{"id":27371,"date":"2026-05-06T14:52:22","date_gmt":"2026-05-06T12:52:22","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27371"},"modified":"2026-05-06T14:52:26","modified_gmt":"2026-05-06T12:52:26","slug":"zac-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/05\/06\/zac-ribadeo\/","title":{"rendered":"ZAC Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">ZAC Ribadeo<\/p>\n\n\n\n<p>Vivimos nun mundo de siglas. Neste caso, ZAC \u00e9 o acr\u00f3nimo de Zona Acusticamente Contaminada. E o t\u00edtulo ven a conto da petici\u00f3n de chamar as\u00ed a un lugar no que moitos d\u00edas \u00f3 ano \u00e1 unha da noite -po\u00f1amos por caso- un son\u00f3metro pode dar medidas ben por baixo do l\u00edmite legal nas zonas habitacionais dun edificio, pero no que tam\u00e9n unha cantidade importante de d\u00edas o ru\u00eddo pode chegar a sobrepasar os 50 dB. Cincuenta deciBelios, a esas horas, en zonas que deberan ser tranquilas do edificio, e a pesar da dobre vent\u00e1 ou o triplo vidro. Isto, debido a que no exterior ac\u00e1danse niveis de 80 dB, como se pode medir cunha simple aplicaci\u00f3n para m\u00f3bil. \u00c9 dicir, centos de veces a intensidade ac\u00fastica permitida pola normativa en zonas residenciais.<\/p>\n\n\n\n<p>Ribadeo normalmente \u00e9 un lugar tranquilo. Quizais cabe xa dicilo en pasado, \u2018era\u2019, pois cada vez a tranquilidade \u00e9 algo m\u00e1is anormal nunha vila que ate hai pouco tentaba venderse como tranquila. E un dos factores \u00e9 o ru\u00eddo nocturno en determinadas zonas. Por suposto, est\u00e1 relacionado con outros temas, como as 1500 prazas de Vivendas de Uso Tur\u00edstico (VUT, outra sigla) en competencia co dificultoso acceso a un alugueiro de longo prazo, a m\u00e1is das hostaleiras e as correspondentes a segundas vivendas. Pero non por esas relaci\u00f3ns o ru\u00eddo deixa de ser un problema con entidade propia.<\/p>\n\n\n\n<p>O tentar afrontar o ru\u00eddo nocturno dalg\u00fan xeito foi o que fixo que o concello recibira, xa hai tempo, a petici\u00f3n de declaraci\u00f3n dunha pequena zona de Ribadeo como acusticamente contaminada: unha ZAC debe levar consigo un seguimento, unha intenci\u00f3n de co\u00f1ecer o problema a m\u00e1is do seu reco\u00f1ecemento como problema. Tratar\u00edase de que o concello se animara a procurar un mellor vivir dos veci\u00f1os en troques de dar brindes \u00f3 Sol sen satisfacer a ningu\u00e9n.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres, hai leis que cumprir, por suposto, pero tam\u00e9n hai falta de aplicaci\u00f3n delas. Polo que parece, hai s\u00e9culo e medio o Conde de Romanones dic\u00eda algo como \u2018facede as leis, que eu farei os regulamentos\u2019. O de Ribadeo, en relaci\u00f3n \u00f3 ru\u00eddo, \u00e9 inexistente. Iso leva de por si a que non sexa obrigado un estudo ac\u00fastico para a concesi\u00f3n de licenzas de actividades con amplificaci\u00f3n ac\u00fastica, e polo tanto, non se saiba de illamentos nin de emisi\u00f3ns sonoras producidas ou se instalen en pleno casco urbano centos de watios de amplificaci\u00f3n sen control. Se non hai datos oficiais, o problema pasa por oficialmente desco\u00f1ecido. Pero como existir, existe, eng\u00e1dese un novo problema previo a calquera soluci\u00f3n: \u00e9 dif\u00edcil solucionar o que non se co\u00f1ece.<\/p>\n\n\n\n<p>Non vou entrar nos efectos do ru\u00eddo, e m\u00e1is en concreto do ru\u00eddo nocturno (por certo, menos estudado que o producido polo tr\u00e1fico nas cidades e grandes v\u00edas de comunicaci\u00f3n), se ben se sabe, entre outras cousas, que afecta \u00e1 memoria, ou \u00e1 concentraci\u00f3n, que empeora o alzh\u00e9imer ou o zunido (tinnitus), ou que aumenta o stress, a m\u00e1is por suposto, de afectar \u00f3 descanso (aquelo de que quen perde a noite, perde o d\u00eda). E, de carambola, afecta \u00e1 convivencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>Unha nota: a causa de ter os dB como base uha escala logar\u00edtmica, 80 dB non \u00e9 o dobre de 40 dB, sen\u00f3n 10 000 veces m\u00e1is intensidade sonora: 40 dB \u00e9 unha intensidade sonora 10 veces 30 dB, e 80 dB corresponde a 1000 veces 50 dB.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ZAC Ribadeo Vivimos nun mundo de siglas. Neste caso, ZAC \u00e9 o acr\u00f3nimo de Zona Acusticamente Contaminada. E o t\u00edtulo ven a conto da petici\u00f3n de chamar as\u00ed a un lugar no que moitos d\u00edas \u00f3 ano \u00e1 unha da noite -po\u00f1amos por caso- un son\u00f3metro pode dar medidas ben por baixo do l\u00edmite legal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,211,158],"tags":[13,70,9],"class_list":["post-27371","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-ruido","category-sociedade","tag-politica","tag-ruido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27371","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27371"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27371\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27372,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27371\/revisions\/27372"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27371"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27371"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27371"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}