{"id":26857,"date":"2026-02-04T16:17:11","date_gmt":"2026-02-04T15:17:11","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26857"},"modified":"2026-02-04T16:24:14","modified_gmt":"2026-02-04T15:24:14","slug":"as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos\/","title":{"rendered":"AS ARCAS DAS TRES CHAVES \/ EP\u00cdLOGO. Pancho Campos"},"content":{"rendered":"\n<p>FIDALGU\u00cdA (IV)<\/p>\n\n\n\n<p>AS ARCAS DAS TRES CHAVES \/ EP\u00cdLOGO<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/pancho-campos\/\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Como xa refer\u00edamos, en nota aparte, no artigo anterior, cham\u00e1base Arca das tres chaves a unha caixa de madeira, prism\u00e1tica, con tapa abatible embisagrada e de certa envergadura, que se pechaba con tres cerraduras, cadans\u00faa chave independente e de diferente combinaci\u00f3n. Xeralmente o espazo interior contaba con estantes ou bandexas de quita e pon, que serv\u00edan como divisi\u00f3ns dun arquivo. Durante a Idade Moderna gard\u00e1banse, e custodi\u00e1banse nestas arcas, documentos oficiais que ti\u00f1an gran valor para o pobo, cidade, pazo, igrexa ou mosteiro: tumbos ou libros becerro, padr\u00f3ns, actas, escrituras, escritos varios (como contratos, parcer\u00edas comunais, cartas; caudais patrimoniais diversos, nos cales se confer\u00edan privilexios \u00e1s entidades e as comunidade por outorgamentos reais ou doutra \u00edndole, os cales foran axenciando ao largo da s\u00faa historia).<\/p>\n\n\n\n<p>As chaves, como se pode ben entender, estaban distribu\u00eddas unha a unha, entre varias persoas de moita confianza para o colectivo veci\u00f1al, e no caso de que os documentos afectaran \u00f3 concello, unha delas ti\u00f1a que ser confiada \u00f3 alcalde.<\/p>\n\n\n\n<p>O d\u00eda <strong>11-Outubro-1758,<\/strong> na casa de D. Blas L\u00f3pez de Cordido, en Villamar, fregues\u00eda de San Xusto de Cabarcos, o escrib\u00e1n D. Juan Francisco Bizoso, en presenza de D. Rosendo de Candia Xu\u00edz e Xustiza ordinaria, ten por dilixencia ver a Arca de tres chaves que aqu\u00ed se atopa, para rexistrar os papeis, coa individualidade correspondente, e principiando por eles atopouse en primeiro lugar o Padr\u00f3n de Calle y Casa hitta, e do servicio ordinario y extraordinario do <strong>12\/13-Maio-1756<\/strong>, sendo Xu\u00edz e Xustiza ordinaria desa xurisdici\u00f3n D. Francisco Pardo Alfeir\u00e1n y Seijas, a fe e testemu\u00f1a de D. Pedro Francisco Bizoso escrib\u00e1n de n\u00famero dela. Aparece nomeado D. Juan Rodr\u00edguez procurador Xeral por entrambos estados, nobre e xeral, e electos polos veci\u00f1os, repartidores e empadroadores polo Xeral, D. Antonio de Algara e D. Juan Fern\u00e1ndez Maseda. Polo estado de nobres, D. Fernando Gonz\u00e1lez Santar e D. Carlos Villarino Vrior, veci\u00f1os desta xurisdici\u00f3n do Coto de Cabarcos, no que est\u00e1 como merino D. Alonso de Vega y Maseda.