{"id":27339,"date":"2026-04-29T15:14:12","date_gmt":"2026-04-29T13:14:12","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27339"},"modified":"2026-04-29T15:14:16","modified_gmt":"2026-04-29T13:14:16","slug":"eslibre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/29\/eslibre\/","title":{"rendered":"Eslibre"},"content":{"rendered":"\n<p>Eslibre<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"358\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/EsLibre2026.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27340\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/EsLibre2026.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/EsLibre2026-300x156.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Sobre usado este ano no Congreso de Eslibre<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Este ano tocoulle a Galicia a honra de artellar a edici\u00f3n 2026 de EsLibre, Congreso de Cultura e Software Libre, desenvolta en Melide os pasados 17 de 18 de abril. En realidade, foron as asociaci\u00f3ns Melisa e GalPon (Asociaci\u00f3n de usuarios de software libre da Terra de Melide e Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) as que se moveron para que Galicia fora, unha vez m\u00e1is, terra de acollida. Neste caso, de xente que procura a liberdade a trav\u00e9s da selva de espazos dixitais valados como propiedade e cotos de caza polas grandes empresas que nos rodean.<br>Nun mundo onde a propiedade (nosa) desaparece na rede para ser as \u2018nosas\u2019 cousas (entre outros, datos, lembranzas, movementos, fotos\u2026) inmediatamente usadas por empresas sen pedirnos permiso -ou obrig\u00e1ndonos a darllo, ou mesmo apropi\u00e1ndose delas- a liberdade na rede, e en xeral, a liberdade dixital, \u00e9 algo que temos que constru\u00edr. Algo que, normalmente de xeito metaf\u00f3rico, pero \u00e1s veces mesmo de xeito real, necesita pola nosa parte algo daquel \u2018sangue, suor e b\u00e1goas\u2019 que pediu Churchill \u00f3 exercer o liderado na guerra mundial. E m\u00e1is a\u00ednda, necesita de comunidade, organizaci\u00f3n e traballo nunha situaci\u00f3n onde prima a desigualdade entre as partes. Como exemplo, capital e poder est\u00e1n localizados con precisi\u00f3n no campo das apropiaci\u00f3ns e restrici\u00f3ns.<br>En Melide, charlas, obradoiros, espazos de demostraci\u00f3n, mesas de comunidades e actividades participativas foron compartidas por xente interesada no co\u00f1ecemento aberto e conxunto, xa foran usuarios, perf\u00eds t\u00e9cnicos ou p\u00fablico xeral. Al\u00ed se compartiron experiencias, teceron redes ou impulsaron proxectos, creando valor para toda a comunidade, estivera ou non ali presente ou representada. Pois neste caso \u2018aberto\u2019 non significa s\u00f3 que se puidera ir, sen\u00f3n tam\u00e9n que se puido participar sen custe, e sobre todo que as miras coas que se fai o congreso abranguen a todas as persoas, \u00e1 humanidade, sen fronteiras nen aranceis. Unha apertura que mesmo se estende a campos m\u00e1is al\u00f3 dos l\u00edmites definidos no t\u00edtulo, facilitando a liberdade tecnol\u00f3xica ou, sinxelamente, a liberdade procurada en comunidade.<br>No caso do grupo que nos presentamos en conxunto a EsLibre, amarinha.gal, as actividades promovidas estaban relacionadas coa soberan\u00eda dixital e a construci\u00f3n conxunta da mesma co entorno que nos arrodea. Dende dar a co\u00f1ecer o que estamos a facer na bisbarra ribadense a un obradoiro para axudar desenvolver as propias inquedanzas dos asistentes, tendo claro que non estamos preocupados por unha grande repercusi\u00f3n sen\u00f3n pola medida humana, preferindo aportar un pouco de ansia de liberdade e desenvolvela a trav\u00e9s do co\u00f1ecemento con aqueles estratos da sociedade que a mi\u00fado non o reciben. Al\u00ed expuxemos a nosa primeira acci\u00f3n, a instancia amarinha.gal como xerme de rede social asociada \u00e1 nosa bisbarra no universo Mastodon, \u00f3 igual que a nosa \u00faltima actividade, un \u2018repair caf\u00e9\u2019, obradoiro de reparaci\u00f3n que tivemos a sorte de axudar a po\u00f1er en marcha case todos os aparellos que foron levados al\u00ed por persoas diversas con ese fin. Isto \u00faltimo foi posible aproveitando o pr\u00e9stamo de espazo e material do CIFP Porta da Auga, o apoio na organizaci\u00f3n e seguro de Enxe\u00f1eiros sen Fronteiras ou a compa\u00f1\u00eda de amigos especialistas en campos diversos, da mec\u00e1nica \u00e1 costura.<br>Retomando as \u00faltimas palabras a modo de resumo de filosof\u00eda de amarinha.gal e EsLibre: p\u00f3dese ser libre sen unha rede de amigos?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Eslibre Este ano tocoulle a Galicia a honra de artellar a edici\u00f3n 2026 de EsLibre, Congreso de Cultura e Software Libre, desenvolta en Melide os pasados 17 de 18 de abril. En realidade, foron as asociaci\u00f3ns Melisa e GalPon (Asociaci\u00f3n de usuarios de software libre da Terra de Melide e Grupo de Amigos de Linux [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":27340,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158,190],"tags":[9,40],"class_list":["post-27339","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sociedade","category-tecnoloxia","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27339","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27339"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27339\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27341,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27339\/revisions\/27341"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27340"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27339"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27339"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27339"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}