{"id":2725,"date":"2022-08-03T19:19:00","date_gmt":"2022-08-03T17:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T11:25:40","modified_gmt":"2024-10-24T09:25:40","slug":"manolo-banouse-nos-bloques-con-casco-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/08\/03\/manolo-banouse-nos-bloques-con-casco-e\/","title":{"rendered":"Manolo ba\u00f1ouse nos Bloques con casco, e Eva Mar\u00eda paseou en bicicleta"},"content":{"rendered":"<p><span>Manolo ba\u00f1ouse nos Bloques con casco, e Eva Mar\u00eda paseou en bicicleta<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Si, as noticias do ver\u00e1n (e do resto do tempo) son as\u00ed, te\u00f1en moito aquel (e aqueloutro). E xa sabemos que Ribadeo non \u00e9 Palma a\u00ednda que te\u00f1a palmeiras, que chamarse Eva Mar\u00eda non \u00e9 o mesmo que dicirse Victoria F. (F polo de se \u00e9 segredo, a modo de Victoria&#8217;s Secret, xuntar o de Victoria a Federica nunha publicaci\u00f3n calquera) e que ter un irm\u00e1n tam\u00e9n F, nome com\u00fan \u00f3 tempo que propio por moi segundo, secundario ou segund\u00f3n que sexa, non \u00e9 o mesmo que ter un Manolo por moito que sexa o \u00fanico nome que leve o portador, a m\u00e1is de o m\u00e1is abundante e usado na pel de toro ou boi.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A nova poder\u00eda ser redactada algo as\u00ed: &#8220;A popular praia de Ribadeo recibiu a visita de Manolo coma un visitante m\u00e1is que \u00e9. Non houbo ringleira de apret\u00f3ns de mans no sinxelo acontecer diario veraneante. Tampouco houbo burla sacando a lingua ou semellante, como din as publicaci\u00f3ns doutros ambientes. A xente com\u00fan \u00e9 as\u00ed, com\u00fan. E mesmo ser\u00e1 raro ver outra reportaxe que transmita feitos semellantes a este. Aqu\u00ed, exclusiva, exclusiva! O glamour dos Bloques non se veu alterado pola chegada de Manolo. Todo o m\u00e1is, alg\u00fan amigo f\u00edxolle un sitio arredor do corro do grupo sobre a herba. Iso si, preto da moza do momento. Podemos dicir &#8216;a moza dos seus ollos&#8217;? Ser\u00eda moito dicir, como ten dous \u00f3 mellor non est\u00e1n de acordo. Manolo, tan simp\u00e1tico coma sempre, despois pegouse un chapuz\u00f3n. Por suposto, acompa\u00f1ando algo que nos sorprendeu e deu que falar: f\u00edxoo con casco! Preguntado sobre o tema, preguntou \u00e1 s\u00faa vez que que ti\u00f1a de anormal, que un casco \u00e9 un gorro, ou, ao menos, par\u00e9cense moito! Que ocorrencias m\u00e1is cuqui\u00f1as ten este Manolo!&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n apareceu estes d\u00edas por Ribadeo Eva Mar\u00eda. A lombos da s\u00faa bicicleta xa vintage por iso de que \u00e9 vella pero querida, luc\u00eda os seus sinxelos traxes. Non se sabe moi ben -depender\u00e1 de quen, \u00e9 de supo\u00f1erse-&nbsp; se o vestido chama a atenci\u00f3n sobre ela ou ela sobre o vestido, como nas revistas do coraz\u00f3n. En todo caso, pode ter algo que ver co seu nome, emparentado co da antiga canci\u00f3n. Eva Mar\u00eda pode tomar o Sol na praia, pero iso \u00e9 o de menos. Como se non houbera Sol, ela pode iluminar as noticias e ser o punto de atenci\u00f3n, vaia en bicicleta vestida ou non (\u00e9 de preguntarse como ir\u00eda se non).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Si, os pais de Manolo e Eva Mar\u00eda tam\u00e9n chegaron e andan por a\u00ed. Son m\u00e1is esquivos, xa non se deixan ver tanto como no pasado, sobre todo dende a divisi\u00f3n do matrimonio. E sobre todo o pai, m\u00e1is apartado do mundanal ru\u00eddo, anda desaparecido. En canto \u00e1 nai, leva a s\u00faa renovada solteir\u00eda f\u00f3ra dos focos maledicentes, e non se pode engadir moito m\u00e1is. Iso si, parece que a monxa non se meteu, e por Ribadeo pode verse.&#8221;<\/p>\n<p>&#8211; Nota: as historias froito da imaxinaci\u00f3n non te\u00f1en por que parecerse a realidade, nin tampouco por que non parecerse: a realidade ten moita m\u00e1is imaxinaci\u00f3n. Asemade, esas historias tenden a ser exclusivas (e venderse como tal), pero tam\u00e9n poden ser inclusivas. T\u00f3mese en consideraci\u00f3n estes feitos e d\u00e9ixese voar a mente como se se estivera nas este ver\u00e1n sobrequecidas augas do Mediterr\u00e1neo, pois estas letras est\u00e1n mancas sen continuaci\u00f3n nas vosas cabezas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Manolo ba\u00f1ouse nos Bloques con casco, e Eva Mar\u00eda paseou en bicicleta &nbsp;&nbsp;&nbsp; Si, as noticias do ver\u00e1n (e do resto do tempo) son as\u00ed, te\u00f1en moito aquel (e aqueloutro). E xa sabemos que Ribadeo non \u00e9 Palma a\u00ednda que te\u00f1a palmeiras, que chamarse Eva Mar\u00eda non \u00e9 o mesmo que dicirse Victoria F. (F [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-2725","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2725","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2725"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2725\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2725"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2725"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2725"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}