{"id":2600,"date":"2022-10-15T11:41:00","date_gmt":"2022-10-15T09:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T19:57:53","modified_gmt":"2024-10-23T17:57:53","slug":"entre-capitais-de-provincia-pablo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/15\/entre-capitais-de-provincia-pablo\/","title":{"rendered":"Entre capitais de provincia. Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Entre capitais de provincia<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOs da Mari\u00f1a. Os habitantes da antiga Di\u00f3cese de Britonia fundada por Maeloc en San Marti\u00f1o. Os habitantes galegos da costa cant\u00e1brica. Non somos lugueses e menos a\u00ednda lucenses. Somos por vocaci\u00f3n hist\u00f3rica e por costumes, mindonienses.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nXa sei que Javier de Burgos, Ministro Xeral do Reino que dirixe Mar\u00eda Cristina de Borb\u00f3n, conseguiu esa reforma &#8220;racionalizadora&#8221; que deu lugar \u00e1 nova divisi\u00f3n territorial de Espa\u00f1a en 1833 -49 provincias, 15 rexi\u00f3ns- En tal cambio, os habitantes da provincia de Mondo\u00f1edo pasamos a ser gobernados como provincia de Lugo. Os habitantes do Concello de San Cipri\u00e1n volveron ser habitantes do Concello de Cervo coas parroquias de Santa Mar\u00eda de Lieiro, Castelo, Sargadelos, R\u00faa, San Rom\u00e1n, Cervo, Burela.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCando chega outubro at\u00f3pome nunha encrucillada. Festas do San Froil\u00e1n e Feiras das San Lucas. Sen dubidalo opto por estas. Te\u00f1en m\u00e1is historia, ata o polbo \u00e9 mellor, e o escenario das fermosas r\u00faas mindonienses \u00e9 m\u00e1xico para min, e moito m\u00e1is cando vexo como as follas do outono na Alameda dos Remedios se moven pola r\u00faa do Obispo Sarmiento e ao chegar \u00e1 altura da docer\u00eda do Val de Brea, fronte ao Peto de \u00c1nimas, polo encanto do son enviado pola Paula e a Ronda, transf\u00f3rmanse en finas l\u00e1minas de ouro cami\u00f1o da Catedral onde est\u00e1 \u00c1lvaro Cunqueiro presente, seguramente inventando novas aventuras para Sinbad.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNos anos cincuenta tivemos que ir \u00e1 cidade das Murallas, estudar bacharelato ou facernos mestres. Aquela \u201ccidade cultural\u201d acoll\u00eda a mocidade das rexi\u00f3ns do interior ou da costa. Percorr\u00eda aquel Lugo con invernos duros, dende a r\u00faa San Froil\u00e1n onde estaba o Bar &#8220;Cot\u00e1&#8221;, as pr\u00e1cticas de Valdecantos e o escaparate dende o que &#8220;Tirimbola&#8221; saudaba \u00e1 s\u00faa maneira. Despois pola R\u00faa Nova con casas en ru\u00ednas pegadas \u00e1 muralla, ata chegar \u00e1 Praza do Campo, saudar a catedral, mestura de moitos estilos pero coa exposici\u00f3n permanente do Sant\u00edsimo Sacramento e finalmente acadar a onda de mozos que marchaban axi\u00f1a por Obispo Aguirre cami\u00f1o dos Institutos e da Normal.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDende o meu San Cirpi\u00e1n, e tal d\u00eda coma despois de Pilar, collemos aquel pintoresco &#8220;Manoli\u00f1o&#8221; de Fazouro -Manuel Rodr\u00edguez, Florencio e Pepe- que fac\u00eda unha parada moi especial en Mondo\u00f1edo. A cidade, rica en augas, pan e lat\u00edn, permitiu que centos de estudantes puidesen ver a Santa Catalina e a\u00ednda segu\u00edan soando os acordes do \u00faltimo desfile que Pallarego e a s\u00faa banda realizaran o D\u00eda da Hispanidade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOs meus recordos xuven\u00eds ren\u00f3vanse cada vez que vou a unha das d\u00faas capitais. Lugo foron as clases de don Germ\u00e1n Alonso, don Froil\u00e1n, don Delio Menda\u00f1a e sobre todo don Jes\u00fas Alonso Montero. Mondo\u00f1edo foi imaxinar os fabulosos personaxes de \u00c1lvaro Cunqueiro, a ra\u00ed\u00f1a de Xenebra das tortas de am\u00e9ndoas. A familia de Manolo Calvo -Manolito de Remigia- na sede do INP.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nHoxe Lugo \u00e9 moito m\u00e1is que ese \u201cCinco Vigas\u201d e Mondo\u00f1edo o barrio dos Mui\u00f1os co meu amigo Pepe diante da s\u00faa taberna \u201cO Valeco\u201d. Lugo \u00e9 a capital administrativa dunha soa provincia. Mondo\u00f1edo \u00e9 a nosa capital da alma mari\u00f1\u00e1 que visita o vello Campo Santo para escoitar as melod\u00edas de Pascual Veiga e xurar de novo que Galicia durar\u00e1 mil primaveras m\u00e1is&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pablo%20Mosquera\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pablo Mosquera<\/a><br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Entre capitais de provincia Os da Mari\u00f1a. Os habitantes da antiga Di\u00f3cese de Britonia fundada por Maeloc en San Marti\u00f1o. Os habitantes galegos da costa cant\u00e1brica. Non somos lugueses e menos a\u00ednda lucenses. Somos por vocaci\u00f3n hist\u00f3rica e por costumes, mindonienses. Xa sei que Javier de Burgos, Ministro Xeral do Reino que dirixe Mar\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[14],"class_list":["post-2600","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2600","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2600"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2600\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2600"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2600"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2600"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}