{"id":26243,"date":"2025-12-03T16:38:55","date_gmt":"2025-12-03T15:38:55","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26243"},"modified":"2026-02-04T16:25:04","modified_gmt":"2026-02-04T15:25:04","slug":"fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/03\/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"FIDALGU\u00cdA (I). Un manuscrito in\u00e9dito. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">FIDALGU\u00cdA (I)&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">UN MANUSCRITO IN\u00c9DITO&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/pancho-campos\/\">Pancho Campos Dorado<\/a>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Esta historia comeza a finais do ano 2006. \u00c1 morte de Mar\u00eda Docobo Gonz\u00e1lez (f.8-Dec-2006) muller de Narciso Dorado Dorado, primo carnal de mi\u00f1a nai In\u00e9s Dorado L\u00f3pez, el, fillo de Narciso Dorado L\u00f3pez, patrucio da \u201cCasa do P\u00e1xaro\u201d da \u00c1spara, e In\u00e9s, filla de Jos\u00e9 Ram\u00f3n Dorado L\u00f3pez, \u201cO Heredeiro\u201d, ambos os dous de San Miguel de Reinante.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Aos poucos d\u00edas do \u00f3bito de Mar\u00eda, fun visitar unha vez m\u00e1is a meu primo segundo Narciso \u201cO Novo\u201d e a seu pai. Narciso pai, fixo caf\u00e9 para os tres que sentados \u00e1 mesa do comedor, lembramos a triste e repentina perda que sen ning\u00fan tipo de aviso se presentara na familia. Emotivos momentos pero sen soluci\u00f3n algunha, pois cando as cousas pasan, pasan!. Quizais os familiares e amigos non se van realmente, pois qu\u00e9danos a saudable nostalxia de que para n\u00f3s pasan a ese chamado \u201cestado da cuarta idade\u201d, onde \u201cos vivos\u201d, expresamos xestos, acci\u00f3ns ou ditos de calquera deles, recordos inesquecibles que lembramos e lembraremos mentres vivamos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Despois daquela entra\u00f1able lembranza, Narciso pai, subiu \u00e1s habitaci\u00f3ns do primeiro andar, e baixou un libro con tapas de coiro suave, ennegrecido, sen ning\u00fan t\u00edtulo nin cabeceira algunha. Pola encadernaci\u00f3n, claramente artesanal, ti\u00f1a pinta de ser antigo. Non se pod\u00eda abrir, as\u00ed como as\u00ed, pois as p\u00e1xinas estaban pegadas unhas a outras pola humidade e tam\u00e9n mostraba alg\u00fans sucos da couza polos cantos da cuberta. Pregunteille que era aquelo, e d\u00edxome que era un libro que estivera no sobrado da casa \u201cdesde sempre\u201d, e que por desgracia cadroulle ter estado nalg\u00fan tempo baixo unha goteira. Fal\u00e1rase algunha vez entre os vellos da casa, que era un libro importante da familia, pero a d\u00eda de hoxe sen saber por qu\u00e9, pois fac\u00eda anos que non se pod\u00eda abrir para lelo, e ningu\u00e9n se tomara o traballo de abrilo por ter medo a desgracialo.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>D\u00edxome de si eu quer\u00eda tentar abrilo para poder ler o que po\u00f1\u00eda. -Por suposto que s\u00ed!. Coll\u00edn o libro como quen colle un ovo sen casca, e boteille unha ollada \u00e1s tapas, e con sumo coidado abr\u00edn a tapa que parec\u00eda ser a de arriba, e vimos que se trataba dun manuscrito. A tinta estaba esvaecida e l\u00edase moi malamente algunha que outra letra da primeira p\u00e1xina, que estaba ro\u00edda pola parte alta prolong\u00e1ndose a desfeita nunha especie de tri\u00e1ngulo escaleno, con dous v\u00e9rtices na parte alta e un v\u00e9rtice case a metade de p\u00e1xina. Era como un cr\u00e1ter, que afectaba en maior ou menor medida a todas as p\u00e1xinas, que se formou onde debeu estar ca\u00e9ndolle a gota da goteira. D\u00edxenlle a Narciso que volver\u00eda en d\u00edas sucesivos con algo de material apropiado para ir abrindo as follas unha a unha e tratar de non rompelas, pois estaban moi pegadas e non \u00eda ser f\u00e1cil ir despeg\u00e1ndoas sen resgalas ou destru\u00edlas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"590\" height=\"897\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Folio-primeiro-da-Celula-de-Puridade-de-Aspara.