{"id":27626,"date":"2026-06-02T14:42:33","date_gmt":"2026-06-02T12:42:33","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27626"},"modified":"2026-06-02T14:46:55","modified_gmt":"2026-06-02T12:46:55","slug":"un-chio-sobre-turismo-cultura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/06\/02\/un-chio-sobre-turismo-cultura\/","title":{"rendered":"Un Ch\u00edo sobre turismo, cultura&#8230;"},"content":{"rendered":"\n<p>Remata de sa\u00edr o n\u00famero 38 de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Ch%C3%ADo\">Ch\u00edo<\/a>. O tema xeral do que trata esta revista cultural de matriz lucense \u00e9 m\u00e1is ben &#8216;Turismo e cultura&#8217; (Esperanza cultural. O Turismo). A ligaz\u00f3n \u00e1 revista e o artigo individual que me publican quedan en baixo para o teu aprezo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Revista: <a href=\"https:\/\/www.revistachio.com\/blog\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.revistachio.com\/blog<\/a>. Esa \u00e9 a web de Ch\u00edo, onde tam\u00e9n se pode atopar n\u00fameros anteriores. Como por circunstancias t\u00e9cnicas desco\u00f1ecidas hai veces que d\u00e1 problema a s\u00faa carga, deixo un par de alternativas: <a href=\"https:\/\/es.slideshare.net\/slideshow\/chio-38-xuno-2026-cultura-e-turismo-pdf\/287870286\">https:\/\/es.slideshare.net\/slideshow\/chio-38-xuno-2026-cultura-e-turismo-pdf\/287870286<\/a> e <a href=\"https:\/\/es.scribd.com\/document\/1045891439\/Chio-38-Xuno-2026-Preferencia-cultural-O-Turismo\">https:\/\/es.scribd.com\/document\/1045891439\/Chio-38-Xuno-2026-Preferencia-cultural-O-Turismo<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">E o artigo:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Turismo ou cultura<\/p>\n\n\n\n<p>Non fai falta co\u00f1ecer moito de lingua para saber que \u2018Turismo e cultura\u2019, \u2018Turismo ou cultura\u2019, ou \u2018Turismo \u00e9 cultura\u2019 expresan orientaci\u00f3ns e\/ou ideas ben diferentes, por moito que nalg\u00fans puntos se podan solapar.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"460\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Cruceiro-en-Venecia.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27627\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Cruceiro-en-Venecia.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Cruceiro-en-Venecia-300x200.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Figura : Cruceiro en Venecia. Imaxe no D.P.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Dime Melina que o tema que orienta este Ch\u00edo \u00e9 \u2018Turismo e cultura\u2019. Entendo que iso fai fincap\u00e9 na relaci\u00f3n entre ambos. \u00d3 fin, son as relaci\u00f3ns as que marcan as construci\u00f3ns: as cousas son s\u00f3 os puntos nos que se apoian para facelo. Pero neste caso entre turismo e cultura hai unha relaci\u00f3n, para min imposta, que en certo xeito sup\u00f3n que o turismo \u00e9 cultura (e nun segundo plano, que a cultura pode beneficiarse do turismo). E non digo que non o sexa, m\u00e1is ben que non poda selo, nin que non se poda artellar algunha relaci\u00f3n pola que o turismo beneficie \u00e1 cultura, e\/ou viceversa. Non, nin moito menos. Mais, escribindo o anterior, co\u00f3useme un erro. Puxen \u2018veneficie\u2019, \u00e9 \u00f3 ir corrixilo, veume \u00e1 cabeza claramente a situaci\u00f3n de Venecia: un parque tem\u00e1tico onde quen puido marchar, marchou, e onde hoxe quedan unha serie de negocios para usuarios-turistas con posibles, moitos deles en mans de xente da etnia Han e outras etnias chegadas hai pouco \u00e1 zona, sen moita relaci\u00f3n, en principio, coa cultura, historia ou monumentos venecianos. \u00c9 dicir, algo as\u00ed como unha colonizaci\u00f3n baseada nun comercio baseado \u00e1 s\u00faa vez no aproveitamento econ\u00f3mico dunha cultura que queda morta, disecada nun museo \u00f3 \u00e1r. \u00c9 dicir, unha especie de contraposici\u00f3n na que o turismo, triunfante espada de avance e penetraci\u00f3n de ideas e capitais a partir dun sistema de relaci\u00f3ns socioecon\u00f3micas montadas sobre o capital, captura e cativa a cultura, que se mant\u00e9n zombi, viva s\u00f3 en canto pode ser espremida para producir renda para o capital invertido. Mesmo pode nalg\u00fans casos servir a imaxe dunha casca baleira que se fai mover por f\u00edos externos ben disimulados. As\u00ed, o turismo foi un vector de ataque que baleirou