<\/p>\n\n\n\n<p>En dito padr\u00f3n de Calle y Casa ytta, at\u00f3pase entre as s\u00faas partidas e cl\u00e1usulas o seguinte reco\u00f1ecemento (1\u00ba) = <em>\u201cAsi mismo reconozer a <\/em><em><strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong><\/em><em> por hixo dalgo de Carta Ejecuttoria, tiene por su ijo lexitimo y de Rosenda Fern\u00e1ndez su muxer, digo su segunda muxer, a Joseph L\u00f3pez Polido y de Josepha L\u00f3pez su terzera muxer a Domingo y a Juan Ram\u00f3n L\u00f3pez Polido, y de Josepha L\u00f3pez su quarta muxer a Angel y Francisco L\u00f3pez, Juana, Bernarda, Mar\u00eda, Antonia, Theresa y Rosa L\u00f3pez; dichos padrones con las firmas siguientes: A. Fern\u00e1ndez Algara; Fernando Santar; Juan Fern\u00e1ndez Maseda: Antemi Juan Francisco Bizoso\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Outro padr\u00f3n do <strong>27-Maio-1753<\/strong> de Calle y Casaytta desta propia xurisdici\u00f3n, sendo Xu\u00edz e Xustiza ordinaria D. Joseph Antonio Salgado y Cora. O referido escrib\u00e1n, Bizoso, \u00e9 quen parece ter dado fe do escrito, con asistencia de D. Benito Rodr\u00edguez, procurador xeral, de D. Antonio de Algara e D. Juan Fern\u00e1ndez Maseda empadroadores e repartidores polo estado xeral. Polo estado nobre D. Marcos Gonz\u00e1lez Santar e D. Fernando Gonz\u00e1lez Santar veci\u00f1os da mesma xurisdici\u00f3n. Entre as partidas e cl\u00e1usulas at\u00f3pase un segundo reco\u00f1ecemento de fidalgo de Carta executoria, de <strong>Juan, Joseph, Domingo y a Juan L\u00f3pez Polido.<\/strong> Concl\u00faen as firmas de D. Joseph Antonio Salgado y Cora; D. Benito Rodr\u00edguez; D. Antonio Fern\u00e1ndez de Algara; D. Juan Fern\u00e1ndez Maseda; D. Fernando Gonz\u00e1lez Santar; D. Marcos Gonz\u00e1lez Santar. Antemi, Pedro Francisco Bizoso.<\/p>\n\n\n\n<p>Un terceiro reco\u00f1ecemento do <strong>5-maio-1750<\/strong>, semellante \u00f3s anteriores, de <strong>Juan<\/strong> e os seus fillos, ante D. Joseph Antonio Salgado y Cora Xu\u00edz y Xustiza ordinaria; de D. Pedro P\u00e9rez Villarmea escrib\u00e1n da s\u00faa Maxestade; de D. Julian Rebellon procurador xeral da xurisdici\u00f3n e de dous peritos repartidores polo Estado Xeral: D. Juan Fern\u00e1ndez Maseda e D. Domingo G\u00f3mez. As\u00ed mesmo, outros dous polo estado nobre, D. Francisco Ram\u00f3n Alfeiran y Seixas e D. Pedro Bermudez Villapol, todos veci\u00f1os desta mesma xurisdici\u00f3n como tam\u00e9n o eran os xu\u00edces. Concl\u00fae o padr\u00f3n coas firmas de D. Joseph Antonio Salgado y Cora; D. Francisco Pardo Alfeixar y Seixas; D. Pedro Bermudez Villapol; D. Jos\u00e9 Fern\u00e1ndez Maseda; D. Pedro de Candia y Ponte. Testemu\u00f1as D. Domingo G\u00f3mez e D. Joseph Blas Fern\u00e1ndez. Antemi, Pedro Perez Villarmea. [<em><strong>Nota<\/strong>: \u201cAntem\u00ed\u201d, \u00e9 a expresi\u00f3n con que o escrib\u00e1n certifica e garante a autenticidade do expresado no escrito, firm\u00e1ndoo e rubric\u00e1ndoo<\/em>]<\/p>\n\n\n\n<p>Unha partida do <strong>10-Maio-1747<\/strong>, relata o padr\u00f3n de nobres, e de servizo ordinario e extraordinario con distinci\u00f3n dos estados nobre e pechero, formado por D. Joseph Antonio Salgado y Cora, Xu\u00edz e Xustiza ordinaria que tam\u00e9n, por ent\u00f3n, era desa referida xurisdici\u00f3n, a fe e testemu\u00f1a de don Antonio Bermudez de Fraga escrib\u00e1n numerario dela. Era procurador xeral, electo polos veci\u00f1os desta xurisdici\u00f3n, D. Francisco P\u00e9rez de Cordido, que representa \u00e1 parte de \u201chombres buenos\u201d, procuradores e empadroadores do Estado Xeral e Pechero. O Estado Nobre est\u00e1 representado por D. Juan Antonio de Veiga, D. Pedro Amor, D. Francisco Pardo Alfeixar y Seixas e D. Carlos L\u00f3pez Villarino, uns e outros veci\u00f1os desta fregues\u00eda, a excepci\u00f3n do escrib\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra partida do <strong>15-Maio-1744<\/strong>, reco\u00f1ece a <strong>Juan L\u00f3pez Polido como hixo dalgo de Carta executtoria<\/strong>, describindo aos fillos das s\u00faas catro mulleres que tivera en lex\u00edtimos matrimonios, e o padr\u00f3n concl\u00fae coas firmas de D.Joseph Antonio Salgado y Cora, D. Juan Antonio de Candia Estua y Cancio, e como testemu\u00f1as D. Raphael L\u00f3pez; D. Francisco Pardo Alfeiran y Seixas e D. Gregorio Gasalla y Gonz\u00e1lez. Antemi, escrib\u00e1n Antonio Bermudez de Fraga.