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26265\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Folio-primeiro-da-Celula-de-Puridade-de-Aspara.jpeg 590w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Folio-primeiro-da-Celula-de-Puridade-de-Aspara-197x300.jpeg 197w\" sizes=\"auto, (max-width: 590px) 100vw, 590px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Folio primeiro da C\u00e9lula de Puridade de \u00c1spara<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Ao d\u00eda seguinte pola tarde, logo da hora da sesta de Narciso, chegueime \u00e1 Casa do P\u00e1xaro. Narciso fixo o caf\u00e9, algo ritual despois da sesta, e eu p\u00faxenme a despegar aquela primeira folla. Con sumo coidado e axudado dunha l\u00e1mina met\u00e1lica de moi pouco grosor, delgadi\u00f1a, longa e estreita a modo dun coitelo de liscar o xam\u00f3n, fun introduc\u00edndoa entre as d\u00faas primeiras p\u00e1xinas mil\u00edmetro a mil\u00edmetro, soerguendo a primeira cunha pinza de bocas de pato anchas e, \u00e1 s\u00faa vez, a medida que avanzaba tam\u00e9n met\u00eda un folio para ir encamando a folla desprendida. Logo de tempo abondo, fun capaz de desprender aquela primeira folla, e vin que estaba manuscrita polos dous lados con tinta que mostraba tonalidade azul, moi esvaecida polos anos e as malas condici\u00f3ns de conservaci\u00f3n que padecera o libro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A p\u00e1xina pola parte alta da primeira plana estaba literalmente ilexible nas li\u00f1as iniciais pois faltaba un cacho, pero m\u00e1is abaixo aparec\u00edan palabras inconexas, a un e outro lado do cr\u00e1ter, e&nbsp; unha data escrita: <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"706\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido-706x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26257\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido-706x1024.jpeg 706w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido-207x300.jpeg 207w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido-768x1114.jpeg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido-1059x1536.jpeg 1059w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1758-de-Joseph-Lopez-Polido.jpeg 1098w\" sizes=\"auto, (max-width: 706px) 100vw, 706px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Real Executoria de 1758, de Joseph L\u00f3pez Polido<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>\u201c<em>xurisdi \/ ci\u00f3n &#8230;. de la&#8230;. Rivadeo a \/ zinco d\u00edas del mes de octtu \/ bre de mill settecientos cin \/ quenta y ocho <\/em>[<strong>5-Outubro-1758<\/strong>]<em>, yo escrivano \/ por fee dillixencia y zertifica \/ ci\u00f3n havia benido a esta casa di \/ cha Casa y en ella encontra \/ do a Don Vicente Lu\u00eds Taboa \/ da cura y rector propio de la \/ citada feligres\u00eda a quien con \/ toda urbanidad manifestte<\/em>\u201d. <\/p>\n\n\n\n<p>O relatado non nos daba a co\u00f1ecer a que puidera referirse tal descrici\u00f3n. Deixei a p\u00e1xina entre dous folios, para que en futuras manipulaci\u00f3ns non fixera falta tocarlle, pois pod\u00edase voltear tocando s\u00f3 os folios. Un documento manuscrito do s\u00e9culo XVIII en aquelas condici\u00f3ns, eu nunca o tivera entras mans e fac\u00edame tremer un pouco para non estragalo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na volta desta primeira plana, que obviamente tampouco era posible lela desde o principio, pois falt\u00e1balle un cacho, dic\u00eda: <\/p>\n\n\n\n<p>\u201c<em>yendo que&#8230;.\/ los libros de&#8230;.\/ dos de estta&#8230;.\/ parroquia&#8230;.com \/ pulsar la &#8230;. de Casamiento de <\/em><strong><em>Don Joseph L\u00f3pez Po \/ lido<\/em><\/strong><em> con &#8230;.<\/em><strong><em>Do\u00f1a \/ Mar\u00eda Ana L\u00f3pez Zid<\/em><\/strong><em> y la \/ de su hijo que tienen llama \/ do <\/em><strong><em>Domingo Joseph L\u00f3 \/ pez Polido<\/em><\/strong><em>. Ygualmente la \/ de otra hixa llamada <\/em><strong><em>Do\u00f1a \/ Agustina Antonia L\u00f3pez \/ Polido<\/em><\/strong><em> y las deestos dos ulttimos \/ por lo que respecta a las de sus \/ Bapttismos mediante el llama \/ do <\/em><strong><em>Don Joseph L\u00f3pez Polido<\/em><\/strong><em> \/<\/em>\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O de <strong>L\u00f3pez Polido<\/strong> xa nos sonaba. Era un documento familiar pois meu av\u00f3 e t\u00f3dolos irm\u00e1ns, eran L\u00f3pez e sab\u00edamos polas escrituras testamentarias que <strong>Dolores<\/strong>, s\u00faa nai, cham\u00e1base <strong>Dolores L\u00f3pez Polido y P\u00e9rez Moreda<\/strong>, ambos os dous apelidos dobres. Pero nin Narciso, nin eu v\u00edramos en ningures documento parecido. Haber\u00eda que ir descifrando p\u00e1xinas ate atopar algo relevante que nos dera unha pista para entender o documento.