{"id":2572,"date":"2022-10-19T09:15:00","date_gmt":"2022-10-19T07:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T19:57:04","modified_gmt":"2024-10-23T17:57:04","slug":"a-nacion-dormida-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/19\/a-nacion-dormida-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"A NACI\u00d3N DORMIDA. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>A NACI\u00d3N DORMIDA<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Recibimos o pasado venres 14 de outubro, na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Plataforma+de+Mari%C3%B1os+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plataforma de Mari\u00f1os de Ribadeo<\/a>, un escrito [sete follas] do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, onde nos remiten un outro <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/ultimas-novas-sobre-ria-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">informe da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos<\/a> (CENG) sobre a denominaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda formada na desembocadura do r\u00edo Eo<\/a>, en cumprimento da resoluci\u00f3n do 25 de maio de 2022. Pola mesma nos informan que segundo artigo 82 da Lei 39\/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Com\u00fan de Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, \u00e1brese tr\u00e1mite de audiencia para presentar documentos e xustificaci\u00f3ns que se estimen pertinentes nun prazo de 10 d\u00edas. Esta primeira folla est\u00e1 firmada dixitalmente polo Director Xeneral D. Lorenzo Garc\u00eda Asensio.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n[2\u00aa folla] INFORME da CENG sobre a denominaci\u00f3n da r\u00eda formada na desembocadura do Eo, na que se fai un resumo dos antecedentes previos, en cuxo punto terceiro, c\u00edtase que, con data de 6 outubro de 2021, a presidenta da CENG remitiu informe da votaci\u00f3n realizada entre os membros da CENG e o seu Grupo de Traballo na que \u201cse decidiu por maior\u00eda manter a denominaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=r%C3%ADa+de+ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a> como identificador xeogr\u00e1fico e ademais considerar o top\u00f3nimo Ria del Eo con car\u00e1cter alternativo, e dicir, oficial ao mesmo nivel que o identificador xeogr\u00e1fico\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPunto cuarto, con data do 29 de outubro 2021, a DGIGN, resolveu o procedemento polo que se establec\u00edan estas denominaci\u00f3ns oficiais da r\u00eda.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPunto quinto, fronte \u00e1 citada Resoluci\u00f3n presentaron recursos de alzada a Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=plataforma+defensa+r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plataforma pola Defensa da R\u00eda de Ribadeo<\/a>, A Xunta de Galiza, o Concello de Ribadeo e a Plataforma de Mari\u00f1os de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPunto sexto, con data de 25 maio 2022, a Subsecretar\u00eda de Transportes, Movilidade e Axencia Urbana, resolveu: \u201cESTIMAR PARCIALMENTE os recursos interpostos polas entidades relacionadas no encabezamento da presente resoluci\u00f3n [as anteriormente citadas] contra a resoluci\u00f3n do 29 outubro 2021, a Direcci\u00f3n General do Instituto Geogr\u00e1fico Nacional (DGIGN) solicita de novo \u00e1 CENG, informe preceptivo establecido no artigo 24.3 do R.D. 1545\/2007, de 23 novembro, polo que se regula o Sistema Cartogr\u00e1fico Nacional.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor todo o exposto, esta Comisi\u00f3n Especializada emite o seguinte:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n[3\u00aa folla] INFORME. Recibida por esta Comisi\u00f3n Especializada&#8230;[todo o anterior].