{"id":27270,"date":"2026-04-07T23:18:35","date_gmt":"2026-04-07T21:18:35","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27270"},"modified":"2026-04-07T23:18:40","modified_gmt":"2026-04-07T21:18:40","slug":"angustia-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/07\/angustia-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"ANGUSTIA. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"\n<p>ANGUSTIA<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/pancho-campos\/\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"474\" height=\"272\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/Caza.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-27272\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/Caza.jpg 474w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/04\/Caza-300x172.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 474px) 100vw, 474px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A angustia \u00e9 un estado de ansiedade que se desencadea por diversas causas de malestar emocional provocadas por situaci\u00f3ns de desacougo, particularmente de incerteza \u00f3 non ter noticias de algo, ou ter limitado co\u00f1ecemento dun feito que implica risco inminente.<\/p>\n\n\n\n<p>Na mi\u00f1a vida mari\u00f1eira tiven varias ocasi\u00f3ns nas que a Angustia (con mai\u00fascula) se nos presentou a bordo. A primeira vez, foi un principio de ansiedade estando navegando \u00f3 Golfo P\u00e9rsico para cargar petr\u00f3leo cru. Sa\u00edmos de Cartagena o 15 de Febreiro de 1975, e dando a volta a \u00c1frica polo cabo de Boa Esperanza, chegamos a Ras-at-Tannura o 20 de Marzo. Estas viaxes eran moi descansadas, pois daba tempo a facer todo o mantemento das m\u00e1quinas e do barco sen abafo de tempo. Fac\u00edanse, non \u00e1 velocidade de cruceiro, sen\u00f3n \u00e1 velocidade econ\u00f3mica do barco para ter o menor consumo posible de combustible. Isto deb\u00edase a que terminada a descarga do \u00faltimo porto, sa\u00edase ao mar sen fretaxe de carga concertado, e po\u00f1\u00edase rumbo a un porto de carga que se supo\u00f1\u00eda ser\u00eda o que o armador, ou o fretador, conseguir\u00eda polo cami\u00f1o, xa que o frete adquir\u00edase nas poxas de petr\u00f3leo e gas, nese per\u00edodo de tempo de navegaci\u00f3n de un mes ou de mes e medio.<\/p>\n\n\n\n<p>As quendas de carga nestes portos petrol\u00edferos, rexen por orde de chegada ao fondeadoiro dos barcos con frete concertado. Aquela viaxe, polo n\u00famero de barcos que ti\u00f1amos \u00e1 vista, sab\u00edamos que a\u00ednda haber\u00eda que esperar varios d\u00edas, para atracar ao pantal\u00e1n de carga. Mais o 25 de marzo de 1975, o rei Faisal bin Abdulaziz Al Saud foi asasinado polo seu sobri\u00f1o, o pr\u00edncipe Faisal Ibu Musaed. Ningu\u00e9n contaba con aquela eventualidade, e \u00e1 media hora de saberse, quedaron todas as labores de carga paralizadas nos portos de toda Arabia Saud\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p>A incerteza sumiuse en t\u00f3dolos barcos do fondeadoiro. N\u00f3s pod\u00edamos contar unha vintena de barcos ao noso redor, pero a chegada de outros barcos era constante, e en poucas horas, que foron d\u00edas, aquel fondeadoiro estaba repleto de barcos. Barcos de gran tonelaxe, nunha gama de centos de miles de toneladas, como o noso de 120 mil toneladas a aquel dunha navieira xaponesa de m\u00e1is de 400 mil Tm.<\/p>\n\n\n\n<p>A ansiedade comezou cando se empezou a racionar a auga potable que ti\u00f1amos nos tanques, pois os evaporadores (desaladores) quedaran parados \u00e1 chegada, e po\u00f1elos en marcha con vapor das caldeiras, era un dobre gasto, e a auga destilada para o consumo das caldeiras era imprescindible e prioritario.<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, a provisi\u00f3n de boca estaba bastante taxada, pois adoit\u00e1base facer pertrechos e provisi\u00f3n, \u00e1 volta, ao paso por Cidade do Cabo.