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Nas seguintes p\u00e1xinas segu\u00edan aparecendo actas matrimoniais de diversos membros da familia <strong>L\u00f3pez Polido<\/strong> cos nomes das testemu\u00f1as e do cura que os casara, as\u00ed mesmo, actas bautismais de p\u00edcaros e p\u00edcaras tam\u00e9n da mesma familia, cos nomes dos padri\u00f1os ou s\u00f3 dunha madri\u00f1a e sen padri\u00f1o.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Chegados \u00e1 p\u00e1xina oito, atopamos a Partida seguinte: <\/p>\n\n\n\n<p>\u201c&#8230;<em>En quince de henero deestte \/ a\u00f1o de mil seiscienttos sesen \/\/ tta y uno digo nobentta y uno <\/em>[<strong>15-Enero-1691<\/strong>]<em> \/ vapttiz\u00e9 un hixo de D. <\/em><strong><em>Juan<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>Polido<\/em><\/strong><em> y desu mujer <\/em><strong><em>Catthali<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>na Fernandez<\/em><\/strong><em> hubo por nom \/ bre <\/em><strong><em>Juan<\/em><\/strong><em> fueron sus padri \/ nos Don Gaspar de Lamas \/ cura de dicha feligres\u00eda y \/ Ana Gonz\u00e1lez mujer de \/<\/em>\u201d. <\/p>\n\n\n\n<p>Ou sexa est\u00e1bamos falando tam\u00e9n de actas ou partidas do s\u00e1culo XVII. N\u00f3s, cada d\u00eda estabamos m\u00e1is intrigados de que era aquela listaxe de persoas, e para que serv\u00eda tal recompilaci\u00f3n de datos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na p\u00e1xina doce, outra Partida dic\u00eda <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"474\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Executorias-de-Domingo-e-Juan-Ramon-de-1766.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26258\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Executorias-de-Domingo-e-Juan-Ramon-de-1766.jpeg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Executorias-de-Domingo-e-Juan-Ramon-de-1766-300x206.jpeg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Executorias de Domingo e Juan Ram\u00f3n de 1766<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>\u201c<em> &#8230;en a <\/em><strong><em>Juan<\/em><\/strong><em> &#8230;. \/ por hixo de &#8230;. \/ &#8230;. entoria &#8230;.su hixo le \/ x\u00edtimo y de <\/em><strong><em>Rosenda Fernan<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>dez<\/em><\/strong><em> su segunda mujer a <\/em><strong><em>Jo<\/em><\/strong><em> \/\/ <\/em><strong><em>seph<\/em><\/strong><em> <\/em><strong><em>L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> y de <\/em><strong><em>Josepha<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> su tercera mujer a <\/em><strong><em>Do<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>mingo<\/em><\/strong><em> y a <\/em><strong><em>Juan Ram\u00f3n L\u00f3<\/em><\/strong><em> \/<\/em><strong><em> pez<\/em><\/strong><em> <\/em><strong><em>Polido<\/em><\/strong><em> y de <\/em><strong><em>Josepha L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> \/ quarta mujer a <\/em><strong><em>Angel<\/em><\/strong><em> y \/ <\/em><strong><em>Francisco<\/em><\/strong><em> <\/em><strong><em>L\u00f3pez<\/em><\/strong><em>, <\/em><strong><em>Juana, Ber<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>narda,<\/em><\/strong><em> <\/em><strong><em>Mar\u00eda, Anttonia<\/em><\/strong><em>, <\/em><strong><em>The<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>resa<\/em><\/strong><em> y <\/em><strong><em>Rosa L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> concluien \/ dichos padrones con las firmas \/ siguienttes: Alfeiran = Al&#8230;. \/ Fernando Santtar, Juan Fer \/ nandez Maseda = ante-m\u00ed \/<\/em>\u201d. <\/p>\n\n\n\n<p>Ou sexa que <strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong>, casouse catro veces, e segu\u00edamos sen saber, quen era aquel <strong>Juan<\/strong> e, qu\u00e9 nos era a n\u00f3s?&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Levaba case d\u00faas semanas indo a diario ver a Narciso, e despegando e transcribindo o que pod\u00eda ler axudado dunha lupa. No fin de semana fun a A Coru\u00f1a, e merquei unha l\u00e1mpada de luz ultravioleta como as que se usaban para ver posibles falsificaci\u00f3ns nos billetes de banco. Ao luns seguinte, volv\u00edn tomar o caf\u00e9 con Narciso e segu\u00edn despegando e transcribindo as p\u00e1xinas do manuscrito, agora de modo m\u00e1is doado, pois a luz ultravioleta resaltaba a esvaecida tinta e l\u00edanse mellor as palabras, por suposto, sempre axudado de lupa e da luz complementaria dun flexo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Chegados \u00e1 p\u00e1xina trece, dic\u00eda: <\/p>\n\n\n\n<p>\u201c<em>estado xeneral &#8230;. \/ noble don &#8230;. \/ tar y Don Fer[nando Gonz\u00e1lez \/ Santar vezi &#8230;. \/ jurisdici\u00f3n &#8230;.