{"id":2666,"date":"2022-08-30T09:56:00","date_gmt":"2022-08-30T07:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T09:57:40","modified_gmt":"2024-10-24T07:57:40","slug":"o-pobo-mais-famoso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/08\/30\/o-pobo-mais-famoso\/","title":{"rendered":"O pobo m\u00e1is famoso"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/Ribadeoaereo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"525\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/08\/Ribadeoaereo.jpg\" class=\"wp-image-2667\" width=\"646\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span>O pobo m\u00e1is famoso<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ao que parece, Ribadeo \u00e9 o pobo m\u00e1is famoso (m\u00e1is &#8216;popular&#8217;, din os titulares) de Lugo. Iso din os medios que di a empresa &#8216;Musement&#8217;, que estes d\u00edas rec\u00edbete na s\u00faa web ofrecendo xestionarte entradas para museos. Ademais, apuntan o m\u00e9todo seguido para a afirmaci\u00f3n: o &#8216;cruce de dados dos concellos&#8217; con menos de 20 000 habitantes de cada provincia, derivados da procura en Google de &#8216;que ver en&#8217;, seguido do nome do concello. Ou sexa, a comparaci\u00f3n do n\u00famero de veces que se procurou para cada concello. Non se sabe, non din, se s\u00f3 se fixo coa pregunta en castel\u00e1n (cabe a d\u00fabida de se se fixo tam\u00e9n co ingl\u00e9s, o franc\u00e9s o chino, pero non te\u00f1o d\u00fabida sobre se se fixo en galego) ou se se usaron tam\u00e9n outras preguntas semellantes. Que na propia p\u00e1xina da empresa de matriz italiana non dera atopado o tema non deixa de ser unha mera an\u00e9cdota lateral \u00f3 que \u00e9 a &#8216;noticia&#8217;, pois unha web pode ter p\u00e1xinas de acceso restrinxido, por exemplo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Marabilloso. Resulta que Ribadeo capitanea a puntuaci\u00f3n de Lugo, logo ser\u00eda o &#8216;pobo m\u00e1is popular&#8217;. Acomp\u00e1\u00f1ano en Galicia Allariz, Cambados e Betanzos. E iso, que quere dicir?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A falta de criterios doutro tipo, que un pobo sexa cualificado de &#8216;pobo m\u00e1is popular da provincia&#8217; quere dicir que &#8230; a xente non sabe que ver neses pobos e procura algo en internet para sa\u00edr do paso? Que non ten que ver cos concellos, a\u00ednda que o que se procura son concellos e non pobos? (Por exemplo, en Ribadeo, incluir\u00eda todo o concello, \u00e9 dicir, tam\u00e9n Rinlo, outro &#8216;pobo&#8217;, dando avantaxe \u00f3 pobo de Ribadeo fronte a concellos nos que &#8216;o pobo&#8217; \u00e9 \u00fanico e polo tanto as respostas non aglutinan as doutros pobos). Que os pobos &#8216;ga\u00f1adores&#8217; non te\u00f1en unha boa difusi\u00f3n da s\u00faa oferta? (\u00f3 fin, procuran algo que debera ser ofertado polos pobos&#8230;). Son s\u00f3 algunhas posibilidades.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As\u00ed as cousas, debemos consideralo un trofeo? En Lugo non ter\u00eda moita discusi\u00f3n: todos os concellos, a excepci\u00f3n da capital, baixan de 20 000 habitantes, co que todos compiten. Pero na Coru\u00f1a, a m\u00e1is da capital, quedar\u00eda exclu\u00edda Santiago, o mesmo que Ferrol, e o mesmo que Nar\u00f3n, Oleiros, Arteixo, Ames, Carballo, Culleredo ou Ribeira, entre m\u00e1is dunha ducia dun total de 93 concellos, capital inclu\u00edda, o que non \u00e9 unha porcentaxe baixa de exclusi\u00f3ns. Na provincia de Pontevedra, desaparecer\u00eda como opci\u00f3n Combarro, pertencente a Poio (e dir\u00eda que tanto ou m\u00e1is &#8216;famoso&#8217; como localidade, a pesar do mosteiro da capital do concello), ou as C\u00edes (tanto por ser illas e non &#8216;pobo con concello&#8217; como por pertencer \u00f3 concello de Vigo, descartado pola s\u00faa poboaci\u00f3n), mentres Mondariz-Balneario, 2,3 km2, pouco m\u00e1is de 600 habitantes, ten que competir con Tui ou Sanxenxo, con trinta e vinte veces m\u00e1is extensi\u00f3n, respectivamente, e trinta veces m\u00e1is poboaci\u00f3n. Coido que se est\u00e1 a comparar cousas que non admiten unha comparaci\u00f3n sen m\u00e1is, co que os n\u00fameros e conclusi\u00f3ns resultantes son moi relativos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A fama \u00e9 &#8216;mobile qual piuma al vento&#8217;, parafraseando o dito cantado de Rigoletto. E m\u00e1is en base noticias como esta de &#8216;pobo m\u00e1is famoso&#8217; ou &#8216;pobo m\u00e1is popular&#8217;, \u00e1 que se lle pode seguir aplicando unha reinterpretaci\u00f3n da aria citada, e convir con ela en que &#8220;sempre \u00e9 desgraciado \/ quen nela conf\u00eda \/ quen lle entrega \/ incauto o coraz\u00f3n!&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pobo m\u00e1is famoso &nbsp;&nbsp;&nbsp; Ao que parece, Ribadeo \u00e9 o pobo m\u00e1is famoso (m\u00e1is &#8216;popular&#8217;, din os titulares) de Lugo. Iso din os medios que di a empresa &#8216;Musement&#8217;, que estes d\u00edas rec\u00edbete na s\u00faa web ofrecendo xestionarte entradas para museos. Ademais, apuntan o m\u00e9todo seguido para a afirmaci\u00f3n: o &#8216;cruce de dados dos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2667,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-2666","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2666","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2666"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2666\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2667"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2666"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2666"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2666"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}