{"id":2620,"date":"2022-09-07T21:11:00","date_gmt":"2022-09-07T19:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T09:56:17","modified_gmt":"2024-10-24T07:56:17","slug":"como-vai-mision-salvar-torre-dos-moreno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/09\/07\/como-vai-mision-salvar-torre-dos-moreno\/","title":{"rendered":"Como vai a misi\u00f3n &#8216;salvar a Torre dos Moreno&#8217;?"},"content":{"rendered":"<p><span>Como vai a misi\u00f3n &#8216;salvar a Torre dos Moreno&#8217;?<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dende hai xa abondos anos, sabemos que a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/torre%20dos%20Moreno\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Torre dos Moreno<\/a> est\u00e1 a caerse en anacos. Tam\u00e9n sabemos que deber\u00eda, e temos esperanzas de que alg\u00fan d\u00eda sexa as\u00ed, terse un plan de recuperaci\u00f3n a aproveitamento dun edificio que ser\u00eda apetecible para moitas cousas. \u00c9 dicir, ter disposta a misi\u00f3n &#8216;aproveitar a Torre dos Moreno&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n Pero tam\u00e9n sabemos, dende hai moitos anos, que o \u00fanico para o que vai dando a historia \u00e9 para relativamente pequenos (que soen anunciarse como grandes por requirir orzamentos non desprezables) ama\u00f1os que eviten que o edificio se ve\u00f1a abaixo ou siga a caerse anaco tras anaco. \u00c9 dicir, parafraseando o t\u00edtulo dunha c\u00e9lebre pel\u00edcula, sucesivas misi\u00f3ns &#8216;salvar a Torre dos Moreno&#8217;. No d\u00eda de hoxe chega outra edici\u00f3n desa misi\u00f3n, a acometer pola empresa privada maioritaria da propiedade. Decat\u00e1monos por unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4463&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello que se titula &#8216;Torre dos Moreno<\/a>&#8216; e que incl\u00fae o seguinte par\u00e1grafo a modo de resume:&#8221;<em>A xunta de goberno concedeu licenza de obra para a intervenci\u00f3n estrutural, reparaci\u00f3n de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno.<\/em>&#8220;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>M\u00e1is adiante na mesma nota, desenvolve un pouco o feito: &#8220;<em>(&#8230;) logo de moitos anos, logo de moitos problemas, moitas horas dedicadas cos t\u00e9cnicos municipais, logo de ter todos os parab\u00e9ns da Comisi\u00f3n de Patrimonio Hist\u00f3rico de Lugo e logo de ter que ir en cinco ocasi\u00f3ns, por fin, onte demos a licenza de obra ao proxecto de execuci\u00f3n para a Intervenci\u00f3n estrutural, reparaci\u00f3n de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuaci\u00f3ns de reparaci\u00f3n da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as s\u00faas fachadas. Os materiais de recuperaci\u00f3n das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tam\u00e9n os materiais de cuberta ser\u00e1n os mesmos que os do edificio actual. Tam\u00e9n se vai proceder \u00e1 colocaci\u00f3n de novas carpinter\u00edas exteriores, dado o p\u00e9simo estado das actuais, e en todo caso a intervenci\u00f3n non vai modificar a volumetr\u00eda do edificio orixinal&#8221;. &#8220;(&#8230;) agora a empresa propietaria da maior\u00eda do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitaci\u00f3n deste edificio ic\u00f3nico de Ribadeo. Agardamos que dentro de non moito, este edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do s\u00e9culo XX, e por riba de todo, que coa s\u00faa rehabilitaci\u00f3n poidamos  asegurar a seguridade p\u00fablica necesaria (&#8230;).