[Cu]belas pa[rtidas] \/ y cl\u00e1usulas &#8230;. \/ en dicho [padr\u00f3n] de nobles de Calle y Casa &#8230;. hay una (Partida) deel \/ thenor siguiente = As\u00ed mis \/ mo reconocen a <\/em><strong><em>Juan L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>Polido<\/em><\/strong><em> de <\/em><strong><em>Hixodalgo de Carta Executoria<\/em><\/strong><em> ttiene por su hi \/ xo lex\u00edtimo y de <\/em><strong><em>Rosenda<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>Mar\u00eda<\/em><\/strong><em> digo <\/em><strong><em>Fernandez<\/em><\/strong><em> \/ su <\/em><strong><em>segunda muxer<\/em><\/strong><em> a <\/em><strong><em>Joseph<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>Lopez Polido<\/em><\/strong><em> y de <\/em><strong><em>Josepha L\u00f3<\/em><\/strong><em> \/ <\/em><strong><em>pez<\/em><\/strong><em> su <\/em><strong><em>ttercera mujer<\/em><\/strong><em> ttiene \/ por sus hixos lex\u00edttimos a <\/em><strong><em>Do<\/em><\/strong><em> \/<\/em>\u201d.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Seguindo na p\u00e1xina catorce: <\/p>\n\n\n\n<p><em>[<\/em><strong><em>mingo<\/em><\/strong><em>]&#8230;. \/ <\/em><strong><em>Juan L\u00f3pez <\/em><\/strong><em>[<\/em><strong><em>Polido<\/em><\/strong><em> y de] \/ <\/em><strong><em>Josefa L\u00f3pez<\/em><\/strong><em> su \/ [cuarta muj].er tiene por sus \/ hixos lex\u00edtimos a <\/em><strong><em>Anxel<\/em><\/strong><em> a <\/em><strong><em>Juana<\/em><\/strong><em> concluien \/ las partidas de dichos padro \/ nes Joseph Anttonio \/ Salgado y Benitto Ro \/ driguez; Antonio Fernan \/ dez de Maseda; Juan Fernan \/ dez Maseda y Fernando Gon \/ zalez Santar = Marcos Gon \/ zalez Santar: anttem\u00ed Pedro \/\/ Francisco Bizoso = encontro \/ se en la referida arca otro \/ padr\u00f3n de nobles y servicio \/ hordinario echo y formado \/ seg\u00fan suena ttener princi \/<\/em>\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Vaia. Ou sexa que o tal <strong>Juan<\/strong> que se casou catro veces, era fidalgo. Narciso e eu mir\u00e1monos, sen saber que dicir, e sorr\u00edamos pois nunca souberamos tal cousa de que ti\u00f1amos na ascendencia familiar alg\u00fan fidalgo. A min ningu\u00e9n mo falara, nin xamais escoitara algo do tema.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na p\u00e1xina vinte e unha, e na vinte e d\u00faas volta, reiter\u00e1base o de <strong>Juan<\/strong> como Hixodalgo de Carta Executoria e na p\u00e1xina vinte e oito, moi desfeita ate a li\u00f1a terceira, est\u00e1 a Partida: <\/p>\n\n\n\n<p><em>\u201c.. deel mes de \/ marzo de el a\u00f1o mil y seis \/ cientos sesenta y tres a\u00f1os <\/em>[<strong>a\u00f1o 1663<\/strong>]<em> \/ yo Don Antonio Pardo de \/ Tobar y Aguiar prior que soy \/ destte Prioratto y feligresia \/ de <\/em><strong><em>San Juan de Obe<\/em><\/strong><em> Vapttize \/ un ni\u00f1o hixo lex\u00edtimo de \/ Don <\/em><strong><em>Juan Lopez Polido<\/em><\/strong><em> difuntto \/\u201d<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Vimos que as fregues\u00edas onde se desenrolaban as partidas de bautismos e casamentos eran as de San Juan de Obe, San Vicente de Cubelas e San Xuli\u00e1n de Cabarcos, lugar de Vilamart\u00edn Grande. Por outra banda, falaba de que as sentencias e executorias de Fidalgu\u00eda se emiten en audiencia p\u00fablica na Chanciller\u00eda de Valladolid en <strong>1587<\/strong>, e en Medina del Campo en <strong>1602<\/strong> e <strong>1603<\/strong>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"977\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1603-de-Juan-Lopez-Polido.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26254\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1603-de-Juan-Lopez-Polido.jpeg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/12\/Real-Executoria-de-1603-de-Juan-Lopez-Polido-212x300.jpeg 212w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Real Executoria de 1603, de Juan L\u00f3pez Polido<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O documento continuaba describindo aos membros da familia unha e outra vez ate a s\u00faa p\u00e1xina final, a setenta e oito volta. E n\u00f3s sen saber a\u00ednda que era todo aquelo e para que servira.