{"id":2759,"date":"2022-07-19T08:34:00","date_gmt":"2022-07-19T06:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T13:27:21","modified_gmt":"2024-10-24T11:27:21","slug":"retroceder-e-doado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/07\/19\/retroceder-e-doado\/","title":{"rendered":"Retroceder \u00e9 doado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;Retroceder \u00e9 doado<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dicir as cousas en termos absolutos, sen precisar, leva normalmente a esaxeraci\u00f3ns ou sinxelamente, a engano. Tam\u00e9n neste caso o artigo vai precisamente diso, de matizar o t\u00edtulo po\u00f1\u00e9ndoo no seu contexto -no que o ideei eu- na actualidade no tempo e no que poderiamos chamar o aqu\u00ed no espazo. Aqu\u00ed e agora, e referido a temas tan diversos como as medidas sociais ou as medioambientais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No 2020 &#8216;apareceu&#8217; &#8216;como se fose da nada&#8217; o covid19 como pandemia. Un coronavirus do que se tivo noticia en 2019 na China, e do que se pensou de xeito iluso que a\u00ed quedar\u00eda confinado, e que as medidas al\u00ed tomadas aqu\u00ed ser\u00edan imposibles. No 2022, en xaneiro, ti\u00f1amos conciencia de que as guerras eran cousa doutros lugares, outros continentes, pa\u00edses lonxanos, ex\u00f3ticos e atrasados. E iso por citar s\u00f3 dous feitos nos que se consideraba que hab\u00eda consenso, m\u00e1is que nada polo lonxanos que parec\u00edan en todos os sentidos, e de a\u00ed, por considerar que non nos afectaban nin afectar\u00edan. \u00c9 dicir, por considerar s\u00f3 dous casos &#8216;f\u00e1ciles&#8217;. Eses dous casos &#8216;f\u00e1ciles&#8217; lev\u00e1ronos a retroceder en dereitos e liberdades; a ser conscientes do retroceso en sanidade comunitaria, p\u00fablica; a facer que se invistan en armamento (m\u00e1is que en defensa) cartos que poder\u00edan servir para educaci\u00f3n ou para constru\u00edr a paz; a esquecer que en teor\u00eda somos unha sociedade libre e soberana, mentres na pr\u00e1ctica seguimos coa lei mordaza vixente; determinada prensa a favor da rapina contra os m\u00e1is d\u00e9biles e o com\u00fan; ou se fixo evidente, unha vez m\u00e1is, a subordinaci\u00f3n a intereses de lonxe das nosas fronteiras, a m\u00e1is doutros xerados dentro delas pero f\u00f3ra da xente com\u00fan. Retrocesos realizados ou evidenciados de xeito r\u00e1pido e case sen ter consciencia deles, menos a\u00ednda, recibidos con oposici\u00f3n efectiva.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non \u00e9 doado volver atr\u00e1s, polo contrario, cando se empeorou. \u00c9 dicir, desfacerse do retroceso. Perder dereitos \u00e9 doado, m\u00e1is a\u00ednda cando algu\u00e9n se postula literalmente para agasallalos de xeito mercenario a un terceiro a modo de cabeza cortada servida en bandexa de prata. Volver a recuperalos \u00e9 dif\u00edcil: significa loitar duramente para conseguilos. \u00c9 moito m\u00e1is doado privatizar que volver a montar unha estrutura p\u00fablica funcional E se se opta por nacionalizar, os problemas ve\u00f1en de xeito interno, de tentar facer p\u00fablica unha estrutura que non o \u00e9 e est\u00e1 orientada \u00f3s cartos e non \u00f3 servizo, inclu\u00eddos os dirixentes encargados de manter esa li\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E, sabendo a dificultade de conseguir algunhas cousas, non deberamos preguntarnos como deixamos que se perdan sen m\u00e1is?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Retroceder \u00e9 doado &nbsp;&nbsp; &nbsp;Dicir as cousas en termos absolutos, sen precisar, leva normalmente a esaxeraci\u00f3ns ou sinxelamente, a engano. Tam\u00e9n neste caso o artigo vai precisamente diso, de matizar o t\u00edtulo po\u00f1\u00e9ndoo no seu contexto -no que o ideei eu- na actualidade no tempo e no que poderiamos chamar o aqu\u00ed no espazo. Aqu\u00ed [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-2759","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2759","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2759"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2759\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2759"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2759"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2759"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}