<\/p>\n\n\n\n<p>O transcurso dun tempo incerto pasa moi lentamente. O coci\u00f1eiro, para curarse en sa\u00fade e para ter carne e comida suficiente para t\u00f3dolos d\u00edas, empezou a preparar segundos pratos de sandwiches de mortadela \u00e1 prancha a mediod\u00eda, e mortadela como fora, \u00e1 cea. T\u00ed\u00f1amos abundante fari\u00f1a en sacos, algo que sempre debe estar a bordo de forma abundante nun barco mercante de grandes traves\u00edas, pois faise pan t\u00f3dolos d\u00edas, e algo de reposter\u00eda e confeiter\u00eda diversa.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 vista das perspectivas que se presentaban, todo o mundo, \u00e1 noiti\u00f1a nos po\u00f1\u00edamos a pescar. Hab\u00eda que ter coidado coas serpentes de metro a metro e medio do Golfo, moi velenosas, que nadaban pola superficie e que entraban no medio mundo, xunto co pescado pequeno, e cando chegaban \u00e1 cuberta, hab\u00eda que arrealas ao mar cun bicheiro, e tendo moit\u00edsimo coidado, pois \u00f3 tropezarlles, ref\u00facense e poden saltar sobre ti. As\u00ed estivemos, \u00a1\u00a1resistindo!!. Nunha das veces que se puido falar co persoal do pantal\u00e1n, ped\u00eduselles que mandasen alg\u00fan polo e algo de verdura fresca. Aquelo foi de traca. Mandaron catro pitas vivas e d\u00faas \u201cleitugas\u201d. De primeiras ningu\u00e9n quer\u00eda matar as pitas, pero o final \u201cfeneceron\u201d e as leitugas fix\u00e9ronse en xuliana con salsa mahonesa e tomate. Un bocado exquisito para xente ansiosa de probar algo fresco. Logo de tantos d\u00edas de d\u00fabidas e de noticias \u201cradio macuto\u201d, peores que as reais, deron orde de carga. Un alivio. Chegamos a Cidade do Cabo, fumando os paquetes de manzanilla. Daquela s\u00ed, que fum\u00e1bamos todos.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra vez, nun petroleiro a turbinas de 256 mil toneladas, no ano 1986, estiven unha campa\u00f1a de tres meses, de xu\u00f1o a setembro, sacando petr\u00f3leo cru do porto de Ras-at-Tannura, de Arabia Saudita polo Golfo P\u00e9rsico, a Ain Sunkhna, porto de Suez en Exipto. Estabamos metidos en plena guerra Irak-Iran, e supo\u00f1\u00edase que na navieira americana onde eu navegaba, estabamos bastante seguros de non ser atacados, pois t\u00ed\u00f1amos fragatas americanas e francesas de escolta para as entradas e sa\u00eddas, pois atracados, sempre se respectaron os barcos e os cargadoiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero claro, a guerra \u00e9 a guerra, odio e m\u00e1is odio desencadeado entre os belixerantes, que motivan o irracional instinto de destruci\u00f3n total do inimigo. As\u00ed as cousas, un petroleiro da nosa navieira, foi metrallado \u00e1 sa\u00edda do Golfo, en b\u00e1rbaras condici\u00f3ns de indefensi\u00f3n. Corenta impactos de balas de gran calibre, tipo ca\u00f1oneira dum-dum, varreron e arrasaron a cheminea do barco e parte da acomodaci\u00f3n. Non houbo mortos nin feridos, pois viron achergarse rapidisimamente a unha lancha iraniana por babor a plena luz do d\u00eda, disparando todo canto armamento ti\u00f1a en cuberta. Fixeron soar a Alarma Xeral, e a xente agochouse como puido das andanadas. Aquelo fixo desistir \u00e1 empresa de seguir facendo aquel tipo de servizo. N\u00f3s acabamos a campa\u00f1a en tres meses, co coraz\u00f3n nun pu\u00f1o pola inquietude. Eu embarcara en Dubai e desembarquei en Suez, encantado da vida.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe en d\u00eda, aquelas normas de respecto ao Dereito Internacional, saltaron polo aire con esta guerra criminal, vil, ilegal e xenocida que desencadearon Donald Trump contra Ir\u00e1n e Benjam\u00edn Netanyahu contra Palestina e todos os pa\u00edses lim\u00edtrofes, como L\u00edbano ou Siria. Non me quixera ver na pel dos mari\u00f1eiros que estaban tranquilamente esperando a cargar no Golfo P\u00e9rsico cando os EEUU atacaron Ir\u00e1n, e converteron aquelo nun polvor\u00edn. Espero de todo coraz\u00f3n, que todos eses centos de mari\u00f1eiros atrapados sen causa no conflito, te\u00f1an tanta sorte como a que eu tiven, e poidan sa\u00edr con vida para volver as s\u00faas casas.