{"id":27309,"date":"2026-04-15T13:56:58","date_gmt":"2026-04-15T11:56:58","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27309"},"modified":"2026-04-15T13:57:02","modified_gmt":"2026-04-15T11:57:02","slug":"sobre-a-loxica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/15\/sobre-a-loxica\/","title":{"rendered":"Sobre a l\u00f3xica"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Sobre a l\u00f3xica. Un anuncio doutro tempo<\/p>\n\n\n\n<p>A finais da d\u00e9cada pasada fac\u00edame sorrir cada pase que contemplaba dun anuncio de televisi\u00f3n. Consist\u00eda en amosar como un coche que non din identificado era sucesivamente golpeado e esmagado por un elefante ata que un individuo con aspecto de indio, supo\u00f1o que para xuntalo mentalmente co elefante e a cultura m\u00edstica india, o comparaba cunha foto dun coche europeo (non lembro cal, pero si lembro que era franc\u00e9s) e lle daba o visto bo. O anuncio, para min, era un fracaso que me fac\u00eda sorrir.<\/p>\n\n\n\n<p>Nun primeiro momento, parec\u00edame que reduc\u00eda o coche \u00f3 dese\u00f1o, descartando a mec\u00e1nica ou a comodidade como algo prescindible. Mais coa repetici\u00f3n de visionados, fun algo m\u00e1is al\u00f3: o esnaquizar un aparello para convertelo no que non \u00e9 non deixa de ser unha perda de recursos, a m\u00e1is de reducir as s\u00faas posibilidades (o que o converte nunha especie de antianuncio), e mesmo un desacreditar a reparaci\u00f3n de obxectos polos propios medios. P\u00f3dese afondar no dito, pero as consecuencias indican que basicamente poder\u00edase tomar por un anuncio que se volve anticapitalista, contra as premisas que mante\u00f1en o sistema que fai posible o anuncio.<\/p>\n\n\n\n<p>O anuncio veume \u00e1 cabeza pola actuaci\u00f3n estadounidense (non norteamericana) no estreito de Ormuz. De Hormuz, como escriben eles. Estadounidense, porque Trump \u00e9 quen ordena, mais as forzas son de todos, dende Hawaii no oeste a Florida no surleste e Maine no norleste, e foi o sistema que te\u00f1en e os seus votos quen puxeron a Trump no lugar que ocupa e coas prerrogativas que ten hoxe. Naturalmente, haber\u00e1 quen poda dicir que non quere a Trump nin \u00f3 sistema, pero o caso \u00e9 que \u00e9 de todos eles, para mal ou para ben. O seu compa\u00f1eiro de ataque, israel\u00ed, non merece mellores verbas. O caso \u00e9 que primeiro esm\u00e1gase Ir\u00e1n, e logo comp\u00e1rase coa foto que se pretend\u00eda ter \u00f3 final. E non, non coincide o aspecto do pa\u00eds co que se pretend\u00eda dun estado \u00f3s p\u00e9s do atacante co seu petr\u00f3leo (o iran\u00ed) no seu dep\u00f3sito (estadounidense), o seu uranio (iran\u00ed) nas s\u00faas bombas ou centrais (estadounidenses), co seu estreito (compartido entre Ir\u00e1n e Om\u00e1n) nas s\u00faas mans (estadounidenses). Sen m\u00e1is liberdade que antes (tanto na ditadura teocr\u00e1tica iran\u00ed como no que corresponda \u00f3s EEUU). Polo medio, os bombardeos que comezaron esnaquizando unha escola de nenas, a modo de elefante \u2018moldeando\u2019 o coche do anuncio, e as pequenas esquirlas que saltaron sexa en Israel, nas bases norteamericans en Oriente Medio ou nos barcos indefensos (e indefendibles) amoreados en Ormuz. E o efecto, por moito que se lle dea propaganda, \u00e9 iso: un esnaquizamento do inimigo que amosa a tolemia do atacante, que mant\u00e9n nas mans un dese\u00f1o que s\u00f3 un tolo tentar\u00eda homologar con algo parello \u00e1 realidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sobre a l\u00f3xica. Un anuncio doutro tempo A finais da d\u00e9cada pasada fac\u00edame sorrir cada pase que contemplaba dun anuncio de televisi\u00f3n. Consist\u00eda en amosar como un coche que non din identificado era sucesivamente golpeado e esmagado por un elefante ata que un individuo con aspecto de indio, supo\u00f1o que para xuntalo mentalmente co elefante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[177,176,158],"tags":[17,13,9],"class_list":["post-27309","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-paz","category-politica","category-sociedade","tag-paz","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27309","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27309"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27309\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27310,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27309\/revisions\/27310"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27309"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27309"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27309"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}