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Prop\u00faxenme pescudar que hab\u00eda de certo no documento e para iso ter\u00eda que ir \u00e1s orixes, \u00e1s igrexas que estaban nomeadas nel. Sab\u00eda que \u00eda ser un traballo longo, pero tam\u00e9n era una forma de distraerme, pois ese mesmo ano de 2006, finais de Febreiro, quedei inhabilitado para navegar despois de terme posto un \u201cstent\u201d na coronaria dereita do coraz\u00f3n, o cal \u00e9 considerado un accidente laboral, que me inhabilitou para o traballo no mar de por vida.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Foi algo moi pesaroso para min, pois dedicara toda a mi\u00f1a existencia laboral \u00f3 mar, unha paix\u00f3n vocacional indescritible, e que se truncaba de repente sen darche tempo a ir pens\u00e1ndoo. Levaba desde o primeiro embarque en maio de 1971, no pesqueiro \u201cMar\u00eda Irene\u201d de Ribadeo, de Genaro do Circo de Vilasel\u00e1n e de Justo do Campanillas de Cabanela, at\u00e9 febreiro de 2006, 35 anos menos tres meses dedicado a vida mar\u00edtima. Acababa de cumprir 54 anos, e ti\u00f1a por diante un ano de convalecencia \u00f3 cabo do cal, retir\u00e1ronme con 55 anos. Unha idade que me ti\u00f1a que corresponder por tempo cotizado, pois naveguei m\u00e1is do 90% das veces en barcos con un coeficiente do 1,3 e 1,4 por ano navegado, incluso fixen dez meses de mili nunha fragata, que tampouco entrou nos anos de cotizaci\u00f3n na vida laboral. Deix\u00e1ronme unha pensi\u00f3n do 75% pois ese coeficiente en barcos estranxeiros non se me reco\u00f1eceu, o que equival\u00eda a m\u00e1is de 42 anos cotizados. Sempre me obrigaron a pagar na Declaraci\u00f3n da Renda como si de barcos espa\u00f1ois se tratara, pois non pod\u00eda rebaixar nos barcos de bandeira estranxeira aquel 15% que lles correspond\u00eda aos emigrantes, por non poder xustificar aquel terceiro punto da norma, de que ti\u00f1a que ter residencia no estranxeiro, pois un barco non ten \u201cresidencia\u201d, como s\u00ed pod\u00eda facer calquera emigrante en terra, pois ten direcci\u00f3n domiciliar. As\u00ed as cousas. No gremio mari\u00f1eiro, non hai folgas e paros reivindicativas dos nosos dereitos laborais, polo perigoso e duro traballo, pois ao estar espallados por todo o mundo, non hai maneira de xuntarnos, e as\u00ed nos vai a hora real de facer contas.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben. Naquel traum\u00e1tico momento estaba embarcado e descargando produtos refinados de petr\u00f3leo no peirao de A Coru\u00f1a e tiven que desembarcar de urxencia por un principio de anxina de peito, e que por medio de cateterismo se descubriu a obstruci\u00f3n case completa da coronaria dereita, 99,9 % di o diagn\u00f3stico. Estaba a punto dunha morte s\u00fabita por parada card\u00edaca.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>En fin, a mi\u00f1a sa\u00fade condicion\u00e1bame a non facer esforzos f\u00edsicos pero permit\u00edame facer traballos de escritorio. Estaba libre para poder indagar qu\u00e9 era este documento e a onde nos levar\u00eda.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Eu estaba sabido de como se fac\u00eda unha \u00e1rbore xeneal\u00f3xica, e as dificultades que iso ti\u00f1a, pois xa comezara a facer no ano 2003, a recompilaci\u00f3n parcial da familia de mi\u00f1a avoa materna, <strong>Remedios L\u00f3pez Huerta<\/strong>. A historia familiar dos <strong>HUERTA AZA<\/strong>, fora iniciada por <strong>Doloris Huerta<\/strong> <strong>Peterson <\/strong>(<strong>Doloris Lloyd<\/strong>, de casada) que naceu no seu rancho de Oreg\u00f3n, nos Estados Unidos, filla de <strong>Manuel Enrique Huerta + Daisy Peterson<\/strong>, neta de <strong>Manuel Huerta Aza + Enriqueta Haskell Almada<\/strong>. <strong>Manuel Huerta Aza<\/strong> era irm\u00e1n de <strong>Carme<\/strong>, mi\u00f1a bisavoa, nai de <strong>Remedios<\/strong>, ori\u00fandos de Meira e Breto\u00f1a, da familia <strong>Huerta<\/strong> <strong>Ya\u00f1ez<\/strong> e dos <strong>Aza Vigil<\/strong> de Pola de Lena, de onde vi\u00f1era <strong>Florentina<\/strong>, mi\u00f1a tataravoa materna, que acompa\u00f1aba ao seu t\u00edo, o Freire <strong>Benito Aza Gonz\u00e1lez<\/strong>, da Orde de San Bieito ou de San Bernardo, pois \u00e1mbalas d\u00faas ordes mon\u00e1sticas foron de dita igrexa de Meira, a que Benito estivo rexentando dende