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra das veces, sen d\u00fabida a de maior angustia para min, foi cando nos mandaron a cargar butano e propano, nun dos gaseiros maiores do mundo naquel tempo, 64 mil Tm. de peso morto, 130 mil metros c\u00fabicos de gas. Estabamos facendo a ruta de Australia a varios portos do Xap\u00f3n e de repente, mandan ir a cargar ao Golfo P\u00e9rsico. Corr\u00eda o mes de setembro do ano 1987. Estabamos en plena guerra dos petroleiros de Ir\u00e1n-Irak. Era moi perigoso entrar e sa\u00edr do golfo. T\u00ed\u00f1amos que esperar a que se fixera un \u201ccorredor\u201d seguro, vixiado e escoltado por fragatas de guerra dos EEUU ou de Francia. N\u00f3s t\u00ed\u00f1amos que esperar no fondeadoiro de Mascate, capital de Om\u00e1n. A espera era de moitos nervios, a xente case non falaba, e a maior\u00eda da tripulaci\u00f3n vi\u00f1a durmir a Sala de M\u00e1quinas, pois na imaxinaci\u00f3n supo\u00f1\u00edase que os tanques laterais amortiguar\u00edan o impacto dun misil. Os iraqu\u00eds disparaban os m\u00edsiles Exocet fabricados por Francia, e os barcos sufr\u00edan boquetes enormes e avar\u00edas que os deixaban para o despece. Por aquelas datas, xa se levaban sete anos de guerra, e os iraqu\u00eds disparaban non a l\u00ed\u00f1a de flotaci\u00f3n do casco dos barcos, sen\u00f3n \u00e1 habilitaci\u00f3n onde durm\u00eda a tripulaci\u00f3n. O obxecto era amedrentar aos mari\u00f1os e mari\u00f1eiros de todo o mundo para que non vi\u00f1eran cargar. Pero iso, nin daquela, e practicamente nunca, este abandono do barco ocorrer\u00e1, excepto que se amotinen as tripulaci\u00f3ns, pois a enerx\u00eda do petr\u00f3leo neces\u00edtase, e o armador ou o fretador van ir a cargar si ou si, os seus barcos. E cando est\u00e1s navegando, as tripulaci\u00f3ns van para onde vaia o barco, pois a orde de carga d\u00e1se pouco tempo antes de sa\u00edr o barco, ou xa en navegaci\u00f3n, como xa vimos m\u00e1is arriba, e os tripulantes s\u00f3 poden deixar o barco pedindo o relevo con 15 d\u00edas de antelaci\u00f3n, para dar tempo a chegar \u00f3\/\u00f3s relevos, antes de marchar o tripulante ou tripulantes. Os relevos p\u00eddense, normalmente, sa\u00edndo dun porto ou navegando cara a porto, pero non cando se vai a sa\u00edr de inmediato para cargar. Polo que os mari\u00f1eiros sempre temos problemas para desembarcar \u201cpolas boas\u201d e en condici\u00f3ns leoninas por parte dos axentes do armador que nestes casos, non buscan facilidades de viaxe, sen\u00f3n o m\u00e1is caro que aparece no mercado. En fin, as\u00ed vivimos alg\u00fans.<\/p>\n\n\n\n<p>Naquel gaseiro americano, con bandeira \u201cpirata\u201d ou de conveniencia, esper\u00e1bamos en Mascate, sempre en stand-by, preparados d\u00eda e noite, para sa\u00edr de inmediato cara ao poro de carga. De pronto, chegaba a orde de preparar m\u00e1quina e sa\u00edr de inmediato, pois hab\u00eda un corredor disposto e vixiado para entrar no Golfo P\u00e9rsico. Lev\u00e1bamos tres horas avante, r\u00edxidos, sen falar, como acachoupados esperando a que algo de s\u00fabito ocorrera, e de pronto, d\u00e1base orde de volver para o fondeadoiro, pois o \u201ccorredor\u201d quedaba sen seguridade para entrar.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta manobra de retorno eleva o nerviosismo e a angustia a l\u00edmites enormes de estr\u00e9s. Quedas de repente tan enfermizamente distendido que parece que che tivesen quitado o esqueleto. Os brazos ca\u00eddos e suando por cada pelo a s\u00faa gota que parece te vas a esborrallar dun momento a outro.