{"id":26288,"date":"2025-12-09T21:50:40","date_gmt":"2025-12-09T20:50:40","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26288"},"modified":"2025-12-09T21:56:19","modified_gmt":"2025-12-09T20:56:19","slug":"de-quen-e-de-que-queres-depender-unha-reflexion-rapida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/09\/de-quen-e-de-que-queres-depender-unha-reflexion-rapida\/","title":{"rendered":"De quen (e de que) queres depender? Unha reflexi\u00f3n r\u00e1pida"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">De quen (e de que) queres depender?<\/p>\n\n\n\n<p>O ser humano -calquera, ti tam\u00e9n- como ser social, depende da sociedade, do seu entorno humano, para desenvolverse, para vivir como humano. Todos o sabemos de forma consciente ou inconsciente, e asuminos de xeito impl\u00edcito, inclu\u00eddas as persoas que parecer rexeitar o \u2018contrato social\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora ben, de a\u00ed a que nos fagan dependentes no sentido de sometidos a algu\u00e9n ou algo, vai un longo treito. Treito que no s\u00e9culo XXI rec\u00f3rrese r\u00e1pido, \u00e1 velocidade de internet. Esa internet que fai de interface de conexi\u00f3n co resto da sociedade, mesmo restando tempo considerable \u00e1s relaci\u00f3ns humanas \u2018ti a ti\u2019. Esa internet pola que nos conectamos moitas veces a programas propietarios que como tal, collen -mesmo sen o noso permiso nin o noso co\u00f1ecemento- os nosos datos e o noso ser para vendelo a quen pague ou seren aproveitados de calquera xeito polo propietario da compa\u00f1\u00eda correspondente, que, \u00f3 ter o noso ser, tenos a n\u00f3s. Ou esa internet que tanto acapara a nosa atenci\u00f3n e da que dependemos para as m\u00ednimas cousas, dende as relaci\u00f3ns coa administraci\u00f3n a pedir comida ou coordinar as actividades a nivel mundial de aeroportos, centrais el\u00e9ctricas\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Internet ten collida a nosa alma, nun senso parello \u00f3 que algunhas tribos afastadas da \u2018civilizaci\u00f3n occidental\u2019 lle daban \u00e1 toma de fotos, \u00e1 captura da imaxe da persoa por un artefacto que \u00e9 capaz de reproducila, e que, segundo elas, coa imaxe tam\u00e9n coller\u00eda dalg\u00fan xeito o propio ser.<\/p>\n\n\n\n<p>A captura pode ser directa, a trav\u00e9s da nosa atenci\u00f3n, ou indirecta, a trav\u00e9s das nosas posesi\u00f3ns, relaci\u00f3ns ou servizos que \u2018temos\u2019 ou \u2018desfrutamos\u2019. Onte souben que os Porsche de Rusia, mercados dende o 2012 en diante, deixaron de funcionar o mes pasado. A raz\u00f3n non est\u00e1 clara, pero un sistema autom\u00e1tico que est\u00e1 dese\u00f1ado para ter conexi\u00f3n continua a internet, perdeuna e bloqueou os coches. E non, non parece nin que fora por cousa de hackers, sen\u00f3n por falta de mantemento despois de cesar a marca as s\u00faas operaci\u00f3ns en Rusia a ra\u00edz da guerra, xa hai dous anos\u2026 Nese caso, dependencia, de que? Pero dependencia, si. Ou o sucedido hai xa cousa dunha d\u00e9cada, cando Amazon retirou do seu lector de libros electr\u00f3nicos alg\u00fan libro \u2018porque si\u2019, a modo de censura, e que tal como est\u00e1 a cousa hoxe, poder\u00eda repetirse en calquera momento, facendo desaparecer nun instante libros mercados que xa ti\u00f1as cargado no teu lector electr\u00f3nico. Ou nas m\u00faltiples ocasi\u00f3ns nas que se levan roubados datos nosos, de empresas ou da administraci\u00f3n, por ladr\u00f3ns \u00e1s empresas e instituci\u00f3ns, pero tam\u00e9n polas propias empresas cada vez que pulsamos unha tecla no noso m\u00f3bil. Ou\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Si, podes ter certa \u2018independencia\u2019, se prescindes da tecnolox\u00eda, coa que te te\u00f1en atado, a costa de perder moitas cousas \u00e1s que est\u00e1s afeito. Si, de xeito que o mundo queda patas arriba, produc\u00edndose efectos como que pode custar m\u00e1is (cartos e vontade) o estar sen m\u00f3bil que o telo. Que si, que se non tes m\u00f3bil nin moitos cartos para \u2018delegar\u2019 o uso do m\u00f3bil, est\u00e1s illado, es un paria nun mundo no que as redes sociais m\u00e1is usadas est\u00e1n mediatizadas por empresas privadas, e no que o mesmo sentido de \u2018rede social\u2019 variou para ser aplicado case de xeito exclusivo a \u2018algo que vive na internet\u2019, non a unha rede de persoas coas que falas de xeito presencial ou coas que te divirtes sen mediar m\u00e1is ca aire.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00eddas? Non o te\u00f1o moi claro nin est\u00e1 moi claro que haxa quen te\u00f1a soluci\u00f3ns \u2018m\u00e1xicas\u2019, pero ao menos hai paliativos, coa reduci\u00f3n de consentimento de uso dos nosos datos (que a estas alturas costa un traballo e aplicaci\u00f3n diarias), a diminuci\u00f3n a m\u00ednimos do uso da rede con relaci\u00f3ns non mediatizadas, a substituci\u00f3n de programas propietarios por programas libres (a notar: en xeral mantidos por xente voluntaria, idealista e non pagada, f\u00f3ra dos circu\u00edtos cl\u00e1sicos de negocio), a elecci\u00f3n de sistemas distribu\u00eddos fronte os centralizados por empresas \u2026 Ti ver\u00e1s o que podes facer, tam\u00e9n \u00e9 a t\u00faa responsabilidade o actuar e non deixarte levar pola propaganda que di que o (seu) escravismo \u00e9 bo, que non \u00e9 tanto escravizar como dar servizo\u2026 e que de calquera xeito non tes alternativa.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres, a relaci\u00f3n mediatizada pola m\u00e1quina vai introducindo ru\u00eddo mental, eco m\u00e1is que pensamento, mesmo banal, e como na f\u00e1bula da ra cocida a lume lento, diminu\u00edndo de xeito insensible (e insensato) as t\u00faas posibilidades de reacci\u00f3n. As\u00ed que, co resto de liberdade que a\u00ednda te quede, de quen e que queres depender? De ti?<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"312\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/marionetas.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26289\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/marionetas.jpg 312w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/marionetas-234x300.jpg 234w\" sizes=\"auto, (max-width: 312px) 100vw, 312px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De quen (e de que) queres depender? O ser humano -calquera, ti tam\u00e9n- como ser social, depende da sociedade, do seu entorno humano, para desenvolverse, para vivir como humano. Todos o sabemos de forma consciente ou inconsciente, e asuminos de xeito impl\u00edcito, inclu\u00eddas as persoas que parecer rexeitar o \u2018contrato social\u2019. Agora ben, de a\u00ed [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,162,158],"tags":[32,26,9],"class_list":["post-26288","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-medio","category-sociedade","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26288","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26288"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26288\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26294,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26288\/revisions\/26294"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26288"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26288"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26288"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}