o 22-Decembro-1858, at\u00e9 o 29-Setembro-1886, segundo o Libro de Matrimonios N\u00ba3 (1818-1900) de Sta. Mar\u00eda de Meira dende o folio 86, at\u00e9 o folio 147. Esta rama familiar t\u00e9\u00f1oa desenrolada en un apartado aparte da nosa familia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 vista do documento da \u00c1spara, establecemos un m\u00e9todo de traballo para a busca das probas que nos deran a co\u00f1ecer a s\u00faa autenticidade. En primeiro lugar recompilei cronoloxicamente os nomes e apelidos dos matrimonios e dos nenos e nenas bautizados que se describ\u00edan no documento, inclu\u00edndo a fregues\u00eda e a igrexa na que foran casados e bautizados, padri\u00f1os que participaran nas cerimonias, n\u00famero de folio si se describ\u00eda e todos os datos que eran relevantes para descifrar os asentamentos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Para verificar e corroborar os datos, hab\u00eda que atopar as actas bautismais, matrimoniais e de defunci\u00f3ns, e para iso hab\u00eda que ir \u00e1s igrexas. Pero na antiga provincia de Mondo\u00f1edo, temos a sorte de que o bispado, recompilou e concentrou todos os libros das igrexas e capelas da s\u00faa xurisdici\u00f3n bispal, no Arquivo Diocesano de Mondo\u00f1edo, polo que era cuesti\u00f3n de tempo o ver de localizar todas as actas descritas no documento da Casa da Aspara.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Foi unha labor de dous anos de viaxes a Mondo\u00f1edo, para revisi\u00f3n folio a folio, dos libros das igrexas, e de ir integrando escrupulosamente no seu contexto unhas actas con outras, o que non \u00e9 doado de facer nun principio, pero como <strong>L\u00f3pez Pulido<\/strong> todo xunto, \u00e9 un apelido \u00fanico da nosa familia en esta zona, pouco a pouco se foi formando unha \u00e1rbore xeneal\u00f3xica incrible de grande, pois recollemos a todos aqueles que relataban os libros co apelido <strong>L\u00f3pez Polido<\/strong> ate buscar o entronque principal da nosa familia directa.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Si se quixera ampliar o abano familiar que n\u00f3s temos, faltar\u00edan por revisar pormenorizadamente multitude de ramas de casamentos de irm\u00e1ns e irm\u00e1s, pero isto requirir\u00eda varios anos m\u00e1is de revisi\u00f3n, pois hai que ter en conta, que no s\u00e9culo XVIII soamente os descendentes por li\u00f1a recta de var\u00f3n son os que levan o apelido en primeiro lugar, pois as fillas levaban o apelido da nai e poucas veces se menciona o segundo apelido, polo que ante, por exemplo: un apelido Rodr\u00edguez, L\u00f3pez, P\u00e9rez, Mart\u00ednez, etc. hai que revisar todo o texto para ver de saber o nome do pai e av\u00f3s, o que representa revisar absolutamente o texto completo de todas as partidas de bautismo, matrimonios e defunci\u00f3ns de todas as mulleres que aparecen co mesmo apelido en todos os libros, algo que require unha inxente labor de tempo e de esmero, para non confundir unha familia con outra do mesmo apelido, pois moitas veces est\u00e1n os nomes dos pais pero non os dos av\u00f3s, e nalg\u00fans casos \u00e9 imposible saber de certo a ascendencia, pois pode saltarse da rama dun irm\u00e1n a outro, ou dalg\u00fan primo, ou dun alleo co mesmo nome e apelidos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Os libros que consultamos foron 33, con centos de folios, e folio a folio. A revisi\u00f3n de tanto libro parecer\u00eda que fora de fast\u00edo e canseira, pero non, a pescuda cada d\u00eda volv\u00edase m\u00e1is interesante, pois \u00edamos atopando nas igrexas respectivas os nomes dos matrimonios e dos bautismos que se describ\u00edan no documento da \u00c1spera. Unha vez descubertas as primeiras decenas de coincidencias, e comprobado sobradamente que o que se relataba no documento era exactamente igual, copia das partidas que se relataban nos libros da Igrexa, soubemos de certo que o documento era verdadeiro sen d\u00fabida, non era unha falsificaci\u00f3n, e quer\u00edamos saber para que ti\u00f1a servido.