{"id":26167,"date":"2025-11-24T11:20:30","date_gmt":"2025-11-24T10:20:30","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26167"},"modified":"2025-11-24T11:20:35","modified_gmt":"2025-11-24T10:20:35","slug":"son-terrorista-e-ti-tamen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/24\/son-terrorista-e-ti-tamen\/","title":{"rendered":"Son terrorista. E ti, tam\u00e9n"},"content":{"rendered":"\n<p>Op\u00f3\u00f1ome a Trump, op\u00f3\u00f1ome \u00f3 fascismo, logo son terrorista. L\u00e9vame a esa afirmaci\u00f3n un sinxelo razoamento, despois de que a pasada semana o goberno dos EEUU (l\u00e9ase \u2018o goberno en pro do dominio dos megamillonarios presidido por Trump\u2019) usara esa palabra para cualificar a organizaci\u00f3ns pac\u00edficas de apoio a Palestina. Claro que hai que matizar. A afirmaci\u00f3n non se corresponde coa definici\u00f3n de terrorismo do dicionario da RAG (<em>Emprego da violencia en atentados, secuestros etc. por parte dunha organizaci\u00f3n pol\u00edtica como medio para conseguir os seus fins<\/em>) ou do DLE (<em>Dominaci\u00f3n por el terror \/ Sucesi\u00f3n de actos de violencia ejecutados para infundir terror \/ Actuaci\u00f3n criminal de bandas organizadas, que, reiteradamente y por lo com\u00fan de modo indiscriminado, pretende crear alarma social con fines pol\u00edticos<\/em>). E \u00e9 que non, non se trata diso que entra nas definici\u00f3ns de dicionario como as anteriores ou as que se podan atopar mesmo en dicionarios de uso com\u00fan nos EEUU e que poda consultar Trump, sen\u00f3n de cousas como que me te\u00f1a manifestado en p\u00fablico a favor da liberdade do pobo palestino e en contra do xenocidio do que \u00e9 v\u00edtima, e mesmo te\u00f1a feito alg\u00fan escrito nese sentido e publicado en Ribadeando e outros medios. Un xenocidio co\u00f1ecido internacionalmente, pero que \u00f3 tempo, ign\u00f3rase na pr\u00e1ctica, o que fai posible paradoxos como o poder ser reprimido como terrorista por defender as v\u00edtimas, mentres se acolle con honras a xenocidas e asasinos.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed pois, esta ma\u00f1\u00e1 mireime \u00f3 espello e vin en min un terrorista de novo cu\u00f1o, o cu\u00f1o feito a medida por Trump, de xeito semellante a outros que foron feitos, por exemplo, a medida por Franco. E te\u00f1o que dicir que me sinto orgulloso: \u00e1s verbas f\u00e1iselles cambiar de sentido cos tempos, pero tam\u00e9n segundo interese \u00e1 propaganda, e a nova definici\u00f3n que est\u00e1 en marcha de legalizar a \u2018terrorista\u2019 como \u2018persoa que se op\u00f3n \u00f3 fascismo e os seus intereses\u2019 ax\u00e9itaseme e consid\u00e9roa unha honra.<\/p>\n\n\n\n<p>Dito o anterior, e constatado que non s\u00f3 Trump mant\u00e9n a nova definici\u00f3n de terrorista, a min, igual que a ti que podes estar lendo isto, vix\u00edanme. De m\u00faltiples xeitos. E a vixilancia vai en aumento. Quen non vixiar\u00eda a un presunto terrorista, verdade? A cousa \u00e9 que ti tam\u00e9n est\u00e1s inclu\u00eddo no saco vixiado. Hoxe todo o mundo est\u00e1 conectado a internet, e iso mesmo significa un fluxo de datos persoais que se pode medir. No meu caso, antes de abandonar Facebook e X hai xa mais dun par de anos, puiden comprobar que Facebook ti\u00f1a case 1 GB de datos relacionados comigo. Por esa mesma \u00e9poca, Google (que contaba nos seus servidores con cousas como v\u00eddeos do seu Youtube alg\u00fan feito por min) ti\u00f1a uns 70 GB. E foi doado comprobar onde se atopaba un co\u00f1ecido en cada momento do \u00faltimo mes s\u00f3 a ra\u00edz do seguimento do seu tel\u00e9fono, datos a disposici\u00f3n das compa\u00f1\u00edas. Anos antes a\u00ednda, unha entidade bancaria xa ti\u00f1a instalado c\u00e1maras que controlan as mi\u00f1as sa\u00eddas e entradas na casa -igual que as do resto dos veci\u00f1os ou ti que pases por al\u00ed- por mor da seguridade das s\u00faas oficinas. C\u00e1maras que non foron capaces de servir de axuda cando no edificio entraron a roubar: os ladr\u00f3n oc\u00faltanse, est\u00e1n afetios a facelo; os cidad\u00e1ns de a p\u00e9, \u2018terroristas\u2019 presuntos ou confesos, non\u2026 E, repito: segue a aumentar a vixilancia. As\u00ed, no pobo pux\u00e9ronse hai pouco varias c\u00e1maras de vixilancia en lugares p\u00fablicos, con imaxes que din est\u00e1n controladas polas autoridades. Claro que \u00e9 dif\u00edcil controlar \u00e1s propias autoridades, facer que controlen como deben, a m\u00e1is de fallos diversos que podan dar lugar a filtraci\u00f3ns e que os datos -os nosos datos- anden pululando de xeito incontrolado por a\u00ed. Ou sexa, como terroristas postos \u00f3 descuberto publicamente\u2026<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Op\u00f3\u00f1ome a Trump, op\u00f3\u00f1ome \u00f3 fascismo, logo son terrorista. L\u00e9vame a esa afirmaci\u00f3n un sinxelo razoamento, despois de que a pasada semana o goberno dos EEUU (l\u00e9ase \u2018o goberno en pro do dominio dos megamillonarios presidido por Trump\u2019) usara esa palabra para cualificar a organizaci\u00f3ns pac\u00edficas de apoio a Palestina. Claro que hai que matizar. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[177,158],"tags":[17,9],"class_list":["post-26167","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-paz","category-sociedade","tag-paz","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26167","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26167"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26167\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26168,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26167\/revisions\/26168"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26167"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26167"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26167"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}