{"id":26627,"date":"2026-01-07T16:07:44","date_gmt":"2026-01-07T15:07:44","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26627"},"modified":"2026-01-07T22:18:32","modified_gmt":"2026-01-07T21:18:32","slug":"listas-de-agarda-no-centro-de-saude-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/07\/listas-de-agarda-no-centro-de-saude-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SA\u00daDE DE RIBADEO"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"583\" height=\"130\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/01\/Captura-de-pantalla-de-2026-01-07-16-06-55.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-26628\" style=\"width:646px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/01\/Captura-de-pantalla-de-2026-01-07-16-06-55.png 583w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2026\/01\/Captura-de-pantalla-de-2026-01-07-16-06-55-300x67.png 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 583px) 100vw, 583px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Sobre a Sanidade en Ribadeo, hoxe:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SA\u00daDE DE RIBADEO<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Nota de prensa<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que non deixa de ser de dominio p\u00fablico, dende o noso grupo quixeramos comunicar que cando isto escribimos, temos noticia de que nas \u00faltimas 48 horas d\u00faas persoas adultas con total autonom\u00eda e perfectamente capacitadas pediron consulta para Atenci\u00f3n Primaria no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/sanidade\/\">Centro de Sa\u00fade de Ribadeo<\/a> a trav\u00e9s da p\u00e1xina Web do Sergas. Nun dos casos a resposta foi que non se lle pod\u00eda dar cita e que se presentase persoalmente no Centro para pedir a consulta, mentres que no outro caso a resposta foi que lle daban cita para o 23 de xaneiro, case tres semanas despois. Comentado o tema con persoal sanitario comun\u00edcannos que estes d\u00edas dispo\u00f1\u00edase de dous m\u00e9dicos en consultas e eso era o que se agardaba para o luns 5 de xaneiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Son datos concretos da primeira semana de xaneiro que non fan sen\u00f3n confirmar o que ven sucedendo dende hai varios anos e agudiz\u00e1ndose progresivamente segundo vai pasando o tempo e van chegando as xubilaci\u00f3ns que obviamente son co\u00f1ecidas de antem\u00e1n e non se substit\u00faen co persoal m\u00e9dico necesario. Esta realidade \u00e9 de sobras co\u00f1ecida, como as promesas da Xunta de Galicia e do Alcalde de Ribadeo de que ser\u00eda corrixida tras os seus contactos e negociaci\u00f3ns coas autoridades da Conseller\u00eda de Sanidade. Promesas obviamente incumpridas ao longo de varios anos e deixando que as cousas se agraven cada vez mais.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben, neste contexto estamos cando o pasado 23 de decembro o Concello de Ribadeo aproba en pleno un novo tr\u00e1mite para ceder \u00e1 Xunta uns terreos veci\u00f1os da Estaci\u00f3n de Servicio do xard\u00edn, suponse destinados \u00e1 construci\u00f3n de un novo Centro de Sa\u00fade. Na p\u00e1xina de publicidade, o novo centro vai resolver moitos problemas, vai ter unha chea de consultas e aparcamentos, pero de resolver a cuesti\u00f3n clave, a falla de persoal sanitario, nin unha soa palabra. Podemos deixar de lado, por un momento, a falcatruada de levar o centro de sa\u00fade a 1 km do actual, nos arrabaldi\u00f1os de Obe e nunha zona perigosa e embutida de autom\u00f3biles todos os d\u00edas do ano. Podemos arrombar por un intre os graves danos que esta decisi\u00f3n, puramente pol\u00edtica, vai traer para as persoas usuarias dos servizos sanitarios, maiormente para as da terceira idade e para as mais novi\u00f1as e as s\u00faas familias. Podemos silenciar o custo irresponsable e dilapidador dos fondos p\u00fablicos nun proxecto antisocial e antipopular trufado de intereses particulares e de demagoxia pol\u00edtica. Podemos calar todo iso e m\u00e1is, pero non podemos, nin poden os promotores, disimular o feito incontestable de que non son capaces de xestionar o funcionamento da consultas dot\u00e1ndoas do persoal necesario e que un mes tras outro a infamia rep\u00edtese e as consultas do centro actual, a maior parte de elas, carecen de persoal asistencial e os retardos para unha primeira consulta xa chegan a mais de vinte d\u00edas. Non hai que ter pouca cara para darnos verzas podres para facer o caldo.<\/p>\n\n\n\n<p>Isto e ben sabido, e chamamos \u00e1s ribadenses e aos ribadenses de todas as idades e condici\u00f3ns a reaccionar diante desta tomadura de pelo que antes ou despois vainos afectar a todos e a todas e particularmente agravar os atrancos na sa\u00fade das persoas afectadas. Pero temos que rematar este escrito denunciando a desculpa universal de que non hai m\u00e9dicos apelando a datos obxectivos de \u00faltima hora. V\u00e9xase: o Ministerio de sanidade acaba de publicar o dato de que para a \u00faltima convocatoria de prazas de M\u00e9dicos Internos e Residentes (MIR), cuxos exames Ter\u00e1n lugar o pr\u00f3ximo d\u00eda 24 de xaneiro present\u00e1ronse 17 553 solicitudes, ou sexa que ese \u00e9 polo menos o n\u00famero de m\u00e9dicos e m\u00e9dicas que non te\u00f1en un posto de traballo fixo no estado espa\u00f1ol a d\u00eda de hoxe ou que queren mellorar o seu status actual polo tanto poder\u00edan ser candidatos a ocupar unha desas vacantes que a Xunta de Galicia eterniza por raz\u00f3ns non desveladas a\u00ednda que doadas de reco\u00f1ecer: desprestixiar e desmantelar o sistema p\u00fablico para pasalo \u00e1s mans dos bancos e dos negocios privados. Pero ademais hai que ter en conta que eses 17 533 profesionais que se presentan \u00e1s prazas MIR non son m\u00e1is que unha parte dos que se poden atoparse no paro ou en situaci\u00f3n de precariedade laboral e non ven o seu futuro no MIR polas diversas circunstancias particulares de cadaqu\u00e9n, ou afectados por outros factores sociais ou familiares ou simplemente que se foron a Portugal ou outras zoas de Espa\u00f1a ou do estranxeiro e que voltar\u00edan a Galicia a pouco que a pol\u00edtica de persoal da Xunta lles dese un m\u00ednimo de estabilidade laboral e traballo con dignidade profesional, que son as causas principais da di\u00e1spora m\u00e9dica que a Xunta provoca cas s\u00faas pol\u00edticas.<\/p>\n\n\n\n<p>O problema sanitario cr\u00f3nico de Ribadeo, polo tanto, non \u00e9 de edificios sen\u00f3n de persoal, e a iso a Xunta e o Sr. Alcalde non dan ningunha resposta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Plataforma+pola+Defensa+das+nosas+%C3%81rbores\">Plataforma pola Defensa das nosas \u00c1rbores<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\">Ribadeo 7 de xaneiro de 2026<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sobre a Sanidade en Ribadeo, hoxe: LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SA\u00daDE DE RIBADEO Nota de prensa A\u00ednda que non deixa de ser de dominio p\u00fablico, dende o noso grupo quixeramos comunicar que cando isto escribimos, temos noticia de que nas \u00faltimas 48 horas d\u00faas persoas adultas con total autonom\u00eda e perfectamente capacitadas pediron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[170],"tags":[27],"class_list":["post-26627","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sanidade","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26627","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26627"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26627\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26638,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26627\/revisions\/26638"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26627"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26627"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26627"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}