{"id":2631,"date":"2022-09-01T09:24:00","date_gmt":"2022-09-01T07:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T09:56:36","modified_gmt":"2024-10-24T07:56:36","slug":"a-costa-do-golf-xose-carlos-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/09\/01\/a-costa-do-golf-xose-carlos-rodriguez\/","title":{"rendered":"A COSTA DO GOLF.  Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/malaga.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"264\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/malaga.jpg\" class=\"wp-image-2632\" width=\"556\" \/><\/a><\/p>\n<p>A COSTA DO GOLF<\/p>\n<p>Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n<\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed se acabar\u00e1 chamando a Costa do Sol pola proliferaci\u00f3n de campos de golf, case tantos xa como de labranza. Para que se dean unha idea, dicirlles que a meirande parte dos vendedores ambulantes te\u00f1en diversos tipos de palos como produtos estrela. Lonxe fican como reclamo dos seus postos ef\u00e9meros os bolsos falsificados e as falsas prendas de marca.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>S\u00f3 a min se me ocorre visitar eses lares en agosto. A calor impide teimudamente facer unha vida normal, non digamos xa traballar. A cousa foi culpa dunha amiga que veranea al\u00ed desde hai 25 anos (moi perto da casa de Mar\u00eda Teresa Campos) e que me ofreceu aloxamento de balde e, claro, \u201ca caballo regalado no se le mira el diente\u201d. Creo que foi a primeira vez na mi\u00f1a vida que tiven que mercar un abano, mais con esas temperaturas, un non ten \u00e1nimo nin de movelo, e moito menos de darlle un aquel flamenco.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A Malaka fenicia e logo romana e \u00e1rabe, entre o mar e a serra de Ronda e da Axarqu\u00eda estar\u00e1 moi ben para vivir desde o outono \u00e1 primavera, mais en \u00e9poca estival, mellor fuxir dela ou refuxiarse termicamente nalg\u00fan dos seus frescos e sombrizos monumentos como a inacabada catedral (constru\u00edda sobre a antiga mesquita) \u00e1 que, por lle faltar unha das torres, chaman \u201cla manquita\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aloxeime nun pequeno apartamento dun antigo casar\u00f3n moi perto da arteria principal da cidade, a r\u00faa Larios, con nome de marqu\u00e9s amante do alcol. A mala sorte quixo que se escarallara o aire acondicionado, tendo que intentar durmir coas xanelas abertas para que entrara o pouco fresco nocturno e o moito boureo dos d\u00edas grandes de \u201cferia\u201d. Resultado: insomnio a domicilio.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Subir a p\u00e9 \u00e1 alcazaba musulm\u00e1 e \u00e1 fortaleza de Gibralfaro baixo un sol abrasador foi como facer unha etapa do Tour de Francia ao cumio do Tourmalet. Desde o alto alb\u00edscase toda a cidade a rentes do Mediterr\u00e1neo, coa praza de touros en primeiro plano e a costa de \u00c1frica intu\u00edda nunha lonxan\u00eda bretemosa de cadro impresionista.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non moi lonxe est\u00e1 a igrexa na que baptizaron a Picasso quen morrer\u00eda no seu estudio de Par\u00eds cun pincel nunha man e na outra un cigarro noventa anos despois. Quen puidera facelo igual a esa idade mudando o pincel por un bol\u00edgrafo e o lenzo por un folio en branco! No seu museo malague\u00f1o de estilo renacentista est\u00e1n as obras que non quixo vender e as que mercou, despois da s\u00faa comercializaci\u00f3n, outra vez. Na s\u00faa casa natal, non hai tanto para onde mirar.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En M\u00e1laga est\u00e1 o primeiro cemiterio protestante de Espa\u00f1a, se cadra pola abondosa presenza de rom\u00e1nticos ingleses abraiados polo pintoresquismo andaluz no s\u00e9culo XIX. Jorge Guill\u00e9n repousa a\u00ed, non por protestante, mais se cadra, por \u201cprotest\u00f3n\u201d. En \u00e9poca andalus\u00ed, os cristi\u00e1ns eran soterrados con nocturnidade e aleivos\u00eda na praia da Malagueta, cuxa area disque foi tra\u00edda polos ventos desde as costas magreb\u00eds.