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u00d3 levar m\u00e1is de dous meses indo o Arquivo Diocesano, que s\u00f3 abre polas ma\u00f1\u00e1s tres horas, tres d\u00edas \u00e1 semana, un colle certa confianza con outros asiduos investigadores, e a \u201cCidre\u201d (don Jos\u00e9 Isidro Fern\u00e1ndez Villalba) un habitual investigador que busca \u00e1rbores xeneal\u00f3xicos por encargo dalgunhas familias (ademais de axudar nas buscas a don F\u00e9lix, o arquiveiro xefe), pregunteille que poder\u00eda ser aquel documento. Despois de comentarlle a busca que eu estaba facendo, d\u00edxome que o documento que t\u00ed\u00f1amos na \u00c1spera era unha C\u00e9dula de Nobreza de Sangre, tam\u00e9n chamada C\u00e9dula de Puridade, pois entre os s\u00e9culos XVI e XVIII esix\u00edaselles \u00e1s persoas que quixeran acceder a cargos p\u00fablicos ou a confrar\u00edas, pois non pod\u00edan ter ascendencia xud\u00eda nin musulm\u00e1.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Moito m\u00e1is tarde, souben que este tipo de c\u00e9dula se lles esix\u00eda aos cabaleiros fidalgos cando se cambiaban de localidade para ir a vivir a outra poboaci\u00f3n, xeralmente debido a que se casaban cunha muller doutra fregues\u00eda. Era tal o n\u00famero de c\u00e9dulas de fidalgu\u00eda falsas, que hab\u00eda un decreto real que esix\u00eda aos fidalgos de esa nova poboaci\u00f3n, que para admitir a un for\u00e1neo no seu Padr\u00f3n de nobres, e concederlle os privilexios de tal, lle obrigaran a facer un Preito de Fidalgu\u00eda que pasaba a ser revisado na Chanciller\u00eda de Valladolid ou na de Medina del Campo, a finais do s\u00e9culo XVI, que ti\u00f1an a potestade de conceder unha Carta de Provisi\u00f3n, con a cal un escrib\u00e1n do rei ou de n\u00famero, a quen o fidalgo contrataba e lle pagaba, \u00eda pescudando polas fregues\u00edas das parroquias os datos dos ascendentes e as s\u00faas orixes cristi\u00e1ns, as\u00ed como revisaban os padr\u00f3ns de nobres e ordinarios, para conseguiren unha definitiva Real Carta Executoria de Fidalgu\u00eda que conced\u00edan os \u201cAlcaldes dos Hixosdalgo\u201d, na Chanciller\u00eda de Valladolid.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A Carta Executoria exim\u00edaos de pagar \u201cpechos de pecheros\u201d, e os confirmaba como cabaleiros Fidalgos de Sangre e de Carta Executoria, quedando exentos de pagar impostos ordinarios, e ti\u00f1an o privilexio do tratamento de \u201cDon\u201d, e pod\u00edan dedicarse a cargos administrativos civ\u00eds e poder empadroarse en confrar\u00edas eclesi\u00e1sticas, cousa que por aquel ent\u00f3n cr\u00edase que era moi importante para a \u201csa\u00fade na vida eterna e celestial\u201d. Os cabaleiros fidalgos, contribu\u00edan ao Estado con pagos establecidos para o seu cargo, as\u00ed como, ti\u00f1an que presentarse ante o Rei ou \u00f3 seu representante, no caso de ser chamado a defender algunha liorta, cousa que era bastante frecuente.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O cami\u00f1o das pescudas eclesi\u00e1sticas comeceinas na fregues\u00eda de <strong>San Juan de Ove<\/strong>. No primeiro Libro de Bautizados, Casados e Velados (1628-1708), s\u00f3 atopei o falecemento de <strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong> (f.24-agosto-1663; Folio 147)&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Pasei \u00f3s libros de bautismo de <strong>San Xuli\u00e1n de Cabarcos<\/strong>, empezando polo m\u00e1is moderno, o n\u00famero 4, e seguindo co n\u00ba3, N\u00ba2 e o N\u00ba1 que abranguen Bautismos dos anos 1590-1595-1606-1611-1668 \/\/ de Matrimonios 1612 \/\/ de Velados de 9-setembro-1578 a 1606-1676. Seguidamente tam\u00e9n revisei os libros de Bautismos N\u00ba1 (1547-1683) e n\u00ba2 (1683-1724) de <strong>San Xusto de Cabarcos<\/strong>.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Foi un aut\u00e9ntico pracer, atopar tanta ascendencia, e chegar a un fillo de <strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong> de San Juan de Ove, casado con <strong>D\u00aa. Mar\u00eda Gonz\u00e1lez,<\/strong> outro <strong>Juan<\/strong> nomeado <strong>\u201cel Viejo\u201d<\/strong> que naceu o mesmo ano en que faleceu o pai (n.1-marzo-1663), quen se casou con <strong>Catalina Fern\u00e1ndez<\/strong>, e tiveron un fillo a quen nomearon tam\u00e9n <strong>Juan<\/strong>, \u201c<strong>el Nuevo<\/strong>\u201d (n.15-xaneiro-1691).