{"id":2686,"date":"2022-08-17T20:31:00","date_gmt":"2022-08-17T18:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T11:21:52","modified_gmt":"2024-10-24T09:21:52","slug":"transporte-turismo-tendencia-beira-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/08\/17\/transporte-turismo-tendencia-beira-da\/","title":{"rendered":"Transporte, turismo, tendencia&#8230; \u00c1 beira da terra baleirada"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/mobilidade.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"106\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/mobilidade.jpg\" class=\"wp-image-2687\" width=\"629\" \/><\/a><\/p>\n<p>Transporte, turismo, tendencia&#8230; \u00c1 beira da terra baleirada <\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; Ver\u00e1n nunha vila costeira. Vivindo. Si,&nbsp; aqu\u00ed tam\u00e9n vivimos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aparcar? M\u00e1is doado, non? Hai m\u00e1is prazas no ver\u00e1n, <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4380&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">especiais para a tempada<\/a>! En Ribadeo, medraron prazas coma fungos, nunha operaci\u00f3n na procura de desconxestionar o pobo. Van empe\u00f1o, houbo prazas, mais o tr\u00e1fico non mellorou. Dir\u00edase m\u00e1is ben o contrario.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Vexo estes d\u00edas que en Bruxelas, \u00f3 estilo doutras vilas do centro de Europa, tenden a restrinxir o numero de prazas de aparcamento, aniquil\u00e1ndoas na zona centro. As diferenzas entre orientaci\u00f3ns cara \u00f3 futuro nun e outro caso poden estar no tama\u00f1o da poboaci\u00f3n, pero sobre todo nunha planificaci\u00f3n, dif\u00edcil en todo lugar, mais inexistente nestas terras, onde iso de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/o%20Ribadeo%20que%20queremos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><em>o Ribadeo que queremos<\/em><\/a>&#8216; non \u00e9 que soe raro, sen\u00f3n que non soa. Pero, queremos a Ribadeo, non?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Diferenzas entre vila e cidade poden facilitar de xeito relativo a planificaci\u00f3n nas cidades (m\u00e1is dif\u00edciles na xesti\u00f3n d\u00eda a d\u00eda, por ser m\u00e1is grandes, pero m\u00e1is doadas para planificar a grandes trazos o futuro, por pura aplicaci\u00f3n estat\u00edstica a m\u00e1is de por recursos). Non \u00e9 allea neste caso do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=transporte\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">transporte<\/a> a posibilidade de conexi\u00f3ns p\u00fablicas, abandonadas e caras nas zonas rurais en despoboamento mentres se pretenden, din, &#8216;medidas paliativas&#8217; para evitar ese mesmo despoboarse.<\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Un tr\u00e1fico <em>&#8216;endia\u00f1ado&#8217;?<\/em> polo turismo, con outros modos diferentes \u00f3s que por aqu\u00ed se levan, fai retraer a presenza f\u00edsica dos locais nun espazo que ser\u00eda o seu para a xente de aqu\u00ed. Unha imaxe que nos leva \u00e1 xa estudada <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=xentrificaci\u00f3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">xentrificaci\u00f3n<\/a> tur\u00edstica doutros lugares e situaci\u00f3ns (chega lembrar a despoboamento de Venecia a menos da metade dende hai cincuenta anos). E ademais, a<\/span>lgo que fai resaltar a falta de alternativas para pequenos desprazamentos (entre outras eivas) dentro do concello e con concellos lim\u00edtrofes (a non ser excepci\u00f3ns relativas, como no caso de Ribadeo, da vila co resto da &#8216;cidade lineal&#8217; costeira mari\u00f1\u00e1): queres desprazarte do centro urbano a Cedofeita? Vai pensando en arrincar o coche&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Pode que sexa hora de meter na lembranza o movemento dos <\/span><em>&#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=chalecos+amarelos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">gilets jaunes<\/a>&#8216;<\/em>, os chalecos amarelos&nbsp;franceses de hai poucos anos. Denostados dende o poder, moitas veces incomprendidos por quen non ten os seus problemas, de composici\u00f3n pol\u00edtica transversal, a protesta comezou pola carest\u00eda dos carburantes para os desprazamentos e a falta de alternativas reais \u00f3 transporte privado e particular, dunha xente necesitada do mesmo \u00f3 ser expulsada das cidades polo alto custo de vivenda e vida nelas. Xente que pode comprender as necesidades ecol\u00f3xicas, a escaseza de materias primas ou a emerxencia clim\u00e1tica, relacionadas co transporte, pero que procura, como os demais, un equilibrio nas s\u00faas vidas e unhas posibilidades equivalentes \u00e1 xente de cidade (ou, noutros casos, &#8220;\u00f3s turistas&#8221;).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fai falta unha nova mentalidade. Non todo&nbsp; vale, tampouco po\u00f1endo por fronte o turismo, cartos e empregos derivados (moitas veces, facendo as contas con moito nesgo e pulo de intereses). Iniciativas como a de Pontevedra a p\u00e9 ou Vilalba a p\u00e9 son loables, pero insuficientes, necesitan non s\u00f3 de cosas como a potenciaci\u00f3n da bici, sen\u00f3n tam\u00e9n outras como a extensi\u00f3n e fluidificaci\u00f3n&nbsp; das li\u00f1as f\u00e9rreas e diversos tipos de transporte p\u00fablico para non afondar m\u00e1is a xentrificaci\u00f3n que se suma \u00f3 despoboamento pola falta de servizos e oportunidades. Necesitan -necesitamos- dun acordo moito m\u00e1is amplo, global.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Transporte, turismo, tendencia&#8230; \u00c1 beira da terra baleirada &nbsp; &nbsp; Ver\u00e1n nunha vila costeira. Vivindo. Si,&nbsp; aqu\u00ed tam\u00e9n vivimos. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Aparcar? M\u00e1is doado, non? Hai m\u00e1is prazas no ver\u00e1n, especiais para a tempada! En Ribadeo, medraron prazas coma fungos, nunha operaci\u00f3n na procura de desconxestionar o pobo. Van empe\u00f1o, houbo prazas, mais o tr\u00e1fico non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2687,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[33,9],"class_list":["post-2686","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2686","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2686"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2686\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2687"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2686"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2686"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2686"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}