{"id":27230,"date":"2026-04-04T22:19:59","date_gmt":"2026-04-04T20:19:59","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27230"},"modified":"2026-04-04T22:26:24","modified_gmt":"2026-04-04T20:26:24","slug":"antonio-diaz-amor-melomano-1965-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/04\/04\/antonio-diaz-amor-melomano-1965-2026\/","title":{"rendered":"Antonio D\u00edaz Amor, mel\u00f3mano (1965-2026)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>Antonio D\u00edaz Amor, mel\u00f3mano (1965-2026)<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Poder\u00edase po\u00f1er a palabra &#8216;m\u00fasico&#8217; en vez de &#8216;mel\u00f3mano&#8217; no t\u00edtulo deste artigo. Porque no tempo que lle concedeu a vida (60 anos) a Antonio D\u00edaz Amor &#8216;Cot\u00e9&#8217; el foi m\u00fasico xusto ata a\u00ed diante (pouco, como el mesmo reco\u00f1ec\u00eda) pero a cambio foise convertendo co tempo nun mel\u00f3mano de espectro cada vez m\u00e1is amplo.<\/p>\n\n\n\n<p>Sen deixar de ser ribadense, Cot\u00e9 levaba afincado en Baio (Zas) desde o ano 2002 cando foi destinado como profesor de Filosof\u00eda no instituto da localidade. Ata al\u00ed se trasladou coa s\u00faa esposa Tatiana Pankr\u00e1tova \u2014a quen co\u00f1ecera en Ribadeo uns anos antes\u2014 e a filla Dasha. E al\u00ed comezaron Antonio e Tatiana un intenso labor cultural, hoxe reco\u00f1ecido en todo o concello de Zas e territorios da contorna, entre Berganti\u00f1os e a Costa da Morte, na denominada Terra de Soneira. Nese outono de 2002, nada m\u00e1is chegar, Tatiana creou e dirixiu a Coral Xan Mella, amparada pola Asociaci\u00f3n Musical Pepe Vali\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Falecido en 2004 este activista cultural bai\u00e9s, Antonio D\u00edaz foi asumindo m\u00e1is responsabilidades e en 2008 xa se converteu en presidente da Asociaci\u00f3n. O tam\u00e9n bai\u00e9s C\u00e1ndido Fuentes, antecesor no cargo de Cot\u00e9, declarou un d\u00eda: &#8220;A Asociaci\u00f3n funcionaba m\u00e1is ou menos ben, pero un d\u00eda apareceu Tatiana e revolucionouno todo&#8221;. E detr\u00e1s de Tatiana estaba Antonio D\u00edaz Amor. Porque a partir dese ano 2002 Tatiana Pankr\u00e1tova creou e dirixiu a Coral Xan Mella pero Cot\u00e9 foi o fact\u00f3tum da agrupaci\u00f3n: el encargouse dos contactos, dos programas formativos, da axenda de actuaci\u00f3ns, dos desprazamentos, das infraestruturas e das relaci\u00f3ns coa prensa. Conservo no meu arquivo musical programas e rese\u00f1as de actuaci\u00f3ns en diferentes lugares de Espa\u00f1a que Antonio me \u00eda enviando porque tiveran eco na prensa escrita e na rede. Con Tatiana Pankr\u00e1tova sostendo a batuta, a Coral Xan Mella non se entende sen a contribuci\u00f3n de Antonio D\u00edaz Amor. E iso que el nin dirix\u00eda, nin ensaiaba e nin sequera cantaba.<\/p>\n\n\n\n<p>En Ribadeo \u00e9 lembrado como un gran afeccionado \u00e1 m\u00fasica e mesmo como ocasional int\u00e9rprete de pop-rock pois gustaba de tocar a bater\u00eda nas sesi\u00f3ns informais que, entre fume mesto e bretemoso, tiveron lugar en tempos no Recuncho e no Bar Millo. Co seu habitual humor el dic\u00eda que tocaba no To\u00f1\u00e1n Tr\u00edo (To\u00f1\u00e1n: apelativo cari\u00f1oso de Antonio Mart\u00ednez Amor) xunto a el e a Rodrigo P\u00e9rez Lorido. Tam\u00e9n estivo detr\u00e1s da publicaci\u00f3n dun simp\u00e1tico fanzine de grata lembranza en Ribadeo, que chegou a editar ata cinco n\u00fameros: &#8216;O Pipelo&#8217;.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"701\" height=\"849\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Pipelo204.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-2107\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Cedida por Cot\u00e9, xa publicada en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/25\/choupin-portada-do-pipelo\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/25\/choupin-portada-do-pipelo\/<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A pesar destas orixes musicais, nun momento determinado Antonio D\u00edaz Amor acabou por apreciar o labor musical e formativo que sup\u00f3n a creaci\u00f3n, direcci\u00f3n e sost\u00e9n dun coro polif\u00f3nico. A explicaci\u00f3n est\u00e1, por un lado, en ter co\u00f1ecido en 1999 e deixarse levar da man de Tatiana Pankr\u00e1tova (titulada