{"id":27537,"date":"2026-05-26T14:40:24","date_gmt":"2026-05-26T12:40:24","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27537"},"modified":"2026-05-26T14:40:29","modified_gmt":"2026-05-26T12:40:29","slug":"a-supremacia-da-empresa-fronte-as-institucions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/26\/a-supremacia-da-empresa-fronte-as-institucions\/","title":{"rendered":"A supremac\u00eda da empresa fronte \u00e1s instituci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">A supremac\u00eda da empresa fronte \u00e1s instituci\u00f3ns ou \u201cos ricos non seguen as regras. Por que deber\u00eda facelo eu?\u201d<\/p>\n\n\n\n<p>Sabes algo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Anthropic_PBC\">Anthropic<\/a>? E de Mythos AI? Si? Non? Coido que non perdes moito. Pero como o artigo est\u00e1 relacionado con esa empresa e mesmo ese produto seu, un pequeno resume introdutorio: por marzo (\u00a1como pasa o tempo, xa van dous meses!), o Pent\u00e1gono usou software de Anthropic para cousas s\u00faas. De guerra, vaia. Anthropic protestou. Foi Anthropic a que asinou un contrato correspondente co Departamento de Defensa, agora \u2018Departamento da Guerra\u2019 dos EEUU, e logo recolleu aquelo de \u2018quen con nenos se deita, mollado se levanta\u2019. Ben, o pent\u00e1gono dixo que substituir\u00eda Anthropic e os seus produtos por outra empresa que lle fora m\u00e1is d\u00f3cil. Polo que parece, non a deixou de lado nin deixou de usar os produtos da empresa para as s\u00faas cousas particulares. E a empresa, tranquila que xa fixo a escena. Pouco despois sa\u00edu nos medios que outro novo produto da mesma empresa, Mythos, pod\u00eda facer de cracker (\u00e9 dicir, de \u2018hacker malo\u2019; diso, de hackers e o desprestixio que se lle deu \u00e1 palabra podemos falar outro d\u00eda) contra software \u2018inimigo\u2019 doutro pa\u00eds, outra empresa, un banco a desvalixar, activistas pro dereitos civ\u00eds, etc. Anthropic decide a quen subministrarllo\u2026 Mentres, o Departamento da Guerra fixo as paces coa empresa e viceversa, sen ter que asinar ning\u00fan papel de rendici\u00f3n, nin de rendici\u00f3n de contas \u00f3 pobo (tampouco \u00f3 dos USA). Pode que nada novo entre poderes econ\u00f3micos\/empresariais e pol\u00edticos, pero con maior peso cada vez fronte \u00e1 diminuci\u00f3n dos cidad\u00e1ns.<\/p>\n\n\n\n<p>A historia segue. Aquelo do \u2018fin da historia\u2019 de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francis_Fukuyama\">Fukuyama<\/a> polo fin do s\u00e9culo, despois da derrota do \u2018comunismo\u2019 sovi\u00e9tico sab\u00edase que non \u00eda a ningures: mentres haxa un outro, hai a quen derrotar, e historia a contar a favor do vencedor. De feito, por aquela m\u00e1is ben comezou outro tipo de historia baseada nas novas tecnolox\u00edas, que xa non son tan novas. Por exemplo, quen supo\u00f1\u00eda no 2000, co daquela c\u00e9lebre \u2018<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Efecto_2000\">efecto 2000<\/a>\u2019 nos ordenadores (que logo non tivo case consecuencias), o desenvolvemento an\u00f3malo que ter\u00edan as redes sociais e a importancia para os cambios de mentalidade e vida da xente? Nesa nova historia, non deixan de chamar a atenci\u00f3n tantas cousas\u2026 Por exemplo, que a defensa dun pa\u00eds estea en mans estranxeiras debido \u00e1 dependencia tecnol\u00f3xica, non \u00e9 un paradoxo? Pois a \u2018tecnol\u00f3xica ultra de matriz nos EEUU\u2019 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Palantir\">Palantir<\/a> disparou as s\u00faas ganancias en Espa\u00f1a despois de vender a Defensa (desta, a defensa espa\u00f1ola) o seu programa de intelixencia militar Gotham. Si, a dependencia leva consigo non s\u00f3 o propio depender doutros, sen\u00f3n custes en cartos (cousa que axusto porque parece que desas cousas esquec\u00e9monos moitas veces).<\/p>\n\n\n\n<p>Na \u2018nova historia\u2019 que est\u00e1 a comezarse a contar, xa non son \u2018exactamente\u2019 as instituci\u00f3ns das que mal ou ben se foron dotando as sociedades, en particular os estados (sobre todo os USA, como imperio do s\u00e9culo pasado) quen manda. A\u00ednda que casos como o de Venezuela parezan confirmalo, outros como o de Ir\u00e1n e o estreito de Ormuz desm\u00e9nteno. E China sube, pero non domina, a\u00ednda que tam\u00e9n asoballe \u00e1 Uni\u00f3n Europea seguindo o exemplo dos USA. Pa\u00edses. Mais quen cada vez asoballa m\u00e1is en occidente e con menos consecuencias son as empresas. De feito, d\u00e1moslles m\u00e1is poder de xeito case autom\u00e1tico. Dos datos sobre n\u00f3s que os nosos m\u00f3biles transmiten para ser almacenados e vendidos \u00f3 mellor ofertante, ou adicados a adestrar unha IA, \u00f3s enviados polos coches cada vez m\u00e1is sofisticados: informaci\u00f3n \u00e9 poder. Pero non s\u00f3 iso. A partir de setembro, os m\u00f3biles Android (m\u00e1is de catro de cada cinco dos que poidades estar a ler isto) na pr\u00e1ctica non van a poder ter m\u00e1is app que as que queira Alphabet (\u00e9 dicir, Google). O maior fabricante de chips do mundo di que pode permitirse o non coller m\u00e1quinas de fabricaci\u00f3n de chips m\u00e1is pequenos (\u00e9 dicir, m\u00e1is eficientes, m\u00e1is r\u00e1pidos, de menor consumo relativo) porque quere impo\u00f1er prezos \u00f3 fabricante. Ou a\u00ednda, ver \u00f3 CEO de Anthropic de copresentador na \u00faltima enc\u00edclica papal, que trata sobre\u2026 intelixencia artificial!<\/p>\n\n\n\n<p>E, mentres, cada vez a xente moi moi rica ten menos inconvenientes en saltar as regras, sen que nada lles suceda, presumir de facelo e\u2026 dar mal exemplo a todos: se os ricos non seguen as regras, por que deber\u00eda facelo eu?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A supremac\u00eda da empresa fronte \u00e1s instituci\u00f3ns ou \u201cos ricos non seguen as regras. Por que deber\u00eda facelo eu?\u201d Sabes algo de Anthropic? E de Mythos AI? Si? Non? Coido que non perdes moito. Pero como o artigo est\u00e1 relacionado con esa empresa e mesmo ese produto seu, un pequeno resume introdutorio: por marzo (\u00a1como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,158],"tags":[32,9],"class_list":["post-27537","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-sociedade","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27537","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27537"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27537\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27538,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27537\/revisions\/27538"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27537"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27537"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27537"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}