<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs pos\u00edbeis soluci\u00f3ns existentes para establecer a denominaci\u00f3n oficial da r\u00eda son: 1) manter un \u00fanico identificador xeogr\u00e1fico; 2) inclu\u00edr, ademais, un nome alternativo [a aquel] co mesmo nivel de oficialidade e uso que o identificador xeogr\u00e1fico: 3) a inclusi\u00f3n ademais dun nome variante [de uso menor e restrinxido no espazo]. Por outra parte, tam\u00e9n \u00e9 fundamental establecer a orde en que deben rotularse as denominaci\u00f3ns R\u00eda de Ribadeo e R\u00eda do Eo, unha vez determinada a denominaci\u00f3n oficial adoptada para o top\u00f3nimo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDo estudo da documentaci\u00f3n aportada&#8230; QUEDA CLARA A MAIOR ANTIG\u00dcIDADE E PREVALENCIA DA DENOMINACI\u00d3N DE R\u00cdA DE RIBADEO SOBRE CALQUERA OUTRA, POLO QUE SEN D\u00daBIDA, \u00c9STA DEBE PERMANECER COMO IDENTIFICADOR XEOGR\u00c1FICO DA R\u00cdA. Pero, ademais, \u201cexisten diversos documentos que recogen la existencia de la denominaci\u00f3n R\u00eda del Eo desde hace 150 a\u00f1os, as\u00ed como testimonios que demuestran el uso extendido de este top\u00f3nimo entre la poblaci\u00f3n de la margen oriental de la r\u00eda\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIso \u00faltimo non \u00e9 verdade, simplemente porque a xente erudita da marxe dereita ou oriental da R\u00eda de Ribadeo, son testemu\u00f1a de que os seus maiores, sempre lle chamaron R\u00eda de Ribadeo, pois \u00e9 a forma historicamente correcta. Poden verse varios artigos neste semanario La Comarca del Eo de D. Alberto Mediavilla da d\u00e9cada dos oitenta do s\u00e9culo XX e de outros autores, como D. Gonzalo Anes (ABC, e na secci\u00f3n Tribuna de La Nueva Espa\u00f1a, 20 agosto 2002) ou mesmamente os anuncios de Asteleiros Gond\u00e1n do que mostramos un de 1948.<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/anuncio20GondC3A1n20na20rC3ADa20de20Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"430\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/anuncio20GondC3A1n20na20rC3ADa20de20Ribadeo.jpg\" class=\"wp-image-2573\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Contin\u00faa dicindo o informe. No ano 2008, esta Comisi\u00f3n Especializada aprobou engadir o top\u00f3nimo R\u00eda do Eo como nome variante de uso restrinxido, dentro do nomencl\u00e1tor Geogr\u00e1fico Conciso de Espa\u00f1a, \u00fanico existente naquel momento, e no que non exist\u00eda a opci\u00f3n t\u00e9cnica de inclu\u00edr un nome alternativo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIsto \u00e9 mentira. O 13 de marzo de 2008, asinaba D\u00aa. Margarita Azc\u00e1rate Lux\u00e1n, Secretaria General da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos o seguinte informe: \u201cLa Real Sociedad Geogr\u00e1fica sostiene con contundencia que el \u00fanico nombre que debe otorgarse a la citada r\u00eda es el de R\u00eda de Ribadeo\u201d&#8230;Por tanto, considerando que la denominaci\u00f3n R\u00eda de Ribadeo est\u00e1 generalizada en toda la cartograf\u00eda hidrogr\u00e1fica, topogr\u00e1fica, atlas y publicaciones geogr\u00e1ficas de car\u00e1cter cient\u00edfico, a nivel mundial, no hay ninguna raz\u00f3n para que se cambie esa denominaci\u00f3n por la R\u00eda del Eo que, como queda demostrado, es un top\u00f3nimo creado recientemente y err\u00f3neo&#8230;\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQu\u00e9 se pode esperar dunha \u201cComisi\u00f3n Especializada\u201d que ama\u00f1a os informes que emite? Seguimos coas falcatruadas emitidas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA continuaci\u00f3n expl\u00edcannos