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00f3panse na dita Arca das tres chaves, outros padr\u00f3ns dos estados nobre, xeral e extraordinario coas seguintes datas: <strong>5-Maio-1741, <\/strong><strong>21-Maio-1738, <\/strong><strong>6-Maio-1735, 9-Maio-1732, <\/strong><strong>26-Abril-1729, 7-Maio-1726, <\/strong><strong>8-Maio-1723, <\/strong><strong>8-Maio-1720, <\/strong><strong>15-Abril-1717, <\/strong><strong>14-maio-1714, 15-Xu\u00f1o-1711, <\/strong><strong>8-Novembro-1708, 23-Outubro-1705, 15-Febreiro-1702.<\/strong> O texto en todos eles \u00e9 similar aos descritos, e cos mesmos reco\u00f1ecementos de fidalgu\u00eda dos susoditos, <strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong> e fillos: <strong>Jos\u00e9<\/strong>, de Vilamartin Grande, fillo da 2\u00aa nupcias con <strong>D\u00aa. Rosenda L\u00f3pez D\u00edaz<\/strong>; <strong>Domingo<\/strong>, de San Miguel de Reinante e <strong>Juan Ram\u00f3n<\/strong>, de San Pedro de Arante, da 3\u00aa nupcias con <strong>D\u00aa. Josefa D\u00edaz de Aguiar<\/strong>. Nomear tam\u00e9n a <strong>Juan Antonio L\u00f3pez Polido<\/strong>, quen obt\u00e9n Real Provisi\u00f3n o 5-Febreiro-1759, fillo de <strong>Juan<\/strong> e da 4\u00aa nupcias con <strong>D\u00aa. Josefa L\u00f3pez de Riveira<\/strong>, veci\u00f1a de San Pedro de Benquerencia, muller coa que tivo nove fillos.<\/p>\n\n\n\n<p>Son relevantes estas datas, pois confirman a reuni\u00f3n trienal, de veci\u00f1os e fidalgos, que se fac\u00eda para confirmar os padr\u00f3ns, revisar os dereitos de cada estado, e se reco\u00f1ec\u00edan novos fidalgos ou se negaban prebendas a alg\u00fan deles que chegaba a vivir aos seus pobos, xeralmente por terse casado cunha moza do pobo, momento no cal empezaban os Preitos de Fidalgu\u00eda, pois o novo veci\u00f1o ti\u00f1a que demostrar a s\u00faa li\u00f1axe; tr\u00e1mite longo no tempo como xa vi\u00f1emos relatando.<\/p>\n\n\n\n<p>Para rematar esta serie de catro artigos, dicir que os Preitos de Fidalgu\u00eda eran economicamente custos\u00edsimos, para chegar a ter as Cartas Executorias. Hab\u00eda que pagarlle a todo o mundo que se mov\u00eda na causa. Temos, por exemplo, un dos pagos que pasou o escrib\u00e1n, Lu\u00eds Joseph Fern\u00e1ndez Cordido, o <strong>11-Decembro-1758<\/strong>, cando recompila datos para o preito de fidalgu\u00eda de <strong>Jos\u00e9 L\u00f3pez Polido<\/strong>, veci\u00f1o de Vilamart\u00edn Grande, quen paga a D. Jos\u00e9 Dom\u00ednguez Aguera por dilixencias, 15 reais de vell\u00f3n; \u00f3 Alcalde maior de Rivadeo, D. Antonio Juan de Rivadeneyra, 20 reais. Un total de 35 reais que pagara en nome de Jos\u00e9, D. Joseph Garc\u00eda Pertierra Santa Marina de Cedofeita. A s\u00faa vez, D. Francisco Villapol, escrib\u00e1n, por 14 d\u00edas e medio de traballo cobra a raz\u00f3n de 400 marabed\u00eds por d\u00eda, total de 5800 marabed\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Facendo contas a raz\u00f3n de 1 real = 34 marabed\u00eds e 1 marabed\u00ed = 0,10 euros, 510+680+5800 = 6999 marabed\u00eds = 699 euros = 116.034 pesetas, o monto total. Si a finais da d\u00e9cada de 1950 e a primeiros da de 1960 do pasado s\u00e9culo, unha casa normal en Ribadeo costaba 50.000 pesetas, (tam\u00e9n as hab\u00eda de 200.000 pts. e m\u00e1is) dous s\u00e9culos antes o costo do preito de fidalgu\u00eda era moi caro, por non dicir car\u00edsimo. Merec\u00eda a pena este desembolso?