{"id":25898,"date":"2025-10-21T12:26:08","date_gmt":"2025-10-21T10:26:08","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25898"},"modified":"2025-10-21T12:26:12","modified_gmt":"2025-10-21T10:26:12","slug":"un-proxecto-tan-ambicioso-como-viabel-nin-mais-nin-menos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/10\/21\/un-proxecto-tan-ambicioso-como-viabel-nin-mais-nin-menos\/","title":{"rendered":"Un proxecto tan ambicioso como vi\u00e1bel: nin m\u00e1is nin menos."},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"463\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Castelo-de-San-Damian.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25905\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Castelo-de-San-Damian.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Castelo-de-San-Damian-300x201.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">O Forte de San Dami\u00e1n, en vista no OpenStreetMap<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em><strong>Un proxecto tan ambicioso como vi\u00e1bel: nin m\u00e1is nin menos.<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">(<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search\/label\/Farruco%20Gra%C3%B1a\">Farruco GRA\u00d1A<\/a>)<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta fin de semana pasada puidemos asistir \u00e1s I Xornadas arredor do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=forte+de+san+Dami%C3%A1n\">Forte de San Dami\u00e1n<\/a>. Parab\u00e9ns \u00e1 organizaci\u00f3n, nomeadamente a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Alberto+Paraje\">Alberto Paraje<\/a>. Foron ben instrutivas e amenas, e puxeron en valor, unha vez m\u00e1is, o \u201ccastelo\u201d, como adoitaba chamarlle a picaraxada ribadense de hai anos. Fun convidado a participar na mesa redonda nel desenvolta para abordar as posibilidades de futuro, e considero oportuno agora tirar conclusi\u00f3ns do que al\u00ed se falou.<\/p>\n\n\n\n<p>Como ben indicaba <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Roberto+Rodr%C3%ADguez\">Roberto Rodr\u00edguez<\/a>, debemos adoptar unha perspectiva ampla para valorar o proceso de recuperaci\u00f3n do Forte de San Dami\u00e1n. Desde o 11 de maio de 1967, cando se publica no BOE o decreto de cesi\u00f3n do mesmo ao Concello de Ribadeo para dedicalo \u00e1 expansi\u00f3n do turismo na r\u00eda de Ribadeo, at\u00e9 os nosos d\u00edas, percorreuse un longo periplo que botou a andar de xeito firme cando, en 1990, sendo alcalde de Ribadeo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Eduardo+Guti%C3%A9rrez\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a>, e en base ao proxecto dese\u00f1ado polo arquitecto ribadense <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Ernesto+Cruzado\">Ernesto Cruzado<\/a>, se procedeu \u00e1 s\u00faa restauraci\u00f3n. Desde a perspectiva actual pode ser f\u00e1cil ver que se puido ter tomado nota, co rigor que require unha intervenci\u00f3n deste tipo, de todo o que al\u00ed hab\u00eda e do que a\u00ednda poida quedar no subsolo e entre os seus muros. Na recente intervenci\u00f3n do ano 2023 as\u00ed se puido constatar ao descubrirse baixo o morteiro mostras da reproduci\u00f3n do arco de b\u00f3veda do fort\u00edn, ou o material con que se revest\u00edan as ameas, por exemplo. Ben: tomemos nota. Pensemos que no futuro se poder\u00e1n facer intervenci\u00f3ns por parte de equipos especializados para indagar m\u00e1is sobre o forte. Pero saibamos comprender tam\u00e9n que grazas aos esforzos feitos con anterioridade se puido po\u00f1er en marcha a recuperaci\u00f3n do Forte de San Dami\u00e1n e hoxe estamos aqu\u00ed reflexionando sobre o seu futuro.