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A alameda urbana (ateigada de verdes cotorras arxentinas, ruidosas e invasivas) foille ga\u00f1ada ao mar e o obelisco no que est\u00e1n os restos mortais do heroe liberal Torrijos a\u00ednda \u00e9 hoxe de soberan\u00eda francesa. Da s\u00faa custodia enc\u00e1rgase o consulado da Rep\u00fablica na cidade. Non moi lonxe est\u00e1n as antigas atarazanas musulm\u00e1s (estaleiros de ribeira), hoxe reconvertidas en mercado central de f\u00e9rreo estilo neomud\u00e9xar. Aos p\u00e9s da muralla \u00e1rabe descubriuse en 1951 o teatro romano, moi perto do modernista no que se celebra o festival internacional de cinema. Constru\u00edndo un aparcadoiro subterr\u00e1neo, a li\u00f1a do novo metro ou rehabilitando unha librer\u00eda atop\u00e1ronse tam\u00e9n varios treitos dos antigos muros medievais, entre os cales, procesionando hai s\u00e9culos en Semana Santa a altas horas da madrugada, d\u00faas irmandades de confrades remataron, non se sabe moi ben por que, como o rosario da aurora, segundo di a tradici\u00f3n popular e o refr\u00e1n.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un dos seus caf\u00e9s m\u00edticos \u00e9 o Central, desde onde \u201curbe et orbi\u201d se pide o caf\u00e9 de ata dez xeitos diferentes. Tam\u00e9n \u00e9 un cl\u00e1sico a taberna El Pimpi, un longo t\u00fanel de ambiente taurino ateigado de bocois de moscatel ou M\u00e1laga Virgen asinados por todos os famosos que por al\u00ed pasaron. Por non falar do bar \u201cLa casa del guardia\u201d na que s\u00f3 se atende na barra, sobre a que se fan as contas dos clientes con xiz.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Trece chemineas fabr\u00eds (das 300 que chegou a haber) mant\u00e9\u00f1ense ergueitas como palmeiras ao longo co cauce do r\u00edo (regato en ver\u00e1n) Guadalmina. Sentado nun banco do paseo mar\u00edtimo pasa case desapercibida a estatua de Hans Christian Andersen, outro n\u00f3rdico namorado da cidade como hoxe os milleiros de turistas estranxeiros que ateigan as s\u00faas r\u00faas a todas horas de luns a domingo. Tam\u00e9n \u00e9 discreto o sem\u00e1foro que este ver\u00e1n lle adicaron a Chiquito de la Calzada para cruzala cos seus movementos de \u201cfistro de la pradera\u201d. Pola r\u00faa atopeime con outro humorista: \u00c1ngel Gar\u00f3,  acompa\u00f1ado do presentador Jos\u00e9 Manuel Parada. Tam\u00e9n me pareceu albiscar a Juan Luis Cebri\u00e1n, antigo director de El Pa\u00eds,  mais iso xa non o podo asegurar.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mijas (a Mixa andalus\u00ed) cos seus burro-taxis conta cun museo do carro e con outro de miniaturismo no que se pode ver a Derradeira Cea de Leonardo da Vinci pintada nun gran de arroz. Desde o s\u00e9culo XIX conta cunha importante comunidade de orixe brit\u00e1nica asentada por mor da miner\u00eda e hoxe polo turismo. \u00c1 entrada da localidade hai unha rotonda adicada ao pobo navarro coa bandeira foral das cadeas no seu centro. Gostar\u00eda de saber o motivo deste curioso irmandamento.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O antigo concello \u00e9 agora un museo etnogr\u00e1fico onde tam\u00e9n se lle rende homenaxe ao derradeiro alcalde republicano da vila que ficou trinta anos agochado detr\u00e1s dun muro da s\u00faa vivenda durante a ditadura. A s\u00faa resistencia e a s\u00faa resiliencia inspiraron o impactante filme \u201cLa trinchera infinita\u201d. Ao p\u00e9 da s\u00faa praza de touros (a \u00fanica ovalada de Espa\u00f1a), o son das chicharras \u00e9 tan persistente como o dunha desbrozadora. No parque pr\u00f3ximo, os columpios te\u00f1en cinto de seguridade.  Vela\u00ed deixo a idea para alg\u00fan alcalde.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En Marbella a maior atracci\u00f3n tur\u00edstica para os do bando (ou banda) nacional \u00e9 facer unha foto diante do busto do infausto Xo\u00e1n Carlos I. Unha das entradas \u00e1 cidade \u00e9 pola avenida do Trapiche, que ben puidera chamarse do \u201ctrapicheo\u201d. Porto Ban\u00fas segue ateigado de iates, coches  e tendas de luxo onde, en pleno agosto, locen nas s\u00faas vitrinas abrigos de pel a 20000 euros. \u00c1 beira da praia,  toman o sol m\u00faltiples esculturas de Dal\u00ed, que semellan medio derretidas como os reloxios dos seus lenzos. No s\u00e9culo XIX cre\u00e1ronse aqu\u00ed os primeiros altos fornos do pa\u00eds. A s\u00faa temperatura non ser\u00eda moito maior da que hai, por estas datas, nas s\u00faas r\u00faas.