como foi que chegou a rid\u00edcula e vulgar denominaci\u00f3n da R\u00eda do Eo ao nomencl\u00e1tor. No ano 2013, coa publicaci\u00f3n do Nomencl\u00e1tor Xeogr\u00e1fico B\u00e1sico de Espa\u00f1a, modificouse o modelo de datos para dar cabida a todas as realidades xeogr\u00e1ficas e top\u00f3nimos do Estado pluriling\u00fce que \u00e9 Espa\u00f1a. As\u00ed, a un obxecto xeogr\u00e1fico se lle permite desde entonces estar recollido no nomencl\u00e1tor con m\u00e1is dunha denominaci\u00f3n e en m\u00e1is dun idioma. \u201cEs en este nuevo contexto en el que se ha producido la iniciaci\u00f3n del procedimiento administrativo para la determinaci\u00f3n del nombre oficial de la r\u00eda en la que desemboca el r\u00edo Eo\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOu sexa que, porque cambiaron o software das publicaci\u00f3ns do nomencl\u00e1tor no ano 2013, se saltaron a resoluci\u00f3n do 13 de marzo de 2008, e fixeron o que lles veu en gana. Guapos, si se\u00f1or! E non pasa nada, a administraci\u00f3n da Galiza est\u00e1 durmindo!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nContin\u00faan dicindo que, como resultado do estudo da documentaci\u00f3n aportada e o cambio \u201cen el modelo de datos\u201d esta Comisi\u00f3n Especializada considera as posibles f\u00f3rmulas a utilizar para a denominaci\u00f3n que forma la r\u00eda en la desembocadura del r\u00edo Eo, e enumera catro:&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>A.) Identificador xeogr\u00e1fico e nome alternativo: R\u00eda de Ribadeo \/\/ R\u00eda del Eo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>B.) Identificador xeogr\u00e1fico e nome alternativo: R\u00eda del Eo \/\/ R\u00eda de Ribadeo. Neste punto xa vemos outra das tantas falcatruadas deste informe, pois pon como identificador xeogr\u00e1fico a R\u00eda do Eo, cando nun paragrafo anterior, dic\u00edase explicitamente \u201cQUEDA CLARA A MAIOR ANTIG\u00dcIDADE E PREVALENCIA DA DENOMINACI\u00d3N DE R\u00cdA DE RIBADEO SOBRE CALQUERA OUTRA, POLO QUE SEN D\u00daBIDA, \u00c9STA DEBE PERMANECER COMO IDENTIFICADOR XEOGR\u00c1FICO DA R\u00cdA\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nC.) Identificador xeogr\u00e1fico e nome variante: R\u00eda de Ribadeo \/\/ R\u00eda del Eo<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nD.) Identificador xeogr\u00e1fico e nome variante: R\u00eda del Eo \/\/ R\u00eda de Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE.) \u00danico identificador xeogr\u00e1fico: R\u00eda de Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nF.) \u00danico identificador xeogr\u00e1fico: R\u00eda del Eo<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOu sexa, escollas o que escollas, excepto na opci\u00f3n (E) en t\u00f3dalas f\u00f3rmulas, entra a formar parte do nomencl\u00e1tor oficial espa\u00f1ol a denominaci\u00f3n R\u00eda do Eo. Hai que ter tr\u00e1galas para aceptar a esta comisi\u00f3n de \u201cexpertos\u201d, cando se contrad\u00edn eles mesmos unha e outra vez, posto \u201cque sen d\u00fabida, R\u00eda de Ribadeo, pola maior antig\u00fcidade debe permanecer como Identificador Xeogr\u00e1fico da R\u00eda\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n[4\u00aa folla] Din que, \u201cEstudiada la documentaci\u00f3n reunida en el procedimiento y teniendo en cuenta lo seguinte\u201d: 1) El top\u00f3nimo R\u00eda de Ribadeo es anterior en el tiempo y tiene una mayor difusi\u00f3n a nivel suprarregional e internacional\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor suposto, e a Plataforma en Defensa da R\u00eda de Ribadeo, presentou unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/informe-sobre-la-denominacion-de-la-ria.