<\/p>\n\n\n\n<p>Vexamos os beneficios de ser fidalgo. \u00d3 largo da historia houbo clases ou grupos sociais diversos. Igual que hoxe sigue habendo, e cada vez m\u00e1is alongados na riqueza, uns dos outros. Nomes poderosos son os que exerceron un papel decisivo no destino dos pobos, particularmente no referente a propiedade das terras e a s\u00faa econom\u00eda comercial. Na Galiza, quen primeiro percibiu estas clases foron os nosos grandes escritores, como Pardo Baz\u00e1n, Valle Incl\u00e1n, Vicente Risco ou Otero Pedrayo, e nas s\u00faas obras crearon personaxes arquetipos, especialmente fidalgos.<\/p>\n\n\n\n<p>Na Galiza, os Reis Cat\u00f3licos fixeron unha desfeita total da aristocracia galega, aquela que se puxo a favor de D\u00aa. Xoana (1462-1530), filla do rei Henrique IV, alcumada polos seus adversarios castel\u00e1ns como \u201cA Beltranexa\u201d, pois as\u00ed a fac\u00edan ver o pobo, como filla bastarda do rei, e apoiaron o golpe de estado, e usurpaci\u00f3n do poder real, de Isabel a Cat\u00f3lica. Esta nunca perdoou aquela contra dos grandes arist\u00f3cratas galegos, a\u00ednda que ela ostentara o nome da Casa de Trast\u00e1mara. Trast\u00e1mara, perla de Galiza, ti\u00f1a t\u00edtulos nobiliarios que eran como reliquias dos suevos-visigodos, pois eran Condes de Traba, de Trast\u00e1mara e de Monterroso, e fac\u00edan como virreis da Galiza (<em>Vitoria Armesto, Galicia Feudal II,<\/em> p.342). Foi un t\u00edtulo que Afonso XI (1311-1350) no ano 1333 d\u00e1, como Condado de Trast\u00e1mara, ao seu fillo bastardo Henrique e da s\u00faa concubina D.\u00aa Leonor N\u00fa\u00f1ez de Guzm\u00e1n y Ponce de Le\u00f3n, que ser\u00eda Henrique II de Trast\u00e1mara \u201cO das Merc\u00e9s\u201d ou \u201cO Fraticida\u201d. A aristocracia galega, apoiara tam\u00e9n ao lex\u00edtimo rei Pedro I \u201cO Xusticeiro\u201d (reinado 1350-1369), alcumado \u201cO Cruel\u201d segundo os nobres castel\u00e1ns, que v\u00edan perdidos parte dos seus privilexios. Pedro I foi asasinado o 23-Marzo-1369 en Montiel polo seu medio irm\u00e1n Henrique, quen primeiro se asa\u00f1ou coas familias da nobreza galega, pois lle deran as costas no seu ilegal conflito&#8230; Pero iso \u00e9 outra historia que xa \u00e9 co\u00f1ecida de vello por n\u00f3s, os galegos. (L\u00e9ase, por exemplo, as p\u00e1xinas de: <em>Benito Vicetto P\u00e9rez, Historia de Galiza,<\/em> ano 1872, tomo V, p.371 \/\/ <em>V.A. Galicia Feudal II,<\/em> p.373).<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben. Ese nefasto desprezo insultante a Galiza, que xa comezara Henrique II, continu\u00e1rono os Reis Cat\u00f3licos de forma sanguenta, inquisitiva, \u201cdoma e castraci\u00f3n do Reyno de Galiza\u201d desde o ano 1486, o que propiciou que unha caterva de personaxes serv\u00eds, lamb\u00f3ns e aduladores crearan imaxes estereotipadas e ru\u00edns dos galegos [<em>Baltasar Porre\u00f1o, Nobiliario del Reino de Galicia, 1997<\/em>]. Algunhas destas mofas seguen no \u201cilustre\u201d dicionario da RAE.