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra vez, volver esperar. Quizais outro d\u00eda ou dous, e volver comezar a manobra de entrada, co seu consabido estado de nervios. Unha e outra vez. O cabo dunha semana ou de dez d\u00edas, como nos tocou daquela, xa che importa un pemento a guerra, os Exocet, os iraqu\u00eds e os iranianos. O que queres e que esta situaci\u00f3n acabe dunha pu\u00f1eteira vez, e o que te\u00f1a que ocorrer que ocorra. Non se pode vivir en vilo tanto tempo. \u00c9 unha verdadeira tortura. \u00c9 desesperante. A espera, a incerteza do que poida ocorrer, produce unha angustia vital que non che deixa vivir nin razoar con serenidade. Alg\u00fans quer\u00edan desembarcar en Mascate. O problema era que hab\u00eda que chegar a nado desde o fondeadoiro. Cuesti\u00f3n nada sinxela pois quedaba lonxe o porto, o mar estaba infestado de quenllas e os papeis de sa\u00edda non eran doados de conseguir naquelas circunstancias. O final cargamos sen m\u00e1is contratempos, pero o barco non volveu ao P\u00e9rsico.<\/p>\n\n\n\n<p>Outras d\u00faas veces, xa me tocara pasar pola maldita guerra. Metido no r\u00edo da Prata, en Diamante, cargando sorgo para Tarragona, a finais do mes de Marzo de 1982. Empezou en abril o conflito das Malvinas. Tivemos a sorte de que nos ca\u00eda lonxe a primeira li\u00f1a de fogo, pero cando unha guerra comeza, os estados rete\u00f1en a venda de todo canto pensan estrat\u00e9xico e imprescindible para a defensa do pa\u00eds, particularmente os combustibles. N\u00f3s necesit\u00e1bamos 30 Tm de gasoil para polo menos chegar \u00e1s Illas Canarias. Sa\u00edmos de Diamante o d\u00eda 2 de Abril, pero quedamos en Bos Aires at\u00e9 o d\u00eda 13, pois era imposible conseguir unha cisterna de gas\u00f3leo. Aquelo deunos tempo de ver a propaganda preb\u00e9lica televisada e os primeiros pasos daquela guerra. Menos mal, que a intervenci\u00f3n e insistencia do C\u00f3nsul espa\u00f1ol, foi man de santo e conseguiuse unha cisterna de gas\u00f3leo para sa\u00edr pitando.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra foi na guerra do L\u00edbano cargando en Tr\u00edpoli, con Israel bombardeando \u201cde xeito cir\u00farxico\u201d. Non sei como se pode tratar de humanizar a perversi\u00f3n cham\u00e1ndolle a un bombardeo, \u201ccir\u00farxico\u201d, cando se arrasan vivendas, escolas e hospitais indiscriminadamente desde un avi\u00f3n, co consabido \u201cdano colateral\u201d de decenas de mortos, feridos e mutilados.<\/p>\n\n\n\n<p>En fin, a angustia \u00e9 algo que ningu\u00e9n busca, pero aparece en circunstancias estra\u00f1as e alleas ao normal vivir do individuo. \u00c9 dif\u00edcil de superar, e a algunhas persoas d\u00e9ixalles secuelas imborrables e c\u00e1mbialles a vida para sempre. Ese \u00e9 o gran perigo, non superar as secuelas e quedar marcado para sempre polo odio que envolve \u00e1 guerra.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/paz\/\">NON \u00c1 GUERRA<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ANGUSTIA Pancho Campos Dorado A angustia \u00e9 un estado de ansiedade que se desencadea por diversas causas de malestar emocional provocadas por situaci\u00f3ns de desacougo, particularmente de incerteza \u00f3 non ter noticias de algo, ou ter limitado co\u00f1ecemento dun feito que implica risco inminente. Na mi\u00f1a vida mari\u00f1eira tiven varias ocasi\u00f3ns nas que a Angustia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[164,177],"tags":[46,17],"class_list":["post-27270","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-pancho-campos","category-paz","tag-pancho-campos","tag-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27270","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27270"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27270\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27273,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27270\/revisions\/27273"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27270"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27270"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27270"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}