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">enorme cantidade de documentaci\u00f3n literaria e de mapas xeogr\u00e1ficos coas denominaci\u00f3ns propias de terras e mares, que comezan no s\u00e9culo XVI<\/a> coa obra do 1550 \u201cDescripci\u00f3n del Reyno de Galizia y de las cosas notables del\u201d, do Licenciado Molina, can\u00f3nigo da Catedral de Mondo\u00f1edo, e outros, nada menos que 11 515 documentos m\u00e1is, que chegan at\u00e9 os nosos d\u00edas. O Goberno do Principado presentou un documento de \u201clindes de terras\u201d dun notario de Castropol de 1871. As\u00ed de \u201cigual cantidade de documentaci\u00f3n\u201d foi presentada ao estudio pola \u201ccomisi\u00f3n de expertos\u201d!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n2) \u201cEl top\u00f3nimo R\u00eda del Eo est\u00e1 recogido en documentos oficiales desde, al menos, 1871\u201d. \u201cDocumentos de 1871\u201d?. Este apartado \u00e9 outra das terxiversaci\u00f3ns que fai a \u201cComisi\u00f3n de Expertos\u201d da denominaci\u00f3n da R\u00eda, posto que, R\u00eda do Eo, non \u00e9 un top\u00f3nimo xeogr\u00e1fico. Na [5\u00aa folla] D. Ayar Rodr\u00edguez de Castro, vocal desta CENG, expl\u00edcao exhaustivamente, \u201cno ha lugar al cambio de denominaci\u00f3n considerando que una r\u00eda constituye una entidad geogr\u00e1fica resultado de una elevaci\u00f3n del mar con respecto a la tierra debida al \u201ccambio eust\u00e1tico del nivel del mar\u201d (Real Sociedad Geogr\u00e1fica, RSG 2007) y que en ning\u00fan caso est\u00e1 vinculada, en su origen, a la red hidrogr\u00e1fica terrestre. De este modo, se entiende que una r\u00eda no puede estar adscrita, en ning\u00fan caso, a un r\u00edo que desemboque en ella. En este sentido, desde un punto de vista sem\u00e1ntico, no resulta geograficamente apropiado denominar a una r\u00eda con la referencia de un r\u00edo que desemboque en ella (de hecho, en cualquier r\u00eda puede desembocar m\u00e1s de un r\u00edo, lo cual sucede con frecuencia). Lo habitual en una abrumadora mayor\u00eda de casos es que la r\u00eda se denomine con el nombre de un n\u00facleo de poblaci\u00f3n referencial asentado en sus m\u00e1rgenes (R\u00eda de Navia, no del Navia, R\u00eda de Arosa, no del Tambre, etc.). Bajo esta consideraci\u00f3n, \u201cR\u00eda del Eo\u201d no es un top\u00f3nimo sem\u00e1ntica y geograficamente adecuado, de modo que, atendiendo a la larga tradici\u00f3n hist\u00f3rica de un top\u00f3nimo geograficamente pertinente como ser\u00eda \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d (&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOu sexa, a denominaci\u00f3n R\u00eda do Eo, na Linguaxe, na Xeograf\u00eda e en rom\u00e1n paladino \u00e9 unha gilipollez.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero, aqu\u00ed vemos tam\u00e9n a parcialidade deste comisionado pois, di que \u201catendendo a unha soluci\u00f3n de consenso e as consideraci\u00f3ns reflectidas na proposta do informe recibido (que informe recibeu?), entendemos tam\u00e9n razoable a posibilidade de considerar R\u00eda do Eo como \u201cnome variante\u201d&#8230; de cara a ter en conta as \u201csensibilidades\u201d en torno a este caso concreto. Ou sexa, non ten raz\u00f3n de ser tal denominaci\u00f3n pero por non ferir \u201csensibilidades\u201d avalan a causa do Principado a\u00ednda que non te\u00f1a ningunha raz\u00f3n&#8230; Estamos apa\u00f1ados; pero vostedes que tipo de Comisi\u00f3n de Expertos son, si te\u00f1en que resolver un problema t\u00e9cnico e se basean na \u201csensibilidade\u201d e non pola t\u00e9cnica documental? Menuda cuadrilla.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n3) \u201cSe ha constatado la utilizaci\u00f3n de ambas formas con predominio de una u otra seg\u00fan el lado de la R\u00eda en que se encuentre la poblaci\u00f3n. Si, certo, uns sabendo o que din e outros dicindo o que lles ven en gana.