<\/em>&#8220;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A dicir que na Xunta de Goberno do concello do d\u00eda 6 acord\u00e1ronse outras varias licenzas, e que \u00e9 nese sentido, o da concesi\u00f3n de licenza, que xurde a noticia, xerada pola petici\u00f3n correspondente que ter\u00eda que realizar no seu d\u00eda a empresa Paisajes de Asturias. Unha petici\u00f3n, como observamos, doutra obra parcial para manter o edificio en p\u00e9, non para rehabilitalo de xeito \u00edntegro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Outras apreciaci\u00f3ns e comentarios do destaque da noticia poden ser as seguintes: houbo que ir cinco veces a Lugo, a Patrimonio. Non especifica a noticia quen, a\u00ednda que por como est\u00e1 redactada, parece desprenderse que ser\u00edan viaxes, non s\u00f3 sinxelos env\u00edos e voltas de papeis, e que o concello ter\u00eda participado nesas viaxes \u00e1 capital administrativa provincial. Estimo que debe ser ben un erro de redacci\u00f3n, ben de comprensi\u00f3n pola mi\u00f1a parte. O contrario ser\u00eda un trato de favor, pois fronte a ese feito, para obras abondo m\u00e1is pequenas, realizadas tam\u00e9n de xeito privado, sei de quen tivo que enviar varias veces \u00f3 longo de varios anos proxectos e preguntas a Lugo, pero tam\u00e9n consultar \u00f3s t\u00e9cnicos do concello, sen ter o apoio desa instituci\u00f3n como axudante na capital. \u00c9 dicir, de non entender mal, algo diferente de como o concello ter\u00eda actuado neste caso despois de enaxenar por permuta a s\u00faa parte de propiedade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n pode apreciarse que fala de &#8216;materiais similares&#8217; para determinadas partes, a\u00ednda que &#8216;iguais&#8217; para as cubertas. \u00c9 dicir, vai ter o mesmo aspecto, pero non se trata dunha restauraci\u00f3n, sen\u00f3n de &#8216;reparaci\u00f3n&#8217; e &#8216;saneado&#8217;. Coas verbas usadas no texto, dunha rehabilitaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Asemade, cita a reposici\u00f3n das carpinter\u00edas exteriores. Por falta que lles fai non quedar\u00e1n, e \u00e9 de supo\u00f1er que con elas ser\u00e1n repostas as vidreiras.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A empresa pode comezar cando queira, di a nota. Coido que as licenzas te\u00f1en un l\u00edmite de tempo de execuci\u00f3n, e, de non ser executadas en prazo, a licenza caduca. Evidentemente, se \u00e9 a empresa quen decide, e non se lle forza a facer algo, farao cando queira, si, pero cos l\u00edmites que estableza a licenza, e sen perder de vista que outras obras da mesma empresa da outra beira da r\u00eda estend\u00e9ronse ben no tempo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Remata a nota facendo referencia \u00e1 seguridade. Coido que deben terse superadas xa as d\u00faas d\u00e9cadas de valados e redes no cant\u00f3n. Esperemos que desta se acabe con esa ignominia, a\u00ednda que queden outras actuaci\u00f3ns para o futuro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por \u00faltimo, a<\/span> nota inclu\u00eda tam\u00e9n unha imaxe, que deixo abaixo complement\u00e1ndoa con outra recabada nas redes sociais:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/Torre201.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"459\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/Torre201.jpg\" class=\"wp-image-2621\" width=\"650\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/Torre202.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"331\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/09\/Torre202.jpg\" class=\"wp-image-2622\" width=\"658\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como vai a misi\u00f3n &#8216;salvar a Torre dos Moreno&#8217;? &nbsp;&nbsp;&nbsp; Dende hai xa abondos anos, sabemos que a Torre dos Moreno est\u00e1 a caerse en anacos. Tam\u00e9n sabemos que deber\u00eda, e temos esperanzas de que alg\u00fan d\u00eda sexa as\u00ed, terse un plan de recuperaci\u00f3n a aproveitamento dun edificio que ser\u00eda apetecible para moitas cousas. \u00c9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2621,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[58],"class_list":["post-2620","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2620","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2620"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2620\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2621"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2620"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2620"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2620"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}