{"id":269,"date":"2024-08-27T16:58:00","date_gmt":"2024-08-27T14:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-22T16:57:08","modified_gmt":"2024-10-22T14:57:08","slug":"un-moderno-ribadeo-antigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/08\/27\/un-moderno-ribadeo-antigo\/","title":{"rendered":"Un moderno Ribadeo Antigo"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<span>&nbsp; &nbsp; A <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+Lanza\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A.C. Francisco Lanza<\/a> presenta a edici\u00f3n facs\u00edmile do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ribadeo+Antigo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeo Antigo<\/a>. Aqu\u00ed a nota de prensa e o cartel:<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/08\/5940339439005975430.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"789\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/08\/5940339439005975430.jpg\" class=\"wp-image-270\" width=\"560\" \/><\/a><\/p>\n<p>PRESENTACI\u00d3N DA EDICI\u00d3N FACS\u00cdMILE DO \u201cRIBADEO ANTIGUO\u201d DE FRANCISCO LANZA.<\/p>\n<p>SOBRE O AUTOR:<\/p>\n<p>(tomado da Galipedia: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza\">https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza<\/a>)<\/p>\n<p>Francisco Lanza (26-3-1892; Ove, Ribadeo\/14-1-1951; Buenos Aires) foi un xornalista e escritor galego de convicci\u00f3ns republicanas e galeguista. Cursou os seus estudos en Ribadeo. Colaborou con Celestino P\u00e9rez Andrade e Camilo Cancio Quind\u00f3s en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (a\u00ednda hoxe en circulaci\u00f3n), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, \u00f3 parecer en colaboraci\u00f3n co seu sogro Celestino P\u00e9rez Andrade, numerosos artigos baixo os pseud\u00f3nimos de El Monta\u00f1\u00e9s e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasi\u00f3ns por perigo da s\u00faa integridade.<\/p>\n<p>En 1927 comezou a s\u00faa relaci\u00f3n co Seminario de Estudos Galegos, no que entrou en 1929 co seu traballo &#8216;Ribadeo bajo el se\u00f1or\u00edo de sus condes&#8217;, formando parte das secci\u00f3ns de xeograf\u00eda e de historia. Colaborou na revista N\u00f3s e no Bolet\u00edn da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos hist\u00f3ricos e etnogr\u00e1ficos sobre Ribadeo. Tam\u00e9n colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).<\/p>\n<p>En 1931 emigrou a Buenos Aires, incorporouse \u00e1 comisi\u00f3n de prensa de Galicia e traballou en diversos peri\u00f3dicos e publicaci\u00f3ns ata o momento da s\u00faa morte. Entre outras obras, durante a s\u00faa estancia na Arxentina, traballou como tradutor (Jos\u00e9 Maria E\u00e7a de Queir\u00f3s, Immanuel Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. \u00c1lvarez.<\/p>\n<p>\u00c1 s\u00faa morte foi soterrado no cemiterio de La Chacarita. A Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza fundouse en Ribadeo \u00f3s vinte anos do seu pasamento. Unha das r\u00faas ribadenses leva o seu nome.<\/p>\n<p><strong><br \/>\nObra<\/strong><\/p>\n<p>\u2022 Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Edici\u00f3s do Castro en 1973 e logo polo concello de Ribadeo en 1999).<\/p>\n<p>\u2022 Falan os de Ribadeo (publicado en N\u00f3s en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza e Edici\u00f3s do Castro en 1974, o D\u00eda das Letras Galegas). Recolle tres traballos, o primeiro, que d\u00e1 nome o volume, foi publicado na revista N\u00f3s en 1932. O segundo, &#8216;O ensino en Ribadeo dende o s\u00e9culo XVI \u00f3 XIX&#8217; tam\u00e9n foi publicado en N\u00f3s en 1932. O terceiro, &#8216;Ribadeo, baixo o se\u00f1or\u00edo dos seus condes&#8217; public\u00e1rase no segundo volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos en 1929. A s\u00faa edici\u00f3n de 1974 foi prologada por Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p>\u2022 Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).