{"id":2680,"date":"2022-08-23T22:44:00","date_gmt":"2022-08-23T20:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T11:21:42","modified_gmt":"2024-10-24T09:21:42","slug":"non-e-so-paisaxe-somos-nos-de-utopia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/08\/23\/non-e-so-paisaxe-somos-nos-de-utopia\/","title":{"rendered":"Non \u00e9 s\u00f3 a paisaxe. Somos n\u00f3s: de Utop\u00eda a Distop\u00eda"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/gando20C3A120sombra.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"372\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/gando20C3A120sombra.jpeg\" class=\"wp-image-2681\" width=\"546\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span>Non \u00e9 s\u00f3 a paisaxe. Somos n\u00f3s: de Utop\u00eda a Distop\u00eda<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Estes d\u00edas cheguei a unha serie de fotos e imaxes constru\u00eddas, mesmo debuxos, diferentes, e en diferentes lugares da rede, cunha semellanza: o aproveitamento da sombra dunha \u00e1rbore (xeralmente, dunha \u00e1rbore, pero tam\u00e9n, con outras orientaci\u00f3ns interpretativas, doutros obxectos, como gali\u00f1as \u00e1 sombra dunha sinal de tr\u00e1fico) por parte de xente e\/ou outros animais nun d\u00eda de Sol &#8216;de xustiza&#8217;. Nesas imaxes con seres a resgardo do Sol grazas a outro ser vivo e verde, que tam\u00e9n nos subministra de os\u00edxeno mentres nos protexe, soe acompa\u00f1arse unha lenda do tipo &#8220;m\u00e1is \u00e1rbores, menos coches&#8221; ou semellante, a modo de reforzo expresivo da idea representada.<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Por suposto, estou de acordo coa idea que pretenden, manifestada no p\u00e9 de imaxe ou mediante di\u00e1logos dun ou outro xeito. Mais a interpretaci\u00f3n das imaxes por medio dunha petici\u00f3n asociada a unha sentencia, como a citada &#8220;m\u00e1is \u00e1rbores, menos coches&#8221;, soe quedarse moi curta. As imaxes usadas amosan unha realidade que vai m\u00e1is al\u00f3 da interpretaci\u00f3n r\u00e1pida e chusqueira. En particular, a necesidade de protexernos do Sol; de algo que, sabemos, nos d\u00e1 a vida na Terra, pero tam\u00e9n, recibido en &#8216;moita cantidade&#8217;, nola quita, e o perigo incrementado \u00f3 asocialo como s\u00edmbolo de altas temperaturas \/ cambio clim\u00e1tico. Ou a chamada \u00e1 atenci\u00f3n sobre a falta de \u00e1rbores, ata o de agora con tendencia a ser eliminadas da paisaxe urbanizada por aquelo de que quitan espazo e ademais, hai que mantelas, deixarlles terra (algo, como todos sabemos, que &#8216;mancha&#8217;), regalas, porque o asfalto do seu arredor non deixa que pase auga abondo, e recoller as s\u00faas follas cando se caen, para que asfalto e asociados sigan co seu aspecto, sen ser colonizados pola natureza rexeneradora. Falan tam\u00e9n as imaxes, sen ser recollido polas palabras que as acompa\u00f1an, da necesidade que temos desa mesma natureza para a nosa adaptaci\u00f3n a un entorno \u00f3 que non estamos afeitos. E falan do agrupamento, da sociedade, do estar xuntos, para solucionar problemas de todos, problemas com\u00fans&#8230; ou, de xeito alternativo, sufrir eses problemas en conxunto -a\u00ednda que, a este respecto, sabemos que polo momento sempre hai xente que sofre m\u00e1is e outra que sofre menos-. Por suposto, a m\u00e1is das cousas que as imaxes non indican de xeito expl\u00edcito, pero est\u00e1n a\u00ed, como o seren acubillo de vida e formar parte do ecosistema de diversos animais.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Esas imaxes falan dunha viaxe clara. Da Utop\u00eda da Arcadia ou do Para\u00edso, con \u00e1rbores que, espalladas, contrib\u00faen \u00f3 noso alimento a m\u00e1is do equilibrio, harmon\u00eda e beleza do entorno, coas que estariamos integrados, pasamos \u00e1 procura das \u00e1rbores como \u00faltimo recurso, utilitario, \u00f3 que volvemos por necesidade. Por necesidade nosa nun mundo no que somos n\u00f3s quen lles facemos a vida m\u00e1is dif\u00edcil. Si, tam\u00e9n \u00e1s \u00e1rbores, igual que a n\u00f3s mesmos. Unha viaxe \u00e1 distop\u00eda.<br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non \u00e9 s\u00f3 a paisaxe. Somos n\u00f3s: de Utop\u00eda a Distop\u00eda &nbsp; &nbsp; Estes d\u00edas cheguei a unha serie de fotos e imaxes constru\u00eddas, mesmo debuxos, diferentes, e en diferentes lugares da rede, cunha semellanza: o aproveitamento da sombra dunha \u00e1rbore (xeralmente, dunha \u00e1rbore, pero tam\u00e9n, con outras orientaci\u00f3ns interpretativas, doutros obxectos, como gali\u00f1as \u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2681,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,26,9],"class_list":["post-2680","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2680","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2680"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2680\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2681"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}