{"id":2688,"date":"2022-08-16T22:12:00","date_gmt":"2022-08-16T20:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T11:21:54","modified_gmt":"2024-10-24T09:21:54","slug":"libros-e-lembranzas-ribadenses-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/08\/16\/libros-e-lembranzas-ribadenses-de-hoxe\/","title":{"rendered":"LIBROS E LEMBRANZAS RIBADENSES DE HOXE. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>LIBROS E LEMBRANZAS RIBADENSES DE HOXE<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O t\u00edtulo deste artigo d\u00e1se \u00e1 interpretaci\u00f3n de particularizar certos libros cando realmente os libros toman car\u00e1cter universal unha vez publicados. Non, eu quero referirme a libros e lembranzas escritas por e para ribadenses ou que te\u00f1en que ver coas xentes de Ribadeo.<br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nVemos neste querido semanario, La Comarca del Eo, varios artigos describindo o entra\u00f1able e familiar libro de \u201cPoes\u00eda en la tangente\u201d do Presidente Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Por outra banda se escribe unha gran lembranza a labor profesional do ilustre ribadense Victor Moro e un resumen biogr\u00e1fico aut\u00e9ntico e sincero do pintor ribadense Xusto Moreda.<br \/>\n    <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPola mi\u00f1a parte, levo intentando escribir algo sobre os \u00faltimos libros que lin, libros tam\u00e9n de persoas con natureza total ou parcial de Ribadeo.<br \/>\n      <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTiven a honra de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/05\/a-presentacion-de-ciencia-e-conciencia.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">presentar o 17 de maio deste ano, o documentad\u00edsimo libro \u201cCiencia e conciencia. Historia Social<\/a>\u201d do escultor Fernando Villapol Parapar, un traballo particular de investigaci\u00f3n xeneal\u00f3xica familiar que en moi poucos casos se atopa tan amplamente documentada e cuxa historia dos Villapol, cabaleiros da Mari\u00f1a de Lugo, s\u00e1bese que acompa\u00f1aron ao conde santo Osorio Guti\u00e9rrez en diversas campa\u00f1as guerreiras ate que este se retira e se recolle cara \u00e1 vida de santidade en Vilanova onde funda o mosteiro de San Salvador de Lourenz\u00e1 o 17 xu\u00f1o de 969 (era 1007).<br \/>\n        <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFacendo un inciso, dicir que neste Testamento de Fundaci\u00f3n do mosteiro de Lourenz\u00e1 do ano 969, aparece a m\u00e1is antiga denominaci\u00f3n de Ribadeo como \u201cRiba Euve\u201d (Espa\u00f1a Sagrada, Fr. Henrique Florez, tomo XVIII, p. 336).<br \/>\n          <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA historia xeneal\u00f3xica narrada dos Villapol consta de XX xeraci\u00f3ns con rigorosa e estrita documentaci\u00f3n que comeza de forma continuada desde a xeraci\u00f3n I con Lope Alonso de Villapol no s\u00e9culo XIV, ate a XX con Shayla Ant\u00eda e Sabela Jane nos d\u00edas de hoxe. Unha historia onde se entrecruzan estirpes de fidalgos, escrib\u00e1ns, artistas, escultores, escritores e xentes do com\u00fan que nos fan reflexionar, e moito, en como unha exposici\u00f3n cient\u00edfica da orixe, filiaci\u00f3n e da propagaci\u00f3n das familias ao cabo dos tempos, a traveso dos s\u00e9culos, entrecr\u00fazanse con decenas de menci\u00f3ns transversais e paralelas con outras ramas de familias da bisbarra ou de al\u00e9n do mar. Esta viaxe no tempo ao que nos leva Fernando, \u00e9 tan extraordinario que non cabe d\u00fabida de que si todos os veci\u00f1os dunha provincia soub\u00e9semos das nosas \u00e1rbores xeneal\u00f3xicas, seguramente nos atopar\u00edamos coa sorpresa de que por un ou outro lado, todos estamos emparentados consangu\u00ednea ou politicamente, e non precisamente por unha endogamia de casta, sen\u00f3n por sermos veci\u00f1os.<br \/>\n            <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOutro libro, neste caso cient\u00edfico, \u00e9 o do f\u00edsico Antonio Gregorio Montes, \u201c<a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/2021\/12\/a-temperie-ribadense-en-2021.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A Temperie Ribadense no 2021<\/a>\u201d, continuaci\u00f3n dun anterior \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/a-temperie-ribadense-no-2020-en-galicia.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A Temperie Ribadense no 2020<\/a>\u201d. Un traballo estat\u00edstico do microclima ribadense cuxo estudo se remonta ao ano 1929, con algunha que outra anotaci\u00f3n feita na Estaci\u00f3n pluviom\u00e9trica da Illa Pancha, mais as estat\u00edsticas m\u00e1is continuadas fanse na Granxa-Escola de Pedro Murias. Hai que resaltar que algo as\u00ed nunca se ti\u00f1a realizado c\u00f3 microclima ribadense, polo que estes libros te\u00f1en un alto valor hist\u00f3rico para presentes e futuros estudos comparativos sobre o tema.<br \/>\n              <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTe\u00f1o que confesar que me chamou moit\u00edsimo a atenci\u00f3n o ensaio hist\u00f3rico, \u201cO Gran Tri\u00e1ngulo\u201d do profesor <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+D%C3%ADaz+Fierros&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco Diaz-Fierros Viqueira<\/a>, unha narraci\u00f3n na que conta a historia pseudobigr\u00e1fica de dous astr\u00f3nomos franceses, Jean Baptiste Biot e Francois Arago, e un galego, o astr\u00f3nomo e matem\u00e1tico de Berm\u00e9s, Xos\u00e9 Rodr\u00edguez Gonz\u00e1lez, que no transcurso dos anos 1806 e 1808, mediron a prolongaci\u00f3n do meridiano de Par\u00eds ata as illas Baleares. \u00c9 un relato no que entras de cheo despois de desenrolar a f\u00f3rmula trigonom\u00e9trica da altura (Z) dun tri\u00e1ngulo, na que Z = AB (tg A tgB \/ tg A + tg B)<br \/>\n                <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIsto leva \u00f3s m\u00e9todos de triangulaci\u00f3n para co\u00f1ecer as distancias necesarias para desenrolo do arco de meridiano e o por que de tantas penalidades que tivo que pasar o galego Xos\u00e9 Rodr\u00edguez, particularmente, para manter os fachos acesos, nos picos dos montes escollidos. Traballo de heroes an\u00f3nimos que fixeron avanzar o saber da raza humana, e que como di Francisco D\u00edaz-Fierros, \u201cdunha transcendencia que, coido, a\u00ednda non soubemos valorar moi ben\u201d, e que serviron para ofrecer novas perspectivas sobre o c\u00e1lculo da latitude terrestre, imprescindible, xunto coa lonxitude, para situarse nun punto calquera da Terra.<br \/>\n                  <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCon agarimo a todos estes autores que me fixeron pasar d\u00edas moi agradables e interesantes. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>LIBROS E LEMBRANZAS RIBADENSES DE HOXE Pancho Campos Dorado O t\u00edtulo deste artigo d\u00e1se \u00e1 interpretaci\u00f3n de particularizar certos libros cando realmente os libros toman car\u00e1cter universal unha vez publicados. Non, eu quero referirme a libros e lembranzas escritas por e para ribadenses ou que te\u00f1en que ver coas xentes de Ribadeo. Vemos neste querido [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,46],"class_list":["post-2688","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2688","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2688"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2688\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2688"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2688"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2688"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}