<\/p>\n<p><strong><\/p>\n<p>SOBRE A EDICI\u00d3N FACS\u00cdMILE:<\/strong><\/p>\n<p>A idea de editar unha edici\u00f3n facs\u00edmile do \u201cRibadeo Antiguo\u201d, de Francisco Lanza, partiu dunha proposta da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza, despois de termos escoitado en moitas ocasi\u00f3ns as suxesti\u00f3ns feitas por parte das librar\u00edas ribadenses (transmisoras das petici\u00f3ns das e dos lectores). Cremos que as novas xeraci\u00f3ns, e calquera persoa que se estableza en Ribadeo, ou sinta curiosidade pola s\u00faa historia, ben merece poder facerse cun exemplar de tan significativo texto para a historia de Ribadeo.<\/p>\n<p>A diferencia deste proxecto con respecto \u00e1 \u00faltima edici\u00f3n consiste en manter a esencia daquela impresi\u00f3n do ano 33, impresi\u00f3n e maquetaci\u00f3n feita nos talleres da imprenta Mercurio, cun traballo tipogr\u00e1fico digno de amosar, e acompa\u00f1ado dos grabados de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Su\u00e1rez+Couto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Amando Suarez Couto<\/a>. A edicion facs\u00edmile \u00e9 a que nos permite garantir esa fidelidade. Para manter a esencia da vella publicaci\u00f3n escollemos unha gama de papel Arena Rough Ivory (a non ser as achegas iniciais para conmemorarmos esta nova edici\u00f3n). O libro foi entapado en formato r\u00fastico.<\/p>\n<p><strong><br \/>\nCHAMAMENTO \u00c1S NOVAS XERACI\u00d3NS E \u00c1S XENTES QUE AMAN A HISTORIA LOCAL:<\/strong><\/p>\n<p>Agardamos que  xente nova poida atopar neste texto (en cap\u00edtulos breves e de lectura doada) un feixe inmenso de historias coas que aprender do noso pasado, pero tam\u00e9n coas que botar a voar a imaxinaci\u00f3n para encheren de contido os seus murais, as s\u00faas composici\u00f3ns musicais, as s\u00faas curtametraxes, v\u00eddeo-xogos&#8230;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n agardamos que todas aquelas persoas que pouco a pouco van desenvolvendo o seu proxecto vital en Ribadeo e na contorna poidan atopar nestas p\u00e1xinas un referente que lles permita comprender un pouco m\u00e1is de onde vimos para as\u00ed podermos reflexionar m\u00e1is a fondo cara a onde queremos cami\u00f1ar.<\/p>\n<p><strong><br \/>\nPALABRAS DE PABLO P\u00c9REZ FERN\u00c1NDEZ, DE LAR LIBROS:<\/strong><\/p>\n<p>\u201cDesde libros LAR, a editorial que nace en Gr\u00e1ficas LAR, lanz\u00e1monos \u00e1 aventura de reeditar o \u201cRibadeo antiguo\u201d, de Francisco Lanza, despois de propo\u00f1\u00e9rnolo a Agrupaci\u00f3n Cultural ribadense que leva o seu nome. Esta imprenta viveirense leva m\u00e1is de 40 anos no mundo das artes gr\u00e1ficas. O seu v\u00ednculo coas letras ribadenses, coas da Mari\u00f1a en xeral, est\u00e1 m\u00e1is que constatado. Daniel Cortez\u00f3n ou Suso Pe\u00f1a son dous bos exemplos. Toca agora po\u00f1er en valor a figura de Francisco Lanza e o seu \u201cRibadeo antiguo\u201d. Agardamos que con esta reedici\u00f3n se vexa satisfeita a demanda de novos exemplares que as librer\u00edas ribadenses notan desde hai anos.\u201d<\/p>\n<p><strong><br \/>\nPALABRAS DO DEPUTADO PROVINCIAL DANIEL GARC\u00cdA FERN\u00c1NDEZ.<\/strong><\/p>\n<p>\u201cConvidamos a asistir este xoves \u00e1 presentaci\u00f3n do libro &#8220;Ribadeo Antigo&#8221;, unha reedici\u00f3n que recupera a publicaci\u00f3n orixinal, dos anos 30, e que nos achega aos case oito s\u00e9culos de historia de Ribadeo a trav\u00e9s dos ollos do seu autor, Francisco Lanza.<\/p>\n<p>Desde a Vicepresidencia da Deputaci\u00f3n estamos moi satisfeitos de contribu\u00edr, a trav\u00e9s do Servizo de Publicaci\u00f3ns, a rescatar esta versi\u00f3n primixenia e valorizar a figura de Francisco Lanza\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp; A A.C. Francisco Lanza presenta a edici\u00f3n facs\u00edmile do Ribadeo Antigo. Aqu\u00ed a nota de prensa e o cartel: PRESENTACI\u00d3N DA EDICI\u00d3N FACS\u00cdMILE DO \u201cRIBADEO ANTIGUO\u201d DE FRANCISCO LANZA. SOBRE O AUTOR: (tomado da Galipedia: https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza) Francisco Lanza (26-3-1892; Ove, Ribadeo\/14-1-1951; Buenos Aires) foi un xornalista e escritor galego de convicci\u00f3ns republicanas e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":270,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11],"class_list":["post-269","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/269\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/270"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}