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n4) \u201cNaciones Unidas, a\u00fan reconociendo que lo ideal es la asignaci\u00f3n de un \u00fanico top\u00f3nimo normalizado a cada entidad geogr\u00e1fica considera que, en algunos casos donde resulte dificil asignar un \u00fanico top\u00f3nimo, especialmente en zonas multiling\u00fces, se pueden escoger como top\u00f3nimos oficiales con el mismo rango dos o m\u00e1s nombres\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA \u201cComisi\u00f3n de Expertos\u201d interpreta esta disposici\u00f3n da ONU de xeito interesado, sen lugar a d\u00fabidas, e din a continuaci\u00f3n dunha parrafada sobre a resoluci\u00f3n IX\/4 da Novena Conferencia da ONU que, \u201cEn este sentido, al top\u00f3nimo R\u00eda del Eo se le debe reconocer un car\u00e1cter oficial al nivel que le corresponde sin menoscabar por ello el uso de la forma R\u00eda de Ribadeo como la m\u00e1s antigua y extendida\u201d. Por todo lo expuesto, esta Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos ha ACORDADO recomendar por mayor\u00eda la opci\u00f3n A de las enumeradas anteriormente, es decir: *Que se mantenga la denominaci\u00f3n R\u00eda de Ribadeo como identificador geogr\u00e1fico. **Que se considere el top\u00f3nimo R\u00eda del Eo con caracter alternativo, es decir, oficial al msmo nivel que el nombre preferente\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAqu\u00ed vemos unha vez m\u00e1is, a mala f\u00e9 desta resoluci\u00f3n. A interpretaci\u00f3n da norma da ONU \u00e9 interesada e partidista por parte da \u201cComisi\u00f3n de Expertos\u201d, pois a norma di que se traducir\u00e1 o top\u00f3nimo as distintas linguas lim\u00edtrofes, neste caso ao galego da Galiza, R\u00eda de Ribadeo, e o galego occidental de Asturias, R\u00eda de Ribadeu, como Oviedo e Ovieu, a norma non di nada sobre cambiar radicalmente o top\u00f3nimo. Iso solo ocorre nos mapas ingleses coas illas Malvinas, Falkland Islands, ou co Canal da Mancha, English Chanel, produto da antiga rivalidade entre dous imperios.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPara non alargarme m\u00e1is nesta falcatruada administrativa, deixemos constancia dos membros do Grupo de Traballo da \u201cComisi\u00f3n de Expertos\u201d: Alberto Gonz\u00e1lez Monsalve e Jos\u00e9 Miguel Maestre Garc\u00eda, en representaci\u00f3n da Xunta de Castela e Le\u00f3n (terras onde hai \u201cincontables\u201d r\u00edas); Alicia Padilla G\u00f3mez, en representaci\u00f3n do Instituto Nacional de Estad\u00edstica (que relaci\u00f3n ten isto co tema a tratar); Asunci\u00f3n Gonz\u00e1lez Torrado, en representaci\u00f3n da Xunta de Estremadura (si levantara a cabeza Hern\u00e1n Cort\u00e9s, \u00edalle contar quen puxo o nome as r\u00edas e os accidentes costeiros); Ang\u00e9lica Casta\u00f1o Su\u00e1rez, en representaci\u00f3n del Instituto Geogr\u00e1fico Nacional (se\u00f1ora, como a involucraron a firmar isto?) e Mar\u00eda Teresa Moll\u00e1 Villaplana, en representaci\u00f3n da Academia Valenciana da Llengua (interesante o dialecto valenc\u00ed\u00e1 do idioma catal\u00e1n).