{"id":26721,"date":"2026-01-21T09:23:12","date_gmt":"2026-01-21T08:23:12","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26721"},"modified":"2026-01-25T14:54:13","modified_gmt":"2026-01-25T13:54:13","slug":"25-anos-moita-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/21\/25-anos-moita-historia\/","title":{"rendered":"25 anos, moita historia"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">25 anos, moita historia<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 unha casualidade que o s\u00e9culo e a Wikipedia se leven quince d\u00edas: o s\u00e9culo comezou o 1 de xaneiro de 2001 (por certo, o 1 de xaneiro \u00e9 o d\u00eda da liberaci\u00f3n de obras \u00f3 dominio p\u00fablico unha vez caducados os dereitos de autor); a Wikipedia, o 15 de xaneiro do mesmo ano comezou a s\u00faa versi\u00f3n inglesa. A ambos lles corresponde unha historia inacabada pero xa dun cuarto de s\u00e9culo. Unha historia que contin\u00faa, segue, \u00e9 actual. Unha historia que estamos a vivir.<\/p>\n\n\n\n<p>Comparar unha entidade creada pola humanidade co simple paso do tempo, por moi compartimentado que o te\u00f1amos en d\u00edas ou s\u00e9culos, non \u00e9 nada novo: \u00e9 as\u00ed como se escribe a historia dende sempre, asignando os feitos \u00f3 que n\u00f3s dicimos anos, d\u00edas ou s\u00e9culos. A Wikipedia -tam\u00e9n a s\u00faa versi\u00f3n en galego, a Galipedia, gl.wikipedia.org- non s\u00f3 ten xa historia, sen\u00f3n que ten artigos de historia, mesmo artigos adicados a si mesma, que xa forma parte da historia do co\u00f1ecemento e a s\u00faa transmisi\u00f3n. De feito, poucas creaci\u00f3ns humanas te\u00f1en un nivel comparable de rexistros hist\u00f3ricos de si mesmas, pois a Wikipedia garda copia accesible de todas e cada unha das edici\u00f3ns que se tiveron nela. Unha historia e unha cantidade de informaci\u00f3n que leva a que \u00f3 falar sobre a Wikipedia, a sua organizaci\u00f3n e os seus proxectos irm\u00e1ns, se te\u00f1a sempre a sensaci\u00f3n de quedar curtos na exposici\u00f3n desta ferramenta que vai emparellada \u00e1 transmisi\u00f3n do co\u00f1ecemento e da cultura do s\u00e9culo XXI.<\/p>\n\n\n\n<p>Facendo unha pequena digresi\u00f3n: falo de proxectos irm\u00e1ns porque o son tanto o repositorio multimedia que \u00e9 commons, como wikilibros (unha wiki de creaci\u00f3n de libros), wikinews (de noticias), wikcionario (diccionario) e unha duc\u00eda de proxectos m\u00e1is que recollen a idea de construci\u00f3n colaborativa para achegar co\u00f1ecemento, informaci\u00f3n, datos\u2026 en diversos formatos e estruturas, de xeito libre a toda a humanidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe por hoxe, a Wikipedia \u00e9 a maior enciclopedia que a humanidade te\u00f1a constru\u00eddo. En m\u00e1is de trescentas versi\u00f3ns ling\u00fc\u00edsticas, ten un desenvolvemento desigual. Na s\u00faa versi\u00f3n en galego aprox\u00edmase \u00f3s poucos \u00f3 cuarto de mill\u00f3n de artigos, pasando desa cifra en entradas complementarias que facilitan a s\u00faa xesti\u00f3n. Ten m\u00e1is de 160 000 usuarios rexistrados, dos que uns 400 fixeron edici\u00f3ns no \u00faltimo mes, creando uns mil artigos novos mentres produc\u00edan uns 15 000 cambios en artigos xa existentes. De media, cada pouco m\u00e1is de dous minutos prod\u00facese unha edici\u00f3n, o que \u00e9 moito, a\u00ednda que cadre lonxe das d\u00faas edici\u00f3ns por segundo da edici\u00f3n inglesa, nestes momentos a maior con diferencia e con m\u00e1is de 30 veces m\u00e1is entradas que a Galipedia.<\/p>\n\n\n\n<p>Enciclopedia colaborativa, libre, que tenta adoptar un punto de vista neutral, a Wikipedia est\u00e1 mantida pola fundaci\u00f3n Wikimedia, que hoxe por hoxe ten un orzamento anual de decenas de mill\u00f3ns de euros, recollidos de doaz\u00f3ns. A Wikipedia e os proxectos irm\u00e1ns ven hoxe como se lles erguen novos desaf\u00edos tanto organizativos como externos, dos cortes de acceso por parte de pa\u00edses con gobernos \u00f3s que non lles gusta a sua neutralidade, a unha IA que se alimenta dela pero que tenta substitu\u00edla a\u00ednda que deixe polo cami\u00f1o a neutralidade entre outras cousas. Non \u00e9 a primeira vez que a Wikipedia se ve desafiada. A lembrar que nos seus comezos v\u00edase como pouco fiable, mesmo a\u00ednda despois de que no 2008 diversos estudos amosaran que ao menos era tan fiable como a daquela louvada Encyclopaedia Britannica. Mirando \u00f3 futuro, tampouco os pr\u00f3ximos cambios ser\u00e1n os primeiros que se fagan na estrutura tecnol\u00f3xica: por exemplo, hai tempo que se est\u00e1 a usar a \u2018aprendizaxe pola m\u00e1quina\u2019 para axudar en traduci\u00f3ns internas\u2026 o que \u00e9 ben diferente de deixar que a IA tome o control dos artigos ou da s\u00faa presentaci\u00f3n \u00f3s usuarios.<\/p>\n\n\n\n<p>Por ultimo, dicri que para entend\u00e9rmonos mellor, quizais deberamos falar de wikipedias e non de Wikipedia, pois as diferentes versi\u00f3ns (m\u00e1is de 300) presentan aspectos diferentes en moitos sentidos, dende a calidade do contido \u00e1 s\u00faa cantidade, pasando polo tipo de artigo preferido. Non atopar\u00e1s un artigo sobre Ribadeo mais completo que o da Galipedia, pero dificilmente a Galipedia che dar\u00e1 m\u00e1is informaci\u00f3n sobre Nova York que a Wikipedia en ingl\u00e9s\u2026 \u00c9 un xeito que ten a Wikipedia de adaptarse \u00e1s diferentes comunidades, que se aproximan as\u00ed, cunha adaptaci\u00f3n diferencial, a unha desexable \u2018Soberan\u00eda dixital\u2019.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>25 anos, moita historia \u00c9 unha casualidade que o s\u00e9culo e a Wikipedia se leven quince d\u00edas: o s\u00e9culo comezou o 1 de xaneiro de 2001 (por certo, o 1 de xaneiro \u00e9 o d\u00eda da liberaci\u00f3n de obras \u00f3 dominio p\u00fablico unha vez caducados os dereitos de autor); a Wikipedia, o 15 de xaneiro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,158],"tags":[11,9],"class_list":["post-26721","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia","category-sociedade","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26721","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26721"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26721\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26722,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26721\/revisions\/26722"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26721"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26721"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26721"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}