{"id":27617,"date":"2026-05-31T22:33:14","date_gmt":"2026-05-31T20:33:14","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27617"},"modified":"2026-05-31T22:33:18","modified_gmt":"2026-05-31T20:33:18","slug":"a-baldosa-asasina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/31\/a-baldosa-asasina\/","title":{"rendered":"A baldosa asasina"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">A baldosa asasina<\/p>\n\n\n\n<p>Hab\u00eda unha vez unha baldosa\u2026 Non, non se trata de contar un conto, a modo deses que rematan cun \u2018foron felices e comeron perdices\u2019, sen\u00f3n de contar a realidade, a\u00ednda que sexa como se dun conto se tratara.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00cdamos logo pola baldosa asasina. As r\u00faas das vilas est\u00e1n cheas de baldosas. Din os que entenden que \u00e9 un m\u00e9todo bo de cubrir as beirarr\u00faas. Mais, a vida mesma ens\u00ednanos que o tempo pasa, e que ve\u00f1en problemas, e neces\u00edtase mantemento. No caso das persoas, polos m\u00e9dicos. No caso das beirarr\u00faas, pola xente de mantemento do concello, ou, no seu defecto, por xente contratada por empresas contratadas polo concello. E, se non hai un mantemento adecuado, os problemas manif\u00e9stanse, medran, e\u2026 poden ocorrer accidentes. \u00c9 aqu\u00ed cando lembro aquelo de \u2018que pareza un accidente\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>A grande maior\u00eda de cada unha das baldosas que pisamos nas beirarr\u00faas soe estar ben, non escachada, nin m\u00f3bil, nin inexistente. Pero tam\u00e9n hai veces que est\u00e1n esnaquizadas. Por exemplo, hai baldosas partidas, e normalmente non vai s\u00f3 iso de estaren en anacos, porque se est\u00e1n en anacos soe ser precisamente porque est\u00e1n m\u00f3biles, por non asentar ben. As\u00ed que, moitas veces, o primeiro paso do deterioro baldosil \u00e9 o non ter bo asento. N\u00f3tase nos d\u00edas de chuvia porque ao pisalas pode sa\u00edr un g\u00e9iser explosivo e mollar o calzado, pernas \/ pantal\u00f3ns \/ medias\u2026 e levar quen cami\u00f1a ou corre sobre elas unha pequena impresi\u00f3n co desagrado sucesivo que corresponda. Desagrado, non desagravio, que o desagravio ter\u00edan que darllo despois os de mantemento ou o seu xefe, quen ocupe a alcald\u00eda, e a non ser que concorran no interesado ou interesada circunstancias excepcionais (po\u00f1amos por caso, ser da casa real), non se espera tal cousa, ao menos por parte de afectados realistas (desta, o de realista vai polo aprecio da realidade, non polo aprecio da casa real).<\/p>\n\n\n\n<p>Ese ser\u00eda o primeiro paso do deterioro, digo. O \u00faltimo paso ser\u00eda a desaparici\u00f3n da baldosa: a baldosa \u2018morta\u2019 desaparece da faz da beirarr\u00faa e queda o seu oco, un espazo ostensible, diferente do seu entorno, facilmente detectable a non ser que se vaia absorto no \u00faltimo tiktok que apareceu no m\u00f3bil, ou cousa equivalente. Descanse en paz (a baldosa, que abondo foi pisoteada con antelaci\u00f3n). Unha vez morta, non hai moito perigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre ambas situaci\u00f3ns hai algunha outra, entre as cales \u00e9 salientable a de \u2018baldosa asasina\u2019. \u00c9 raro que non aparezan varias nas r\u00faas dun pobo de certo tama\u00f1o como Ribadeo, e mesmo admiten cualificativos, como aquelas as que podemos chamar \u2018baldosas asasinas en serie\u2019, cunha aresta sa\u00ednte perpendicular \u00f3 sentido da marcha e situadas en zonas moi transitadas. Son aquelas nas que a xente tropeza con moita frecuencia, e como transita sobre elas moita xente, soen ama\u00f1arse r\u00e1pido. Non porque se queixen as baldosas, non, sen\u00f3n porque transitan sobre elas xente con man no concello, e non se pode permitir que sigan as\u00ed. Por iso soen ser m\u00e1is perigosas as baldosas asasinas sinxelas, aquelas situadas en r\u00faas menos transitadas, das que por iso mesmo \u00e1s veces tarda en reportarse a s\u00faa maldade, que levantan a s\u00faa beira cousa dun dedo, abondo para tropezar, pero non moi doadas de detectar. Son quizais as m\u00e1is perigosas, as que producen m\u00e1is accidentes por n\u00famero de persoas que pasan sobre elas. Foi unha delas a que me inspirou este artigo. Unha que xa fixo tropezar varias veces a algu\u00e9n co\u00f1ecido, que cando pasa polo lugar aprendeu a estar atento para evitar a desgraza disfrazada de accidente. Comparto o lugar con quen estea a ler: \u00e1 beira do Colexio P\u00fablico Gregorio Sanz, \u00e1 marxe da estrada LU-P-5207. Xa o sabes: que non te\u00f1a que parecer un accidente!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A baldosa asasina Hab\u00eda unha vez unha baldosa\u2026 Non, non se trata de contar un conto, a modo deses que rematan cun \u2018foron felices e comeron perdices\u2019, sen\u00f3n de contar a realidade, a\u00ednda que sexa como se dun conto se tratara. \u00cdamos logo pola baldosa asasina. As r\u00faas das vilas est\u00e1n cheas de baldosas. Din [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[194,158],"tags":[65,9],"class_list":["post-27617","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-arquitectura","category-sociedade","tag-arquitectura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27617","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27617"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27617\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27618,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27617\/revisions\/27618"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27617"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27617"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27617"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}