{"id":27316,"date":"2026-04-21T15:17:33","date_gmt":"2026-04-21T13:17:33","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27316"},"modified":"2026-04-21T15:17:37","modified_gmt":"2026-04-21T13:17:37","slug":"nota-de-prensa-sobre-a-intervencion-politica-no-ensino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/21\/nota-de-prensa-sobre-a-intervencion-politica-no-ensino\/","title":{"rendered":"Nota de prensa sobre a intervenci\u00f3n pol\u00edtica no ensino"},"content":{"rendered":"\n<p>Chegoume hai un pouco a nota de prensa que Nova Escola Galega enviou aos medios por algo aparentemente inocuo: a non concesi\u00f3n de homologaci\u00f3n sobre unha actividade. Mais&#8230; a cousa non \u00e9 unha an\u00e9cdota. A\u00ed vai:<\/p>\n\n\n\n<p><em>Nova Escola Galega denuncia publicamente a aplicaci\u00f3n de censura e control ideol\u00f3xico sobre unha das s\u00faas actividades m\u00e1is emblem\u00e1ticas o \u201cXXXVI Encontro galego-portugu\u00e9s de Educadoras\/es pola paz. Palestina e m\u00e1is al\u00e1. Educar na vida en tempos de xenocidio\u201d cuxa celebraci\u00f3n est\u00e1 prevista para os vindeiros d\u00edas, 24, 25 e 26 de Abril.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>A Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional v\u00e9n de denegar a petici\u00f3n de homologaci\u00f3n previa e provisional desta actividade porque non cumpre co principio de neutralidade ideol\u00f3xica establecido na RESOLUCI\u00d3N do 5 de xu\u00f1o de 2025. Diante desta decisi\u00f3n presentouse o oportuno recurso sobre o que a\u00ednda non temos resposta.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Tr\u00e1tase dunha circunstancia in\u00e9dita para n\u00f3s. Unha decisi\u00f3n que consideramos moi grave, e que nunca se dera na traxectoria dos Encontros da Paz -nin en ningunha outra actividade programada desde Nova Escola Galega-, entidade que ten entre as s\u00faas finalidades contribu\u00edr \u00e1 formaci\u00f3n do profesorado, e que v\u00e9n ofrecendo actividades de formaci\u00f3n permanente practicamente desde \u00e1 s\u00faa fundaci\u00f3n no ano 1983, somet\u00e9ndoas aos sucesivos requirimentos dos procesos de homologaci\u00f3n previstos pola administraci\u00f3n educativa desde que se puxeron en marcha.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em> Queremos chamar a atenci\u00f3n sobre varias cuesti\u00f3ns que estimamos particularmente graves.<\/em><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Estase estendendo \u00e1s actividades de formaci\u00f3n permanente do profesorado promovidas por entidades, a aplicaci\u00f3n dun principio contido nunha normativa que non resulta de aplicaci\u00f3n neste \u00e1mbito, as <em>instruci\u00f3ns publicadas en xu\u00f1o de 2025, orientadas ao desenvolvemento das ensinanzas de educaci\u00f3n infantil, educaci\u00f3n primaria, educaci\u00f3n secundaria obrigatoria e bacharelato no r\u00e9xime ordinario no curso acad\u00e9mico 2025\/26.<\/em><\/li>\n\n\n\n<li>Como xa temiamos as diferentes organizaci\u00f3ns que expresamos a nosa disconformidade coas devanditas instruci\u00f3ns, est\u00e1n sendo empregadas como mecanismo de control, neste caso para censurar actividades pedag\u00f3xicas que non son do agrado da Conseller\u00eda.<\/li>\n\n\n\n<li>Estase restrinxindo a autonom\u00eda do profesorado e a s\u00faa liberdade acad\u00e9mica \u00e1 hora de decidir sobre como quere orientar a s\u00faa propia actualizaci\u00f3n docente. Desincent\u00edvase unha formaci\u00f3n que, no caso destes Encontros, \u00e9 ademais moi intensiva, en r\u00e9xime de convivencia, o que significa un esforzo para o profesorado interesado nesta oferta formativa. U-lo respecto pola autoridade do profesorado e polo seu criterio profesional en relaci\u00f3n \u00e1 s\u00faa propia formaci\u00f3n?