{"id":26198,"date":"2025-11-27T22:16:31","date_gmt":"2025-11-27T21:16:31","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26198"},"modified":"2025-11-27T22:16:35","modified_gmt":"2025-11-27T21:16:35","slug":"unha-ollada-hoxe-a-normativa-do-galego-por-alguen-de-onte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/27\/unha-ollada-hoxe-a-normativa-do-galego-por-alguen-de-onte\/","title":{"rendered":"Unha ollada hoxe \u00e1 normativa do galego, por algu\u00e9n de onte"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Unha ollada hoxe \u00e1 normativa do galego, por algu\u00e9n de onte<\/p>\n\n\n\n<p>Quede claro dende o primeiro momento que 1: Ese \u2018algu\u00e9n\u2019 son eu, que me considero (no t\u00edtulo) \u2018de onte\u2019 por ser abondo m\u00e1is vello non s\u00f3 que a normativa do galego, sen\u00f3n que a maior\u00eda da poboaci\u00f3n actual de Galicia (segundo o Instituto Galego de Estat\u00edstica, son m\u00e1is vello que 3 de cada 4 galegos). 2: Que non me considero gran co\u00f1ecedor do galego, a\u00ednda que sexa tam\u00e9n meu, o use en consecuencia e te\u00f1a un certo interese en co\u00f1ecelo m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p>Dito o anterior, por que estou a escribir sobre o tema? Pois porque hai tempo, ch\u00e1manme a atenci\u00f3n a normativa e os cambios sufridos dende o 83, ano no que se realizou a norma que supuxo unha discriminaci\u00f3n positiva desde as instituci\u00f3ns para tentar unificar o galego (aconsello consultar a Galipedia para ir m\u00e1is \u00f3 profundo no tema, https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Normativa_oficial_do_galego). Pero, sobre todo, porque hai menos dun ano tiven a ocasi\u00f3n de asistir a unhas xornadas organizadas por Wikimedia Portugal, onde se trataron diversos temas relacionados con linguas minoritarias, e lembrei esta mesma ma\u00f1\u00e1 lendo unha entrevista no xornal.<\/p>\n\n\n\n<p>Ben, e que quero sinalar como visto por min, naquelas xornadas? Seguro que a moita xente non se lle ven de novas, sen\u00f3n que o ti\u00f1a xa integrado nos seus miolos hai tempo. Pero non eu, por iso, a\u00ed vai. O caso \u00e9 que naquela xuntanza houbo unha especie de \u2018carta de presentaci\u00f3n\u2019 na Wikipedia do mirand\u00e9s, unha lingua con moi poucos falantes (uns 1500 no d\u00eda a d\u00eda) e moi deturpada usada na zona de Miranda do Douro, unha vila portuguesa lim\u00edtrofe con Zamora. Al\u00ed souben que a normativa (recente a\u00ednda, do 1999, o mesmo ano que o reco\u00f1ecemento oficial do mirand\u00e9s polo estado portugu\u00e9s) sufriu cambios por riba do previsto inicialmente. A normativa do mirand\u00e9s, emparentado co astur-leon\u00e9s, recoll\u00eda nun primeiro borrador semellanzas coa aplicada no castel\u00e1n, e, pol\u00edtica por medio, foi achegada na versi\u00f3n final \u00e1 normativa ling\u00fc\u00edstica portuguesa. De a\u00ed, a lembrar o sucedido coa normativa do galego s\u00f3 hai un paso: dir\u00edase haber un espello entre ambos casos. Unha reflexi\u00f3n que pon de manifesto que o achegamento \u00e1 normativa dunha lingua m\u00e1is pr\u00f3xima (no noso caso, o portugu\u00e9s, no do mirand\u00e9s, o astur-leon\u00e9s) \u00e9 rexeitado para achegarse m\u00e1is \u00e1 aplicada por unha lingua m\u00e1is afastada, pero con poder pol\u00edtico sobre o territorio (no noso caso, o castel\u00e1n, no deles, o portugu\u00e9s).<\/p>\n\n\n\n<p>Son consciente que nesta ollada r\u00e1pida dun profano sobre un aspecto concreto da normativa, a s\u00faa historia, faltan totalmente os criterios ling\u00fc\u00edsticos que estimo deben ser os fundamentais nela, e os datos concretos da evoluci\u00f3n no tempo, e sobran os criterios subxectivos que deben de estar apartados da s\u00faa redacci\u00f3n. Pero, non foi iso exactamente o que parece ter pasado no caso da normativa do mirand\u00e9s (e do galego)?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha ollada hoxe \u00e1 normativa do galego, por algu\u00e9n de onte Quede claro dende o primeiro momento que 1: Ese \u2018algu\u00e9n\u2019 son eu, que me considero (no t\u00edtulo) \u2018de onte\u2019 por ser abondo m\u00e1is vello non s\u00f3 que a normativa do galego, sen\u00f3n que a maior\u00eda da poboaci\u00f3n actual de Galicia (segundo o Instituto Galego [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[166],"tags":[16],"class_list":["post-26198","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-lingua","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26198","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26198"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26198\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26199,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26198\/revisions\/26199"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26198"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26198"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26198"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}