{"id":27554,"date":"2026-05-27T12:59:45","date_gmt":"2026-05-27T10:59:45","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27554"},"modified":"2026-05-27T13:00:40","modified_gmt":"2026-05-27T11:00:40","slug":"alegacions-para-manter-a-ria-viva-polas-nosas-arbores-e-plataforma-para-a-defensa-da-ria-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/27\/alegacions-para-manter-a-ria-viva-polas-nosas-arbores-e-plataforma-para-a-defensa-da-ria-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Para manter a r\u00eda viva. Polas nosas \u00e1rbores e Plataforma para a defensa da r\u00eda de Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p>O Servizo de Portos do Principado de Asturias promove un proxecto de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/page\/2\/?s=Porto+Figueiras\">escollera para a ampliaci\u00f3n do Porto Deportivo de As Figueiras<\/a>, actualmente en per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica. O proxecto contempla a construci\u00f3n dun muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 metros de altura, situado fronte ao porto actual, que ser\u00eda parcialmente derrubado. Antes da obra prevese o dragado de 34 672 m\u00b3 de materiais sedimentarios para aumentar lixeiramente o calado. O investimento inicial estimado ascende a 3,6 mill\u00f3ns de euros, e o prazo de execuci\u00f3n depender\u00e1 da resoluci\u00f3n do expediente e doutros tr\u00e1mites pendentes.<\/p>\n\n\n\n<p>O colectivo BIO Eo, con sede en As Figueiras, presentou un documento de alegaci\u00f3ns no que sinala diversas carencias administrativas do procedemento e m\u00faltiples efectos negativos do proxecto, tanto na contorna inmediata como no conxunto da r\u00eda. As d\u00faas asociaci\u00f3ns asinantes, en coordinaci\u00f3n con BIO Eo, remitiron un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/27\/documento-de-presentacion-de-alegacions-o-pretendido-novo-porto-das-figueiras\/\">documento con 16 alegaci\u00f3ns propias<\/a>, que se suman \u00e1s 16 de BIO Eo, facendo un total de 32 alegaci\u00f3ns. O texto incide especialmente nos inconvenientes para a navegabilidade da r\u00eda, nos efectos prexudiciais sobre o Porto Comercial de Ribadeo, nas importantes deficiencias de informaci\u00f3n ao Concello de Ribadeo e \u00e1 Xunta de Galicia, nos impactos derivados do vertido dos dragados e noutras cuesti\u00f3ns de relevancia ambiental e administrativa. O <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/27\/documento-de-presentacion-de-alegacions-o-pretendido-novo-porto-das-figueiras\/\">documento completo<\/a> est\u00e1 dispo\u00f1ible no blog \u201cRibadeando\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>C\u00f3mpre lembrar que o Principado de Asturias mant\u00e9n desde hai m\u00e1is de vinte anos un proxecto estrat\u00e9xico de reforma de pequenos portos para convertelos en portos deportivos, amparado nun discurso de desenvolvemento tur\u00edstico que, segundo as entidades alegantes, ofrece servizos de escasa transcendencia econ\u00f3mica cun gasto desproporcionado. Consideran que este modelo responde m\u00e1is a din\u00e1micas clientelares que a programas participativos de aproveitamento dos recursos naturais e aut\u00f3ctonos.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste proxecto \u2014como noutros anteriores\u2014 resulta especialmente rechamante o escaso peso que se concede aos impactos sobre a r\u00eda: os cultivos de ostras, a sedimentaci\u00f3n, e a desaparici\u00f3n de especies tradicionalmente abundantes como berberechos, longueir\u00f3ns, ourizos, polbo ou n\u00e9coras. Segundo o Estudo de Impacto Ambiental financiado polo Servizo de Portos de Asturias, estas especies ou ben non existen ou non se ver\u00e1n afectadas polas obras, unha afirmaci\u00f3n que as entidades consideran inveros\u00edmil. Tam\u00e9n a riqueza arqueol\u00f3xica da r\u00eda queda practicamente ignorada no proxecto, como se fose un elemento irrelevante.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, lembran que a r\u00eda conta con m\u00faltiples figuras de protecci\u00f3n \u2014ZEPA, Convenio RAMSAR, Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera, entre outras\u2014 que, na pr\u00e1ctica, quedan reducidas a simples declaraci\u00f3ns sen eficacia real na protecci\u00f3n ambiental.<\/p>\n\n\n\n<p>As d\u00faas asociaci\u00f3ns recorrentes subli\u00f1an que son plenamente conscientes da delicada realidade social das comunidades que rodean a r\u00eda e da conflictividade que poden xerar certos oportunismos se se adoptan posici\u00f3ns belixerantes. Por\u00e9n, consideran que a defensa ponderada e realista dos dereitos das partes implicadas \u00e9 lex\u00edtima e necesaria, sempre dentro das normativas vixentes e dos principios \u00e9tico-sociais. Coherentemente, remitiron unha copia das alegaci\u00f3ns ao alcalde de Ribadeo, coa proposta de que as traslade \u00e1 Xunta de Galicia e sexan asumidas tam\u00e9n polo propio Concello.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Servizo de Portos do Principado de Asturias promove un proxecto de escollera para a ampliaci\u00f3n do Porto Deportivo de As Figueiras, actualmente en per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica. O proxecto contempla a construci\u00f3n dun muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 metros de altura, situado fronte ao porto actual, que ser\u00eda parcialmente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":27562,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[184,162],"tags":[34,26],"class_list":["post-27554","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-evaristo-lombardero","category-medio","tag-evaristo-lombardero","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27554","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27554"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27554\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27566,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27554\/revisions\/27566"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27562"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27554"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27554"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27554"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}