en Minsk, Bielorrusia, co grao superior de Piano e en Direcci\u00f3n de Coro) e en comezar a ter longas conversas co seu av\u00f3 Antonio Amor Loredo (veterano integrante da Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo e logo dos coros Airi\u00f1os e Miserere). Ambas circunstancias serv\u00edronlle a Cot\u00e9 para aproximarse ao fen\u00f3meno coral e para calibrar a importancia, o esforzo e a transcendencia dese labor. Nun momento determinado confesoume a s\u00faa admiraci\u00f3n pola magnitude da iniciativa levantada en 1954 por Carlos \u00c1. Fern\u00e1ndez-Cid, e continuada desde 1983 ata hoxe por M. Carmen R. Cancelo, que \u00e9 a Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Parece incrible a cantidade de xente que conseguiu convencer Fern\u00e1ndez-Cid co seu proxecto naqueles dif\u00edciles anos, como se foron renovando os cantores, e que educaci\u00f3n musical deixou e deixa ese proxecto en Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Na medida das s\u00faas posibilidades e das circunstancias da localidade, el e mais Tatiana quixeron levar adiante un proxecto semellante en Baio.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasei unha ma\u00f1\u00e1 do ver\u00e1n de 2023 falando de m\u00fasica con Antonio e Tatiana en Baio. Eu quer\u00eda completar con eles dous unhas notas para o cap\u00edtulo que lle dediquei a ela (o XXV) no meu libro &#8216;Historias con pentagramas&#8217;. Comprobei a afabilidade e popularidade de ambos nesa localidade. Pero tam\u00e9n que ning\u00fan dos dous quer\u00eda perder os contactos con Ribadeo: M. Carmen R. Cancelo, Eli Garc\u00eda-Bouso\u2026 E con orgullo anot\u00e1ronme:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014A nosa filla Dasha \u00e9 titulada en viol\u00edn. E entre 2019 e 2021 exerceu de profesora na Escola de M\u00fasica de Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Un ano m\u00e1is tarde, ver\u00e1n de 2024, coincidimos en Ribadeo diante dunhas pintas de cervexa, como a el lle gustaba estar. Con certa resignaci\u00f3n avisoume: &#8220;Non melloro da espalda. Te\u00f1o dif\u00edcil vir a Ribadeo tanto como me gustar\u00eda; ata me costa subir as escaleiras da casa familiar nos Cuatro Canos&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p>Con todo, non deixou de ser unha sorpresa que falecese o pasado s\u00e1bado 20 de marzo mentres gozaba, xa xubilado, dunha excursi\u00f3n cuns amigos polas escarpadas e luminosas terras de Oia.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p><em>Nota: este artigo, co t\u00edtulo precedido de &#8216;Lembranza de&#8217;, foi publicado na Comarca n\u00ba 5531, de 4 de abril de 2026<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>..<\/p>\n\n\n\n<p>Artigos no blog con referencia (1) a ou de (3) Antonio D\u00edaz Amor:<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/03\/22\/na-memoria-de-antonio-diaz-amor-cote\/\">Na memoria<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/04\/musica-un-chio-por-novembro\/\">M\u00fasica!<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/04\/musica-un-chio-por-novembro\/\">De festas e botell\u00f3n<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/22\/bombeiros-voluntaros\/\">A banda de m\u00fasica como realidade pluridimensional<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio D\u00edaz Amor, mel\u00f3mano (1965-2026) Carlos \u00c1lvarez Lebredo Poder\u00edase po\u00f1er a palabra &#8216;m\u00fasico&#8217; en vez de &#8216;mel\u00f3mano&#8217; no t\u00edtulo deste artigo. Porque no tempo que lle concedeu a vida (60 anos) a Antonio D\u00edaz Amor &#8216;Cot\u00e9&#8217; el foi m\u00fasico xusto ata a\u00ed diante (pouco, como el mesmo reco\u00f1ec\u00eda) pero a cambio foise convertendo co tempo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-27230","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27230","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27230"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27230\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27235,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27230\/revisions\/27235"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27230"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27230"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27230"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}