{"id":27399,"date":"2026-05-12T10:09:49","date_gmt":"2026-05-12T08:09:49","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27399"},"modified":"2026-05-12T10:09:54","modified_gmt":"2026-05-12T08:09:54","slug":"parresia-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/12\/parresia-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"PARRES\u00cdA. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">PARRES\u00cdA<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/pancho-campos\/\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Parres\u00eda: unha palabra non moi frecuente no vocabulario coti\u00e1n. Significa: \u201cfalar con absoluta franqueza\u201d; do grego \u201cpan\u201d: todo + \u201crhesis\u201d: fala.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"640\" height=\"432\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/Vista20parcial20del20muelle20de20Vegadeo_1570188668610-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-12845\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Estamos vivindo tempos moi incertos na pol\u00edtica mundial debido a que un elenco de oligarcas despreciables e potentados multimillonarios, tratan de atemorizar \u00e1s naci\u00f3ns (de forma particular ou a todas en conxunto, tanto lles ten) coa s\u00faa conducta terror\u00edfica, tanto nos seus cotos privados como nos actos p\u00fablicos. Pres\u00e9ntanse ao mundo de forma insolente e descarada, con arrogancia desvergo\u00f1ada, negando o que todo o mundo estamos vendo cos nosos propios ollos: o xenocidio do pobo palestino en Gaza e na Cisxordania, ataques a L\u00edbano, o pobo iraniano, venezolano, machacona extorsi\u00f3n o pobo cubano, etc. Ref\u00edrome sen ning\u00fan tipo de rodeos, ao presidente dos EEUU Donald Trump, e o individuo ese chamado Benjam\u00edn Netanyahu, que est\u00e1 \u00f3 mando de manadas de miles de tipos armados at\u00e9 os dentes, que nunca poder\u00e1n chamarse Ex\u00e9rcito, pois un ex\u00e9rcito acata as estritas normas do Dereito Internacional, da Carta da ONU de 1945, Convenios de Ginebra de 1949 onde no III Convenio regula o trato a prisioneiros de guerra, onde non se permite de ningunha das maneiras, as vexaci\u00f3ns e maltrato, torturas a ning\u00fan deles. Hoxe as atrocidades chegan a tal punto, que os francotiradores israelitas se permiten facer \u201ctiro \u00f3 pich\u00f3n\u201d cos p\u00edcaros palestinos, incluso de s\u00f3 dous anos.<\/p>\n\n\n\n<p>O Dereito Internacional est\u00e1 enterrado dende fai dous anos baixo os escombros de Gaza, algo que xa, dalgunha maneira m\u00e1is ou menos velada pola distancia de estar a miles de quil\u00f3metros, est\u00e1 aflorando na nosa sociedade que, a\u00ednda que pareza que non vai con n\u00f3s, repercute na nosa propia pol\u00edtica nacional e local. Sen ir m\u00e1is lonxe, na R\u00eda de Ribadeo. Como \u00e9 posible?<\/p>\n\n\n\n<p>Si. Ten unha doada explicaci\u00f3n. O que se ve nos medios de comunicaci\u00f3n como desprezable internacionalmente (v\u00e9xase o peche de Ormuz) sen ter \u201cningunha consecuencia inmediata\u201d para os autores de tales masacres de miles de persoas, e a desfeita de centos de servizos p\u00fablicos mundiais, alg\u00fans pol\u00edticos auton\u00f3micos e locais pensan que poden extrapolar aquelas barrabasadas fora do Dereito Internacional, \u00e1 propia pol\u00edtica que eles exercen. Incluso saben, que no momento actual de incerteza que vivimos nas decisi\u00f3ns da Xustiza, pois depende dun xu\u00edz a interpretaci\u00f3n dunha ou doutra maneira calquera dos artigos do C\u00f3digo Penal que disp\u00f3n sobre os delitos das persoas responsables, o cal leva a entender que si tivesen algunha reacci\u00f3n popular en contra, poder\u00edan librar a cara, con embustes, falacias e trolas diversas, para falsear o grado de infracci\u00f3n das s\u00faas actuaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1973 emp\u00e9zase coa destruci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/ria\/\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>, facendo un Paseo Mar\u00edtimo que nos deixou \u00f3s veci\u00f1os de Ribadeo sen a praia de Cabanela (La Comarca 10-xu\u00f1o-1973) e sen as pequenas praias das Arenas e a de Lino, onde de p\u00edcaros nos ench\u00edamos a coller cangrexos. Pero aquel primeiro paseo mar\u00edtimo, non deb\u00eda cumprir coas expectativas da enxe\u00f1eiri\u00f1a depredadora de Portos de Galicia, que pronto se fixo unha ampliaci\u00f3n daquel desprop\u00f3sito.