a cidade da s\u00faa xente, quedando o parque de atracci\u00f3ns para turistas. Outro xeito de velo? Por suposto, o anterior non \u00e9 o \u00fanico xeito de velo\/asimilalo: como este fen\u00f3meno de \u2018turismo cultural\u2019 se d\u00e1 moito en Europa, v\u00e9nseme \u00e1 cabeza un cadro de Tiziano co \u2018Rapto de Europa\u2019, unha voluptuosa dama que se queixa indefensa mentres \u00e9 levada por un boi de mirada inquisitiva pero inexpresiva \u00f3 que, de xeito contraditorio co anterior, se aferra bot\u00e1ndolle unha man a un corno mentres anxos\/amores lle dan a despedida. Unha aut\u00e9ntica alegor\u00eda para o que estimo est\u00e1 a ocorrer na actualidade.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"605\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Rapto-de-Europa.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27628\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Rapto-de-Europa.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Rapto-de-Europa-300x263.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Figura : Rampto de Europa. En Dominio P\u00fablico. Collida de wikimedia Commons<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Vexo hoxe no xornal El Progreso un artigo de Jauregu\u00edzar no que entre outras cousas exp\u00f3n sobre Bur\u00f3n: \u201cFomos facer unha reportaxe sobre os nomes da localidade: Praza Lenin, Avenida Mao-Tse Tung, R\u00faa Fidel Castro&#8230; Abogados Cristianos puxo unha demanda para que os eliminen por comunistas. Resp\u00e9ctoa, a\u00ednda que sexa unha solicitude remota. P\u00eddolles que deixen estar os nomes por ser a \u00fanica oportunidade para que Bur\u00f3n te\u00f1a turismo.\u201d Turismo de nomes asociados a unha cultura?, a unha decisi\u00f3n para facer turismo de curiosidade? Os nomes son cultura, xaora, mais, \u00e9 cultura un turismo \u2018de nomes\u2019? Conste que non nego que Jauregu\u00edzar poda ter raz\u00f3n e ser o \u00fanico gancho tur\u00edstico da poboaci\u00f3n, a\u00ednda que eu non o vexa as\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p>No mesmo xornal, unha nova d\u00e1 informaci\u00f3n de que o Papa ba s\u00faa visita a Espa\u00f1a aglutinar\u00e1 ate medio mill\u00f3n de persoas nalg\u00fan acto. Boa parte desas persoas desprazar\u00e1nse para unha especie de \u2018turismo relixioso\u2019, e a relixi\u00f3n \u00f3 fin, \u00e9 cultura, non? Pode que non te\u00f1an a mesma motivaci\u00f3n que cando se fai turismo \u2018relixioso\u2019 a Roma, convertendo o arte en turismo a trav\u00e9s da relixi\u00f3n (ou viceversa), pero&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Noutro lugar, esta vez, praza.gal, puiden ler: \u201c(&#8230;) As\u00ed, o \u2018desenvolvemento cultural\u2019 do rural \u00e9, no fondo, un paso previo para a s\u00faa transformaci\u00f3n tur\u00edstica: c\u00f3mpre \u2018engarzar o turismo coa palabra cultura\u2019. Porque a \u2018nosa terra\u2019 s\u00f3 ser\u00e1 realmente \u2018nosa\u2019 na medida na que se encha de turistas. Que, por certo, tam\u00e9n somos \u2018n\u00f3s\u2019.\u201d Evidentemente, unha cr\u00edtica \u00e1 turistificaci\u00f3n que ve claro que a cultura \u00e9 usada como veh\u00edculo para incremento dos fluxos tur\u00edsticos (de xente, peor suposto, e en consecuencia, de cartos, tam\u00e9n por suposto).<\/p>\n\n\n\n<p>Mirando arredor da cultura e pensando un pouco, podemos divagar: \u00e9 turismo\/tur\u00edstico o canto dos paxaros? Evidentemente, hai o chamado \u2018turismo ornitol\u00f3xico\u2019, pero ate que punto \u00e9 turismo e non mero negocio resultado de mercantilizar a natureza? Se nos fiamos da RAG, teremos que turismo \u00e9 unha \u201cActividade que consiste en realizar viaxes de pracer, visitar lugares de interese etc.\u201d, un \u201cConxunto de actividades e servizos ligados \u00e1s viaxes que se fan por eses motivos.\u201d E ent\u00f3n, est\u00e1lame a cabeza: dende cando o necesitar de negocio ou non \u00e9 turismo? Porque a\u00ednda que son d\u00faas definici\u00f3ns diferentes, parecen ligadas, parece que se non hai gasto, non hai turismo, nin pracer, nin vida\u2026 e non estou de acordo. \u00c9 m\u00e1is, seguindo co exemplo de Venecia, estimo que o turismo (digamos \u2018actual\u2019) deixou de ser turismo para ser consumo, no mesmo sentido que hai xente que vai de compras como sistema de pracer ou de sinxelo pasatempo. E si, tam\u00e9n se ten falado de turismo de comercios ou denominaci\u00f3ns polo estilo.