{"id":26934,"date":"2026-02-18T20:54:10","date_gmt":"2026-02-18T19:54:10","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26934"},"modified":"2026-02-18T20:55:44","modified_gmt":"2026-02-18T19:55:44","slug":"las-por-internet","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/18\/las-por-internet\/","title":{"rendered":"Las por internet"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Las por internet<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Hai anos hab\u00eda m\u00e1is vida e produtos nunha taberna de aldea que hoxe nas tendas dun pobo de tama\u00f1o modesto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">A sentenza expresa unha \u2018verdade\u2019 cuestionable. Mais a s\u00faa falta de precisi\u00f3n, ou mesmo a d\u00fabida sobre a s\u00faa veracidade fai que sexa case imbatible en certos contextos ou imaxinarios. Aprov\u00e9itome desa imbatibilidade para ilustrar o que pasa neste s\u00e9culo XXI, no que literalmente nos vemos inundados de cousas. Sonnos ofertadas de xeito compulsivo necesit\u00e9molas ou non, e cada vez, digamos, con menos escapatoria pola nosa parte. O caso \u00e9 que eses produtos, ferramentas, cachivaches\u2026 v\u00e9\u00f1ennos en parte, nunha parte que cada vez est\u00e1 a medrar m\u00e1is, por mensaxer\u00eda. As\u00ed que non, en contra do que se fac\u00eda en xeraci\u00f3ns anteriores, non imos por elas a esta ou aquela tenda, onde \u00e9 posible que xa non as te\u00f1an, en caso de que as tendas sigan a existir. Iso, hoxe, pode verse como unha realidade diaria e non como unha an\u00e9cdota -a\u00ednda que nalg\u00fans casos puidera ser recorrente- \u00f3 estilo do que pasaba coa antiga distribuci\u00f3n por cat\u00e1logo de produtos moi concretos, tipo \u2018Venca\u2019 (acr\u00f3nimo de \u2018venta por cat\u00e1logo\u2019) para a confecci\u00f3n ou mesmo \u2018C\u00edrculo de lectores\u2019 para libros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Enfocado dende outro punto de vista, o da \u2018produtividade\u2019 entendida como \u2018m\u00e1is ganancia\u2019: hoxe ese rendemento polo aumento de \u2018produtividade\u2019 resulta sobre todo aproveitado polas empresas, perdendo o traballo e o traballador porcentaxe de ingresos fronte \u00f3 capital, \u00f3 empresario, inversor ou rentista, e cebando un ciclo que fai que sexa necesario ganar m\u00e1is para manter un \u2018nivel de vida\u2019. \u00c9 dicir, fai falta tam\u00e9n a inflaci\u00f3n de ganancias do asalariado (eufemismo de m\u00e1is traballo pola s\u00faa parte) para manter o nivel de adquisici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">As\u00ed, \u00e9 claro, xa non as tabernas de antano fornecidas de \u2018todo tipo de produtos\u2019, sen\u00f3n mesmo as tendas especializadas, non dan ni mantido a capacidade de aumento do n\u00famero de produtos debido \u00e1 s\u00faa diversificaci\u00f3n, nin axustado as marxes de beneficio para poder seguir a carreira. Non \u00e9 que non den beneficio (a\u00ednda que sempre hai algunha que non d\u00e1 beneficio), sen\u00f3n que dan pouco beneficio para seguir a carreira da supervivencia de xeito tranquilo. Tampouco \u00e9 que non te\u00f1an cousas, sen\u00f3n que na inflaci\u00f3n de \u2018cousas\u2019 actual, sempre quedan marxes que non poden cubrir, o que vai erosionando as s\u00faas posibilidades. Sobre todo, nos pobos, que non chegan a ter unha \u2018masa cr\u00edtica\u2019 para o desenvolvemento dalgunhas actividades. Entre ambas realidades, e sumando a falta de substituci\u00f3n xeracional por estar a perder poboaci\u00f3n a m\u00e1is de estar esta m\u00e1is diversificada \u00e1 hora de escoller traballos e ter unha mentalidade de axustarse m\u00e1is \u00e1s \u2018horas de traballo\u2019 para \u2018vivir\u2019 o resto do horario, os pobos van quedando secos, primeiro, e logo baleiros, concentr\u00e1ndose a diversidade, os servizos, os cartos, a vida, nas cidades. Iso, a\u00ednda que en determinadas \u00e9pocas do ano os pobos podan estar a rebordar de xente, turistas e visitantes que se ven a eles mesmos (\u00e1s veces de xeito inconsciente mentres presumen da s\u00faa integraci\u00f3n) e fanse ver pola xente que queda no pobo, como \u2018forasteiros\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Mentres, ate un ovillo de la se pide por internet e calquera cousa que non atopes na rede ter\u00e1s que procurala nunha cidade, de educaci\u00f3n a sanidade\u2026<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Las por internet Hai anos hab\u00eda m\u00e1is vida e produtos nunha taberna de aldea que hoxe nas tendas dun pobo de tama\u00f1o modesto. A sentenza expresa unha \u2018verdade\u2019 cuestionable. Mais a s\u00faa falta de precisi\u00f3n, ou mesmo a d\u00fabida sobre a s\u00faa veracidade fai que sexa case imbatible en certos contextos ou imaxinarios. Aprov\u00e9itome desa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,175,158,190],"tags":[21,32,9,40],"class_list":["post-26934","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-filosofia","category-sociedade","category-tecnoloxia","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26934","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26934"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26934\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26935,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26934\/revisions\/26935"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26934"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26934"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26934"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}