{"id":267,"date":"2024-08-28T16:11:00","date_gmt":"2024-08-28T14:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-22T16:57:04","modified_gmt":"2024-10-22T14:57:04","slug":"un-cambio-na-tarifa-de-subministro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/08\/28\/un-cambio-na-tarifa-de-subministro\/","title":{"rendered":"Un cambio na tarifa de subministro \/ consumo de auga"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/08\/fonte20dos20catro20caC3B1os.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/08\/fonte20dos20catro20caC3B1os.jpg\" class=\"wp-image-268\" width=\"490\" \/><\/a><\/p>\n<p>Un cambio na tarifa de subministro \/ consumo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/auga%20da%20billa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">auga<\/a><\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp;<br \/>\nCoido que nos traspasos de bens entre persoas e entidades, cada unha das partes que interv\u00e9n considera unha visi\u00f3n diferente da outra. Ese \u00e9 o caso, en particular, do subministro de auga, un ben que representa un punto esencial na supervivencia de cada un de n\u00f3s.<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp;<br \/>\nLembro, de pequeno, ter ido \u00e1 fonte por auga para a casa. Vexo agora esa fonte abandonada, e m\u00e1is que pena ou nostalxia d\u00e1me que pensar. Non lembro que daquela se considerara que o concello entregara, doara ou agasallara a auga \u00e1 xente; pode que pola mi\u00f1a idade non tivera conciencia desas cousas e si existira un sentimento parello. O caso \u00e9 que hoxe hai &#8216;auga corrente&#8217; nos fogares, pagase polo subministro e si hai unha mentalidade de trato co concello ou compa\u00f1\u00eda concesionaria da xesti\u00f3n, de &#8216;transacci\u00f3n econ\u00f3mica&#8217;. \u00d3 haber unha factura con importe variable segundo consumo, consid\u00e9rase iso, unha &#8216;compra&#8217;, variando o concepto de dereito sobre a auga, un ben sen o que non podemos vivir. Levando isto m\u00e1is al\u00f3, mentres en zonas do planeta a xente segue ter que ir a por auga lonxe e polos seus propios medios, noutros tense dado a concesi\u00f3n de auga a empresas privadas, privando dese recurso b\u00e1sico \u00e1 poboaci\u00f3n do lugar, ben para dedicala a outros quefaceres, ben para embotellala e obter beneficio.<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp;<br \/>\nHoxe e en Ribadeo, o mesmo que en moitos outros lugares de Galicia, a moi grande maior\u00eda do subministro est\u00e1 mediatizado polo concello, que delega a s\u00faa xesti\u00f3n nunha empresa privada. Por suposto, o levar anos concedida a xesti\u00f3n fai enfocar a visi\u00f3n da auga cara \u00f3 privado e o comercio\/empresa, por moito que se siga a considerar &#8216;servizo&#8217; e sexa unha necesidade. Visi\u00f3n e relaci\u00f3n ca auga que se matiza coa estrutura da factura, a\u00ednda que conste que unha porcentaxe apreciable de xente non saber\u00eda dar un m\u00ednimo detalle dela. E visi\u00f3n e relaci\u00f3n que se pode contribu\u00edr a cambiar variando esa estrutura da factura, mesmo deixando \u00e1 beira outras consideraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp;<br \/>\nAs\u00ed, podemos ver que en Ribadeo, a factura dun fogar incl\u00fae un m\u00ednimo de 20 m3 bimestrais (isto \u00faltimo, aproximado), 330 L\/d\u00eda, que se cobran cons\u00famanse ou non, sexa unha soa persoa na vivenda para o seu consumo ou cinco, e que o prezo a que se cobra o litro (ou o metro c\u00fabico) \u00e9 o mesmo sexa corresponda a ese consumo m\u00ednimo ou sexa de &#8216;consumo extra&#8217;. \u00c9 dicir, non se produce, a trav\u00e9s da factura, un chamamento \u00f3 aforro, \u00e1 apreciaci\u00f3n ou \u00e1 equidade, sen\u00f3n m\u00e1is ben a un consumo linear, tirando m\u00e1is ben para arriba. \u00c9 de supo\u00f1er que o \u2018consumo m\u00ednimo\u2019 cobrado, m\u00e1is que para forzar ese m\u00ednimo consumo sen coidado, estea pensado, igual que no caso da electricidade (outro d\u00eda podemos falar dese consumo), cara \u00f3 mantemento da \u2018conexi\u00f3n coa rede de subministro p\u00fablico\u2019. Estimo que o propio ser\u00eda que esa conexi\u00f3n, como dereito universal, estivera ligada a impostos, que houbera un m\u00ednimo gratu\u00edto por persoa e logo un aumento do custe por litro en funci\u00f3n do consumo, sendo m\u00e1is cara a unidade de auga a maior consumo por persoa. Hoxe ser\u00eda meter uns c\u00e1lculos no ordenador en lugar de outros, se ben o levar as contas de persoas por casa a estes efectos, ser\u00eda unha novidade que, a m\u00e1is, poder\u00eda considerar por exemplo primeira ou segunda residencia e evidentemente levar\u00eda a outros cambios de visi\u00f3n. Tam\u00e9n \u00e9 evidente que o que aqu\u00ed indico non \u00e9 unha proposta detallada, sen\u00f3n s\u00f3 iso, unha indicaci\u00f3n dun cami\u00f1o que estimo axeitado cara \u00f3 futuro. Cami\u00f1o con m\u00e1is trabas das que indico mais \u00f3 que, cos medios actuais, non entendo por que non nos imos aproximando se queremos aproveitar a auga e distribu\u00edla dun xeito m\u00e1is humano. Claro, estou vendo as cousas non dende o concello ou unha concesionaria&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; Por certo que a factura \u2018da auga\u2019 incl\u00fae asociada e dependente a do lixo, parte \u00e1 que se lle poden aplicar consideraci\u00f3ns semellantes cun resultado que poder\u00eda axudar \u00e1 diminuci\u00f3n do lixo producido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un cambio na tarifa de subministro \/ consumo de auga &nbsp; &nbsp; Coido que nos traspasos de bens entre persoas e entidades, cada unha das partes que interv\u00e9n considera unha visi\u00f3n diferente da outra. Ese \u00e9 o caso, en particular, do subministro de auga, un ben que representa un punto esencial na supervivencia de cada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":268,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-267","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/267","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=267"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/267\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/268"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=267"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=267"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=267"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}