{"id":27452,"date":"2026-05-18T14:46:07","date_gmt":"2026-05-18T12:46:07","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27452"},"modified":"2026-05-18T21:00:24","modified_gmt":"2026-05-18T19:00:24","slug":"homenaxe-a-hernan-naval-parte-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/18\/homenaxe-a-hernan-naval-parte-1\/","title":{"rendered":"Homenaxe a Hern\u00e1n Naval. Parte 1"},"content":{"rendered":"\n<p>O s\u00e1bado tivo lugar a primeira parte da homenaxe que a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Francisco+Lanza\">A. C. Francisco Lanza<\/a> artellar\u00e1 este ano para honrar a memoria de Hern\u00e1n Naval.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"456\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-1024x456.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27453\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-1024x456.jpg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-300x134.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-768x342.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-1536x684.jpg 1536w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/05\/Comida-Hernan-2048x912.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Fronte do boleto de comida, dese\u00f1o de Chenchu<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O primeiro foi unha comida de confraternizaci\u00f3n da xente que lle ti\u00f1amos consideraci\u00f3n. As 80 prazas non deron moito de si, quedou xente f\u00f3ra.<\/p>\n\n\n\n<p>Na comida falaron o Presidente da A. C. Franciso Lanza, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Farruco+Gra%C3%B1a\">Farruco Gra\u00f1a<\/a>, e a Concelleira de Cultura, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Bego%C3%B1a+Sanjurjo\">Bego\u00f1a Sanjurjo<\/a>. Queda para outra entrada o relativo \u00f3 segundo acto, o concerto conmemorativo.<\/p>\n\n\n\n<p>Verbas de Farruco Gra\u00f1a:<\/p>\n\n\n\n<p>Hern\u00e1n Naval foi un ribadense m\u00e1is de acollida que soubo sumarse \u00e1 marea de actividade cultural que hab\u00eda en Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero foi un ribadense que soubo dar un pulo especial \u00e1 actividade musical en particular e ao activismo cultural, social e pol\u00edtico en xeral.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixounos moitas ensinanzas ao noso dispor: calquera persoa que tivese participado con el na Banda de M\u00fasica, ou nas diferentes versi\u00f3ns de agrupaci\u00f3ns usicais en torno a ela, ben nos poder\u00eda contar, e as\u00ed o agardamos esta tarde no auditorio por parte de Antonio Gregorio e Aurora L\u00f3pez Rodil, m\u00faltiples an\u00e9cdotas do d\u00eda a d\u00eda musical de Hern\u00e1n ao abeiro da Escola de M\u00fasica e da BMMR.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n debemos destacar o innovador que foi Hern\u00e1n en distintos eidos. Onte, na homenaxe que lle brindou a A. C. Pensamento e Sementeira, podiamos escoitar da man de Paco Luis Rodr\u00edguez a implicaci\u00f3n a nivel galego de Hern\u00e1n Naval no mundo da m\u00fasica e das agrupaci\u00f3ns culturais. Polo que repecta \u00e1 ensinanza da m\u00fasica foi pioneiro defendeno a filosof\u00eda das escolas de m\u00fasica. Ribadeo foi, como noutras moitas ocasi\u00f3ns, vangarda a nivel galego destes centros educativos. Saibamos preservar, e sobre todo desenvolver, dito esp\u00edrito innovador, tal e como o soubemos aplicar na defensa da igualdade entre homes e mulleres, ou na promoci\u00f3n e uso da lingua galega e a posta en valor dos nosos produtos locais e un feixe longo de iniciativas que el tam\u00e9n defend\u00eda e traballaba arreo para que fosen unha realidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Estamos na v\u00e9spera do D\u00eda das Letras Galegas, eu quero dicir D\u00eda Especial das Letras Galegas, porque D\u00eda das Letras Galegas debe ser todo o ano; neste d\u00eda de celebraci\u00f3n da nosa lngua nacional, sempre hab\u00eda unha cita e segue a haber, coa Banda de M\u00fasica Municipal de Ribadeo: o Concerto das Letras Galegas. Imos facendo ronsel ao longo dos anos, das augas da nosa historia colectiva.E nel podemos contemplar o legado da forza creadora da xente que xa non est\u00e1 connosco e collermos impulso os que aqu\u00ed seguimos para avanzar m\u00e1is e m\u00e1is no desenvolvemento da lingua e da cultura galegas.<\/p>\n\n\n\n<p>Semella que se aveci\u00f1a alg\u00fan que outro treb\u00f3n pre\u00f1ado de oportunismo para minimizar cada vez m\u00e1is a prsenza dos nosos sinais de identidade na vida colectiva. Estou convencido de que Hern\u00e1n Naval non ficar\u00eda calado e berrar\u00eda alto e forte contra esa barbarie negacionista e aou mesmo tempo dese\u00f1ar\u00eda novas actividades coa participaci\u00f3n conxunta de todas aquelas persoas que senten orgullo polo seu, pola s\u00faa lingua.