&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Rexistrados e situados na \u00e1rbore xeneal\u00f3xica a todos os <strong>L\u00f3pez Polido<\/strong> das fregues\u00edas de<strong> San Xuli\u00e1n e de San Xusto de Cabarcos<\/strong>, lugar de <strong>Vilamart\u00edn Grande<\/strong>, comecei cos libros de <strong>San Vicente de Cubelas<\/strong>. Libro de Bautismos N\u00ba1 (1809-1830) abrangue <strong>Cubelas<\/strong>,<strong> Vilela e As Anzas<\/strong>. Neste libro N\u00ba1, faise menci\u00f3n a que os franceses na Guerra da Independencia, prend\u00e9ronlle lume \u00f3s Arquivos da Igrexa de San Vicente de Cubelas. Dito acontecemento est\u00e1 descrito no folio 274-V, no asentamento de 19-Abril-1818, que fai D. <strong>Manuel L\u00f3pez Pulido<\/strong>, \u00f3 relatar a s\u00faa Partida de Bautismo, que tivera lugar en 7-Abril-1797. D. <strong>Manuel<\/strong> e D. <strong>Bernardo L\u00f3pez Pulido<\/strong>, ambos os dous, este t\u00edo e aquel sobri\u00f1o, foron di\u00e1conos e presb\u00edteros de S. Vicente de Cubelas, entre 14-Xu\u00f1o-1816 at\u00e9 o 15-Setembro-1830, como queda reflexado neste Libro de Bautismos N\u00ba1. O Libro de Bautismos N\u00ba2 (1830-1851) abrangue as parroquias de San Vicente de Cubelas, Vilela e As Anzas, \u00f3 igual que o Libro de Matrimonios N\u00ba1 (1809-1851). Hab\u00eda moitas descrici\u00f3ns de fillos e&nbsp; matrimonios, que \u00edan encaixando cos membros xa descritos nos libros de Cabarcos, e moitos deles coincid\u00edan coas descrici\u00f3ns da c\u00e9dula de puridade.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Seguidamente cheguei aos libros de Bautismo, Matrimonios e Defunci\u00f3ns de <strong>San Miguel de Reinante<\/strong>. Se foran abundantes as referencias de San Xuli\u00e1n de Cabarcos e de San Vicente de Cubelas, non foron menos as de San Miguel, dado que aqu\u00ed estaban todos os membros que s\u00ed co\u00f1ec\u00edamos e que eran descendentes directos dun dos fillos de <strong>Juan L\u00f3pez Polido<\/strong> \u201c<strong>O Novo<\/strong>\u201d e a s\u00faa terceira muller, <strong>D\u00aa. Josefa D\u00edaz de Aguiar<\/strong>, filla de <strong>Jos\u00e9 Felipe Cid <\/strong>e de <strong>Beatriz D\u00edaz de Aguiar<\/strong>, a quen lle dan como dote e como parte da herdanza, 400 ducados segundo documento de 21-Agosto-1734, selo cuarto de Felipe V, o que equival\u00eda a unha verdadeira fortuna naquela \u00e9poca, xa que 400 ducados equival\u00edan a 150 000 marabed\u00eds = 2 490 000 pesetas do ano 2000<strong>.<\/strong>&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Juan<\/strong> + <strong>Josefa<\/strong>, resultaron ser nosos <strong>6\u00ba av\u00f3s<\/strong> por li\u00f1a paterna, e <strong>Jos\u00e9 Felipe<\/strong> + <strong>Beatriz<\/strong> os <strong>7\u00ba av\u00f3s<\/strong> por li\u00f1a materna. <\/p>\n\n\n\n<p>(Continuar\u00e1).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212; Artigos desta serie: &#8212;<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/03\/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/03\/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>2. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/15\/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/12\/15\/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>3. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/14\/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/01\/14\/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>4. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos\/\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2026\/02\/04\/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>FIDALGU\u00cdA (I)&nbsp; UN MANUSCRITO IN\u00c9DITO&nbsp; Pancho Campos Dorado&nbsp; Esta historia comeza a finais do ano 2006. \u00c1 morte de Mar\u00eda Docobo Gonz\u00e1lez (f.8-Dec-2006) muller de Narciso Dorado Dorado, primo carnal de mi\u00f1a nai In\u00e9s Dorado L\u00f3pez, el, fillo de Narciso Dorado L\u00f3pez, patrucio da \u201cCasa do P\u00e1xaro\u201d da \u00c1spara, e In\u00e9s, filla de Jos\u00e9 Ram\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":26265,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,164],"tags":[11,46],"class_list":["post-26243","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-pancho-campos","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26243","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26243"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26243\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26872,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26243\/revisions\/26872"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26265"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26243"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26243"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26243"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}