{"id":25972,"date":"2025-10-28T09:26:25","date_gmt":"2025-10-28T08:26:25","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25972"},"modified":"2025-10-28T09:26:30","modified_gmt":"2025-10-28T08:26:30","slug":"da-china-tecnoloxia-non-so-laranxas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/10\/28\/da-china-tecnoloxia-non-so-laranxas\/","title":{"rendered":"Da China, tecnolox\u00eda (non s\u00f3 laranxas&#8230;)"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-preformatted\">Da China, tecnolox\u00eda (non s\u00f3 laranxas\u2026)\n<\/pre>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"550\" height=\"550\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/CHN_orthographic.svg_.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-25973\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/CHN_orthographic.svg_.png 550w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/CHN_orthographic.svg_-300x300.png 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/CHN_orthographic.svg_-150x150.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 550px) 100vw, 550px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A China. Lic. CC BY SA 3.0 collida de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:CHN_orthographic.svg\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:CHN_orthographic.svg<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-preformatted\">Leo unha nova dos \u00faltimos dias que leva un titular inocente: \u201cChina f\u00edxase como prioridade para a pr\u00f3xima d\u00e9cada acadar a autosuficiencia tecnol\u00f3xica\u201d. O certo e que o titulo poder\u00eda estar asi mesmo en calquera xornal, como nova que se desprende do ultimo Comit\u00e9 Central do Partido Comunista Chino, que fixou un novo plan quinquenal.\nEn contraposici\u00f3n, aqu\u00ed podemos retomar o tristemente c\u00e9lebre \u2018que inventen eles\u2019 do Unamuno de hai case 120 anos. Volv\u00edn a esa frase despois de ver o t\u00edtulo citado, para lembrar o seu contexto. E lembrei, que Unamuno, no medio dunha discusi\u00f3n con Ortega y Gasset, alegou que \u2018n\u00f3s\u2019 (\u00e9 dicir, \u2018o pobo espa\u00f1ol\u2019) ti\u00f1amos outras virtudes que non lle te\u00f1en que envexar \u00e1 inventiva que amosaban diversos pa\u00edses europeos que non deixaban de comernos algunha sorte de espazo vital, non tantos anos despois da perda das colonias de Cuba e Filipinas. Ou sexa, non \u00e9 que Unamuno estivera desprezando a investigaci\u00f3n e innovaci\u00f3n europea do momento, sen\u00f3n que non consideraba o \u2018pobo espa\u00f1ol\u2019 como inferior por non dar moito froito neses vectores de avance cara \u00f3 futuro.\nPero, quedarmonos co t\u00edtulo da nova ou co dito de Unamuno, non \u00e9 m\u00e1is que un xeito de dar por rematado unha discusi\u00f3n antes de comezar a discutir, sen ir m\u00e1is \u00f3 fondo. O certo \u00e9 que, por moito que o titular sinale un futuro de autosuficiencia china ou un pasado de certo orgullo e inconsciencia espa\u00f1ola, o mundo e os tempos aumentaron en complexidade. E digo isto porque por unha beira, o ano de comezo da discusi\u00f3n entre Unamuno e Ortega, Ram\u00f3n y Cajal foi Premio Nobel de Medicina. E, pola outra, as \u00faltimas promoci\u00f3ns de enxe\u00f1eiros chinos son m\u00e1is numerosas que as promoci\u00f3ns correspondentes do conxunto do resto da humanidade, mentres China lidera xa o n\u00famero de novas patentes en diversos campos, dende a telefon\u00eda 5G \u00e1s bater\u00edas el\u00e9ctricas, e est\u00e1 mellor situada que occidente en moitos campos da tecnolox\u00eda. Hai varias d\u00e9cadas, un produto tecnol\u00f3xico alem\u00e1n consider\u00e1base por defecto, o mellor, mentres que os produtos que vi\u00f1an da China, tam\u00e9n por defecto, eran vistos como malas copias. Iso cambiou. E, se ben a tecnolox\u00eda alem\u00e1 a\u00ednda non perdeu de todo a s\u00faa \u00e1urea, os produtos chinos compiten en xeral en igualdade de calidade e con prezo favorable e acaparan cada vez unha parte maior das innovaci\u00f3ns.\nS\u00e1bese que durante moito tempo a China estivo tecnoloxicamente m\u00e1is avanzada que Europa (daquela, Am\u00e9rica a\u00ednda non era Am\u00e9rica), chegando de al\u00f3 da p\u00f3lvora \u00f3 papel, pasando polo comp\u00e1s magn\u00e9tico, a cer\u00e1mica ou a seda. A m\u00e1is de chegar dende al\u00ed as c\u00e9lebres laranxas da China ou as Camelias compartidas co Xap\u00f3n. \u00c9 dicir, a pesar da imaxe que puideramos ter dos chinos hai uns anos, historicamente non \u00e9 nada novo que lideren boa parte das novidades tecnol\u00f3xicas, e non nos debera de coller de sorpresa. Iso si que pode ser novo: a nosa sorpresa desconcertada e pasiva.<\/pre>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Da China, tecnolox\u00eda (non s\u00f3 laranxas\u2026) Leo unha nova dos \u00faltimos dias que leva un titular inocente: \u201cChina f\u00edxase como prioridade para a pr\u00f3xima d\u00e9cada acadar a autosuficiencia tecnol\u00f3xica\u201d. O certo e que o titulo poder\u00eda estar asi mesmo en calquera xornal, como nova que se desprende do ultimo Comit\u00e9 Central do Partido Comunista Chino, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,176,158,190],"tags":[21,13,9,40],"class_list":["post-25972","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-politica","category-sociedade","category-tecnoloxia","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25972","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25972"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25972\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25974,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25972\/revisions\/25974"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25972"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25972"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25972"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}