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nComo xa dixemos, D. Ayar Rodr\u00edguez de Castro, non asinou o mamotreto e emitiu Voto Particular, coas notas antes relatadas. No caso de Vicente Feijoo Ares, fai observaci\u00f3ns particulares, entre elas que R\u00eda del Eo \u00e9 un criterio que non vale para Galicia (pois ser\u00eda en todo caso R\u00eda do Eo) mentres que R\u00eda de Ribadeo vale para todos (no comment). Mirari Alberti Aguirre, fai observaci\u00f3ns particulares en representaci\u00f3n do Goberno Vasco indicando que \u00e9 partidaria da opci\u00f3n \u201cC\u201d, identificador xeogr\u00e1fico e nome variante: R\u00eda de Ribadeo\/ R\u00eda del Eo&#8230; e a continuaci\u00f3n di que \u201centiendo la reivindicaci\u00f3n de la denominaci\u00f3n R\u00eda do Eo por parte do Principado de Asturias, pero sinceramente, considero que el argumento de la \u201ctradici\u00f3n en absoluto reciente\u201d y el \u201ccaracter tradicional\u201d que ha adquirido el nombre no est\u00e1 suficientemente claro\u201d. Grazas pola s\u00faa achega, pero gustar\u00edanos saber que \u00e9 o que entende D\u00aa Mirari desta \u201creivindicaci\u00f3n\u201d do Goberno do Principado? O verbo reivindicar significa, \u201cpedir por dereito algo do que foi un desposu\u00eddo\u201d. Desde cando se pode desposu\u00edr a algu\u00e9n de algo que nunca, nunca tivo? <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor \u00faltimo, Mikel Gorrotxategui, membro do grupo de traballo da CENG da academia da Lingua Vasca\/ Euskaltzaindia, reafirma tam\u00e9n o voto pola opci\u00f3n \u201cC\u201d alegando que \u201ces obvio que el propio nombre de Ribadeo hace referencia al Eo, pero no creo que la documentaci\u00f3n aportada pueda equiparar ambos nombres\u201d. Menos mal, algo e algo!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs\u00ednase o documento en Valladolid por parte da presidenta da Comisi\u00f3n Especializada de Nomes Xeogr\u00e1ficos, Maria Pardo \u00c1lvarez.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nResumindo, a opci\u00f3n \u201cE\u201d \u00fanico identificador xeogr\u00e1fico: R\u00eda de Ribadeo, como dic\u00eda \u201ccontundentemente\u201d o Informe de 2008, nono optou ningu\u00e9n destes \u201cexpertos\u201d. Quizais este tipo de continuas zarapalladas de \u201ccomisi\u00f3ns de expertos espa\u00f1ois\u201d sexan un bo xermolo para espertar \u00e1 Naci\u00f3n Galega durmida, e que os galegos empecemos a loitar como patriotas dunha pu\u00f1eteira vez polos nosos dereitos e deixemos o maldito cami\u00f1o da emigraci\u00f3n, que tantas veces usamos como v\u00eda de escape para non ver tanta ignominia miserable na que est\u00e1 sumida a Nosa Terra, e logo \u00e9ntranos a morri\u00f1a, qu\u00e9 vos parece?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEspero que os nosos Historiadores Galegos (con mai\u00fascula) nos sigan deleitando coas s\u00faas obras e artigos de investigaci\u00f3n documental sobre o antiqu\u00edsimo Reino de Galiza e nos metan de novo o orgullo de ser galegos, e tiren por terra tanta historia inventada para empoleirar a individuos totalmente ineptos para os cargos, pero que te\u00f1en un bo \u201cest\u00f3mago de sacrificio\u201d. Pero iso \u00e9 outra historia.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A NACI\u00d3N DORMIDA Pancho Campos Dorado Recibimos o pasado venres 14 de outubro, na Plataforma de Mari\u00f1os de Ribadeo, un escrito [sete follas] do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, onde nos remiten un outro informe da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos (CENG) sobre a denominaci\u00f3n da R\u00eda formada na desembocadura do r\u00edo Eo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2573,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[46,56],"class_list":["post-2572","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2572","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2572"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2572\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2573"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2572"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2572"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2572"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}