{"id":25873,"date":"2025-10-20T17:41:40","date_gmt":"2025-10-20T15:41:40","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25873"},"modified":"2025-10-20T18:20:01","modified_gmt":"2025-10-20T16:20:01","slug":"bic-en-ribadeo-non-e-nome-de-boligrafo-caso-particular","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/10\/20\/bic-en-ribadeo-non-e-nome-de-boligrafo-caso-particular\/","title":{"rendered":"BIC, en Ribadeo, non \u00e9 nome de bol\u00edgrafo. Un caso particular"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"686\" height=\"463\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Mesa-redonda-forte-San-Damian.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25884\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Mesa-redonda-forte-San-Damian.jpg 686w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Mesa-redonda-forte-San-Damian-300x202.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 686px) 100vw, 686px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Un momento no Forte de San Dami\u00e1n<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai moito tempo xa que Bic foi sin\u00f3nimo de bol\u00edgrafo. Hoxe coido que todo o mundo entende, se se lle di &#8216;p\u00e1same un bic&#8217;, que se lle est\u00e1 a pedir un bol\u00edgrafo; a marca non perdeu a\u00ednda esa ligaz\u00f3n, pero est\u00e1 a piques de perdela.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais \u00f3 nome da empresa asociado \u00f3 bol\u00edgrafo, ao menos en Ribadeo, sa\u00edulle un competidor forte, os BIC, os Bens de Interese Comunitario. Cingu\u00edndonos a Ribadeo, casos como son a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Muralla+de+Ribadeo\">Muralla<\/a>, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/torre-dos-moreno\/\">Torre dos Moreno<\/a>, o conxunto hist\u00f3rico (&#8216;casco vello&#8217;) de Ribadeo, o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=cami%C3%B1o+norte\">Cami\u00f1o norte<\/a>, e o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=forte+de+San+Dami%C3%A1n\">Forte de San Dami\u00e1n<\/a>, a\u00ednda que non a\u00ednda a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/illa-pancha\/\">Illa Pancha<\/a> e alg\u00fan outro que pode chegar a selo (<a href=\"https:\/\/abertos.xunta.gal\/catalogo\/administracion-publica\/-\/dataset\/0375\/bens-interese-cultural-bic\/001\/descarga-directa-ficheiro.ods\">https:\/\/abertos.xunta.gal\/catalogo\/administracion-publica\/-\/dataset\/0375\/bens-interese-cultural-bic\/001\/descarga-directa-ficheiro.ods<\/a>). En relaci\u00f3n co forte, precisamente, estes d\u00edas pasados tivo lugar o encontro &#8216;Ribadeo cara ao Mar&#8217;, &#8216;Xornadas arredor do Forte de San Dami\u00e1n 2025&#8217;.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"492\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Ribadeo-cara-ao-mar-2025.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25876\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Ribadeo-cara-ao-mar-2025.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Ribadeo-cara-ao-mar-2025-300x214.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Anverso e reverso da tarxeta de identificaci\u00f3n<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>As xornadas tiveron unha mesa redonda final cun tema que estimo \u00e9 sumamente raro en Ribadeo; de feito aplaud\u00edn porque entendo que \u00e9 a primeira vez que te\u00f1o noticia que se tratara de xeito m\u00e1is ou menos relacionado coas instituci\u00f3ns e de forma aberta o futuro dun ben p\u00fablico, neste caso o BIC Forte de San Dami\u00e1n. En certa forma, iso ven a significar unha especie de maior\u00eda de idade do BIC, a s\u00faa entrada na sociedade que o xerou mantendo unha voz de ti a ti coa xente.<\/p>\n\n\n\n<p>A m\u00e1is dos catro integrantes da mesa e posteriormente o alcalde de Ribadeo, que pasou a formar parte dela, puideron participar as persoas do p\u00fablico que quixeron. Se ben hai que dicir que houbo menos xente que noutras actividades das xornadas, e que a intervenci\u00f3n foi reducida, perdendo quizais por ese motivo parte da pegada que pod\u00eda ter tido, que a\u00ednda as\u00ed estimo foi abondosa.