{"id":27475,"date":"2026-05-19T19:53:02","date_gmt":"2026-05-19T17:53:02","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27475"},"modified":"2026-05-19T19:53:06","modified_gmt":"2026-05-19T17:53:06","slug":"reparando-a-eclipse","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/19\/reparando-a-eclipse\/","title":{"rendered":"Reparando a eclipse"},"content":{"rendered":"\n<p>Reparando a eclipse<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"320\" height=\"240\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/eclipseribadeo2005enparede.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27476\" style=\"width:572px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/eclipseribadeo2005enparede.jpg 320w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/eclipseribadeo2005enparede-300x225.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 320px) 100vw, 320px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A eclipse de sol en Ribadeo no 2005, proxectada nunha parede cun espello.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Reparar e preparar difer\u00e9ncianse nunha soa letra, pero o seu significado \u00e9 ben diferente. Preparar \u00e9 m\u00e1is complexo, tr\u00e1tase de crear, estar preparado&#8230; e ten m\u00e1is letras. Por la contra, a reparar f\u00e1ltalle o p: \u00e9 coma se estivera incompleto. Tr\u00e1tase de procurar que algo que non funciona, que non est\u00e1 ben, volva a estalo.<\/p>\n\n\n\n<p>Podemos lembrar que este 2026 imos poder contemplar -est\u00e1 previsto- unha eclipse \u00fanico nas nosas vidas. Iso quere dicir que ser\u00e1 o de mellores condici\u00f3ns astron\u00f3micas visible dende Galicia na duraci\u00f3n previsible das nosas vidas. Bueno, \u00fanico&#8230; \u00f3 mellor non chega a \u00fanico, porque no momento da eclipse pode estar cuberto o ceo, ou a\u00ednda pode estar a chover, e os efectos poder\u00e1n ser un pouqui\u00f1o diferentes: poderiamos non ver como se recorta o disco solar e a negritude ter\u00eda menos contraste, non se poder\u00eda ver a coroa solar -momento de \u2018fogos artificiais\u2019 da eclipse- mesmo os paxaros e outros animais non cambiar\u00edan o seu comportamento de xeito tan ostensible como na eclipse -parcial- que tivemos ocasi\u00f3n de observar en Ribadeo hai algo m\u00e1is de 20 anos (una imaxe, en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/10\/03\/eclipse-en-ribadeo\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/10\/03\/eclipse-en-ribadeo\/<\/a>).<\/p>\n\n\n\n<p>Con esa desculpa -a de paliar os efectos dunha mala visi\u00f3n- por exemplo, o concello de Ribadeo e o concello de Lal\u00edn van unirse de xeito telem\u00e1tico con d\u00faas pantallas para ver a eclipse. Hai que dicir que nese compartir pantallas en principio suponse que van sa\u00edr ga\u00f1ando os de Lal\u00edn, pois en boas condici\u00f3ns en ambos lugares, o minuto e medio largo que se vai poder ver a eclipse total en Ribadeo vai quedar reducido a cero en Lal\u00edn. As\u00ed, e a\u00ednda que as estat\u00edsticas sinalan menos atrancos con nubes en Lal\u00edn que en Ribadeo polas datas da eclipse, p\u00f3dese dicir que os de Lal\u00edn est\u00e1n a preparar a eclipse aumentando as posibilidades de velo mentres os de Ribadeo estar\u00edan m\u00e1is ben reparando os estragos para ver algo da eclipse. Por suposto, sen considerar -aparte- doutras cousas como onde se van tomar as imaxes nun lugar e noutro, como e onde se vai a proxectar -en Ribadeo, unha pantalla \u2018xigante\u2019 nun espazo protexido e con l\u00edmite diario de visitas, como \u00e9 As Catedrais-, ou a \u2018atracci\u00f3n\u2019 que sup\u00f3n o comentario dun astr\u00f3nomo reco\u00f1ecido como Jos\u00e9 \u00c1ngel Dobobo. Pero iso \u00e9 unha an\u00e9cdota m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p>A xente que est\u00e1 preparando a eclipse e vindo doutros lugares prev\u00e9 custosas noites de residencia por aqu\u00ed, sen embargo non \u2018encarga\u2019 o ceo despexado, non pode. Esa \u00e9 unha preparaci\u00f3n un pouco en plan tur\u00edstico de moda, pero pouco m\u00e1is. Algo en certo xeito na li\u00f1a de que sobre as eclipses sempre houbera unhas ideas un pouco raras, cando hab\u00eda ideas. Porque o normal era non ter idea xa non da previsi\u00f3n dun suceso as\u00ed, sen\u00f3n do que ocorr\u00eda, collida a xente de sorpresa, e pensar calquera idea rara para a explicaci\u00f3n. Di a biblia que algunha eclipse axudou, polos co\u00f1ecementos astron\u00f3micos que tra\u00edan os israel\u00eds despois de vivir en Exipto -vaites, vantaxes da emigraci\u00f3n!-, a conquistar o territorio (xa daquela!), e tam\u00e9n hai cr\u00f3nicas que din que favoreceu a invasi\u00f3n normanda da Gran Breta\u00f1a, e moitas cousas m\u00e1is, a ra\u00edz de ser un fen\u00f3meno celeste incomprendido. Iso, ata os nosos d\u00edas. Vou citar unha an\u00e9cdota dun meu av\u00f3 nunha eclipse de Sol en 1905: neno a\u00ednda, non foi avisado nin preparou nada, e despois de sa\u00edr coas vacas sentiu \u00f3 pouco que comezaba a escurecer e arrefriar. Volveu, cavilando que o tempo se lle pasara moi r\u00e1pido. Non foi consciente do mecanismo da eclipse ata que, xa na casa, volveu a aumentar a luz e tivo que voltar co gando a pastar, reparando as\u00ed o efecto do seu desco\u00f1ecemento.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe por hoxe, hai cantidade de informaci\u00f3n, que xa chega a ser repetitiva e pesante -paso previo para ignorala- a pesar de que eu particularmente tam\u00e9n estea preparando a mi\u00f1a pequena aportaci\u00f3n a ese peso.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha nota: a principal preparaci\u00f3n para a eclipse \u00e9 o coidado da vista: non mires de xeito directo \u00f3 Sol sen gafas especiais para a eclipse, \u00e9 m\u00e1is perigoso que un d\u00eda despexado normal! Sen\u00f3n, despois ter\u00e1s que reparar os ollos&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Reparando a eclipse Reparar e preparar difer\u00e9ncianse nunha soa letra, pero o seu significado \u00e9 ben diferente. Preparar \u00e9 m\u00e1is complexo, tr\u00e1tase de crear, estar preparado&#8230; e ten m\u00e1is letras. Por la contra, a reparar f\u00e1ltalle o p: \u00e9 coma se estivera incompleto. Tr\u00e1tase de procurar que algo que non funciona, que non est\u00e1 ben, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[206],"tags":[],"class_list":["post-27475","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ciencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27475","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27475"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27475\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27477,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27475\/revisions\/27477"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27475"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27475"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27475"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}