{"id":26994,"date":"2026-02-25T18:22:11","date_gmt":"2026-02-25T17:22:11","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26994"},"modified":"2026-02-25T18:22:16","modified_gmt":"2026-02-25T17:22:16","slug":"privatizando-o-goberno-do-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/25\/privatizando-o-goberno-do-mundo\/","title":{"rendered":"Privatizando o goberno (do mundo)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Privatizando o goberno (do mundo)<\/p>\n\n\n\n<p>Esqu\u00e9cete de ter que votar, \u00e9 moito m\u00e1is c\u00f3modo deixarte levar.<\/p>\n\n\n\n<p>O anterior poder\u00eda ser o lema da pr\u00f3xima pol\u00edtica, a de deixar os problemas e en xeral a nosa vida para que nolos solucionen e dirixan as corporaci\u00f3ns. Xa non se tratar\u00eda da auga, privatizando a s\u00faa xesti\u00f3n e deix\u00e1ndoa en mans de multinacionais das que nos imos esquecendo. As\u00ed, quizais podas lembrarte de como se chama agora a empresa que xestiona o subministro -p\u00fablico- de auga a Ribadeo, pero, a quen pertence, quen a dirixe, quen manda nela? O que sabes \u00e9 que ti non. Tampouco da electricidade, xestionada por empresas \u00e1s que lles interesa m\u00e1is baleirar os pantanos e facer cartos que levar unha xesti\u00f3n que asegure o subministro tanto el\u00e9ctrico como de auga para consumo humano. Tampouco se trata de crear chiringuitos para xestionar bens p\u00fablicos com\u00fans, e para que nin se lles poda botar culpa \u00f3s pol\u00edticos da mala xesti\u00f3n ou opacidade (recl\u00e1malle o chiringuito -\u2019privado\u2019, \u2018aut\u00f3nomo\u2019- o que un dereito publico\u2026) nin se poda evitar que sexan feudos para regal\u00edas. Non, a cousa xa vai noutra escala.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase do goberno dos estados e do mundo. De gobernar os principais estados (comezando polos EEUU), de privatizar tam\u00e9n as relaci\u00f3ns internacionais, nun contexto de recolonizaci\u00f3n do mundo por entidades privadas, que deixan como secreci\u00f3n unha ditadura que parecer\u00eda fascista, pero que supera esa fase porque non lle fai falta nin os seus m\u00e9todos nin o fondo da s\u00faa ideolox\u00eda. Ten os seus propios m\u00e9todos, baseados nas modernas tecnolox\u00edas, e non usa m\u00e1is ideolox\u00eda que o capital: ch\u00e9galle con baleirar de ideas \u00e1 xente e fai outra ideolox\u00eda innecesaria, m\u00e1is un problema que un apoio, val\u00e9ndose a\u00ednda dela -de calquera- en modo utilitario cando os seus m\u00e9todos non dan resultados abondo satisfactorios. Paseni\u00f1amente, vai arraigando. O \u00faltimo paso \u00e9 ese enxendro para Gaza que tenta substitu\u00edr a ONU por uns cantos pa\u00edses como tapadeira de empresas na procura dun monopolio de explotaci\u00f3n. Ese \u00e9 o \u00faltimo paso ata o momento, pero leva tempo afianz\u00e1ndose: hai xa decenios que os pa\u00edses te\u00f1en que subordinarse no trato con multinacionais a un \u2018tribunal\u2019 privado. Non dependente da ONU ou do TPI, non, e que pon os intereses privados por riba das leis ou do medio ambiente.<\/p>\n\n\n\n<p>Si, parece unha distop\u00eda, pero non unha lonxana, totalmente imaxinaria, sen\u00f3n unha dun tipo que xa temos comezando a vivir pouco a pouco na realidade diaria, na que estamos a actuar a modo da ra que que est\u00e1 agusti\u00f1o na auga mentres vai quecendo a pota e cando xa non aguanta de calor, non pode sa\u00edr: est\u00e1 literalmente cocida.<\/p>\n\n\n\n<p>Dir\u00edamos, a modo dos m\u00e9dicos, que \u00e9 unha enfermidade social, unha infecci\u00f3n que vai empeorando o seu diagn\u00f3stico. A menci\u00f1a \u00e9 dif\u00edcil de aplicar, pois a\u00ednda que a temos moi a man, est\u00e1 contaminada. Chegar\u00eda con aplicar a democracia, pero se o funcionamento \u00e9 defectuoso -por exemplo, no noso caso polas r\u00e9moras que se arrastran dende a ditadura e o cortocircu\u00edto doutros intereses particulares-, dende a xente com\u00fan (a xente do com\u00fan), teremos que aplicarnos cunha democracia creativa, con organizaci\u00f3n social e pasando \u2018da queixa \u00e1 proposta e da idea \u00e1 incidencia institucional\u2019. Porque \u00f3 fin, a\u00ednda seguimos tendo instituci\u00f3ns e organizando o estado en base a elas. E vainos o noso futuro nelo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Privatizando o goberno (do mundo) Esqu\u00e9cete de ter que votar, \u00e9 moito m\u00e1is c\u00f3modo deixarte levar. O anterior poder\u00eda ser o lema da pr\u00f3xima pol\u00edtica, a de deixar os problemas e en xeral a nosa vida para que nolos solucionen e dirixan as corporaci\u00f3ns. Xa non se tratar\u00eda da auga, privatizando a s\u00faa xesti\u00f3n e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,176],"tags":[32,13],"class_list":["post-26994","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-politica","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26994"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26994\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26995,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26994\/revisions\/26995"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26994"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}