<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><em>Cando se publicaron as pol\u00e9micas instruci\u00f3ns sobre as que asenta esta denegaci\u00f3n, Nova Escola Galega fixo p\u00fablico un comunicado titulado <a href=\"https:\/\/neg.gal\/nova-escola-galega-contra-a-censura-no-ensino\/\">\u201cNEG contra a censura no ensino\u201d<\/a>. Algunhas das reflexi\u00f3ns contidas naquel texto cobran agora unha relevancia especial. Tal e como diciamos daquela e reiteramos agora \u201cnunha sociedade que reclama respostas educativas a problemas como as distintas formas de violencia, o quecemento global, as diferentes formas de desigualdade, o uso das tecnolox\u00edas \u2013 por po\u00f1ermos alg\u00fans exemplos \u2013 non \u00e9 posible ser neutral, nin \u00e9 tampouco responsable. A neutralidade entendida como evitaci\u00f3n, equidistancia ideol\u00f3xica, omisi\u00f3n na abordaxe da complexidade nunha sociedade que reclama respostas educativas a problemas como as distintas formas de violencia, o quecemento global, as diferentes formas de desigualdade, o uso das tecnolox\u00edas \u2013 por po\u00f1ermos alg\u00fans exemplos \u2013 non \u00e9 posible ser neutral, nin \u00e9 tampouco responsable. A neutralidade entendida como evitaci\u00f3n, equidistancia ideol\u00f3xica, omisi\u00f3n na abordaxe da complexidade, implica optar por un perigoso relativismo moral, salvaguardando un presunto dereito \u00e1 ignoracia, que coloca a instituci\u00f3n educativa como c\u00f3mplice da involuci\u00f3n social por incompetencia ou desasistencia. O lugar no que queren colocala quen desde a acci\u00f3n pol\u00edtica quere ter a exclusiva para ideoloxizar partidariamente o alumnado.<\/em><br><em>S\u00f3 desde este marco se entende o retorno \u00e1 blindaxe do profesorado como autoridade, unha autoridade desposu\u00edda do respecto \u00e1 s\u00faa profesionalidade e \u00e1s s\u00faas liberdades acad\u00e9micas.\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Na s\u00faa dilatada traxectoria, as sucesivas edici\u00f3ns dos Encontros tiveron, entre outros, os seguintes obxectivos: contribu\u00edr ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza; colaborar na consolidaci\u00f3n de actitudes e h\u00e1bitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos; afondar nunha cultura alternativa de defensa da vida en paz e respecto polo dereito internacional e polos dereitos dos pobos. Todos eles, en li\u00f1a co mandato de educar nos dereitos humanos que compromete ao conxunto do sistema educativo. As tem\u00e1ticas que se foron abordando neste longo per\u00edodo incluiron a an\u00e1lise de cuesti\u00f3ns complexas e controvertidas, como o son os distintos conflitos que afectan \u00e1 paz entre os pobos, sempre dando p\u00e9 \u00e1 reflexi\u00f3n e ao debate plural. De a\u00ed que esta iniciativa formativa se mante\u00f1a como referente ao longo do tempo.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Parece que cando se toca Palestina e a realidade do xenocidio &#8211; reco\u00f1ecido polas instancias internacionais m\u00e1is autorizadas na defensa dos dereitos humamos &#8211; ac\u00e9ndense as alarmas da administraci\u00f3n educativa e conv\u00e9n empregar calquera estratexia de cancelaci\u00f3n ou disuasi\u00f3n para que o profesorado evite implicarse.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Nova Escola Galega non vai renunciar \u00e1 celebraci\u00f3n destes Encontros ou a realizaci\u00f3n doutras actividades concibidas desde o compromiso \u00e9tico como unha fiestra aberta \u00e1 esperanza nun mundo mellor. Facemos un chamamento \u00e1 comunidade educativa para manter os seus compromisos educativos co desenvolvemento dunha cidadan\u00eda cr\u00edtica e responsable.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chegoume hai un pouco a nota de prensa que Nova Escola Galega enviou aos medios por algo aparentemente inocuo: a non concesi\u00f3n de homologaci\u00f3n sobre unha actividade. Mais&#8230; a cousa non \u00e9 unha an\u00e9cdota. A\u00ed vai: Nova Escola Galega denuncia publicamente a aplicaci\u00f3n de censura e control ideol\u00f3xico sobre unha das s\u00faas actividades m\u00e1is emblem\u00e1ticas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[161,176],"tags":[18,13],"class_list":["post-27316","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-educacion","category-politica","tag-educacion","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27316","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27316"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27316\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27317,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27316\/revisions\/27317"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27316"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27316"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27316"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}