{"id":27093,"date":"2026-02-27T14:48:24","date_gmt":"2026-02-27T13:48:24","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=27093"},"modified":"2026-03-12T14:50:46","modified_gmt":"2026-03-12T13:50:46","slug":"nota-de-prensa-do-ccg-na-concesion-da-medalla-instuional-a-diaz-fierros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/27\/nota-de-prensa-do-ccg-na-concesion-da-medalla-instuional-a-diaz-fierros\/","title":{"rendered":"Nota de prensa do CCG na concesi\u00f3n da medalla instuional a D\u00edaz Fierros"},"content":{"rendered":"\n
A fil\u00f3loga estadounidense Kathleen March (Rochester, Nova York, 1949) e o edaf\u00f3logo Francisco D\u00edaz-Fierros (Vilagarc\u00eda de Arousa, 1941) recibiron este martes as medallas do Consello da Cultura Galega (CCG) en reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa contribuci\u00f3n ao desenvolvemento das actividades da instituci\u00f3n. As laudatios estiveron a cargo, respectivamente, da fil\u00f3loga Ana Luna e do historiador e expresidente do CCG Ram\u00f3n Villares, que destacaron as s\u00faas traxectorias profesionais, as\u00ed como o seu papel en proxectos do CCG como Seara ou o \u00c1lbum da Ciencia. A presidenta do CCG, Rosario \u00c1lvarez, abriu o acto, ao que asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel \u00c1ngel Santalices; o secretario xeral da Lingua, Valent\u00edn Garc\u00eda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmart\u00edn, entre outras personalidades da sociedade e da cultura galega.<\/p>\n\n\n\n
A presidenta do CCG, Rosario \u00c1lvarez, destacou na s\u00faa intervenci\u00f3n que as medallas, a m\u00e1xima distinci\u00f3n, buscan \u201cpromover que se mante\u00f1a a colaboraci\u00f3n e implicaci\u00f3n coa cultura galega das personalidades homenaxeadas\u201d. Agradeceu a Kathleen March o \u201cmedio s\u00e9culo de traballo incesante a prol da nosa cultura, por amor, desvelando aspectos que permanec\u00edan ocultos aos ollos dos galegos e galegas, e espallando a noticia sobre n\u00f3s nunha ampla rede internacional\u201d. Fixo especial fincap\u00e9 en Seara, o portal de traduci\u00f3n da literatura galega ao ingl\u00e9s, que arrincou en 2023 baixo a coordinaci\u00f3n de March para \u201cespallar o seu co\u00f1ecemento no mundo de fala inglesa e, por extensi\u00f3n, no mundo enteiro\u201d. Sobre D\u00edaz-Fierros, a presidenta lembrou que foi o membro m\u00e1is lonxevo do plenario, con 35 anos de presenza ininterrompida, no que \u201cteimou sempre en que a instituci\u00f3n non esquecese nin o pensamento do Seminario de Estudos Galegos nin o esp\u00edrito que alenta, xa desde o pre\u00e1mbulo, na lei de creaci\u00f3n deste \u00f3rgano estatutario: a cultura cient\u00edfica forma parte indisociable da Cultura, da cultura galega\u201d.
Os discursos e as laudatios<\/strong>
O presidente do Parlamento de Galicia entregoulle a medalla a Kathleen March, \u00e1 que a profesora e tradutora Ana Luna definiu como \u201cunha intelectual galicianista, muller de dimensi\u00f3n poli\u00e9drica que non se pode entender sen termos en conta o seu compromiso coas comunidades e colectivos minorizados\u201d. Luna lembrou que o interese de Kathleen por Galicia a levou a ser precursora dos estudos galegos nos Estados Unidos e a converterse nunha embaixadora da creaci\u00f3n galega no exterior como proxecto de vida. \u201c\u00c9 un elo na cadea da diplomacia (e da pol\u00edtica) cultural que precisamos, e que nos urxe como pa\u00eds\u201d, apuntou Luna, que tam\u00e9n salientou a s\u00faa faceta como tradutora. \u201cElixiu estratexias da teor\u00eda e da pr\u00e1ctica das tradutoras canadenses e estadounidenses que abriron cami\u00f1o para promover o feminismo en e mediante a traduci\u00f3n\u201d, dixo de quen traduciu a unha vintena de autores e autoras galegas, entre os que est\u00e1n Rosal\u00eda, Lu\u00edsa Villalta ou Bego\u00f1a Caama\u00f1o, entre outros nomes.
