{"id":26378,"date":"2025-12-22T20:04:23","date_gmt":"2025-12-22T19:04:23","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26378"},"modified":"2025-12-22T20:04:27","modified_gmt":"2025-12-22T19:04:27","slug":"desequilibrio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/22\/desequilibrio\/","title":{"rendered":"Desequilibrio"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Desequilibrio<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"388\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/09\/A-Gargnta-20250907-1.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25614\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/09\/A-Gargnta-20250907-1.jpeg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/09\/A-Gargnta-20250907-1-300x169.jpeg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Dende hai tempo, estamos a vivir unha \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/09\/03\/da-volta-a-paz\/\">volta a Espa\u00f1a<\/a>\u2019 desequilibrada. O deporte vese sobrepasado polos intereses econ\u00f3micos e de prestixio asociados. A cousa ven xest\u00e1ndose de lonxe, mais se o pasado ano unha pedra meteuse no mecanismo a conta dun equipo que militaba de pro israel\u00ed, este ano coido que a volta debera chamarse algo as\u00ed como \u2018Volta \u00f3 Mediterr\u00e1neo occidental\u201d. Coas tres primeiras etapas coa paisaxe francesa como fondo, e a\u00ednda unha m\u00e1is reducida \u00f3 pequeno territorio de Andorra, contin\u00faa logo saltando entre etapas de xeito que o lugar m\u00e1is pr\u00f3ximo a Finisterre polo que pasa est\u00e1 a uns 800 km por estrada dese final do cami\u00f1o. Quiz\u00e1s te\u00f1a que ver con que foron as etapas norte\u00f1as do ano pasado as que deixaron a impronta dunha volta pro israel\u00ed, forzando mesmo a un cambio de nome nas camisetas dos ciclistas do equipo que levaba a Israel no seu nome (porque tam\u00e9n est\u00e1 no coraz\u00f3n do seu propietario e de al\u00ed parece que non sa\u00edu), e este ano pr\u00f3ximo se queira afastar esa pantasma\u2026 E \u00e9 que hai cousas que nin a lei mordaza, promulgada por un partido de dereitas e prorrogada sine die por un partido que dic\u00eda ser de esquerdas, d\u00e1 parado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Entre as etapas da volta \u00e1 fin do ver\u00e1n e hoxe, sabemos que Espa\u00f1a, Irlanda e outros pa\u00edses non ir\u00e1n a ese concurso que se v\u00eda con gran audiencia no s\u00e9culo pasado, Eurovisi\u00f3n. A raz\u00f3n, o ente supranacional, chiringuito \u00f3 uso que leva a organizaci\u00f3n, decidiu optar por Israel. E \u00e9 que a m\u00e1is dos cartos regados para mercar opini\u00f3ns e vontades, a influencia sionista ten brazos longos, e o goberno israel\u00ed hai anos que ten aberto o que chama \u2018oitava fronte\u2019: a batalla pola verdade. Non, non \u00e9 que o diga eu, nin moito menos, sen\u00f3n algu\u00e9n chamado Benjamin Netanyahu.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Pero a vida segue. Segue a duras penas en Gaza, e \u00f3 grande nunha axuda estadounidense para a \u2018defensa\u2019 israel\u00ed (coido que ser\u00eda m\u00e1is propio dicir \u2018para o ataque\u2019, pero desco\u00f1ezo o por que de que o termo usado en xeral sexa ese) que s\u00f3 no ano 2024 ascendeu a uns 130 \u20ac por contribu\u00ednte norteamericano, e a uns 4000 \u20ac por contribu\u00ednte israel\u00ed -dubido que en xeral uns e outros te\u00f1an botado as contas correspondentes-. Un pa\u00eds, por certo, Israel, que ten unha renda per c\u00e1pita superior nun 50 % \u00e1 espa\u00f1ola, e s\u00f3 un 30 % inferior \u00e1 norteamericana. Un pa\u00eds, Israel, do que xente \u00f3 tanto di que non poder\u00eda sobrevivir sen o apoio dos EEUU, \u00f3 tempo que tam\u00e9n di que lle fai un certo traballo sucio \u00f3 imperio en declive.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">E mentres se mant\u00e9n un desequilibrio neste tema entre verdade, evidencia e apoio a Israel, vese en diversas partes do mundo, particularmente no chamado occidente e en concreto do noso pequeno mundo europeo, un xurdir repetitivo dunha enfermidade contaxiosa inoculada a base de cartos en grandes doses nos medios e gobernos por grupos de presi\u00f3n, lobbys e adi\u00f1eirados sionistas: a gripe israel\u00ed. Manifestaci\u00f3ns: suba de temperatura cando se cita o xenocidio, toses fortes por riba de calquera cousa que po\u00f1a en cuesti\u00f3n a actuaci\u00f3n de Israel, cara de placidez ou desentendemento cando aparecen imaxes de destruci\u00f3n en Gaza\u2026<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desequilibrio Dende hai tempo, estamos a vivir unha \u2018volta a Espa\u00f1a\u2019 desequilibrada. O deporte vese sobrepasado polos intereses econ\u00f3micos e de prestixio asociados. A cousa ven xest\u00e1ndose de lonxe, mais se o pasado ano unha pedra meteuse no mecanismo a conta dun equipo que militaba de pro israel\u00ed, este ano coido que a volta debera [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[177,176,158],"tags":[17,13,9],"class_list":["post-26378","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-paz","category-politica","category-sociedade","tag-paz","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26378"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26378\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26382,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26378\/revisions\/26382"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}