671,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27664\/revisions\/27671"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27670"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27664"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27664"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27664"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}