{"id":27305,"date":"2026-04-13T16:36:18","date_gmt":"2026-04-13T14:36:18","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27305"},"modified":"2026-04-13T16:36:22","modified_gmt":"2026-04-13T14:36:22","slug":"protesta-participacion-sociedade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/13\/protesta-participacion-sociedade\/","title":{"rendered":"Protesta, participaci\u00f3n, sociedade"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Protesta, participaci\u00f3n, sociedade<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Unha sociedade na que a xente participa pode ser m\u00e1is complexa e tam\u00e9n m\u00e1is complicada de xestionar, mais iso \u00e9 precisamente unha indicaci\u00f3n de que est\u00e1 viva.<br>Chamoume a atenci\u00f3n unha nova de hai poucos d\u00edas: mentres houbo menos de dez alegaci\u00f3ns previas \u00e1 aprobaci\u00f3n do novo nomencl\u00e1tor de Galicia, foron m\u00e1is numerosas as protestas a posteriori da s\u00faa aprobaci\u00f3n. Estamos a falar, neste caso, de entidades, concellos, m\u00e1is que de persoas, o que exp\u00f3n mellor as deficiencias de participaci\u00f3n, \u00f3 verse implicadas instituci\u00f3ns, polo tanto con m\u00e1is forza que persoas individuais para facerse valer. E queixas que son algo que aflora \u00e1s claras despois das verbas dunha declaraci\u00f3n do alcalde do Porto do Son, que se queixou de ser consultado o concello pero non poder participar no proceso. E iso que o alcalde \u00e9 do PP, o que -nas actuais circunstancias e mentalidade- sup\u00f3n ter m\u00e1is facilidade de acceso \u00f3 proceso e a quen o leva a cabo e debe aprobalo. Tam\u00e9n pode que por iso o termo empregado sexa \u2018queixa\u2019 e non \u2018protesta\u2019.<br>Non se trata s\u00f3 deste caso concreto, de estar de acordo cuns determinados cambios ou non, o que ser\u00eda un m\u00e1is dos casos posibles, sen\u00f3n que a tendencia enfoca en xeral \u00f3 sistema de aprobaci\u00f3n e aplicaci\u00f3n de normas sociais (leis inclu\u00eddas) animadas e certificadas dende a pol\u00edtica. De novo, poder\u00eda dicirse que os pol\u00edticos, a\u00ednda con moita variaci\u00f3n entre grupos e mesmo dentro deles, van polo voto, que transmite o poder do pobo que vota a quen elixe en representaci\u00f3n, non axustando logo o poder (quen ten xa o poder) \u00f3 mandato que d\u00e1 \u00f3 voto, comezando por esquecer o estar en contacto co pobo para poder levar a cabo esa representaci\u00f3n de xeito fiel. Non quere iso dicir que haxa que realizar un referendo entre os votantes de cada representante para poder tomar cada decisi\u00f3n, sen\u00f3n ter a oportunidade de co\u00f1ecer e valorar de xeito adecuado o que pensa e sinte quen vota.<br>Pola contra, dende a ditadura non se chegou a valorar abondo a participaci\u00f3n cidad\u00e1, perdendo os partidos o pouco impulso que en xeral ti\u00f1an \u00f3 comezo do per\u00edodo constitucional, para tentar establecer as canles desa participaci\u00f3n. Unha mostra observable \u00e9 a imposibilidade de participaci\u00f3n nas decisi\u00f3ns da administraci\u00f3n m\u00e1is pr\u00f3xima a n\u00f3s, a local. A\u00ednda que en cada concello \u00e9 diferente, cando hai algunha posibilidade de participaci\u00f3n, soe ser abondo desco\u00f1ecida e, dun xeito ou outro, dificultada na pr\u00e1ctica e mediatizada. No caso de Ribadeo, o m\u00e1is que se logrou ate o momento, de xeito regulado, \u00e9 poder preguntar por medio dunha asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u00f3 concello con contestaci\u00f3n (coa venia do alcalde, que se ten esquecido m\u00e1is dunha vez, esmorecendo o seu uso dende hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada) \u00f3 final dos plenos, ou a proposta a partir da convocatoria por parte do concello de \u2018consellos\u2019 con participaci\u00f3n de asociaci\u00f3ns, non \u00f3 rev\u00e9s. A variaci\u00f3n desa normativa tentouse facer xa hai anos v\u00eda a estratificaci\u00f3n e dependencia das asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais das asociaci\u00f3ns de tipo econ\u00f3mico (comercia, empresarial\u2026)<br>Mentres, a participaci\u00f3n proc\u00farase nunhas elecci\u00f3ns nas que se nota o medre da desafecci\u00f3n \u00e1s entidades de goberno e o impulso a acollerse a calquera populismo con promesas que moitas veces se esvaecen nada m\u00e1is exercer o voto, unha vez impulsado o \u2018l\u00edder\u2019 correspondente. E as\u00ed \u00f3 longo do tempo, con trabas \u00e1 participaci\u00f3n que non sexa controlada polos partidos pol\u00edticos, de xeito que as asociaci\u00f3ns esmorecen. Non \u00e9 de estra\u00f1ar que a protesta se vexa como xeito de participaci\u00f3n. E si, \u00e9 un xeito de participar, pero no que as contribuci\u00f3ns positivas vense minguadas o basearse na confrontaci\u00f3n e non na construci\u00f3n. Dende logo, non \u00e9 o \u00f3ptimo. Pero moitas veces \u00e9 a \u00fanica sa\u00edda para ter oportunidades de participaci\u00f3n social efectiva.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Protesta, participaci\u00f3n, sociedade Unha sociedade na que a xente participa pode ser m\u00e1is complexa e tam\u00e9n m\u00e1is complicada de xestionar, mais iso \u00e9 precisamente unha indicaci\u00f3n de que est\u00e1 viva.Chamoume a atenci\u00f3n unha nova de hai poucos d\u00edas: mentres houbo menos de dez alegaci\u00f3ns previas \u00e1 aprobaci\u00f3n do novo nomencl\u00e1tor de Galicia, foron m\u00e1is numerosas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[13,9],"class_list":["post-27305","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-sociedade","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27305","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27305"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27305\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27306,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27305\/revisions\/27306"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27305"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27305"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27305"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}