<\/p>\n\n\n\n<p>As obras de restauraci\u00f3n emprendidas no ano 2023 a ra\u00edz do convenio asinado entre o Concello de Ribadeo e a Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, as\u00ed como o posterior dese\u00f1o de distintos paneis explicativos e varias actividades de promoci\u00f3n do uso do Forte de San Dami\u00e1n con motivo dos seus catrocentos anos de historia, fan del un centro de interpretaci\u00f3n que, para quen o visite, pode facerse unha idea clara, sinxela, \u00e1xil e eficaz do que supuxo o forte de San Dami\u00e1n como baluarte defensivo da vila de Ribadeo, do porto de Porcill\u00e1n, e da actividade comercial tan intensa que en torno a el se desenvolv\u00eda. Pasear hoxe polas inmediaci\u00f3ns do forte permite constatar o cambio experimentado pola s\u00faa contorna. Pero tam\u00e9n podemos comprobar que hai xente que se achega at\u00e9 as s\u00faas portas, nomeadamente nos d\u00edas de ver\u00e1n e pontes festivas, e queda coas ganas de visitalo. Como darlle soluci\u00f3n a esta situaci\u00f3n tan paradoxal? Se o forte foi cedido ao concello para promover a actividade tur\u00edstica en torno \u00e1 r\u00eda de Ribadeo, semella contraditorio que, ao chegar a xente \u00e1s s\u00faas portas, non poida visitalo.<\/p>\n\n\n\n<p>Como garantir de xeito permanente que se poida visitar o forte de San Dami\u00e1n? Que as s\u00faas portas estean abertas para que poida ser visitado require de persoal, ou que \u00e9 o mesmo, de orzamento. E a\u00ed xa entramos no imprescind\u00edbel c\u00e1lculo sobre a viabilidade da s\u00faa apertura permanente. Os recursos p\u00fablicos son escasos e hai que maximizar o rendemento do seu uso. Nestas Xornadas quedou ben patente a potencialidade do forte as\u00ed como todo o relativo \u00e1 actividade mar\u00edtimo-comercial, e tam\u00e9n de construci\u00f3n naval de Ribadeo (neste \u00faltimo caso tam\u00e9n das Figueiras). Este aspecto garda relaci\u00f3n, ademais, con todo o referido ao \u201cRibadeo Ilustrado\u201d, programa xa ben desenvolvido e con perspectiva de futuro. Pero tam\u00e9n se contemplou que reducir a utilidade do forte de San Dami\u00e1n a ese necesario centro de interpretaci\u00f3n non era o m\u00e1is beneficioso para a comunidade. E iso, porque se pode compatibilizar con outros usos culturais que xa se lle deron ao longo destes anos. Non \u00e9 a sala de exposici\u00f3ns ideal que merece Ribadeo, pero pode ser unha boa sala de exposici\u00f3ns que sume, ao contido espec\u00edfico de cada cita, o seu continente propio, o \u201ccastelo\u201d. Temos gozado de varias actividades culturais, co permiso do nord\u00e9s, que se v\u00edan reforzadas na s\u00faa excelente cualidade pola val\u00eda mesma do escenario\/continente. Velaqu\u00ed un reforzo m\u00e1is que garantir\u00eda a s\u00faa apertura mellorando a rendibilidade desa apertura continuada do forte.<\/p>\n\n\n\n<p>A nivel educativo, non en van eramos varios os e as docentes presentes no acto, tam\u00e9n contemplamos moitas posibilidades. Non podo evitar lembrar as ensinanzas do profesor <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Juan+Su%C3%A1rez+Acevedo\">Juan Su\u00e1rez Acevedo<\/a> no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=IES+de+Ribadeo+Dionisio+Gamallo\">IES de Ribadeo Dionisio Gamallo<\/a> e a s\u00faa constante apelaci\u00f3n ao <em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Ribadeo+Antiguo\">Ribadeo Antiguo<\/a><\/em>, de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Francisco+Lanza\">Francisco Lanza<\/a>, cada vez que nas s\u00faas lecci\u00f3ns de historia contemplaba a posibilidade de estender o tema en cuesti\u00f3n \u00e1 historia de Ribadeo. Pero non s\u00f3 desde a historia \u00e9 pos\u00edbel facer isto. Podemos desenvolver unidades did\u00e1cticas que po\u00f1an en valor o forte de San Dami\u00e1n e a actividade mar\u00edtimo-comercial, as\u00ed como a enxe\u00f1er\u00eda desenvolvida nos estaleiros ribadenses, ademais dos principios econ\u00f3micos nos que se asentaba esa actividade. Desde \u00e1reas como a historia, a econom\u00eda, a tecnolox\u00eda, a filosof\u00eda, a filolox\u00eda, ou a m\u00fasica, p\u00f3dese abordar o papel desenvolvido polo forte de San Dami\u00e1n e a historia mesma de Ribadeo, ofrecendo ao profesorado uns contidos