<\/p>\n\n\n\n<p>Na mesa redonda apuntouse \u00e1 necesidade de persoal para a atenci\u00f3n e a dificultade do seu mantemento (do persoal e do propio entorno), o desexable evitar do uso para festas particulares sen relaci\u00f3n co entorno ou a petici\u00f3n dun centro de interpretaci\u00f3n. Facendo fincap\u00e9 nalgunhas das mi\u00f1as propostas (en particular, polo que explico en baixo), na m\u00e1is de hora e media que durou, apuntei:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>A posibilidade de apertura do recinto do forte como parque, \u00e1 vista da agradable estancia que estabamos a ter sentados \u00f3 aire libre. Para elo, uns bancos non vir\u00edan mal.<\/li>\n\n\n\n<li>A conveniente integraci\u00f3n nunha &#8216;ruta das defensas da r\u00eda&#8217; interauton\u00f3mica, como baluarte principal que poder\u00eda albergar un centro de dinamizaci\u00f3n m\u00e1is ca un t\u00edpico centro de &#8216;interpretaci\u00f3n&#8217;. Tendo en conta a m\u00e1is que se ti\u00f1a falado con anterioridade do erro que \u00e9 hoxe por hoxe o &#8216;Centro de interpretaci\u00f3n da r\u00eda&#8217; en Sta. Cruz, \u00f3 que me te\u00f1o referido en diversas ocasi\u00f3ns.<\/li>\n\n\n\n<li>A necesaria integraci\u00f3n e coordinaci\u00f3n nunha rede de lugares senlleiros de Ribadeo, tentando aproveitar sinerxias, difusi\u00f3n e atracci\u00f3n. A ter en conta que, de feito, as xornadas tiveron actividade sedentaria en tres lugares diferentes. A m\u00e1is do Forte, na Capela da Atalaia e no Sal\u00f3n dos Alcaldes da Casa Consistorial. Ribadeo, \u00f3 igual que toda Galicia, ten moitas pequenas cousas que se far\u00edan visibles e apoiar\u00edan mutuamente encaixadas nunha rede tal.<\/li>\n\n\n\n<li>A consideraci\u00f3n do dito &#8216;Deixade que os nenos se acheguen a min, porque deles \u00e9 o reino dos ceos&#8217;: actividades dirixidas para unha franxa de idade que logo se pode ir estendendo, pois o forte (e moitos BIC, como a vida) ten lectura e atracci\u00f3n a diferentes idades. Isto encadra co que xa fora tratado con anterioriedade de prestarse a visitas dos colexios, sendo nembargantes unha idea ben diferente.<\/li>\n\n\n\n<li>O forte non ten por que estar cerrado a actividades diversificadoras. As\u00ed, a m\u00e1is da s\u00faa base hist\u00f3rica, pode ser tam\u00e9n cabeza de visitas xeol\u00f3xicas \u00f3s seus arredores, dunha beleza e xeolox\u00eda que non lle te\u00f1en que envidiar \u00f3s das Catedrais. E tam\u00e9n se pode usar para exposici\u00f3ns permanentes. De feito, nese sentido, poder\u00e1 ser ou non adecuado lugar para a ampla <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=colecci%C3%B3n+de+cunchas+e+bolboretas\">colecci\u00f3n de cunchas e bolboretas<\/a> de David Antonio L\u00f3pez \u00c1lvarez, hoxe por hoxe case invisible, pero pode acubillar no futuro algunha outra colecci\u00f3n que beneficia \u00f3 lugar e se beneficiase do acubillo.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>Hai un v\u00eddeo (todos os encontros das xornadas foron gravados) da mesa redonda, accesible en <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=1yalQ8xHCWM\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=1yalQ8xHCWM<\/a> . A dicir que os meus comentarios, dende a zona de p\u00fablico, apenas son audibles se non se fedella nos mandos do son. Por outra banda, algo longo (hora e media), pero interesante non s\u00f3 para o futuro do forte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai moito tempo xa que Bic foi sin\u00f3nimo de bol\u00edgrafo. Hoxe coido que todo o mundo entende, se se lle di &#8216;p\u00e1same un bic&#8217;, que se lle est\u00e1 a pedir un bol\u00edgrafo; a marca non perdeu a\u00ednda esa ligaz\u00f3n, pero est\u00e1 a piques de perdela. Mais \u00f3 nome da empresa asociado \u00f3 bol\u00edgrafo, ao menos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":25884,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160],"tags":[10],"class_list":["post-25873","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25873","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25873"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25873\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25893,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25873\/revisions\/25893"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25884"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25873"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25873"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25873"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}