<\/p>\n\n\n\n<p>Aquel baleiro de poder aristocr\u00e1tico na Galiza, foi xermolo primixenio para a aparici\u00f3n da Fidalgu\u00eda. Esta nova clase social foi conquistando lentamente recursos econ\u00f3micos, e fixo de \u201cbisagra social\u201d ou de intermediario entre o poder da alta nobreza e o campesi\u00f1ado. A aristocracia galega foise indo da nosa Terra para a Corte e, o largo dos anos, foise mesturando con xente allea a Galiza, e perdeu ou esvaeceu a s\u00faa identidade, como a dos Condes de Altamira, de Lemos ou de Rivadavia, cuxas titularidades pasaron a ser de grandes casas espa\u00f1olas, tales como a de Medinaceli ou a de Alba <em>(X.R. Barreiro Fern\u00e1ndez, Historia de Galicia,<\/em> volume XVIII, p.197)<\/p>\n\n\n\n<p>A constituci\u00f3n e consolidaci\u00f3n da fidalgu\u00eda, segundo os estudos feitos, vai ocorrer, a partir da primeira d\u00e9cada do s\u00e9culo XVI. \u201cAlg\u00fans nobiliarios din que son anteriores, pero estes foron escritos por amanuenses \u00f3 servizo das casas poderosas\u201d (<em>ib\u00eddem, X.R. Barreiro<\/em>, p.197).<\/p>\n\n\n\n<p>Os fundadores das casas fidalgas, eran persoas que non ti\u00f1an relaci\u00f3n co mundo rural: escudeiros, que prestaban servizo aos condes que gobernaban os territorios; sacerdotes, xu\u00edces e escrib\u00e1ns, quen foron adquirindo potestade de grandes forais eclesi\u00e1sticos dos mosteiros, e fix\u00e9ronse paseni\u00f1amente con ditos foros, os cales subarrendaban aos campesi\u00f1os por rendas de maior ou menor usura, pero alg\u00fans fidalgos chegaron a ser subforeros de grandes extensi\u00f3ns, e arrendaban con intereses at\u00e9 do 50% da produci\u00f3n bruta anual, que repart\u00edan entre eles mesmos e o arrendador.<\/p>\n\n\n\n<p>Alg\u00fans destes fidalgos, non sempre, estaban en conivencia cos abades e priores mon\u00e1sticos, que transgred\u00edan os dereitos e regras do propio mosteiro ou do priorado, baixo as que viv\u00edan, para favorecer os intereses de grandes familias por motivos de parentesco. Estas decenas de fidalgos, non miles, como chegou a haber, foron os que crearon esa distinci\u00f3n de \u201ccastas\u201d, realmente odiadas polo campesi\u00f1ado e polos demais fidalgos, debido \u00e1 devastadora usura con que se aproveitaban das xentes \u00e1s que lles ti\u00f1an aforadas as terras (<em>Villares Paz, A Propiedade p.81-90<\/em>)<\/p>\n\n\n\n<p>Aquel fundamento da clase fidalga, que era o de ser intermediario das rendas das terras dos mosteiros, ou das dos pazos das familias arist\u00f3cratas, perm\u00edtelles acumular riqueza, sen ter relaci\u00f3n co propio traballo da terra, pois ti\u00f1an prohibido por lei, traballos de \u201coficios mec\u00e1nicos\u201d. Esta prohibici\u00f3n, \u00f3 cabo dos anos, trouxo para moitos fidalgos grandes privaci\u00f3ns econ\u00f3micas, pois a tipolox\u00eda da fidalgu\u00eda galega non era uniforme, o que tra\u00eda precariedade para moitas das s\u00faas familias, os dereitos de fidalgu\u00eda pasaban de pais a fillos e netos, e a cantidade de fidalgos sen rendas dabondo, chegou a ser enorme. Esta situaci\u00f3n de pobreza, tampouco era rendible economicamente para a Facenda do Estado, e Carlos III, promulga en 18-marzo-1783, unha C\u00e9dula na que enaltece \u201cA Honradez do Traballo\u201d: \u201c<em>decl\u00e1rase, que non s\u00f3 o Oficio de Curtidor, sen\u00f3n tam\u00e9n as demais Artes e Oficios de Ferreiro, Xastre, Zapateiro, Carpinteiro e outros deste modo, son honestos e honrados; e que o uso deles non envilece \u00e1 familia, nin \u00e1 persoa que os exerce, nin a inhabilita para obter os empregos municipais da Rep\u00fablica na que estean aveci\u00f1ados os Artes\u00e1ns e Menestrales que os exerciten&#8230;\u201d<\/em>. Por tanto, agora era honrado e honesto traballar coas mans, tanto como coa \u201ccabeza\u201d, pod\u00edanse exercer oficios artes\u00e1ns, ate ent\u00f3n considerados viles e incompatibles coa nobreza de sangre.