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8211;<\/p>\n\n\n\n<p>Agradeceu \u00e1 Deputaci\u00f3n (Vicepresidencia primeira, \u00e1rea de Cultura), e \u00f3 Concello. \u00c1 Banda Municiapal de M\u00fasica de Ribadeo, Coral Polif\u00f3nica de Ribade e Amadores da M\u00fasica. A Hortensica, Fernando Fern\u00e1ndez, Lu\u00eds e Macu, Isidoro e Aurora, por facilitar fotos e vivencias. A Chenchu, por dar imaxe a todo este proxeto, A Hugo, por toda a variada colaboraci\u00f3n, Antonio Gregorio e Aurora L\u00f3pez Rodil, polo mesmo. A Paco Lu\u00eds, Xiana e Luc\u00eda, da parte de Pensamento e Sementeira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8211;<\/p>\n\n\n\n<p>Verbas de Bego\u00f1a Sanjurjo:<\/p>\n\n\n\n<p>Bo d\u00eda a todos e todas.<\/p>\n\n\n\n<p>T\u00f3came falar no nome do Concello pero gustar\u00edame comezar desde o persoal.<\/p>\n\n\n\n<p>Eu co\u00f1ec\u00edn a Hern\u00e1n cando dirix\u00eda a Coral de San Cibrao e a Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo foi al\u00ed a unha xuntanza de corais. Neses tempos era habitual cantar un tema final todas as corais xuntas baixo a batuta do director anfitri\u00f3n. Cantamos o Vela\u00ed Vai e \u00f3 final da peza cando Hern\u00e1n estirou o brazo as sopranos ribadenses case tiramos abaixo o teatro coa potencia que lle demos, est\u00e1bamos acostumadas \u00f3s movementos de Carme Cancelo, m\u00e1is comedidos. As seguintes veces que nos dirixiu, xa lle colleramos o punto.<\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1o que dicir tam\u00e9n que mi\u00f1a irm\u00e1 e m\u00e1is eu, fomos daquel primeiro alumnado que se apuntou no 1989 para formar parte da Banda de M\u00fasica ribadense, saquei 1\u00ba de solfeo con Hern\u00e1n, pero \u00f3 ano seguinte marchei \u00e1 universidade, aparquei as baquetas, e pasei a ser p\u00fablico acompa\u00f1ante, familiar de clarinetista e percusionista\u2026 e fan da banda. Eu creo que o estou mellor do lado do p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste d\u00eda homenaxeamos o labor de ensinar m\u00fasica e de formar unha banda pero para isto hai que ser mestre e gu\u00eda, exemplo de compromiso, de horas entregadas, de crer no talento dos demais mesmo antes de que eles mesmos se desen conta de que ti\u00f1an talento.<\/p>\n\n\n\n<p>Homenaxeamos a dedicaci\u00f3n, a constancia e o amor pola nosa cultura de quen soubo converter notas en emoci\u00f3ns e longos ensaios en comunidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Baixo a s\u00faa batuta xunt\u00e1ronse xeraci\u00f3ns por un proxecto com\u00fan, medraron p\u00edcaros e p\u00edcaras que se converteron en m\u00fasicos afeccionados e alg\u00fans tam\u00e9n profesionais, demostrouse que as bandas pod\u00edan tocar calquera tipo de m\u00fasica e colaborar con outras formaci\u00f3ns, recuper\u00e1ronse tradici\u00f3ns e cre\u00e1ronse outras como o concerto Aqu\u00ed como en Viena.<\/p>\n\n\n\n<p>Reco\u00f1ecemos unha traxectoria, pero sobre todo unha pegada indeleble na historia do noso pobo.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a primeira actuaci\u00f3n da banda, formouse un orgullo ribadense, do concello como cidadan\u00eda e tam\u00e9n do Concello como instituci\u00f3n que fortalecemos cada vez que a nosa banda fai un concerto, unha procesi\u00f3n ou calquera outra actuaci\u00f3n. Grazas Hern\u00e1n, por formar parte da historia musical de Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O s\u00e1bado tivo lugar a primeira parte da homenaxe que a A. C. Francisco Lanza artellar\u00e1 este ano para honrar a memoria de Hern\u00e1n Naval. O primeiro foi unha comida de confraternizaci\u00f3n da xente que lle ti\u00f1amos consideraci\u00f3n. As 80 prazas non deron moito de si, quedou xente f\u00f3ra. Na comida falaron o Presidente da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160],"tags":[10],"class_list":["post-27452","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cultura","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27452","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27452"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27452\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27468,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27452\/revisions\/27468"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27452"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27452"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27452"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}