<\/p>\n\n\n\n<p>En La Comarca do 13-Xullo-1975, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Isidoro+Asensio\">Isidoro Asensio Amor<\/a> escribe un artigo \u201c<em>Corrientes derivadas en la r\u00eda de Ribadeo<\/em>\u201d, onde di: \u201c<em>el proceso de relleno de la r\u00eda&#8230; acentuado por el acentuado desequilibrio existente entre el aporte de arenas que arrastra la mar hacia el interior de este gran accidente geogr\u00e1fico \u2013debido al flujo de la marea y de los temporales- y la disminuci\u00f3n del poder de acarreo del reflujo y del desag\u00fce de la red fluvial, estorbado por la masa de materiales presentes en la desembocadura; en estas circunstancias, el volumen total de agua que ocupa la r\u00eda en marea alta es cada vez menor, fen\u00f3meno motivado por la ampliaci\u00f3n de la zona de marismas, por la formaci\u00f3n y crecimiento de los bancos de arena (tes\u00f3ns) y porque los canales tienden a estrecharse y perder fondo<\/em>\u201d&#8230;.\u201d<em>no hay que olvidar las corrientes secundarias, incluso de tercer orden que se originan en determinados espacios como consecuencia del conjunto de reflexiones, refracciones y difracciones que sufre la onda principal al chocar con los diferentes obst\u00e1culos, naturales y artificiales, que encuentra<\/em>\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Ou sexa, todas esas obras que se constru\u00edron, ningu\u00e9n sabe para qu\u00e9 efectividade t\u00e9cnica, destru\u00edron as correntes primixenias que manti\u00f1an a R\u00eda de Ribadeo con un calado en Figueir\u00faa de 7,5 metros a p\u00e9 do peirao de atraque de Mirasol, e as lanchas de pasaxe, cruzaban a R\u00eda de Ribadeo a Figueiras e de Ribadeo a Castropol, cada media hora, tanto en pleamar como en baixamar. A \u201cescollera\u201d, obra contra a que os ribadenses nos manifestamos en varias ocasi\u00f3ns na r\u00faa, e a diario na prensa, pois todos coincid\u00edamos que era unha aberraci\u00f3n e o \u00fanico que pretend\u00edan era acabar coa R\u00eda. Incluso tivemos que o\u00edr voces alleas a Ribadeo, de \u201cenxe\u00f1eiros\u201d da Xunta, que dic\u00edan que facer a escollera era unha \u201cobra mestra necesaria para afondar o canal de navegaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00e9 ese extremo de cinismo burocr\u00e1tico chegamos, que non t\u00e9cnico, pois era mentira, e \u00e1 vista est\u00e1n os resultados, pois incluso despois de dragar o canal, \u00e1 semana seguinte varou un barco. A escollera e diques diversos foron obras planificadas nun despacho, sen facer ning\u00fan estudo de correntes e esas obras en vez de ser constru\u00eddas con bloques de cemento, que se puideran remover en caso de estar mal colocados ou mal orientados, fix\u00e9ronse botando miles de toneladas de pedras que agora ser\u00e1 dificil\u00edsimo de remover pois o costo de tal operaci\u00f3n ser\u00e1 moi elevado, e Ribadeo \u201cnon se merece tal desembolso\u201d. Para destru\u00edlo, s\u00ed, util\u00edzase o que faga falta, para po\u00f1elo de novo en valor, nin un euro de presuposto. Fix\u00e9ronse diques de abrigo para pequenas d\u00e1rsenas do club n\u00e1utico; un brazo de abrigo para encerrar a \u201cpraia dos Bloques\u201d; unha Ponte dos Santos con g\u00e1libo de navegaci\u00f3n para gabarras e barcos con porte de 2500 Tm. m\u00e1ximo. Unha desfeita planificada por in\u00fatiles e incompetentes, torpes e negados para entender algo do que \u00e9 sentido com\u00fan.<\/p>\n\n\n\n<p>Ese tipo de barcos, que entran hoxe en Mirasol, ti\u00f1a que poder remontar a R\u00eda, at\u00e9 a Veiga de Ribadeo. Pero ese proveito e utilidade das canles de navegaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, xa se encargou de empezar a destru\u00edlos a \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=banca+de+casas\">insigne Banca\u201d de Carlos Casas<\/a>, que a primeiros do s\u00e9culo XX, mandou constru\u00edr unha estacada para reencher de terra a R\u00eda, e formar unha xunqueira en Reme. Parece ser que naquela \u00e9poca estaba de moda atoar os fondais das r\u00edas, para crear \u201cprodutividade\u201d. As\u00ed se razoaba daquela; e agora?.