{"id":26346,"date":"2025-12-17T10:00:06","date_gmt":"2025-12-17T09:00:06","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26346"},"modified":"2025-12-17T10:00:09","modified_gmt":"2025-12-17T09:00:09","slug":"adeus-o-ceo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/17\/adeus-o-ceo\/","title":{"rendered":"Adeus \u00f3 ceo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Adeus \u00f3 ceo<\/p>\n\n\n\n<p>Sempre me gustou mirar \u00f3 ceo. Sexa de noite, escura, cuberto, con l\u00faa chea, con estrelas visibles, ou de d\u00eda, con nubes claras ou escuras, chuvia, luz entre masas de nubes, rechamantes amenceres e tenros atardeceres, con arco da vella ou ceo totalmente despexado. De calquera xeito.<\/p>\n\n\n\n<p>E lembro a primeira vez que vin un tren de sat\u00e9lites de Starlink, e quedei apampado\u2026 de feito, ata fixen un pequeno texto, \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/02\/08\/ceo-con-tren-de-estrelas-mobiles\/\">Ceo con tren de estrelas m\u00f3biles<\/a>\u201d o chamei. A\u00ednda anda pola rede e en papel.<\/p>\n\n\n\n<p>Toca explicar agora que \u00e9 iso do tren de sat\u00e9lites e o por que do t\u00edtulo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"803\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/Bo20202320the_blue_marble_first_photograph_of_the_full_earth_seen_by_human_eyes.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1104\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Starlink \u00e9 unha empresa do multimillonario Elon Musk que est\u00e1 a usar lanzadeiras con cargas de varias decenas de sat\u00e9lites cada un. \u00d3 seren lanzadas, encarr\u00edlanse todos os dun lanzamento a unha mesma \u00f3rbita con separaci\u00f3ns aparentemente pequenas entre eles, vistos dende terra (separaci\u00f3ns de quil\u00f3metros na realidade) e van un tras outro, \u00e1 maneira dos vag\u00f3ns dun tren. Se ver un sat\u00e9lite artificial a\u00ednda hoxe non deixa de sorprender, ver un tren destes non deixa de ser unha sorpresa maior e unha anomal\u00eda no ceo.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe mesmo consultei unha estat\u00edstica: hai m\u00e1is de 14 000 sat\u00e9lites activos (mandados arriba pola humanidade) circulando polo noso ceo. A gran maior\u00eda en \u00f3rbita baixa, a poucos centos de km, doados de ver chiscando a luz do Sol pouco antes de amencer e pouco despois de anoitecer. Iso significa que de media, por cada 40 km<sup>2<\/sup> (\u00e9 dicir, unha extensi\u00f3n semellante \u00e1 do concello da Coru\u00f1a, ou dous quintos a do concello de Ribadeo) temos un sat\u00e9lite sobre as nosas testas. Pouco, verdade? \u00d3 fin, \u00e9 algo m\u00e1is de 6 km x 6 km. Pouco. Iso parece sen non nos paramos a pensar no seu significado. A confusi\u00f3n dunha estrela cun sat\u00e9lite, ou o literalmente facer case imposibles mapas celestes polos telescopios sen un repaso a fondo para eliminar as falsas estrelas, son cousas que poden parecer pequenas a\u00ednda que non o sexan para a Astronom\u00eda. Menos desprezables \u00f3 considerar que cada novo sat\u00e9lite (e est\u00e1n lanz\u00e1ndose a raz\u00f3n de ben m\u00e1is de mil \u00f3 ano) soe dar varias voltas \u00f3 d\u00eda, milleiros \u00f3 ano, o que fai cada vez m\u00e1is probable os choques entre diferentes aparellos, inclu\u00eddos os tripulados, coas consecuencias imaxinables dun choque a varios quil\u00f3metros por segundo (centos de veces a velocidade dun coche). A m\u00e1is, cada sat\u00e9lite, durante a s\u00faa vida \u00fatil ten abondas oportunidades de desprenderse de pequenos anacos que voan libres e que complican m\u00e1is a \u2018vida satelital\u2019 dos restantes aparellos.<\/p>\n\n\n\n<p>Non, o ceo \u2018xa non \u00e9 o que era\u2019. M\u00e1is a\u00ednda cando \u00f3 anterior hai que engadirlle dous feitos: a s\u00faa privatizaci\u00f3n e o seu uso como colector de lixo. Para tentar contrarrestar o segundo hai algunha iniciativa, como as da ESA, a Axencia Espacial Europea, encami\u00f1adas ben a po\u00f1er a punto sat\u00e9lites que recollan outros sat\u00e9lites, ben a desenvolver normas de lanzamento que garantan a s\u00faa localizaci\u00f3n e volta segura \u00e1 Terra, por po\u00f1er dous exemplos. Pero as\u00ed como hai cada vez m\u00e1is medidas en contra desa \u2018boa xesti\u00f3n do lixo espacial\u2019, como son os sat\u00e9lites militares ou esp\u00eda que pretenden pasar inadvertidos, o outro dos feitos citados antes, a privatizaci\u00f3n do espazo, do noso ceo, vai vento en popa. Sexan sat\u00e9lites de comunicaci\u00f3n (a maior\u00eda) ou con outras dedicaci\u00f3ns, cada vez hai m\u00e1is sat\u00e9lites propiedade e xestionados por empresas privadas que unha vez m\u00e1is, usan un recurso de todos para beneficiarse alg\u00fans facendo pagar a outros. Agora que estamos no tempo, semellantes a estrelas de Nadal de propiedade privada.<\/p>\n\n\n\n<p>Por certo, algo as\u00ed como o 0,60 % da poboaci\u00f3n mundial \u00e9 espa\u00f1ola, e o 0,035 %, galega. As porcentaxes correspondentes de sat\u00e9lites \u2018nacionais\u2019 por a\u00ed arriba son menores en ambos casos. Non fabricamos moitas refulxentes estrelas do Nadal, s\u00f3 nos quedamos co ceo cheo de lixo&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adeus \u00f3 ceo Sempre me gustou mirar \u00f3 ceo. Sexa de noite, escura, cuberto, con l\u00faa chea, con estrelas visibles, ou de d\u00eda, con nubes claras ou escuras, chuvia, luz entre masas de nubes, rechamantes amenceres e tenros atardeceres, con arco da vella ou ceo totalmente despexado. De calquera xeito. E lembro a primeira vez [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-26346","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26346","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26346"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26346\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26347,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26346\/revisions\/26347"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26346"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26346"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26346"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}