coherentes e complementarios cos principios te\u00f3ricos que se imparten nas aulas. Estas ensinanzas reforzar\u00edan a funci\u00f3n did\u00e1ctica dunha visita guiada ao forte, no canto de ser contemplada como un simple divertimento por abandonar a aula e \u201cir de excursi\u00f3n\u201d. E esta apreciaci\u00f3n serve tanto para Ribadeo como para os concellos da contorna. Acaso a madeira que desde toda a cunca do Eo serv\u00eda para constru\u00edr os barcos, ou para exportar, \u00e9 allea a esta actividade? O mesmo serve para o ferro que vi\u00f1a desde Bizkaia, o aceite andaluz, o vi\u00f1o do Mi\u00f1o e do Sil&#8230;, ou o ferro manufacturado, os coiros, graxa e aceite de balea que sa\u00eda do porto de Ribadeo. Hai materia para involucrar aos colexios e institutos da contorna: Ribadeo, Barreiros, Trabada, Os Ozcos, A Veiga ou Castropol, por exemplo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\">Dito o cal, tam\u00e9n queremos lembrar unha pantasma que percorreu o patio do forte ao longo da sesi\u00f3n vespertina: o da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Casa+da+R%C3%ADa\">Casa da R\u00eda<\/a>. Non abonda con imaxinar cantas cousas poderiamos facer co forte e coidar que con pensalas xa est\u00e1n feitas. Ai, ese palacio da \u00f3pera que alg\u00fan veraneante nos ten recomendado constru\u00edr mostr\u00e1ndonos as s\u00faas bondades para Ribadeo! Na nosa historia recente houbo quen considerou que con ter unha subvenci\u00f3n da Xunta de Galicia para po\u00f1er en marcha unhas instalaci\u00f3ns como as da Casa da R\u00eda, xa estaba todo feito. Non chega con mercar un Ferrari; tes que botar contas se despois vas ter di\u00f1eiro para pagar o combust\u00edbel, canto che vai custar cambiarlle as rodas, o seguro&#8230; Coa Casa da R\u00eda houbo tan boas intenci\u00f3ns como falta de previsi\u00f3n. Contentarse con botarlle a culpa ao que veu despois porque non estivo disposto a asumir tal custo pode quedar moi ben nunha charla, nun mitin ou no peche dunhas xornadas, pero non \u00e9 consistente. Non cometamos o mesmo erro ao abordar o futuro do forte de San Dami\u00e1n: f\u00e1gase un plan de viabilidade, cont\u00e9mplese de onde vai sa\u00edr o di\u00f1eiro, apr\u00f3bese a correspondente partida de gasto e a consecuente retenci\u00f3n de cr\u00e9dito; comprom\u00e9tase a administraci\u00f3n \u00e1 que lle corresponda a garantir o apoio econ\u00f3mico prolongado no tempo (non por tres meses para sa\u00edr do paso). En fin, estes d\u00edas foron aflorando moitas ideas que ademais se v\u00edan referendadas con explicaci\u00f3ns concretas sobre como levalas \u00e1 pr\u00e1ctica. Para que isto saia adiante, haber\u00e1 que reforzar ditas propostas co devandito plan de viabilidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un proxecto tan ambicioso como vi\u00e1bel: nin m\u00e1is nin menos. (Farruco GRA\u00d1A) Nesta fin de semana pasada puidemos asistir \u00e1s I Xornadas arredor do Forte de San Dami\u00e1n. Parab\u00e9ns \u00e1 organizaci\u00f3n, nomeadamente a Alberto Paraje. Foron ben instrutivas e amenas, e puxeron en valor, unha vez m\u00e1is, o \u201ccastelo\u201d, como adoitaba chamarlle a picaraxada ribadense [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160,167,158],"tags":[10,72,9],"class_list":["post-25898","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cultura","category-farruco-grana","category-sociedade","tag-cultura","tag-farruco-grana","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25898","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25898"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25898\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25906,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25898\/revisions\/25906"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25898"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25898"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25898"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}