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora queren facer <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=dique%20Figueiras\">nas Figueiras outro dique<\/a> para constru\u00edr un amarradoiro para chalanos e \u201ciates de medio pelo\u201d, pois non poder\u00e1n ter un calado moito maior dun metro e medio, si acaso. Eu non sei que dicir o respecto, pois apenas importa a marxe dereita da R\u00eda ao tr\u00e1fico comercial, pois leva d\u00faas culleradas sopeiras de auga, pero a t\u00edtulo persoal creo que se est\u00e1n quedando cortos nas expectativas de destruci\u00f3n, e \u00e1 vista do que se fixo na marxe esquerda ribadense, deberan de elevar o paramento do peirao de atraque de 1,40 metros que creo que est\u00e1n pensando, a 3,0 metros, incluso a 5,0 metros como na illa de San Miguel das Azores, para aguantar as galernas, e ademais tal muro de contenci\u00f3n en Figueiras, abrigar\u00eda \u00e1 poboaci\u00f3n da brisa do Viraz\u00f3n, fr\u00edo como un dia\u00f1o, e as\u00ed quedar\u00eda m\u00e1is recollido o peirao. En fin, al\u00f3 vostedes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"700\" height=\"523\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/portofigueiras1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1308\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Posiblemente estea chegando a hora (pol\u00edtica, claro) de facer aquela desfeita \u201cenxe\u00f1eiril\u201d bosquexada na d\u00e9cada dos 70, un proxecto que consist\u00eda en dragar a R\u00eda con dragas de succi\u00f3n, como as empregadas no Canal de Suez, e as areas de dragado do tes\u00f3n das Figueiras botalas na d\u00e1rsena da Li\u00f1eira, a cal para que se mantiveran firmes, ter\u00eda que previamente facerse un dique de contenci\u00f3n dende o peirao de Castropol at\u00e9 as Figueiras. As cousas pens\u00e1banse as\u00ed. Ideas peregrinas das que xa aquel alcalde de Lugo da d\u00e9cada dos 60, pensaba que para ampliar a calzada e beirarr\u00faas da rotonda o mellor que se lle ocorr\u00eda era demoler a Muralla Romana.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro tema que temos en Ribadeo, \u00e9 a Praia dos Bloques, onde esperemos que este ano, non siga a imperar a lei dos nenos pijos e maleducados, que invaden a praia con t\u00e1boas de windsurf, motos de auga, ese tipo de nenos que nos nosos tempos lles cham\u00e1bamos: \u201cni\u00f1os bien de casa mal\u201d. Claro os de agora son os descendentes daqueles e seguen indo a colexios privados onde non se imparte civismo, sen\u00f3n \u201ctitulitis \u00e1 carta\u201d, xa que despois o emprego xa o herdan da familia materna, paterna ou de \u00e1mbolos dous. Non te\u00f1en a educaci\u00f3n seria, honrada e de respecto que impart\u00edan os Hermanos da Instruci\u00f3n Cristi\u00e1n de Juan Mar\u00eda de La Menais, en Ribadeo. Aqueles que como souberan que andabas mal pola r\u00faa, levabas unha \u201csomanta imperial\u201d que te po\u00f1\u00edan fino, por iso os \u201cni\u00f1os bien\u201d de Ribadeo, non \u00edan \u00f3s Hermanos, non fora que chegaran \u201cacalorados\u201d a s\u00faa casa.<\/p>\n\n\n\n<p>Felices aqueles que cren que a pol\u00edtica e a xustiza \u00e9 igual para todos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PARRES\u00cdA Pancho Campos Dorado Parres\u00eda: unha palabra non moi frecuente no vocabulario coti\u00e1n. Significa: \u201cfalar con absoluta franqueza\u201d; do grego \u201cpan\u201d: todo + \u201crhesis\u201d: fala. Estamos vivindo tempos moi incertos na pol\u00edtica mundial debido a que un elenco de oligarcas despreciables e potentados multimillonarios, tratan de atemorizar \u00e1s naci\u00f3ns (de forma particular ou a todas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12845,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,162,164,191,158],"tags":[11,26,46,56,9],"class_list":["post-27399","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-medio","category-pancho-campos","category-ria","category-sociedade","tag-historia","tag-medio","tag-pancho-campos","tag-ria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27399","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27399"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27399\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27402,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27399\/revisions\/27402"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12845"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27399"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27399"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27399"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}