{"id":26836,"date":"2026-02-04T10:07:27","date_gmt":"2026-02-04T09:07:27","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26836"},"modified":"2026-02-04T10:37:10","modified_gmt":"2026-02-04T09:37:10","slug":"si-a-conto-do-problema-da-vivenda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/si-a-conto-do-problema-da-vivenda\/","title":{"rendered":"Si? A conto do problema da vivenda"},"content":{"rendered":"\n<p>Si? A conto do problema da vivenda<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"420\" height=\"220\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/vivenda-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26843\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/vivenda-1.jpg 420w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/02\/vivenda-1-300x157.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 420px) 100vw, 420px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai un par de d\u00edas atopeime nun xornal cun titular (era unha secci\u00f3n dun artigo): \u201cO que beneficia o dono beneficia o futuro inquilino\u201d. Asi, entre comi\u00f1as. D\u00edxenme que deb\u00eda ser un erro. Pero o titular fixo o que posiblemente era a sua funci\u00f3n primeira: levarme a ler. E si, al\u00ed estaba citado de novo exactamente igual, en boca de quen falaba, cargo pol\u00edtico na Xunta atacando o goberno (central, claro, non o seu propio). Para comprobar ent\u00f3n que non era eu o que estaba fiando mal o meu pensamento, o primeiro que se me veu \u00e1 cabeza foi un contraexemplo: eu, propietario de varios pisos, subo o alugueiro. Po\u00f1amos de 500 \u20ac a 550 \u20ac. Se os pisos seguen a estar ocupados, saio ga\u00f1ando 50 \u20ac brutos m\u00e1is cada mes por cada piso, logo saio beneficiado. Saen beneficiados os meus inquilinos? Poderei venderlles a moto (por exemplo, dicindo que vou manter mellor as vivendas) pero non, non saen beneficiados, sen\u00f3n prexudicados. \u00c9 un caso s\u00f3 a modo de contraexemplo, e en xeral (non digo que non poda haber algunha excepci\u00f3n, a\u00ednda que a min no se me ocorra) se o dono sae beneficiado, o inquilino non sae beneficiado en absoluto, sen\u00f3n prexudicado.<\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, o problema da vivenda (prezos de compra e alugueiros altos, escaseza de vivendas) non \u00e9 sinxelo de resolver, ao menos dende dentro do sistema de \u2018libre mercado\u2019 en funcionamento hoxe, considerando \u2018o mercado da vivenda\u2019, \u00e9 dicir, a vivenda, como mercador\u00eda nun \u2018mercado libre\u2019 e non como necesidade ou dereito. Dito doutro xeito, \u00e9 un desenvolvemento \u2018sinxelo\u2019 nas causas, pero complexo na aplicaci\u00f3n de posibles soluci\u00f3ns sen cambiar esquemas xerais e cousas particulares ben diversas. Un problema en relaci\u00f3n \u00f3 que, unha vez aceptado o funcionamento do mercado, un \u00fanico propietario non pode facer case nada a\u00ednda que venda de saldo o seu pelello. Tampouco se pode enfrontar coma algo local (\u00e9 internacional, e non s\u00f3 no noso entorno europeo) a\u00ednda que algunha medida\/norma\/lei poda mitigalo. Polo que parece, \u00e9 un problema irresoluble sen ter presente que est\u00e1 causado por un fen\u00f3meno que non ten orixe no mercado da vivenda (a concentraci\u00f3n extraordinaria da renda e a riqueza, que contrib\u00fae a agravar co seu funcionamento) nin soluci\u00f3n limit\u00e1ndose s\u00f3 a aumentar o parque de vivendas que se ofrecen no mercado (que nunha proporci\u00f3n en aumento ser\u00e1n adquiridas pola demanda de alta riqueza, retroalimentando a suba de prezos e a concentraci\u00f3n e en definitiva, o problema).<\/p>\n\n\n\n<p>Un proceso antisistema? Ou sexa, \u00e9 un problema que non se pode resolver dentro do sistema? Est\u00e1 comprobado \u00f3 longo da historia que o sistema capitalista, sen correcci\u00f3ns, desequilibrase e remata por ter alg\u00fan tipo de estoupido (social, guerra,&#8230;) que tenta corrixilo. Nese caso, como ant\u00eddoto, precon\u00edzase o frear as desigualdades e a concentraci\u00f3n de riqueza, e evitar que a vivenda siga sendo usada como investimento sen considerar a s\u00faa necesidade. O considerar prioritarios os beneficios dos donos, sen m\u00e1is, non vai nese sentido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Si? A conto do problema da vivenda Hai un par de d\u00edas atopeime nun xornal cun titular (era unha secci\u00f3n dun artigo): \u201cO que beneficia o dono beneficia o futuro inquilino\u201d. Asi, entre comi\u00f1as. D\u00edxenme que deb\u00eda ser un erro. Pero o titular fixo o que posiblemente era a sua funci\u00f3n primeira: levarme a ler. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,176,158],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-26836","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-politica","category-sociedade","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26836"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26836\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26844,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26836\/revisions\/26844"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}