{"id":26031,"date":"2025-11-04T19:27:37","date_gmt":"2025-11-04T18:27:37","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26031"},"modified":"2025-11-04T19:27:41","modified_gmt":"2025-11-04T18:27:41","slug":"cando-non-e-nadal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/04\/cando-non-e-nadal\/","title":{"rendered":"Cando non \u00e9 Nadal?"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Cando non \u00e9 Nadal?<\/p>\n\n\n\n<p>Si, preg\u00fantome cando non \u00e9 <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Nadal\">Nadal<\/a>. Comezos de Novembro e o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=alumeado+Nadal\">alumeado de Nadal<\/a> est\u00e1 dilixentemente disposto pola zona centro do pobo. E por esa zona estar\u00e1 ate despois de Reis. Non, non estamos a falar de Vigo ou algunha desas vilas dun certo tama\u00f1o coas que a cidade ol\u00edvica compite ano tras ano, sen\u00f3n dun pobo que oscila entre 13 e 17 concelleiros. Claro que, en gasto por habitante nas luces do Nadal e falando por anos pasados (a falta de co\u00f1ecer os datos deste ano), non lle ten nada que envidar a esas cidades \u00f3 estar no mesmo nivel de gasto por habitante (un exemplo: s\u00f3 a instalaci\u00f3n, non consumo, hai 5 anos, xa \u00eda por 2,39 \u20ac\/persoa en Ribadeo e 2,75 \u20ac\/persoa en Vigo). Pero iso vai no esforzo do Nadal (que aumenta m\u00e1is por outros conceptos), non na duraci\u00f3n. E \u00e9 que polo que parece, o Nadal non chega con vivilo, hai que esforzarse en desfrutalo, dentro dunha tendencia xeneralizada non a sentirse feliz como algo persoal e social, sen\u00f3n a loitar pola felicidade como algo a mercar e conquistar.<\/p>\n\n\n\n<p>Vale, postas as restras de luminarias nas r\u00faas, engalanados os comercios con abetos, os turr\u00f3ns xa a disposici\u00f3n nas tendas, a loter\u00eda do 22 de decembro na r\u00faa xa hai moito tempo, algunhas vivendas acendendo as luces que a\u00ednda quedaron do ano pasado sen recoller\u2026 estamos xa no Nadal!. As\u00ed que, cando non \u00e9 Nadal? A festividade do Nadal \u00e9 o 25 de decembro, o calendario mantense test\u00e1n nesa data nesta zona do planeta. Mais se nos deixamos levar polas luces, s\u00f3 non ser\u00eda Nadal dende mediados de xaneiro a finais de outubro. Pero \u00e9 algo m\u00f3bil: o per\u00edodo \u00e9 el\u00e1stico, e est\u00edrase, est\u00edrase&#8230; pode que ata un d\u00eda, rache!<\/p>\n\n\n\n<p>Para cualificar se estamos no Nadal, estoume a fixar nos signos externos que se van acumulando, a\u00ednda que na s\u00faa inflaci\u00f3n podan confundirse con sinais de antroido, de Sama\u00edn (si, Halloween, si), indianos&#8230;. E \u00e9 que os signos internos a cada persoa son abondo m\u00e1is dif\u00edciles de notar, nuns tempos no que o ambiente se vai facendo m\u00e1is e m\u00e1is festivo con calquera motivo, co fin de aumentar o consumo, o gasto, e a ganancia dalg\u00fans coa venda de \u2018ilusi\u00f3n\u2019 a todos. A\u00ednda as\u00ed, o d\u00eda 25 de decembro poderase recorrer algunha zona do pobo sen m\u00e1is luz da habitual: \u2018sempre houbo diferenzas\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>O estiramento do Nadal sen atisbar o fin pode facelo rachar, si. Mentres, s\u00f3 queda que a algu\u00e9n se lle ocorra algo como que toda a xestaci\u00f3n xa \u00e9 un pre-parto (unha idea que xa campa noutros temas) e con iso o Nadal se estenda a nove meses e unha semana de cada ano. Tocar\u00eda ent\u00f3n desfrutar do non-Nadal como tempo m\u00e1is escaso?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando non \u00e9 Nadal? Si, preg\u00fantome cando non \u00e9 Nadal. Comezos de Novembro e o alumeado de Nadal est\u00e1 dilixentemente disposto pola zona centro do pobo. E por esa zona estar\u00e1 ate despois de Reis. Non, non estamos a falar de Vigo ou algunha desas vilas dun certo tama\u00f1o coas que a cidade ol\u00edvica compite [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,158],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-26031","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-sociedade","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26031","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26031"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26031\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26032,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26031\/revisions\/26032"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26031"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26031"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26031"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}