Kathleen March comezou a s\u00faa intervenci\u00f3n cuns versos de Rosal\u00eda para logo afirmar que, na s\u00faa condici\u00f3n de non galega nin galegofalante, sempre manifestou \u201cun compromiso cunha lingua da que ningu\u00e9n me falara antes de chegar a Compostela\u201d. Insistiu en que \u201cSeara procura ser homenaxe \u00e1 terra galega, feita por n\u00f3s, anglofalantes de m\u00e1is dun continente\u201d e que \u201c\u00e9 outro xeito de estaren as letras no mundo\u201d. Lembrou a x\u00e9nese do proxecto e \u201ca esperanza que sent\u00edn ao presentar eu o proxecto de colocar na Rede obras galegas en ingl\u00e9s, nunhas p\u00e1xinas s\u00f3 para elas\u201d, coa tarefa de \u201ccrear seareiros, afeccionados \u00e1 cultura na poboaci\u00f3n anglofalante\u201d.
O historiador Ram\u00f3n Villares foi o encargado da laudatio a D\u00edaz-Fierros, que recibiu a medalla de mans da presidenta Rosario \u00c1lvarez. Villares destacou a pluralidade de temas e \u00e1reas de interese que abordou e que van das ciencias experimentais at\u00e9 as humanidades. \u201c\u00c9 o mellor exemplo do que Charles P. Snow denominou, naquela c\u00e9lebre conferencia pronunciada en 1959 na Universidade de Cambridge, As d\u00faas culturas, na que defend\u00eda dous modos de entender a cultura contempor\u00e1nea: a cient\u00edfica ou da natureza e a literaria ou espiritual\u201d apuntou na laudatio. Esas d\u00faas culturas que D\u00edaz-Fierros defendeu desde os seus postos no novo Seminario de Estudos Galegos e no Consello da Cultura Galega. Villares engadiu que a s\u00faa traxectoria \u201cest\u00e1 fondamente marcada por un compromiso cultural e c\u00edvico: o emprego e uso da lingua galega non s\u00f3 nos \u00e1mbitos propiamente culturais, sen\u00f3n nos especificamente cient\u00edficos\u201d. Lembrou as numerosas actividades desenvolvidas na instituci\u00f3n, pero sobre todo destacou a creaci\u00f3n do \u00c1lbum da Ciencia.
No seu discurso, Francisco D\u00edaz-Fierros lembrou as s\u00faas orixes no CCG, onde entrou representando \u00e1 Universidade galega e onde velou pola defensa da cultura cient\u00edfica ao servizo da sociedade. \u201cProp\u00faxenme como tarefa primordial a de tentar clarificar e dotar de contido cultural a ciencia e a t\u00e9cnica galegas\u201d, apuntou. Na instituci\u00f3n desenvolveu xornadas interdisciplinarias sobre xen\u00e9tica e historia, olladas sobre a paisaxe, as vacas tolas e, sobre todo, os incendios forestais. Ademais, procurou novos formatos, como banda dese\u00f1ada. \u201cSe queriamos que a ciencia non se afastase da escala humana, como defend\u00eda o gran cient\u00edfico e divulgador Stephen Gould, hab\u00eda que tomar moi en serio a popularizaci\u00f3n do saber cient\u00edfico, ensaiando todos os medios e formatos de comunicaci\u00f3n posibles\u201d, apuntou. Reivindicou unha ciencia \u201cculta e humana\u201d que \u201cdebe ser un saber arraigado nos valores dunha terra e dun pobo\u201d.
O acto contou cun programa musical que representa a canci\u00f3n l\u00edrica galega contempor\u00e1nea a trav\u00e9s dun di\u00e1logo art\u00edstico entre poetas fundamentais da nosa literatura (Marica Campo, Manuel Cu\u00f1a Nov\u00e1s e Manuel Mar\u00eda) e compositores reco\u00f1ecidos (Juan Dur\u00e1n, Borja Mari\u00f1o e Manuel Pacheco). A interpretaci\u00f3n estivo a cargo do bar\u00edtono ferrol\u00e1n Gabriel L\u00f3pez \u2014ga\u00f1ador do Diploma Andr\u00e9s Gaos do VII Concurso de Canto Compostela L\u00edrica, premio auspiciado polo CCG\u2014, acompa\u00f1ado polo pianista, tam\u00e9n ferrol\u00e1n, Ricardo Blanco.
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Adxunto a nota de prensa do Consello da Cultura Galega con motivo da concesi\u00f3n da medalla institucional a D\u00edaz Fierros: Kathleen March e Francisco D\u00edaz-Fierros, medallas da instituci\u00f3n A fil\u00f3loga estadounidense Kathleen March (Rochester, Nova York, 1949) e o edaf\u00f3logo Francisco D\u00edaz-Fierros (Vilagarc\u00eda de Arousa, 1941) recibiron este martes as medallas do Consello da Cultura […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[206,160],"tags":[30,10],"class_list":["post-27093","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ciencia","category-cultura","tag-ciencia","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27093","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27093"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27093\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27095,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27093\/revisions\/27095"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27093"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27093"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27093"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}