{"id":26121,"date":"2025-11-17T13:52:30","date_gmt":"2025-11-17T12:52:30","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26121"},"modified":"2025-11-17T14:21:36","modified_gmt":"2025-11-17T13:21:36","slug":"antisistema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/17\/antisistema\/","title":{"rendered":"Antisistema"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"500\" height=\"649\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Pyramid_of_Capitalist_System.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26129\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Pyramid_of_Capitalist_System.jpg 500w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Pyramid_of_Capitalist_System-231x300.jpg 231w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Pir\u00e1mide do capitalismo. <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Pyramid_of_Capitalist_System.jpg\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Pyramid_of_Capitalist_System.jpg<\/a> , imaxe no D.P.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai pouco, nunha conferencia en Barcelona, reivindic\u00e1base a soberan\u00eda dixital.<br>Un tema \u00f3 que se lle est\u00e1 a prestar cada vez m\u00e1is atenci\u00f3n: precisamente ese, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Soberan%C3%ADa+dixital\">Soberan\u00eda Dixital<\/a>, \u00e9 o t\u00edtulo xen\u00e9rico que levan os eventos mensuais que amarinha.gal est\u00e1 celebrando en Ribadeo neste 2025 sobre tecnolox\u00eda, e que est\u00e1 ligado co control de internet polos usuarios, por n\u00f3s, e coa sua falta en moitas situaci\u00f3ns. A conferencia cerrou cunha intervenci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cory_Doctorow\"><u>Cory Doctorow<\/u><\/a> na que, a unha pregunta sobre o que podemos facer os usuarios de internet, no contexto actual para tentar seguir sendo usuarios e non clientes dependentes das grandes compa\u00f1\u00edas, contestou que involucr\u00e1rmonos con \u2018movementos antisistema\u201d. Algo que d\u00e1 a impresi\u00f3n de que tam\u00e9n medra.<\/p>\n\n\n\n<p>Coido que hoxe por hoxe pouca xente hai que non reco\u00f1eza fendas profundas no sistema socio-pol\u00edtico-econ\u00f3mico actual, no que o \u00faltimo apartado (o econ\u00f3mico) est\u00e1 a controlar cada vez m\u00e1is \u00f3s outros dous. As diferenzas entre as fendas observadas por unhas e por outras persoas son tam\u00e9n profundas. Pero o caso \u00e9 que de calquera xeito, a s\u00faa mera observaci\u00f3n xera cr\u00edticas \u00f3 sistema, petici\u00f3n de alternativas, e, en definitiva, o que se poder\u00eda chamar, \u2018antisistematicidade\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>Un exemplo: \u00e9 un feito en numerosos lugares que a democracia estase a baleirar de significado nun contexto no que o futuro vese tormentoso. De a\u00ed a que se procure o futuro noutro sistema que non incl\u00faa a democracia na ecuaci\u00f3n hai un paso. Tam\u00e9n sucede as\u00ed no caso da rampante desigualdade econ\u00f3mica, inclu\u00edda a imposibilidade de acceso a vivenda entre xente nova ou non tan nova, que fai que se pregunte como poder\u00eda procurarse un oco no sistema, sinxelamente para ter onde vivir, para poder vivir.<\/p>\n\n\n\n<p>Si, a \u2018antisistematicidade\u2019 \u00e9 un perigo. \u00c9o para o sistema e para quen m\u00e1is se beneficia del. Para o resto da xente, m\u00e1is ben pode ser unha oportunidade. E iso, a\u00ednda que por un estudo cient\u00edfico, por l\u00f3xica, por probabilidades ou por calquera combinaci\u00f3n delas e outras posibilidades, se vexa moitas veces como \u2018mexar f\u00f3ra do testo\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>Chegados aqu\u00ed, hai que ter en conta que antisistema \u00e9 tanto a xente que quere abolir o capital como a que avoga polo capitalismo como forma de goberno. \u00c9 dicir, quen se coloca f\u00f3ra do sistema, tanto nun punto como no outro diametralmente oposto. Os cidad\u00e1ns de a p\u00e9, os \u2018un calquera\u2019, o anterior ven como un agravante: en xeral estamos a vivir \u2018metidos dentro\u2019 do sistema. \u00c9 dicir, para ser antisistema, para situ\u00e1rmonos f\u00f3ra, \u00e9 necesario antes rachar con el, rachar o sistema, rachar os seus l\u00edmites. Ou sexa, romper dalg\u00fan xeito o lugar que nos d\u00e1 acubillo, as s\u00faas leis escritas ou non, e lanzarse \u00f3 baleiro sen ter seguridade -sempre \u00e9 algo novo- de que a ca\u00edda non vai partir \u00f3s osos de quen salta, a m\u00e1is de deixar algo m\u00e1is esnaquizado o sistema (moi, moi pouco m\u00e1is se se fai de xeito individual).<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, e volvendo \u00f3 comezo: o \u2018sistema\u2019 ref\u00edrese o conxunto de todas as relaci\u00f3ns que nos rodea, e dalg\u00fan xeito, est\u00e1 a cambiar todos os d\u00edas. Vivindo hoxe somos antisistema de \u00e9pocas pasadas.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha nota final: hai poucos d\u00edas que un brazo da antiga KGB rusa pode desconectar internet do resto do mundo, de xeito aut\u00f3nomo, e a calquera ruso&#8230; Medida &#8216;antisistema&#8217; contra xante \u00e1 que poden chamar, segundo a s\u00faa nomenclatura, &#8216;antisistema&#8217;&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai pouco, nunha conferencia en Barcelona, reivindic\u00e1base a soberan\u00eda dixital.Un tema \u00f3 que se lle est\u00e1 a prestar cada vez m\u00e1is atenci\u00f3n: precisamente ese, Soberan\u00eda Dixital, \u00e9 o t\u00edtulo xen\u00e9rico que levan os eventos mensuais que amarinha.gal est\u00e1 celebrando en Ribadeo neste 2025 sobre tecnolox\u00eda, e que est\u00e1 ligado co control de internet polos usuarios, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":26129,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[13,9],"class_list":["post-26121","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-politica","category-sociedade","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26121"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26121\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26134,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26121\/revisions\/26134"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26129"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}