<\/p>\n\n\n\n<p>A modo de EP\u00cdLOGO deste tema sobre a Fidalgu\u00eda, dicir que: \u201cfidalgo\u201d etimoloxicamente significa \u201cfillo dalgo\u201d. Estes eran, na gran maior\u00eda, cabaleiros que noutrora, loitaran corpo a corpo con inimigos que trataban de desbaratar aqueles principios nos que fundamentaban os seus valores de vida, as s\u00faas tradici\u00f3ns comunais. Os pobos onde moraban ti\u00f1an a s\u00faa propia historia e eles manti\u00f1an un \u201cstatus quo\u201d de fidalgos, e cada pobo ou fregues\u00eda anotaba a s\u00faa procedencia e n\u00famero, nunhas listas que formaban os chamados \u201cPadr\u00f3ns de Nobres\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>En xeral, eran persoas que de forma honesta e exemplar se enfrontaban o devir da vida, e alg\u00fans primox\u00e9nitos que se quedaban coas terras e casa patrucial, ti\u00f1an que traballar tanto nos seus negocios comerciais, como o propio campesi\u00f1ado nas terras, e moitas veces as rendas non lles daban m\u00e1is que para manter a casa e o seu status de fidalgo. Mais os irm\u00e1ns menores ou segund\u00f3s, vinculados por sangre \u00e1 casa fidalga, empreg\u00e1banse de forma privilexiada na administraci\u00f3n civil, xudicial ou eclesi\u00e1stica, e medraron como a espuma do leite \u00f3 ferver, pois ocuparon as intendencias, facenda, e case todo o aparato burocr\u00e1tico da administraci\u00f3n estatal. \u201cEscrib\u00e1ns que ti\u00f1an vinculaci\u00f3n familiar coa nobreza e fidalgu\u00eda gozaban do privilexio de autenticar as escrituras dos arcebispos e bispos, de condes e marqueses, de can\u00f3nicos, etc.\u201d (<em>Ib\u00eddem, X.R. Barreiro<\/em>, p.223). En fin, esta \u201ccasta\u201d de fidalgos, si que foi notable.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero para miles de fidalgos, non se trataba de distinci\u00f3n de clases ou de castas, como se sole tomar de forma antip\u00e1tica e antisocial para sinalar uns chanzos m\u00e1is arriba ou m\u00e1is abaixo a uns veci\u00f1os doutros, en realidade era o \u201cmodus vivendi\u201d de propietarios de terras, con modos de conducta distintos a do campesi\u00f1ado debido a normas implantadas pola propia formaci\u00f3n cultural. A Fidalgu\u00eda \u00e9, ou deber\u00eda ser, por principio, ese exemplo da forma de traballar con conciencia de honor, dignidade, con respecto \u00e1s tradici\u00f3ns familiares e as normas socias de convivencia c\u00edvica e en paz. Aqueles cabaleiros da Idade Media, distingu\u00edan a s\u00faa casa e li\u00f1axe con diversas figuras que representaban de forma simb\u00f3lica nos seus Escudos de Armas. Armas que estaban colocadas no campo do escudo dunha forma particular, e cada unha delas representaba unha distinci\u00f3n ga\u00f1ada por m\u00e9ritos ao servizo patrio ou o real, trazos que identificaban a s\u00faa casa, e que pasaron de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n, chegando a ser caracter\u00edsticos dos seus descendentes, moitos, dunha familia fidalga&#8230; pero iso \u00e9 outra historia, que parte dela pode atoparse no libro: \u201cEscudos de Armas do Concello de Ribadeo\u201d, deste pequeno autor.