{"id":2604,"date":"2022-09-24T12:53:00","date_gmt":"2022-09-24T10:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T19:58:01","modified_gmt":"2024-10-23T17:58:01","slug":"onde-estan-os-pazos-do-pobo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/09\/24\/onde-estan-os-pazos-do-pobo\/","title":{"rendered":"Onde est\u00e1n os pazos do pobo?"},"content":{"rendered":"<p><span>Onde est\u00e1n os pazos do pobo?<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Para poderse constru\u00edr, e para vivir, a sociedade necesita espazos onde poder facelo. Espazos sociais, com\u00fans e nos que toda a sociedade poda participar; logo, de libre acceso.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; Os espazos para constru\u00edr a sociedade est\u00e1n a desaparecer. Tanto os f\u00edsicos, prazas abertas en troques de ateigadas de terrazas de consumo, r\u00faas de convivencia m\u00e1is que de tr\u00e1fico, mercados con m\u00faltiples postos diversos personalizados en troques de uniformidade hipermecadorial&#8230; como os moito m\u00e1is recentes na rede, an\u00f3nimos para ferir \u00f3 tempo que transparentes para a procura dos nosos datos. E mesmo, como consecuencia, tam\u00e9n desaparecen do imaxinario colectivo, que m\u00e1is e m\u00e1is se vai centrando en mercantilizar a vida a partir de m\u00faltiples aspectos, un a un, ignorando ou desprezando outras posibles sa\u00eddas e espazos non mercantilizados.<\/span><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; Asumimos que o pobo non ten pazos, que os pazos son dunha minor\u00eda, ata que nos decatamos de cousas que mesmo co\u00f1ecidas, son retalladas ofrecendo un aspecto as\u00e9ptico, como as vellas estaci\u00f3ns do metro moscovita, constru\u00eddas pensando en ofrecer unha zona palaciana \u00e1 xente do pobo e que, se non esquecidas, son lembradas como lugares bonitos e monumentais, sen outro significado; unha zona de comunicaci\u00f3ns da que a comunicaci\u00f3n que facilita pasa a ser transparente, e polo tanto, invisible, apartando o seu significado social. \u00c9 s\u00f3 un caso case actual. Mais entendo que os aut\u00e9nticos &#8216;pazos do pobo&#8217; non te\u00f1en por que ter a aparencia de &#8216;pazos&#8217;, sen\u00f3n que son m\u00e1is ben espazos. Espazos libres nos que a xente podemos convivir, interactuar, divertirnos, tecer redes sociais, constru\u00edr o com\u00fan \u00f3 tempo que nos formamos como persoas. Espazos utilitarios que a\u00ednda sabemos que foron com\u00fans, como as r\u00faas libres de coches e con nenos xogando sen necesidade de ter os baixos dos edificios colonizados por tendas e o espazo correspondendo \u00e1 imaxe que hoxe temos de &#8216;peonil&#8217;, ben diferente da ocupaci\u00f3n das r\u00faas hai non moitas xeraci\u00f3ns. Espazos que se miramos un pouco a tempos non tan pasados, fac\u00e9monos conscientes de que est\u00e1n en retroceso, mesmo en desaparici\u00f3n. Non se trata de arcadias ou utop\u00edas de tempos pasados, sen\u00f3n de lugares que lle foron quitando \u00e1 sociedade, que nos foron alleados, que foron privatizando e pasando do acervo com\u00fan \u00e1 disposici\u00f3n de empresas e outros entes non autoxestionados polo pobo, pola xente. Un proceso que parte de hai tempo, reco\u00f1ecido ao menos dende as &#8216;enclosures&#8217; brit\u00e1nicas, privatizaci\u00f3ns de terras antes aproveitadas en com\u00fan, e que, \u00f3 facerse desaparecer do servizo da comunidade, fixo que a xente se botara cara unha vida m\u00e1is miserable nas cidades, subministrando man de obra totalmente dependente para a revoluci\u00f3n industrial brit\u00e1nica. Dende os espazos de subsistencia, como as terras comunais, \u00f3s espazos de discusi\u00f3n e formaci\u00f3n de vida social (que non te\u00f1en por que ser diferentes lugares), cada vez m\u00e1is actividades e &#8216;cousas&#8217; te\u00f1en pasado a ser privadas, e polo tanto, en principio, a ser privados delas a non ser que se podan comprar a quen fora adxudicado como &#8216;dono&#8217;&nbsp; despois de ser alleadas \u00e1 comunidade.<\/span><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span><span>&nbsp; &nbsp;&nbsp;<\/span><\/span><\/span>&nbsp; &nbsp; O caso \u00e9 que o alleamento vai turrando contra a comunidade, reducindo a rede social dunha comunidade constru\u00edda \u00f3 longo do tempo e deixando s\u00f3 a posibilidade de interacci\u00f3n en comunidades m\u00e1is cerradas, non constru\u00eddas tanto a base de consenso como de liderazgo, onde se acepta o que se estableza como norma a cambio de pertencer, usando as normas como cemento da pertenza. Comunidades que, a\u00ednda con estruturas modernas, son m\u00e1is tradicionais, ou mellor, tradicionalistas, &#8216;feudais&#8217;. Que tratan de suplantar as antigas familias extensas e estendidas ou mesmo o m\u00e1is reducido n\u00facleo familiar actual, cambiar unha rede social forte por outra que s\u00f3 se presenta como forte. E, mentres, a sociedade tal como a co\u00f1ecemos, descomponse. Mais a sociedade est\u00e1 feita por humanos, perm\u00edtenos vivir como humanos e fainos tal como somos. Se se descomp\u00f3n&#8230; malo!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onde est\u00e1n os pazos do pobo? &nbsp; &nbsp; Para poderse constru\u00edr, e para vivir, a sociedade necesita espazos onde poder facelo. Espazos sociais, com\u00fans e nos que toda a sociedade poda participar; logo, de libre acceso. &nbsp; &nbsp; Os espazos para constru\u00edr a sociedade est\u00e1n a desaparecer. Tanto os f\u00edsicos, prazas abertas en troques de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-2604","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2604","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2604"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2604\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2604"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2604"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2604"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}