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A serrana Ronda (a Arunda celt\u00edbera) est\u00e1 curtada polo desfiladeiro do r\u00edo Guadalev\u00edn, que separa a zona vella da nova, unidas por unha impresionante ponte. Popularrmente co\u00f1\u00e9cese como \u201cEl tajo del peque\u00f1o Tajo\u201d. As s\u00faas casas penduradas desafiando a lei da gravidade est\u00e1n irmandadas coas de Cuenca. A p\u00e9trea praza de touros de touradas \u201cgoyescas\u201d disque est\u00e1 orientada cara a Antequera, desde a cal, segundo o dito popular, sae o sol por onde lle peta. Na \u201cPosada de las \u00e1nimas\u201d descansaba Cervantes cando era recadador de impostos pola bisbarra, esa mesma na que proliferaran os bandoleiros ao xeito do televisivo Curro Gim\u00e9nez e que, hoxe, mesmo contan cun museo. O seu \u201cPalacio del rey moro\u201d, presume dos ba\u00f1os \u00e1rabes mellor conservados da Pen\u00ednsula, entre os que se pavonean as parellas de engre\u00eddos pavos reais seguidos das s\u00faas cr\u00edas. De ronda e de rondas por Ronda non me resisto a recomendar a c\u00e9ntrica terraza panor\u00e1mica do hotel Catalonia.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na serra que a rodea, as oliveiras e aci\u00f1eiras am\u00f3sanse en formaci\u00f3n perfecta como o ex\u00e9rcito norcoreano entre outros tantos milleiros de pelouros chantados na terra como menhires apuntando ao ceo ou meteoritos ca\u00eddos del.<br \/>\n\tNo pintoresco Setenil de las Bodegas, os seus habitantes e m\u00e1is elas seguen a empraz\u00e1rense nas inmensas covas prehist\u00f3ricas como xa fac\u00edan hai case sete mil anos os seus antepasados.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como curiosidade de Estepona dicir que as \u00e1rbores dos seus parques est\u00e1n apadri\u00f1adas por ori\u00fandos ou turistas habituais e nas casas de cada r\u00faa os meceteiros son dunha soa cor, diferente segundo a v\u00eda pola que se transite.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fuengirola naceu arredor da fonte que alimenta o r\u00edo do mesmo nome. Chamoume a atenci\u00f3n que a s\u00faa bandeira municipal fose igual que a da Arxentina, mais sen sol no centro e cunha estrela no \u00e1ngulo inferior dereito. Decorados con fotos do lugar est\u00e1n todos os colectores do lixo. Promoci\u00f3n tur\u00edstica de reciclaxe e de balde da que tam\u00e9n poder\u00edan tomar boa nota moitos alcaldes.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na branca e impoluta Frigiliana, atenden a oficina de turismo uns monicreques que explican polo mi\u00fado os seus atractivos. Iso si, met\u00e9ndolles antes unhas cantas moedas. Moralexa: aforro en persoal para as arcas municipais.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En toda a Costa do Sol chamoume a atenci\u00f3n non s\u00f3 a cantidade de \u00e1rabes de alto poder adquisitivo grazas aos petrod\u00f3lares, mais tam\u00e9n os moitos magreb\u00eds emigrados a Europa facendo turismo de clase media, afortunadamente como calquera. M\u00e1is afeitos \u00e1 calor ca min e m\u00e1is amantes dela, suaban bastante menos a\u00ednda levando enriba ben m\u00e1is prendas. Para que se fagan unha idea, result\u00e1bame impos\u00edbel limpar os lentes de sol. Era intentar botar o bafo e evaporarse este de inmediato sobre os cristais antes de poderlles pasar o pano. F\u00e1ganme caso: Raffaella Carr\u00e0 trabuc\u00e1base cando cantaba aquilo de \u201cPara hacer bien el amor hay que venir al sur\u201d.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A COSTA DO GOLF Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n &nbsp;&nbsp; &nbsp;As\u00ed se acabar\u00e1 chamando a Costa do Sol pola proliferaci\u00f3n de campos de golf, case tantos xa como de labranza. Para que se dean unha idea, dicirlles que a meirande parte dos vendedores ambulantes te\u00f1en diversos tipos de palos como produtos estrela. Lonxe fican como reclamo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2632,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,31],"class_list":["post-2631","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-xose-carlos-rodriguez-ranon"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2631","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2631"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2631\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2632"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2631"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2631"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2631"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}