<\/p>\n\n\n\n<p>Relacionado co inmediato anterior, lembro un chiste, de xa hai anos e con nesgos. Nunha familia con posibles, dille o home \u00e1 muller: \u2018que prefires, un abrigo de vis\u00f3n ou ir de vacaci\u00f3ns a Moscova?\u2019 A resposta da muller: \u2018ir a Moscova, que al\u00ed est\u00e1n m\u00e1is baratos os vis\u00f3ns\u2019 foi para min unha revelaci\u00f3n do que representa o turismo en moitas ocasi\u00f3ns: unha desculpa para fomentar o consumo e polo tanto, a transferencia de cartos. Sexa o \u2018motivo\u2019 tur\u00edstico a cultura, a natureza, o esparcemento, o Sol&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Di o Presidente galego que un turismo con base cultural ser\u00e1 mais sostible. Menos mal que falaba en futuro! Di que aqu\u00ed non sobra ningu\u00e9n (non se refer\u00eda \u00f3s inmigrantes, pero tampouco \u00f3s propios galegos molestos co modelo tur\u00edstico). Pero claro, a cultura, \u00e9 s\u00f3 o que interesa que sexa para o consumo e \u2018dinamizaci\u00f3n econ\u00f3mica\u2019? O dobregar as verbas e o seu significado est\u00e1 de moda, e de tan \u2018trending\u2019, xa \u00e9 algo inconsciente. Boa parte do turismo en Santiago \u00e9 \u2018cultural\u2019. \u00c9 cada vez m\u00e1is sostible? Aumenta a sostibilidade coa afluencia de visitantes? Non ser\u00e1 m\u00e1is ben o contrario, como sucede moitas veces cando non lle po\u00f1emos o apelido \u2018cultural\u2019 \u00f3 turismo?<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"358\" height=\"441\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Plato-torre-Moreno.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27629\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Plato-torre-Moreno.jpg 358w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/06\/Plato-torre-Moreno-244x300.jpg 244w\" sizes=\"auto, (max-width: 358px) 100vw, 358px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Figura : Plano da Torre dos Moreno, edificio emblem\u00e1tico e representante cultural de Ribadeo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Hai que ter en conta que a instrumentalizaci\u00f3n da cultura non se d\u00e1 s\u00f3 no \u00e1mbito tur\u00edstico, a\u00ednda que tam\u00e9n. A iso hai que engadirlle que a terxiversaci\u00f3n da \u2018cultura oficial\u2019 en \u2018cultura\u2019 d\u00e1 gato por lebre, deixando a cultura \u2018fet\u00e9n\u2019 arrostrada e mesmo oculta na barahunda tur\u00edstica de aproveitamento doutra \u2018cultura\u2019 (ou actividade, ou o que sexa) coa que poda coincidir no espazo. O da coincidencia no tempo&#8230; iso pode facerse coincidir.<\/p>\n\n\n\n<p>No artigo citado de praza.gal, hai outra frase que enmarco, a\u00ednda que pode que sexa necesaria unha bagaxe de co\u00f1ecementos en econom\u00eda para sacarlle toda a s\u00faa substancia: \u201cO neoliberalismo, como utop\u00eda extractiva, aspira a reducir a imaxinaci\u00f3n cultural de Galicia \u00e1s formas \u00fatiles para o seu consumo tur\u00edstico\u201d. Non s\u00f3 de Galicia, a que se refire por estar o artigo escrito en clave galaica. \u00c9 algo xeral, e en resume, ven a dicir algo co que estou totalmente de acordo: usar a cultura para potenciar o turismo \u00e9 facer que non importe o esgotamento ou contaminaci\u00f3n da cultura con tal de que haxa un fluxo de cartos (que ir\u00e1n a parar a un n\u00famero reducido de mans, por moito que podan ser distribu\u00eddos despois). Pois iso, en xeral, Turismo ou Cultura.<br><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Remata de sa\u00edr o n\u00famero 38 de Ch\u00edo. O tema xeral do que trata esta revista cultural de matriz lucense \u00e9 m\u00e1is ben &#8216;Turismo e cultura&#8217; (Esperanza cultural. O Turismo). A ligaz\u00f3n \u00e1 revista e o artigo individual que me publican quedan en baixo para o teu aprezo. Revista: www.revistachio.com\/blog. Esa \u00e9 a web de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":27634,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160],"tags":[10],"class_list":["post-27626","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27626"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27626\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27631,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27626\/revisions\/27631"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27634"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}