{"id":26005,"date":"2025-11-02T16:08:18","date_gmt":"2025-11-02T15:08:18","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=26005"},"modified":"2025-11-02T17:33:21","modified_gmt":"2025-11-02T16:33:21","slug":"a-alcoa-trumpiana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/11\/02\/a-alcoa-trumpiana\/","title":{"rendered":"A Alcoa trumpiana"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">A Alcoa trumpiana<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"640\" height=\"546\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Alcoa.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-26007\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Alcoa.jpg 640w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/11\/Alcoa-300x256.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 640px) 100vw, 640px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Feito a partir de OpenStreetMap. Lic. <a href=\"https:\/\/opendatacommons.org\/licenses\/odbl\/\">https:\/\/opendatacommons.org\/licenses\/odbl\/<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Somos parvos. A\u00ednda podemos estar pregunt\u00e1ndonos que foi antes, o ovo ou a gali\u00f1a, pero mentres, ovo e gali\u00f1as existen. As\u00ed que, deix\u00e9monos de parvadas, miremos arredor e aprendamos da historia (mesmo e sobre todo, recente).<\/p>\n\n\n\n<p>Hab\u00eda unha vez unha f\u00e1brica grande, motor de toda unha comarca. A cousa comezou por unha empresa p\u00fablica xermolada na ditadura e que logo se vendeu, privatiz\u00e1ndoa co PP \u00f3 tem\u00f3n do estado. A empresa foi amosando o(s) seu(s) tal\u00f3n de Aquiles cos vaiv\u00e9ns do comercio e recursos a nivel internacional, e coa contaminaci\u00f3n e a balsa de lodos medrando; esta \u00faltima m\u00e1is ben como espada de Damocles. Co fondo deses vaiv\u00e9ns, movementos sindicais e sociais tiveron a s\u00faa aparici\u00f3n, mesmo antes de comezar a funcionar a f\u00e1brica, coa oposici\u00f3n xurdida \u00e1 instalaci\u00f3n dunha central nuclear en Regodola (Xove) que lle dar\u00eda enerx\u00eda. Pero claro, vese m\u00e1is o que est\u00e1 m\u00e1is pr\u00f3ximo, e iso, neste caso, l\u00e9vanos \u00e1s protestas sindicais, \u00e1 veces contra a empresa e \u00e1s veces, a favor da empresa. Si, en contra da empresa vixiando polo seu traballo e a favor da empresa polo mesmo motivo, como punta de lanza das petici\u00f3ns empresariais e ca\u00e9ndolle m\u00e1is lonxe outras reivindicaci\u00f3ns veci\u00f1ais. Fronte a ese movemento sindical, a empresa fixo un cl\u00e1sico, cooptar \u00f3s sindicatos cando pod\u00eda aproveitar e desfacerse deles cando os veu inc\u00f3modos.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres, na outra beira do Atl\u00e1ntico\u2026 Dende o 98, dende Xove non se renden contas tanto a Madrid como a Pittsburg (ou a Delaware, reduto de fiscalidade \u2018libre\u2019 nos EEUU onde tributa a empresa), que como \u00e9 sabido, est\u00e1 subordinada administrativamente a Washington. \u00c9 dicir, nestes momentos, de depender dalg\u00fan pol\u00edtico \u00e9 m\u00e1is ben dun se\u00f1or chamado Donald que doutro que leva por nome Pedro e que moitos din que nos afecta m\u00e1is a n\u00f3s. O caso \u00e9 que co anterior se\u00f1or mandam\u00e1is da capital imperial (do imperio moderno, non do vetusto imperio espa\u00f1ol) parec\u00eda que a f\u00e1brica mari\u00f1\u00e1 ti\u00f1a tomado un cami\u00f1o cara o futuro, por moito que o gusto non fose un\u00e1nime, cun acordo que asinaron tanto a empresa como os sindicatos e a concesi\u00f3n auton\u00f3mica de permiso para tirar m\u00e1is merda. Pero, dende que hai un novo mandam\u00e1is, os volantazos, timonazos ou como se lles queira chamar, est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda, por riba das li\u00f1as marcadas, permisos concedidos ou acordos asinados. E xa se sabe, os de algo m\u00e1is abaixo tenden a adaptarse e imitar a quen manda, sobre todo se lles conv\u00e9n xa de sa\u00edda. E cando a quen manda lle gustan os cartos e a quen est\u00e1 \u00f3 mando parcial tam\u00e9n, pois mellor que mellor. De a\u00ed que remate de ler hai un pouco que \u2018no d\u00eda do inversor\u2019 Alcoa adiantou que \u2018dixen digo pero con data de caducidade, e dende agora, de a\u00ed en diante podo dicir Diego sen compromiso\u2019. \u00c9 dicir, voume se quero e a\u00ed vos quedades coa merda sen m\u00e1is. Ah, se a\u00ednda queredes despois facernos a competencia, xa levantaremos aranceis.<\/p>\n\n\n\n<p>Por certo. Non \u00e9 a primeira vez que eu (e moitos outros, antes e despois) afirmo que se est\u00e1 a deixar sen responsabilidade a Alcoa. Agora dio o mesmo Presidente do Comit\u00e9 de Empresa, a quen non parec\u00eda importarlle tanto nalgunha declaraci\u00f3n anterior cando \u00f3 parecer se trataba de manter emprego, sen mirar m\u00e1is al\u00f3.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Alcoa trumpiana Somos parvos. A\u00ednda podemos estar pregunt\u00e1ndonos que foi antes, o ovo ou a gali\u00f1a, pero mentres, ovo e gali\u00f1as existen. As\u00ed que, deix\u00e9monos de parvadas, miremos arredor e aprendamos da historia (mesmo e sobre todo, recente). Hab\u00eda unha vez unha f\u00e1brica grande, motor de toda unha comarca. A cousa comezou por unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,162,158],"tags":[21,26,9],"class_list":["post-26005","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-medio","category-sociedade","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26005","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26005"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26005\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26015,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26005\/revisions\/26015"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26005"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26005"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26005"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}