{"id":26896,"date":"2026-02-06T16:10:11","date_gmt":"2026-02-06T15:10:11","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26896"},"modified":"2026-02-06T16:13:41","modified_gmt":"2026-02-06T15:13:41","slug":"transhumantes-e-emigrantes-dixitais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/06\/transhumantes-e-emigrantes-dixitais\/","title":{"rendered":"Transhumantes e emigrantes dixitais"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Transhumantes e emigrantes dixitais<\/p>\n\n\n\n<p>Sedentarios dixitais: m\u00e1is ou menos as\u00ed podemos definirnos boa parte dos usuarios de internet ou mesmo, sen tanta xeneralizaci\u00f3n, de dispositivos como ordenadores ou m\u00f3biles. En canto collemos o noso primeiro ordenador, quedamos pillados, cativos polo MS DOS e logo o seu fillo, Windows, nas diferentes versi\u00f3ns, despois de que o CP-M quedara \u2018anticuado\u2019, o Unix relegado a tarefas complexas en grandes entidades, etc. Como \u2018corresponde\u2019, eses produtos b\u00e1sicos na inform\u00e1tica que nos cativaron son todos pertencentes \u00e1 mesma empresa, Microsoft. A empresa forzou co seu poder \u00f3s usuarios para diversos cambios de versi\u00f3ns, e a medida que a inform\u00e1tica \u00eda diversific\u00e1ndose e inclu\u00edndo unha cada vez maior gama de produtos, \u00edamos tam\u00e9n sendo capturados por un ou outro provedor, sexa de produtos \u2018para a oficina\u2019, capitaneados polo tam\u00e9n microsoftiano MS Office, buscador (dende hai tempo xa, co omnipresente Google), redes sociais (coido que nin fai falta citar nomes), mercados dixitais (Amazon), etc. Nestes anos e coa explosi\u00f3n de produtos, quedar\u00edan a\u00ednda por citar os v\u00eddeos, a m\u00fasica, a mensaxer\u00eda, etc, como mantedores de monopolios (ou, como moito, oligopolios), da man de empresas multinacionais todopoderosas que nos te\u00f1en ben agarrados tanto na costume de uso do(s) seu(s) produto(s) como no formato que non oculta o seu querer ser incompatible con outras posibilidades que nos abrir\u00edan o campo, pero sobre todo, no caso das chamadas redes sociais, agarrados pola nosa inmersi\u00f3n na sociedade interna que se crea no produto. Produtos que comezaron tendo como aparente primeiro fin o facerlle a vida m\u00e1is doada \u00f3 usuario (mesmo de balde!), e que, a medida que se consolidaban, \u00edan manifest\u00e1ndose m\u00e1is e m\u00e1is como algo do que a empresa pod\u00eda beneficiarse e cos usuarios cativos.<\/p>\n\n\n\n<p>Chega o punto de dicir que sempre houbo posibilidades f\u00f3ra dos produtos \u2018de marca\u2019, e mesmo agora hai produtos libres (en maior ou menor grao, que hai moito \u2018greewashing\u2019) que est\u00e1n a\u00ed e son competidores pero est\u00e1n normalmente f\u00f3ra do radar dos usuarios, da maior\u00eda dos usuarios, agarrados polo mercado. Usuarios que cada vez en maior medida est\u00e1n (estamos) a decatarnos que \u00e9 suicida seguir empregando produtos propietarios de empresas que escapan do noso posible control mentres quedamos \u00e1 s\u00faa mercede, e non utilidades libres, escritas por voluntarios ou por comunidades. Produtos propietarios que transfiren de continuo os nosos datos e con eles o noso control, a empresas e \u00f3 seu trav\u00e9s, a quen lles pague mellor (e o pago non ten por que ser directamente en cartos).<\/p>\n\n\n\n<p>Despois dun ano de desconcerto europeo, tam\u00e9n en aspectos de funcionamento do mundo dixital, queda clara unha tendencia dobre, de uso de ferramentas dixitais na procura dunha \u2018soberan\u00eda dixital europea\u2019 e\/ou uso de ferramentas que se podan chamar libres (a\u00ednda que retomo o que dixen \u00f3 comezo, que existen moitos graos dentro desa liberdade), na procura sinxelamente da nosa \u2018soberan\u00eda dixital\u2019, sen adxetivala. O \u00faltimo episodio nestes momentos veu protagonizado polo aviso do propietario de Telegram, a segunda empresa de mensaxer\u00eda despois de Whatsapp de Meta, enviando \u00f3s seus usuarios espa\u00f1ois un texto atacando unha entidade pol\u00edtica do noso estado. Non, non fai falta \u2018ser de Pedro S\u00e1nchez\u2019 ou \u2018votar \u00f3 PSOE\u2019, nin sequera estar totalmente de acordo coa pretendida futura nova lei para po\u00f1er un pouco de orde no poder uso e efectos das redes sociais, para levarse as mans \u00e1 cabeza \u00f3 pensar como pode darse unha inxerencia tal no funcionamento dun estado por parte dunha empresa estranxeira. Frente a todo iso, a m\u00e1is de insistir na propia independencia e en que os nosos dirixentes e as nosas leis respalden a nosa (colectiva e individual), queda como resposta a emigraci\u00f3n dixital desas plataformas-c\u00e1rceres a lugares libres no ciberespazo, que os hai. A\u00ednda que \u00e1s veces non sexa doado reco\u00f1ecelos, adoptalos ou adaptarse a eles, e mentres, te\u00f1amos que ser algo as\u00ed como transhumantes dixitais na procura de pastos adecuados para os nosos datos, os nosos quefaceres, para n\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ed est\u00e1n esper\u00e1ndonos o fediverso coa s\u00faa constelaci\u00f3n de posibilidades de redes sociais ou mensaxer\u00eda, os diversos sistemas operativos arredor do n\u00facleo de Linux para facer correr os nosos aparellos, o Libre Office para as ferramentas de oficina, etc. Non se trata de enumerar todas as posibilidades en software libre ou desenvolvementos comunitarios, far\u00eda falta un libro enteiro e visi\u00f3n m\u00e1is ampla da que poda ter eu (e cando estivera completo seguramente xa estar\u00eda atrasado), sen\u00f3n ter claro que existe outro mundo dentro de internet, do noso m\u00f3bil ou do noso ordenador, no que podemos achegarnos \u00e1 soberan\u00eda dixital. \u00c1 nosa liberdade no s\u00e9culo XXI.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha nota m\u00e1is: de feito, estes d\u00edas, o Mastodon esta que bule con propostas alternativas\u2026 (podes entras por por <a href=\"https:\/\/amarinha.gal\/home\">amarinha.gal<\/a> , por <a href=\"https:\/\/mastodon.gal\/home\">mastodon.gal<\/a> ou outras moitas posibilidades, que che ofrece un enteiro universo dixital, o Fediverso)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Transhumantes e emigrantes dixitais Sedentarios dixitais: m\u00e1is ou menos as\u00ed podemos definirnos boa parte dos usuarios de internet ou mesmo, sen tanta xeneralizaci\u00f3n, de dispositivos como ordenadores ou m\u00f3biles. En canto collemos o noso primeiro ordenador, quedamos pillados, cativos polo MS DOS e logo o seu fillo, Windows, nas diferentes versi\u00f3ns, despois de que o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[159,175,176,158],"tags":[8,32,13,9],"class_list":["post-26896","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-blog","category-filosofia","category-politica","category-sociedade","tag-blog","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26896","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26896"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26896\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26897,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26896\/revisions\/26897"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26896"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26896"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26896"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}