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois dos artigos publicados, ch\u00e9game informaci\u00f3n dos <strong>Polido<\/strong>, facilitada polo veci\u00f1o, Alberto Paraje, a quen desde aqu\u00ed lle dou expresivas grazas, informaci\u00f3n da que me facilita copia dun Preito de Fidalgu\u00eda do ano 1552 (caixa 1552-0012), dos irm\u00e1ns <strong>Pedro<\/strong> e <strong>\u00c1lvaro Polido<\/strong>, irm\u00e1ns de <strong>Diego<\/strong>, noso 11\u00ba av\u00f3, veci\u00f1os das terras de Navia de Suarna e de Bur\u00f3n, da Fonsagrada. Estas son terras que, cando obte\u00f1en as primeiras Cartas Executorias de Fidalgu\u00eda os <strong>L\u00f3pez Polido<\/strong> da nosa familia, pertenc\u00edan \u00e1 administraci\u00f3n do Conde de Altamira, t\u00edtulo concedido polos Reis Cat\u00f3licos en 4-Maio-1475, a D. Lope S\u00e1nchez de Ulloa e Moscoso, Se\u00f1or de Altamira e de Moscoso, t\u00edtulo ao que Felipe III lle outorga Grandeza de Espa\u00f1a en 31-Outubro-1613 (<em>Fernando Gonz\u00e1lez-Doria, Diccionario Her\u00e1ldico y Nobiliario<\/em>, Ed.1994). Outra historia a investigar <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>(FIN)<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"504\" height=\"720\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/Real-cedula.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26858\" style=\"width:622px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/Real-cedula.jpg 504w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/Real-cedula-210x300.jpg 210w\" sizes=\"auto, (max-width: 504px) 100vw, 504px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212; Artigos desta serie: &#8212;<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/03\/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/03\/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>2. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/15\/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/15\/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>3. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/14\/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/14\/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>4. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>FIDALGU\u00cdA (IV) AS ARCAS DAS TRES CHAVES \/ EP\u00cdLOGO Pancho Campos Dorado Como xa refer\u00edamos, en nota aparte, no artigo anterior, cham\u00e1base Arca das tres chaves a unha caixa de madeira, prism\u00e1tica, con tapa abatible embisagrada e de certa envergadura, que se pechaba con tres cerraduras, cadans\u00faa chave independente e de diferente combinaci\u00f3n. Xeralmente o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-26857","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26857","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26857"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26857\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26867,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26857\/revisions\/26867"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26857"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26857"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26857"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}